Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro CPR San Martín é un centro Privado-Concertado que ofrece un estilo propio de entender e vivir a educación.

O centro leva impartindo ensino regulado dende o ano da súa clasificación por Orde do MINisterio de Educación e Ciencia de 14 de xullo de 1999 ata a actualidade.

A titularidade do centro CPR  San Martín foi autorizado pola Xunta de Galcia ( DOG 14-07-1999). Ten subscrito concerto educativo, na actualidade, coa consellería de Educación, para os niveis de FPB e CFGM. 

Actualmente imparte os seguintes niveis e etapas educativas:

  • CFGM Xestión Administrativa (LOE) 1º curso (22 alumnos) 2º curso (14 alumnos).
  • CFGM Coidados Auxiliares de Enfermerái (LOXSE) 1º curso (60 alumnos) 2º curso (55 alumnos).
  • FPB Informática e Comunicacións (LOMCE) 1º curso (18 alumnos) 2º curso (6 alumnos).
  • FPB Servicios Administrativos (LOMCE) 1º curso (12 alumnos) 2º curso (4 alumnos).

O conxunto do profesorado esta formado por 13 docentes distribuídos nas diferentes areas formativas. 

A comunidade educativa, como unha gran familia, debe implicarse, xunto coa entidade titular, na formación integral dos seus alumnos e potenciar, os valores, dialogo e responsabilidade. De xeito particular os pais dos alumnos, primeiros educadores dos seus fillos, que elixiron, entre unha pluralidade de opcións educativas, o estilo educativo do CPR San Martín son conscientes do compromiso que contraen nesta elección. Por isto, tentamos que na elaboración deste Plan  interveñan tódolos estamentos da comunidade educativa.

Na medida en que se concibe a educación como un fenómeno que non pode desligarse da sociedade, e o mesmo tempo como un elemento compensador das desigualdades sociais, o Centro asume a concepción da educación como un servizo cuxos principios básicos son a participación e a xestión democrática por parte da comunidade escolar, xunto coa defensa da liberdade do ensino, recoñecida polas leis.

Pretendemos preparar o alumnado para integrase nunha sociedade complexa e cambiante, e ser membros activos e responsables dela. Isto esixe recoñecer que a sua inserción no mercado laboral debera producirse nun entorno competitivo que o alumnado debera asumilo de modo realista.

 Como todo esta relacionado e as novas tecnoloxías son un dos grandes piares que sustentan esta sociedade, e cada vez mais, todo afecta este ámbito de forma que o PD vai influír no propio Proxecto Educativo do Centro e na Programación Xeral Anual, xa que todo xira o redor das novas tecnoloxías e a sua aplicación no entorno educativo.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.

Por último, a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 ten como finalidade promover e garantir o desenvolvemento dun marco de acción que permita acordar e coordinar diversos aspectos que afectan ao uso das tecnoloxías na educación, desde aqueles relacionados con cuestións organizativas, ata outros máis pedagóxicos e propios dos proceso de ensino e aprendizaxe.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD realizados o curso pasado asi como o uso de outras fontes e a propia reinterpretación dos test anteriores, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Informe SELFIE, o informe SELFIE reúne as opinións do equipo directivo, o profesorado e o alumnado e fai unha comparación entre elas. A información recollida en SELFIE ofrece o centro unha visión instantánea de en que punto se atopa na actualidade en relación coa estratexia e a practica no uso de tecnoloxías dixitais. Os resultados deste TEST utilizaranse para o desenvolvemento do DAFO posteriormente.

Test CDD, con esta ferramenta tratamos de descubrir o estado da competencia dixital docente, que é, o conxunto de coñecementos, capacidades, habilidades e destrezas relacionadas co uso da tecnoloxía, aplicada aos contextos e procesos educativos, co fin de alcanzar un ou varios obxectivos. Este test realizouse usando a plataforma FPROFE da Conselleria.

Debates internos, tentando implicar a totalidade do cadro docente leváronse a cabo distintas xuntanzas nas que se debateron as distintas inquietudes do profesorado en canto as tecnoloxías aplicadas na docencia. A idea era intentar descubrir as posibles carencias para tentar subsanalas con este Plan Dixital.

DAFO, con toda a información conseguida a partir do SELFIE, do test CDD e dos distintos debates ou reunións no centro ca comunidade educativa pasouse a elaboración do DAFO.

