Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento trimestral do Plan realizarase nas Actas trimestrais de Ciclo.
Reunións co mentor ADIX
O equipo do plan de dinamización do plan dixital levará a cabo, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para poñer en coñecemento e valorar os avances do plan.
Por último, a persoa coordinadora terá acceso á ferramenta EDUCALIDADE para rexistrar os avances e avaliacións pertinentes deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.
Durante o 1º trimestre, empregáronse diferentes plataformas e recursos dixitais moi activamente. A comunicación cos alumnos e as familias seguiu a realizarse a través de Educamos pero, especialmente en Secundaria, a entrega de traballos e a comunicación directa cos alumnos segue a facerse principalmente a través das diferentes aplicacións de Google: Classroom, Drive, Meet e Gmail. Tamén se utilizaron os Formularios de Google para a realización de Quizzes e Cuestionarios.
Na ESO está implantado o programa E-Dixgal da Xunta de Galicia, para a dixitalización dos materiais educativos e leváronse a cabo este trimestre dúas actividades relacionadas co Plan Dixital de Centro:
Proxecto EnRedes (1º ESO)
Aula Newton (4º ESO)
Charla adición as novas tecnoloxías .PROGRAMA CONECTADOS (1º Y 2º eso)
O05PD :Revisáronse os plans e protocolos de comunicación antigos así como as canles de información e comezouse a redactar o novo plan de Comunicación
Revisión de obxectivos:
O01PD Utilizar as TIC como medio de perfeccionamento da actividade docente a través do seu emprego, da información que delas se poida sacar, e do planteamento pedagóxico que para elas teña (G1)
Todo o profesorado utiliza ferramentas dixitais de forma habitual para o seu labor docente.
O02PD Fomentar a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. (F6)
Existen varios proxectos no centro no que participa alumnado de diferentes etapas (Educaixa, Interculturalidade)
O03PD Saber utilizar ferramentas de busca de información, identificando contido falso, verificando imaxes, ubicando fontes verificables e unha navegación segura. (H4)
Nas diferentes materias, fanse proxectos de investigación que implica o uso de ferramentas de busca de información. Ademáis, os alumnos de 6º de Educación Primaria acoden a aula de informática para traballar estas ferramentas.
O04PD Ampliar a competencia dixital de cara ás familias (C11)
Pendente
O05PD Actualizar o Plan de comunicación do centro (B3) :
Durante este trimestre non se avanzou na actualización do Plan de comunicación polo que queda pendente para o próximo trimestre
O06PD Actualizar os dispositivos dixitais (C8, C10)
Oxxectivo acadado na primeira avaliación.
Durante o 2º trimestre, continuouse empregando diferentes plataformas e recursos dixitais moi activamente. A comunicación cos alumnos e as familias seguiu a realizarse a través de Educamos pero, especialmente en Secundaria, a entrega de traballos e a comunicación directa cos alumnos segue a facerse principalmente a través das diferentes aplicacións de Google: Classroom, Drive, Meet e Gmail. Tamén se utilizaron os Formularios de Google para a realización de Quizzes e Cuestionarios.
O profesorado continúa a formarse na competencia dixital. Varios docentes están a traballar para conseguir a competencia B2 e na formación en polos creativos (á espera da chegada do material).
Avaliación
Avaliación do plan
No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende estas perspectivas:
- Avaliación inicial: Realizarase durante o primeiro trimestre do curso 2023/24, na que se terá en conta o contexto, antecedentes, necesidades de formación, coordinación, estudo dos medios dispoñibles nos fogares e no centro, a partires do informe SELFIE realizado no curso 21/22, e un análise doutros proxectos do centro ou doutros centros. Estas accións realizaranas tanto o equipo directivo, como a persoa coordinadora do plan dixital.
- Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase una revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.
- Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento
En termos xerais, os obxectivos propostos para este curso acadáronse case ao 100%, o profesorado parece recibir as propostas positivamente, e se está a implicar na mellora do noso plan.
Para o vindeiro ano, coa posible chegada do material de polos creativos, centraremos gran parte da nosa proposta en formacións sobre as aplicacións que controlan os diferentes materiais (robótica, impresión 3D, cortadora láser...) e a implementación de proxectos para a utilización dos mesmos.
En Educación infantil coa programación de Robótica, traballamos a observación e a análise das accións que o robot realiza a partir dunha secuencia de ordes dadas, estimulando nos nosos alumnos o desenvolvemento de distintos procesos mentais, habilidades e
competencias básicas. Asemade involucra activamente ao alumnado na súa propia aprendizaxe, promove a capacidade de resolver problemas, potencia habilidades como a creatividade, organización e a atención, fomenta a autonomía e o traballo en equipo e permite a integración de distintas áreas curriculares.
Para o seguinte curso escolar, prevese realizar algúns cambios no Plan Dixital de centro xa que os obxectivos actuais foron a maioría acadados. Non obstante seguirase na mesma liña de traballo en canto á mellora da competencia dixital e o uso das TIC como recurso habitual de traballo e comunicación entre membros da comunidade educativa. No inicio de curso levarase a cabo unha reunión para definir os novos obxectivos.
.Posibles objetivos para el curso 2024-25:
Crear un repositoio de páxinas fiables para o alumnado.
Formar ao profesorado sobre o material de Polos Creativos.
Inventariar o material dixital do centro.
Formar ao alumnado no uso das redes sociais e prevencion contra o "ciberbulling"
Continuar coa formación para mellorar a CDD
.
Comunicación e difusión
Consideramos esencial a difusión do noso Proxecto. Con este obxectivo crearemos un plan de difusión do mesmo no que quedarán reflictidos os mecanismos articulados para que a información poida chegar a todos os grupos de interese. Os ítems mínimos a recoller en dito plan de difusión do Proxecto a través de:
- Páxina web: Plan Dixital Santo Ángel
- Redes sociais: Instagram, Facebook,...
- Canles da Institución: Red interna e Educamos.
- Presentación Claustro, Consello Escolar, ANPA, PAS,...
- Enlace directo al Plan dende Educalidade:
https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32008410