Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Neste primeiro trimestre comezamos coas reunións oportunas de claustro, CCP e ciclos para organizar o traballo adicado á consecución dos obxectivos do noso plan dixital, establecemos as horas de reunión semanal para os membros da PDC nas que son abordadas as cuestións de seguimento do mesmo e a toma de decisións sobre as necesidades de modificación dos indicadores establecidos inicialmente así como asignamos horas ao coordinador TIC para a realizacións das tarefas que lle son atribuídas.
No que ao alumnado se refire centrámonos na súa familizarización cos equipos dos que poderán dispoñer durante o curso.
Por tanto os obxectivos acadados neste primeiro trimestre foron os seguintes: AO2.1, AO2.2, AO2.3, AO1.3
No referente ao alumnado estableceuse un plan de acción a levar a cabo para a inclusión das TIC como ferramentas didácticas habituais nos proceso de ensino-aprendizaxe.
O profesorado estivo a traballar concretamente nos seguintes contidos:
-Creación de Contidos dixitais para realizar co seu alumnado..
-Creación de narracións dixitais.
-Emprego de ferramentas ofimáticas e recursos dixitais en función das súas idades.
-Medidas de seguridade en rede.
-Selección de información veraz a través de ferramentas dixitais.
- Preparación para a participación nas Xornadas prácticas de intercambio co resto de centros docentes do Concello
Así pois, os obxectivos acadados neste segundo trimestre son: AO2.1, AO2.2, AO2.3, AO3.3, AO1.3
Leváronse a cabo as Xornadas de intercambio de experiencias educativas co resto do Concello, tal e como estaba programado no noso Plan Dixital.
Neste último trimestre as nosas accións están encamiñadas á consecución dos seguintes obxectivos:
- Actualizar o equipamento dixital de centro a través do seu inventariado, avaliación e estado para unha detección de necesidades de cara ao vindeiro curso.
-Posta a disposición da Comunidade Educativa dos contidos e experiencias levadas a cabo, como forma de centralización e aproveitamento de recursos.
- Dar continuidade aos obxectivos acadados nos trimestres anteriores.
- Avaliación e propostas de mellora do noso Plan Dixital.
Avaliación
O procedemento de seguimento e avaliación do plan realizarase ao longo de todo o curso. Distinguiremos aquí dous tipos de avaliación:
Procesual, que se levará como mínimo unha vez ao trimestre.
No Contexto final, momento en que trataremos de medir a consecución e logro dos obxectivos marcados neste Plan Dixital.
En cada unha delas, teremos en conta os obxectivos e indicadores marcados nas táboas do Plan de Acción. Valoraranse aspectos como:
O estado da execución das accións programadas: Realizada / Pendente / Aprazada.
A análise e valoración dos resultados ata ese momento.
As posibles modificacións das accións en busca de mellores resultados.
Posibles propostas de mellora buscando acadar os obxectivos programados.
A avaliación inal levarase a cabo cara ao inal do vindeiro curso escolar. Como aspectos a considerar, teremos en conta os seguintes:
A valoración do logro dos obxectivos: Acadados/ Parcialmente acadados / Non acadados / Pendentes / Aprazados.
Proposta de repetición de obxectivos.
Valoración das causas polas que non se acadaron os obxectivos.
Posibles propostas de mellora.
Plantexamento de novos obxectivos.
Do mesmo xeito, para poder avaliar a consecución ou non dos obxectivos, teremos en conta tamén durante o proceso todos aqueles aspectos que actualmente constitúen debilidades ou ameazas dentro do noso SELFIE e que non dependen directamente do noso traballo ou vontade:
Mellorouse a conectividade de rede no centro.
Conseguiuse ampliar a dotactión e parque tecnolóxico de recursos dixitais no centro (carros móbiles, ordenadores portátiles actuais, etc).
A Consellería aporta novos aplicativos que eliminen a burocracia e faciliten as labores administrativas (aplicación para elaborar inventario, ou programacións didácticas, por exemplo).
A UAC / Servizo Premium responden de forma áxil e operativa ás problemáticas xurdidas, pechando os tickets nun tempo razoable e con saída satisfactoria para o centro.
Garántense horas exclusivas para que as persoas integrantes do equipo tic / plan dixital poden levar a cabo correctamente as súas funcións.
As actuacións serán consideradas como realizadas / superadas se responden aos indicadores sinalados en cada caso. Ese proceso de avaliación inal terá lugar ao remate do curso escolar, tendo en conta o nivel de progresión ou desenvolvemento (conforme as circunstancias) para cada actuación no plano cronolóxico detallado no Plan de Acción.
DIFICULTADES ATOPADAS:
- A implantación do Plan Dixital resulta moi dificultosa debido á escaseza de tempo dispoñible
- Este tipo de iniciativas sen consenso é percibida pola totalidade do profesorado como "trámites burocráticos".
- Do anterior dedúcese que o Plan Dixital non está sendo ben acollido polo profesorado.
- Investigar as oportunidades e posibilidades que a irrupción das IA (Chat GPT, etc) están ofrecendo, e valorar de xeito crítico as súas consecuencias, para ben e para mal.
- Aproveitar os desexos de formación do profesorado de xeito individual nos CFR para deseñar plans de acción máis axeitados á realidade.
- Investigar as inquedanzas do alumnado a nivel dixital para tentar deseñar obxectivos máis acordes coas súas expectivas.
Comunicación e difusión
O protocolo para a publicidade e difusión do plan entre toda a comunidade educativa incluirá o seguinte proceso:
Comunicación aos órganos colexiados:
Claustro (presentación e valoración).
Consello Escolar (presentación, valoración e aprobación).
Publicidade na Web do centro no apartado de documentos.
AbalarMóbil: comunicación do enlace ao documento.