Plan de acción, unha vez realizado o DAFO, este serviunos para plantexar as accións que levaremos a cabo dentro do PD para o curso 2022/2023.

 

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade ¿ Non teño acceso a unha base de datos de empresas que ofrezan practicas externas e outras posibilidades de formación Alumnado Non
Debilidade ¿ Involúcranse pouco na dixitalización das ensinanzas dos fillos. Familias Non
Debilidade ¿ Non se ten acceso unha base de datos de provedores de formación en centros de traballo. Infraestruturas Non
Debilidade ¿ Os dispositivos dixitais para o alumnado son insuficientes. Infraestruturas Si
Debilidade Os dispositivos dixitais para o alumnado son insuficientes Oferta Si
Debilidade ¿ Non existe certificación en competencias dixitais. Organización de centro Non
Debilidade ¿ As empresas con las que colaboramos non participan na estratexia de desenvolvemento dixital do centro. Organización de centro Non
Debilidade ¿ Insuficiente participación en accións formativas na aplicación das novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade ¿ Non se dispón de tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade ¿ Non se fomenta a participación en proxectos interdisciplinarios Persoal docente Non
Debilidade ¿ Non avaliamos os nosos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade ¿ Insuficiente reflexión sobre as necesidades de DPC. Persoal docente Non
Debilidade ¿ Non se fomenta a participación en proxectos interdisciplinarios. Persoal docente Si
Debilidade ¿ Non se dispón de tempo para explorar o ensino dixital. Persoal non docente Non
Fortaleza ¿ No centro hai ordenadores que podo utilizar. Alumnado Non
Fortaleza ¿ Aprendo a comprobar se a información que atopo en Internet e fiable e precisa. Alumnado Non
Fortaleza ¿ Contemplase que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases. Alumnado Non
Fortaleza ¿ Aprendo a comunicarme usando a tecnoloxía. Alumnado Non
Fortaleza ¿ Contemplase que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases. Familias Non
Fortaleza ¿ Disponse de acceso a internet para o propio centro y para os dispositivos dos alumnos y dos docentes. Infraestruturas Non
Fortaleza ¿ A infraestrutura dixital respalda o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza ¿ Disponse de dispositivos dixitais tanto para a docencia como para os alumnos. Infraestruturas Non
Fortaleza ¿ Ofertamos modalidades de Formación Profesional semipresencial. Oferta Non
Fortaleza ¿ Na captación de alumnos faise fincapé no uso de tecnoloxías e medios dixitais. Oferta Non
Fortaleza ¿ O centro está involucrado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Organización de centro Non
Fortaleza ¿ Existe asistencia técnica suficiente. Organización de centro Non
Fortaleza ¿ Si existe unha estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza ¿ Contemplase que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases. Organización de centro Non
Fortaleza ¿ Promovese as novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza ¿ Utilizanse plataformas en liña. Persoal docente Non
Fortaleza ¿ Debatese sobre as vantaxes e desvantaxes de utilizar a tecnoloxía para o aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza ¿ Busca recursos educativos en Internet. Persoal docente Non
Fortaleza ¿ Búscanse e utilízanse recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza ¿ Empréganse entornas virtuais e plataformas dixitais en liña. Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza ¿ Serian necesarias mais prazas para formación en novas tecnoloxías para os centros concertados. Administración educativa Non
Ameaza ¿ Nivel de financiación externa. Administración educativa Non
Ameaza ¿ Programas da Consellería vinculados as TIC como edixgal, maker... para centros concertados. Administración educativa Non
Ameaza Non existe ANPA no centro ANPA Non
Ameaza ¿ Familias con recursos escasos non teñen acceso e pouca practica no uso das metodoloxías emerxentes e o uso das novas tecnoloxías. Contorna Non
Ameaza ¿ Escasa relación cos centros educativos da zona, o que impide a elaboración de proxectos comúns, intercambio de ideas, etc. Contorna Non
Ameaza ¿ As empresas coas que colaboramos non participan na estratexia de desenvolvemento dixital do centro. Outras Non
Oportunidade ¿ Papel das autoridades educativas respecto a implantación do Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade ¿ Grao de implantación dos recursos dixitais para desenvolver as distintas tarefas administrativas e docentes: Xade, Programacións,... Administración educativa Non
Oportunidade ¿ Grao de implantación da imaxe dixital do centro (como nos ven). Contorna Non
Oportunidade ¿ Familias están predispostas o uso das metodoloxías emerxentes e o uso das novas tecnoloxías Contorna Non
Oportunidade ¿ No noso centro existen sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade ¿ Utilizamos tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Plan de Acción

O deseño do Plan de Acción realizouno o Equipo de Dinamización do Plan Dixital en colaboración co Claustro. Na medida en que o traballo sexa froito da colaboración, o resultado final será un instrumento máis realista, viable e asumible por toda a comunidade educativa.

