Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro
A procedencia do alumnado que acode a este tipo de ensino é moi heteroxénea, feito que vén demostrado pola matrícula onde aparecen funcionarios-administrativos, gardas civís, bombeiros, carpinteiros......traballando ou en paro, amas de casa, alumnado repetidor, trirrepetidor e alumnos/as con necesidades especificas de apoio educativo xa diagnosticados nos centros de orixe e apartados xa doutros tipos de ensinanzas e xa non recuperables noutros centros de ensino ordinarios. Así mesmo contamos cunha gran cantidade de alumnado estranxeiro que vai en aumento nos últimos anos, tanto dentro no ensino regrado como no non regrado. A súa idade abrangue un espazo moi amplo que vai dende alumnos de 16 anos, que por circunstancias especiais poden entrar legalmente a formar parte deste tipo de ensino, ata outros cunha madurez total; pero o máis normal son os alumnos comprendidos entre os 17 e os 25 anos na quenda de mañá e tarde e entre os 18 e 50 ou máis na quenda de noite.
O nivel socioeconómico e cultural do noso alumnado é medio-baixo, contando cunha gran cantidade de alumnado con graves problemas económicos.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa.

O PD integrarase no PEC do centro e será tido en conta no Plan de Mellora, no Plan Tic.
A traxectoria do centro no ámbito das novas tecnoloxías avanza, a raíz do confinamento do 2020, moi satisfactoriamente e a bo ritmo. Dende o 2020 nas programacións anuais de centro, o plan de formación do profesorado centrouse na mellora da competencia dixital do profesorado, participando a maioría do claustro nos cursos “Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes” e “Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto”, impartidos pola profesora Cristina Luaces Ensá. Este ano gran parte do profesorado participou no seminario do PFPP na liña “Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais”. O centro conta con varios profesores/as cun nivel “Líder” e pioneiro que sempre están dispostos a contribuír ao
desenvolvemento persoal docente dos compañeiros.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

Na PXA se contemplará que os distintos elementos (actividades, metodoloxías, contidos, avaliación, uso de recursos e tecnoloxías dixitais, espazos dixitais de aprendizaxe, etc ), contribúan ao desenvolvemento da competencia dixital e que estean en consonancia cos obxectivos do Plan de acción reflectidos no presente Plan Dixital.

Breve xustificación do mesmo

  •  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  •  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

Dende fai xa varios cursos a utilización dos medios informáticos e audiovisuais (TIC’s) na educación experimentou un pulo evidente e, o noso centro, non foi alleo a dita inquietude.
Cremos que chegado a este punto, faise necesario recoller nun plan de traballo aquelas liñas básicas de actuación, consensuadas e asumidas pola Comunidade Educativa, que potencie a integración curricular das TIC’s converténdoas nun instrumento útil para desenvolvemento de todas as competencias básicas e de mellora nos procesos ensinanza – aprendizaxe.
Seguíronse as distintas fases marcadas no curso da Aula Virtual para elaboración do Plan Dixital “ADIX Ourense 2”, para a realización dos distintos informes (SELFIE, TEST CDD, DAFO) e para a elaboración do presente Plan Dixital.
O Plan Dixital desenvolveuse dentro do grupo de traballo do PFPP, Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
Os identificadores son: O2131024 - PFPP O213106051 "Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital”
A asesoría correu a cargo da persoa mentora ADIX 2 do equipo da zona Ourense 2, José Ángel Diz Bouzán.
A comunicación entre os participantes fíxose empregando as ferramentas corporativas, correo electrónico e aula virtual, onde se creou un curso para esta finalidade: https://www.edu.xunta.gal/centros/epaourense/aulavirtual/course/view.php?id=414
A metodoloxía baseouse na colaboración e o traballo en equipo, con reunións periódicas nas que se foi elaborando a documentación solicitada dende SSCC a través da aula virtual dos coordinadores da zona Ourense 2: https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual/course/view.php?id=19
Este proceso foi titorizado pola persoa mentora que aportou información e suxestións respecto das distintas tarefas entregadas.
O obxectivo final foi elaborar este Plan dixital do centro de xeito reflexivo e como un documento útil e abordable que formase parte do Plan de Mellora e do Proxecto Educativo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Alumnado con baixa competencia dixital. Alumnado con deficientes medios tecnolóxicos. Alumnado Si
Debilidade Falta de coñecemento por parte das familias do alumnado menor de idade dos medios de comunicación co centro (Abalar Móbil). Familias Non
Debilidade Acceso a internet lenta. Non temos a política de BYOD para o alumnado pois non dispomos da wifi aberta ao alumnado. Páxina web mellorable. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de espacio físico para por á disposición do alumnado unha aula con ordenadores de acceso wifi libre. Organización de centro Si
Debilidade Puntuación dun 2.9 na importancia na colaboración con outras organizacións. Consideración de ¿nada útil¿ a aprender de outros compañeiros. Puntuación mellorable na pregunta¿ Uso de tecnoloxías emerxentes para explorar experiencias e contidos de aprendizaxes novos¿. Persoal docente Non
Debilidade Falta de persoal laboral específico para mantemento informático no centro. Persoal non docente Non
Fortaleza Usos de recursos educativos en liña (Aula Virtual) Alumnado Non
Fortaleza Empresa externa de mantemento informático. Infraestruturas Non
Fortaleza Cursos de informática aberto ao alumnado matriculado no centro nas ensinanzas regradas e non regradas Oferta Non
Fortaleza Participación alta no PFPP para a elaboración do plan dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Profesorado del centro con alta competencia dixital: nivel líder e pioneiro disposto sempre a colaborar na dixitalización do centro. Participación alta do profesorado nos cursos de formación dixital ofertados pola Consellería no curso anterior. Persoal docente Si
Fortaleza Competencia dixital do PND media- alta. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dotación de equipos e conexións insuficientes. Administración educativa Si
Ameaza Nivel socio-económico baixo do alumnado. ANPA Non
Ameaza Non existe ANPA nos centros EPA. Contorna Non
Ameaza Falta no currículo de adultos de contidos relativos á materia de Tecnoloxía e Dixitalización. Imposibilidade do uso de aplicacións externas ás coorporativas. Lexislación Non
Ameaza Baixa colaboración con outros organismos. Outras Non
Oportunidade Interese da Administración Educativa no proceso de dixitalización do centro. Posibilidade de dotación económica para facer efectiva dita dixitalización. Administración educativa Non
Oportunidade Proximidade do centro ao CFR de Ourense para a realización de cursos. ANPA Si
Oportunidade Elaboración do Plan Dixital. Lexislación Non
Oportunidade Acceso a aulas informática e bibliotecas de AAVV, do Concello e da Xunta Outras Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD MELLORAR AS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO EN CANTO A COMUNICACIÓN EXTERNA CO CENTRO ( item H10*)
002PD MELLORA DAS HABILIDADES DIXITAIS DO ALUMNADO NAS DIFERENTES MATERIAS ( ESA e ESAD)
003PD FOMENTAR NO ALUMNADO A POLÍTICA DE BYOD (item C13)
004PD DOTAR AO CENTRO DE DISPOSITIVOS DIXITAIS DE APRENDIZAXE PARA USO DO ALUMNADO (item C8*)
005PD FOMENTAR A PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO NO DPC (item D2*)
006PD COÑECER A DOTACIÓN DE MATERIAL DE POLOS CREATIVOS

