Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

Escola Oficial de idiomas de Ourense

Rúa Mestre Vide, 10

CP 32004 Ourense

Teléfono 988366073

Páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/eoiourense/

Enderezo electrónico: eoi.ourense@edu.xunta.gal

Impartimos ensinanzas de réxime especial, concretamente os idiomas alemán, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués. A Escola conta con seis seccións delegadas: A Ponte (IES Blanco Amor), Celanova (IES Celanova), Ribadavia (IES Ribadavia), Verín (IES García Barbón), O Carbaliño (IES Chamoso Lamas) e O Barco de Valdeorras (IES Lauro Olmo)

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

A Escola Oficial de Idiomas de Ourense é un centro público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A sede central atópase na capital da provincia, terceira cidade galega con preto de 110.000 habitantes. Está situada na área urbana da cidade, nunha zona que agrupa unha gran cantidade de instalacións educativas, entre elas o campus universitario. O concello de Ourense caracterízase por un predominio claro do sector servizos e concentra a maior oferta comercial e de ocio da provincia, así como os organismos administrativos. 

O Plan dixital é un instrumento para adecuar e facilitar o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido como o desenvolvemento integral do alumnado. Forma parte do proxecto educativo e da programación xeral anual.

1.3. Breve xustificación

A escola de idiomas, como centro educativo, debe poder formar persoas  coas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada. É imprescindible promover e tirar o mellor partido das tecnoloxías da información e da comunicación (en adiante TIC) e dos recursos educativos dixitais.

A normativa referente ó Plan Dixital do centro é a seguinte:

· Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

· Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración

 O equipo de dinamización do Plan dixital da EOI elaborou este documento durante o ano académico 2022/2023 dentro dun grupo de traballo no contexto do Plan de formación permanente do profesorado (en adiante PFPP) e seguindo as indicacións do equipo de apoio dixital ADIX Ourense, concretamente do noso mentor José Ángel Diz Bouzán. O equipo de dinamización dixital do centro está composto por Nancy Casielles  Iglesias (directora), Marta Hernández Fernández (coordinadora), Patricia Conde Pardo (docente) e María Nieves Honrado Juan (responsable TIC).

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise DAFO é un instrumento para determinar o punto de partida do centro, baseado na detección de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades. Para elaboralo utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE e o test de competencia dixital docente (en adiante test CDD).

SELFIE (siglas que en inglés significan «auto-reflexión sobre unha aprendizaxe efectiva mediante o fomento da innovación através de tecnoloxías educativas innovadoras»), é una ferramenta en liña que pretende axudar ós centros escolares a plantexarse cómo  utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr una aprendizaxe efectiva e innovadora.

Baseada no marco da Comisión Europea para organizaciones educativas dixitalmente competentes (DigCompOrg), SELFIE axuda a poñer de relieve que é o que funciona e en que aspectos se precisa mellorar.

O profesorado, o alumnado e o equipo directivo foron invitados a responder a esta enquisa, aínda que a porcentaxe de participación foi moi baixa, especialmente entre o alumnado. 

O corpo docente participou tamén respondendo ó cuestionario do test de competencia dixital docente.