En cada curso escolar o Plan de Acción deberá ter en conta os recursos materiais e humanos no momento de elaboración do Plan Dixital.

 

Obxectivos, indicadores e accións

A partir do DAFO elaborado establecense uns obxectivos, buscando que solucionen debilidades ou afronten ameazas aproveitando as fortalezas e oportunidades.

Ten importancia englobalos nas áreas de mellora para poder relacionalos nunha  futura sesión do SELFIE.

No noso caso decidironse tres Obxectivos:

1.Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empreguen as TIC, dentro da area de “Desenvolvemento Profesional Continuo”

2.Participar nun plan de formación do profesorado en ferramentas dixitais dentro da area de “Desenvolvemento Profesional Continuo”

3.Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro  dentro da area de “Infraestructura e Equipos”.

 

Para cada obxectivo axuntase una táboa onde consta tamén a seguinte información:

•Ata onde queremos chegar para cada un dos obxectivos e con que elementos. Esta información reportarana os indicadores e os seus valores de partida e de chegada.

•As accións para conseguir cada obxectivo, elixir os responsables das mesmas, acordar unha temporalización e determinar os recursos necesarios.

 

3.1.Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas

Por equipamento entendese o conxunto de dispositivos tecnolóxicos cos que conta o centro para o desenvolvemento das funcións docentes.

Neste sentido o centro detecta as seguintes necesidades:

•Ordenadores portátiles ou de sobremesa para que tódolos alumnos poidan ter acceso as TIC dentro do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1 Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empregan as TIC
2 Participar nun plan de formación do profesorado en ferramentas dixitais.
3 Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro.

Seguimento

Procedemento

Realización de reunions periodicas por parte dos responsables do Plan Dixital para evaluar o avance do mesmo asi como o grado de consecución dos Obxectivos.

 

1º Trimestre

Obxectivo 1: Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empregan as TIC.

  • Como resultado deste Obxectivo, unha vez reunidos os docentes para poñer en comun as posibilidades decidese poñer en marcha dous proxectos interdisciplinares:
    • Proxecto 1: Binario, os alumnos de 2º de Informática e comunicacións desenvolveran un proxecto que combina os módulos de Ciencias Aplicadas e os módulos de informática nos que se imparte todo o referente o sistema númerico binario.
    • Proxecto 2: Montaxe, os alumnos de 1º de Informática realizaran un manual de montaxe de equipamento informático onde secuenciaran o montaxe dun ordenador, farano en ingles polo que implica o módulo de Comunicación e Sociedade e o de Montaxe e mantemento de equipos.

Obxectivo 2: Participar nun plan de formación do profesorado en ferramentas dixitais.

  • Formación continua da entidade titular do concerto educativo: No mes de decembro levase a cabo unha acción de formación cunha duración de 15 horas sobre "Área 3 CDD. Enseñanza y aprendizaje". FINALIZADO
  • Parte del profesorado esta realizando acciones formativas a traves de FPROFE durante este primer trimestre. Una vez finalicen las acciones se actualizara no seguimento. EN PROCESO

Obxectivo 3: Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro.

  • Faise unha analise inicial do estado do equipamento do centro para detectar necesidades de retirada ou ampliación de equipamento. Procedese o analise.
  • Retirase equipamento que pola antiguidade do mesmo ou pola naturaleza da avaria non e convinte que sigan en activo. Procedese a retirada.
  • Detectase a necesidade de ampliación de memoria RAM no equipamento de administración e nos despachos do equipo directivo. Procedese a ampliación.
  • Detectase a necesidade de sustituir nos portatiles de Aula2 os HDD por SSD para poder aproveitar mais o equipamento. EN STAND BY
  • Detectase a necesidade de compra de novo equipamento informatico para aula/taller de 1º de Informática. EN STAND BY.
2º Trimestre

Obxectivo 1: Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empregan as TIC.