Seguimento

Procedemento

Avaliación procesual será como mínimo unha vez ao trimestre e unha semana antes do período de finalización dos obxectivos. Teranse en conta o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados. De ser o caso, se introducirán as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora o finalizar cada trimestre.

Avaliación final unha vez ao ano, e tendo en conta o logro dos obxectivos e as propostas de mellora elaborase unha memoria das actividades do curso así como unha proposta de mellora de cara ao vindeiro curso, no que se incluirá:

As propostas de mellora de cara ó curso seguinte.

  • As suxestións aportadas polo alumnado.

  • Cada dous cursos realizarase unha enquisa de valoración do Plan por parte dos diversos sectores: profesorado e alumnado.

  • Os aspectos de mellora detectados suporán o deseño de pequenos Plan dixital para o curso seguinte, que tentará corrixir as deficiencias.

1º Trimestre

No primeiro trimestre déronse por acadados:

- Do primeiro obxectivo: os subobxectivos AO1.1 e AO1.3

- Do obxectivo 4, os subobxectivos AO4.1 e AO4.2. E deuse por non acadado o obxectivo AO4.3

- Do obxectivo 5, os subobxectivos AO5.1 e AO5.2. E deuse por non acadado o obxectivo AO5.3

 

 

2º Trimestre

No segundo trimestre deronse por acadados:

- Do obxectivo 1, o subobxectivo AO1.2

- Do obxectivo 2, os subobxectivos AO2.3 ( requería da incorporación do alumnado da ESA do segundo turno para poder ser acadado)

- Do obxectivo 3, os subobxectivose AO3.1 ( requería da incorporación do alumnado da ESA do segundo turno para poder ser acadado)

3º Trimestre

No terceiro trimestre foron acadados:

- Do obxectivo 2, os subobxectivos AO2.1 e AO2.2

- Do obxectivo 3, os subobxectivos AO3.2 e AO3.3

Non foron acadados:

- Do obxectivo 6, os subobxectivos AO6.1, o  AO6.2 e o AO6.3

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para o proceso de avaliación terase en conta dous procedementos:

- Avaliación procesual que será trimestral e unha semana antes do período de finalización dos obxectivos. Terase en conta o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados. 
- Avaliación final ao remate do curso escolar farase o seguimento e unha proposta de mellora de cara ao vindeiro curso.
 

Valoración xeral

En xeral acadáronse a meirante maioría dos obxectivos fixados. Aqueles que non foron acadados, algúns deles por causas alleas ao propoio centro, suporán unha proposta de mellora para o vindeiro curso.

Proposta de mellora

- Habilitar un espazo con dous portátiles para o uso libre do alumnado

- Divulgar entre o profesorado os Polos Creativos.

- Organizar algunha actividade demostrativa de elementos de Polos Creativos.

- Mostrar algunha experiencia piloto dos Polos Creativos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan realizarase a través dos medios recollidos no Plan de Comunicación Interna do Centro:
- Aula Virtual.
- Páxina Web.
- Correo corporativo.
- Taboleiro de Anuncios (Sala profesores/profesoras).