Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro atópase na parroquia de San Nicolás de Mosteirón, situada a uns 5 kms do centro de Sada. Dita parroquia está caracterizada por un ámbito semi urbano, no que predominan os espazos verdes e o ámbito natural.

            Atopámonos nun centro ambicioso e con ganas de impulsar a innovación educativa, co cal o traballo interdisciplinar cobra moito sentido; isto fai que todos os plans de centro se axuden entre sí para ser levados a cabo, polo tanto o traballo entre os diferentes equipos e dinamizacións é fundamental.Xa case dende o comezo da andaina do centro pertence á rede abalar e, dende o curso 21.22 está dentro do proxecto E- Dixgal.

Anualmente a través do PDI do centro artéllanse todas as actividades e intenta sacarse o máximo proveito para traballar a temática sobre diversos aspectos: biblioteca, TIC, EDLG… Por iso o Plan dixital estará presente na vindeira PXA.

¿      Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

¿      Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022: Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

¿      Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración.

¿    Selfie:
o    Elección preguntas.
o    Realización do test.
o    Análise dos resultados.
o    DAFO.
¿    Enquisa CDD realizada en Fprofe.
¿    Realización do Plan de Acción.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

DAFO

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Comportamento responsable: O alumnado de hoxe en día ten moito acceso á información instantánea pero pouco coñecemento dos perigos Alumnado Si
Debilidade Creación de contidos dixitais: O alumnado precisa máis formación e recursos para crear contidos. Alumnado Si
Debilidade É preciso que abalarmóbil deixe adxuntar documentos. Familias Si
Debilidade Tamén sería interesante que se crease unha aplicación para cada aula na que poder compartir as actividades (mediante fotos, vídeos, unha exposición) do que estamos facendo. Familias Si
Debilidade En xeral hai pouco control parental, pouca vixilancia do tempo e contidos que emprega o alumnado. Familias Non
Debilidade Protección de datos Información sobre protección de datos insuficiente por parte da administración Infraestruturas Si
Debilidade Fallos no filtro da rede para que o alumnado acceda a contidos inapropiados. Infraestruturas Si
Debilidade Necesidade de equipamento portátil para xestión do centro dende casa cumprindo protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade Avaliación do progreso: Precisamos medidas para poder avaliar absolutamente todo de xeito informático. Permisos das aplicacións excesivamente restrictivos: o/a xefe do Dto de orientación non pode acceder á xestión de NEAE. Organización de centro Non
Debilidade Estratexia dixital: Carecemos dela, precisamos dar un impulso Organización de centro Non
Debilidade Colaboración do alumnado: Alumnado acostumado aos dispositivos pero non para a formación académica Persoal docente Non
Debilidade Retroalimentación axeitada: Non se empregan suficientemente ferramentas de retroalimentación dixital da aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Auxiliares de conversa: Non teñen conta edu.xunta Persoal non docente Si
Debilidade É importante sinalar que a gran debilidade é que o persoal non docente non ten acceso a espazo abalar para poder enviar notificacións acordadas no centro, nin correo corporativo nalgúns casos. Persoal non docente Si
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza Igual que a anterior. Ambos comentados no apartado de infraestruturas Alumnado Non
Fortaleza O 98% das familias do centro emprega abalarmóbil, o que permite unha comunicación máis eficaz, todas as familias facilitan un correo electrónico, teñen acceso á información a través da páxina web do centro. Familias Non
Fortaleza C1, C2, C3,C8 Dispositivos dixitais para o ensino: Infraestruturas Non
Fortaleza Un ordenador por aula para docencia Carro de tablets Infraestruturas Non
Fortaleza Carro de tablets Impresora 3D Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos de búsqueda na biblioteca Infraestruturas Non
Fortaleza Aulas Edixgal para 5º e 6º Infraestruturas Non
Fortaleza EDIXGAL: Curso 21. 22 comezamos a ser centro edixgal Oferta Non
Fortaleza COMEDOR: Centro con comedor xestionado polo Ies que conta con cociña propia. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Xestionadas pola ANPA do centro e tamén madrugadores. TRANSPORTE, PLAN DIRECTOR: Acoso, drogas, alcohol xogos...., P Oferta Non
Fortaleza PLANS PROXECTA, PROA +. Actividades encamiñadas á realización de hábitos saudables. Actividades de libre configuración: Máis actividade . máis saudable e oralidade. Oferta Non
Fortaleza enda dixital: A día de hoxe temos a todo o alumando con dificultades para acceso á dispositivos dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza : Novas modalidades de ensino. Somos un centro, que se anima a experimentar con novas propostas ano a ano. Organización de centro Non
Fortaleza Recursos educativos en liña: Busca e crea recursos en liña adaptados ás necesidades e con formato atractivo. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Comunicación coa comunidade educativa: As comunicacións coas familias e profesorado realízanse a través de abalar e correo electrónico. Persoal docente Non
Fortaleza Administrativa: para matrícula no XADE e outras xestións empregando as ferramentas de edu.xunta Persoal non docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva carga burocrática que ralentiza o traballo do día a día. Administración educativa Non
Ameaza Acceso a internet con deficiencias Contorna Non
Ameaza A lexislación debería actualizarse sendo clara e sen dar lugar a dúbidas. A día de hoxe atopámonos con ROC do ano 1997 con correccións de erros do 98, modificacións do 2010, 2011¿. Pero non adaptado á nova realidade educativa. Lexislación Non
Ameaza A lexislación publicada da moito peso ao ámbito emocional, sendo piar básico para a educación do século XXI. Lexislación Non
Ameaza Precisamos máis colaboración do Concello de Sada. Outras Non
Oportunidade Está mellorando as aplicacións informáticas. Comunicación con Inspección Educativa. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA do centro é colaborativa. Organiza actividade de Robótica ANPA Non
Oportunidade Temos realizado algunha colaboración con ASPACE, realizamos actividades coa reserva da biosfera. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