  • Como resultado deste Obxectivo, unha vez reunidos os docentes para poñer en comun as posibilidades decidese poñer en marcha dous proxectos interdisciplinares:
    • Proxecto 1: Binario, os alumnos de 2º de Informática e comunicacións desenvolveran un proxecto que combina os módulos de Ciencias Aplicadas e os módulos de informática nos que se imparte todo o referente o sistema númerico binario. EN PREPARACION
    • Proxecto 2: Montaxe, os alumnos de 1º de Informática realizaran un manual de montaxe de equipamento informático onde secuenciaran o montaxe dun ordenador, farano en ingles polo que implica o módulo de Comunicación e Sociedade e o de Montaxe e mantemento de equipos. EN PREPARACION

Obxectivo 2: Participar nun plan de formación do profesorado en ferramentas dixitais.

  • Formación continua da entidade titular do concerto educativo: No mes de decembro levase a cabo unha acción de formación cunha duración de 15 horas sobre "Área 3 CDD. Enseñanza y aprendizaje". FINALIZADO
  • Parte del profesorado esta realizando acciones formativas a traves de FPROFE durante este primer trimestre. Una vez finalicen las acciones se actualizara no seguimento. EN PROCESO

Obxectivo 3: Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro.

  • Faise unha analise inicial do estado do equipamento do centro para detectar necesidades de retirada ou ampliación de equipamento. Procedese o analise.
  • Retirase equipamento que pola antiguidade do mesmo ou pola naturaleza da avaria non e convinte que sigan en activo. Procedese a retirada.
  • Detectase a necesidade de ampliación de memoria RAM no equipamento de administración e nos despachos do equipo directivo. Procedese a ampliación.
  • Detectase a necesidade de sustituir nos portatiles de Aula2 os HDD por SSD para poder aproveitar mais o equipamento. EN PREPARACION
  • Detectase a necesidade de compra de novo equipamento informatico para aula/taller de 1º de Informática. EN PREPARACION.
3º Trimestre

Obxectivo 1: Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empregan as TIC.

  • Como resultado deste Obxectivo, unha vez reunidos os docentes para poñer en comun as posibilidades decidese poñer en marcha dous proxectos interdisciplinares:
    • Proxecto 1: Binario, os alumnos de 2º de Informática e comunicacións desenvolveran un proxecto que combina os módulos de Ciencias Aplicadas e os módulos de informática nos que se imparte todo o referente o sistema númerico binario. FINALIZADO
    • Proxecto 2: Montaxe, os alumnos de 1º de Informática realizaran un manual de montaxe de equipamento informático onde secuenciaran o montaxe dun ordenador, farano en ingles polo que implica o módulo de Comunicación e Sociedade e o de Montaxe e mantemento de equipos. FINALIZADO

Obxectivo 2: Participar nun plan de formación do profesorado en ferramentas dixitais.

  • Formación continua da entidade titular do concerto educativo: No mes de decembro levase a cabo unha acción de formación cunha duración de 15 horas sobre "Área 3 CDD. Enseñanza y aprendizaje". FINALIZADO
  • Parte del profesorado esta realizando acciones formativas a traves de FPROFE durante este primer trimestre. Una vez finalicen las acciones se actualizara no seguimento. FINALIZADO

Obxectivo 3: Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro.

  • Faise unha analise inicial do estado do equipamento do centro para detectar necesidades de retirada ou ampliación de equipamento. Procedese o analise.
  • Retirase equipamento que pola antiguidade do mesmo ou pola naturaleza da avaria non e convinte que sigan en activo. Procedese a retirada.
  • Detectase a necesidade de ampliación de memoria RAM no equipamento de administración e nos despachos do equipo directivo. Procedese a ampliación.
  • Detectase a necesidade de sustituir nos portatiles de Aula2 os HDD por SSD para poder aproveitar mais o equipamento. FINALIZADO
  • Detectase a necesidade de compra de novo equipamento informatico para aula/taller de 1º de Informática. FINALIZADO.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan

·         No contexto da avaliación procesual:

o   A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre.

o   Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

·         No contexto da avaliación final:

o   A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano.

o   Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan

• Unha vez redactado e aprobado polo Consello Escolar enviarase unaha copia a cada membro do claustro.

• No claustro inicial do curso 2022/2023 darase tamén copia impresa o claustro e recordarase a importancia do PD.

• Os titores farán énfase nos seus grupos na explicación do PD os seus alumnos para implicalos na consecución dos obxectivos.