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Ausencias reiteradas que dificultan a implementación de novas metodoloxías. Alumnado Non
Debilidade Deficiente uso seguro das TICs e da verificación da información obtida en internet. Alumnado Si
Debilidade Alumnado con dificultade de acceso a dispositivos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Carencia de competencia dixital de parte do alumnado ou mesmo rexeitamento ás TICs. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non ten acceso á rede wifi porque non temos XADE Infraestruturas Non
Debilidade Non dispoñemos de dispositivos móbiles enviados pola consellería. Infraestruturas Non
Debilidade Non houbo oferta semipresencial con anterioridade. Oferta Si
Debilidade Oferta educativa moi condicionada e limitada pola normativa. Oferta Non
Debilidade Falta de tempo para formarse e explorar as TICs. Organización de centro Non
Debilidade Carencias nos programas de xestión administrativa da EOI Centrosnet e Códex. Organización de centro Non
Debilidade Falta de experiencia na elaboración de estratexias dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Non existe un programa de xestión compartido cos restantes centros (XADE). Organización de centro Non
Debilidade Reticencia dalgúns docentes ó uso das TICs. Persoal docente Si
Debilidade Non se usan as TICs para observar e avaliar o traballo doutros docentes. Persoal docente Non
Debilidade Cambios frecuentes no equipo de persoal administrativo. Persoal non docente Non
Fortaleza Interese polo uso das TICs Alumnado Non
Fortaleza Competencia dixital en gran parte do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Ensino adaptado ás súas necesidades Alumnado Non
Fortaleza Equipos actualizados Infraestruturas Non
Fortaleza Aula multimedia Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza Recursos educativos en liña: aula MOODLE Oferta Non
Fortaleza Colaboracións internas: Cursos CFR, grupos de traballo, seminarios. Organización de centro Non
Fortaleza Promoción do ensino mixto e da estratexia dixital por parte da administración. Outras Non
Fortaleza Oferta en formación dixital no PFPP Persoal docente Non
Fortaleza Aula virtual MOODLE Persoal docente Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O alumnado non ten acceso á rede wifi porque o centro non dispón do programa de xestión XADE. Administración educativa Si
Ameaza Non hai dotación de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Administración educativa Non
Ameaza Non hai anticipación ou previsión para responder ás necesidades no ámbito da competencia dixital. Lexislación Non
Ameaza Frecuentes e continuos cambios no equipo docente. Outras Non
Ameaza Escasa colaboración entre as EOI para compartir experiencias sobre o ensino mixto. Outras Non
Ameaza Pouca colaboración entre centros para compartir experiencias e materiais. Outras Non
Oportunidade Incentivan a mellora da calidade educativa. Contorna Non
Oportunidade Colaboracións externas: proxectos europeos Erasmus+, eTwinning, Escuelas amigas. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de compartir recursos educativos dixitais. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Dar acceso á rede wifi o alumnado.
Impartir un curso de uso e aproveitameno dos paneis dixitais para o persoal docente
Impartir un curso de alfabetización dixital para toda a comunidade educativa

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Infórmase ó Consello escolar dos seguintes puntos:

-Remitido á Consellería o escrito solicitando acceso á rede wifi para o alumnado.

-En preparación o seminario sobre uso didáctico dos paneis dixitais.

2º Trimestre

Infórmase ó Consello escolar sobre os seguintes puntos:

-Retraso na impartición do curso de alfabetización dixital para a comunidade educativa.

-Remate do seminario de uso dos paneis dixitais (Profesorado inscrito: 20. Houbo 3 baixas iniciais antes do inicio do curso.Profesorado participante:17. Profesorado que obtén a certificación:14)

3º Trimestre

No terceiro trimestre informouse o consello escolar do seguinte:

Os obxectivos do plan cumpríronse, excepto o acceso á rede wifi por parte do malumnado. A Consellería non deu resposta á nosa solicitude.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

4. Avaliación do plan

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:

- Avaliación procesual como mínimo unha vez ó trimestre. Valorarase o estado da execución das accións, os resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Avaliación final unha vez ao ano. Valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A valoración xeral do plan por parte do Consello escolar é positiva, aínda que non se acadou o obxectivo proposto por segundo ano consecutivo de dar acceso ó alumnado á rede wifi da escola, que se considera prioritario.

Proposta de mellora

Aa proposta de mellora para o vindeiro curso son:

- Engadir un obxectivo de formación en IA para o persoal docente e

- Insistir no obxectivo de dar acceso á rede wifi ó alumnado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

5. Difusión do plan

O Plan será presentado ó claustro, sometido á aprobación do Consello escolar e publicado na páxina web do centro para o coñecemento de toda a comunidade educativa.