-        Valoración do punto de partida en cada un dos ítems detectados no DAFO.

-        Detallar todas as necesidades detectadas.

-        Analizar as necesidades prioritaria coa finalidade de establecer os obxectivos que van marcar o Plan dixital.

-        Determinar en cada un dos obxectivos puntos de partida, recursos, responsables…

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Definir a estratexia Dixital de centro
O02PD Impulsar no uso da Aula Virtual do centro nos niveis de 1 a 4 de Educación Primaria e 2 ciclo Ed. Infantil.
O03PD Promover o emprego dos recurso TIC que temos no centro.
O04PD 8Implementar a metodoloxía E-DIXGAL no centro

Seguimento

Procedemento

O equipo do Plan Dixital nas súas reunións, como mínimo unha vez ao trimestre fará unha avaliación das accións levadas a cabo, a evolución e reconducir o proceso no caso de que sexa preciso.

1º Trimestre

Tras unha reunión, constituise o equipo que conformará este curso o plan dixital.

Fíxose un genially cos material que temos no centro e recursos para o traballo do día a día.

Enquisa ao profesorado sobre necesidades.

Matriculación alumnado aula virtual.

Establecemento de necesidades dixitais.

Reunións equipo E- Dixga.

2º Trimestre

O que se fixo no primeiro trimestre foise mantendo, ademais de tendo formación sobre protección de datos, trasladar información aos mestres/as, proporcionar novos recursos.

Reorganización aula TIC.

3º Trimestre

En base ao seguimento do anterior, mercouse material que facilite o día a día nas aulas e estase planificando formación para o emprego de panéis dixitais instalados pola Consellería.

Os obxectivos foron acadados, pero o aula virtual precisa máis impulso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

As datas de avaliación coincidirán coas datas da avaliación de cada trimestre e marcarase por porcentaxe de resultados acadados..

Avaliación final. Ao final do ano o equipo realizará a avaliación final do Plan considerando a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valorarase coas táboas que se indicaron anteriormente.

Valoración xeral

Os obxectivos foron acadados, pero é preciso seguir traballando neles para chegar á mellora educativa e, polo tanto, mantendo un plan de formación. 

Proposta de mellora

Necesidade de que a calidade do sinal wifi chegue a todos os espazos.

Dotación de tabletas dixitais para achegar ao alumnado á competencia dixital: uso de aplicación que favorezan o ensino aprendizaxe.

- Dotación STEAM para a biblioteca con busca da transversalidade no proceso de ensino aprendizaxe en todo o centro e en todas as áreas.

- Ampliación dos recursos para o aula TIC dado que resultan insuficientes para poder traballar con todo o alumnado da aula á vez.

-Dotación de ordenadores para 3º e 4º de Ed. Primaria para iniciar ao alumnado na investigación, búsqueda de información, manexo do ordenador e mellorar as competencias TIC e informacionais.

-  Documentos que hai que enviar á administración, do que se nos da plantilla, compatible con todos os ordenadores. 

- O vindeiro curso o buscar estratexias e formación para sacar todo o partido didáctico aos paneis dixitais interactivos recentemente instalados ata 2º de Primaria, e reformular o aula TIC para que alumnado e profesorado teñan máis motivación no seu emprego poden ser dúas liñas de actuación posibles.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Somos conscientes da importancia de facer unha boa difusión desta iniciativa pois na medida en que sexamos capaces de concienciar as comunidade educativa da súa importancia, daremos conseguido un uso responsable das TIC nas nosas vidas para cubrir necesidades educativas.

Promocionarase entre as familias e se colgará na páxina web do colexio.