Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

Grazas ao auxe experimentado polo turismo, as actividades inmobiliarias e de hostalería alcanzan nestes momentos un peso relevante na economía de Sada, na que o sector terciario é o que aglutina a maior parte dos traballadores. En Sada as pequenas e medianas empresas rexistradas por estratos de asalariados son 870, das que 825 son consideradas como microempresas, 42 como pequena empresa (criterio: de 10 a 49 asalariados) e 3 como mediana empresa (criterio: de 50 a 249 asalariados). Pola contra tan só unha empresa é considerada como gran empresa (criterio: 250 e máis asalariados).
Os equipamentos culturais máis destacados do Concello de Sada son a Casa da Cultural Pintor LLoréns e Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo. A Casa da Cultura inaugúrase o 23 de decembro do ano 2000 e dende esa data este edificio de usos múltiples, sumado aos centros culturais existentes nas distintas parroquias, converteuse no foco dinamizador da actividade cultural e de lecer do municipio. A biblioteca municipal inaugurouse en 1983, e no ano 2000, coa creación da Casa da Cultura pasa a localizarse nesa dependencia. Esta biblioteca ofrece servizos de consulta en sala, información bibliográfica, préstamo de documentos, actividades culturais, acceso a internet e visitas guiadas. Ademais, na Sección local da biblioteca xestiónase toda a información da localidade.
No apartado de deportes, o concello de Sada conta con variadas instalacións deportivas.

Contribución do PD ao proxecto educativo.
Elaborar o Plan Dixital do Centro está entre os obxectivos xerais do PEC. A través del queremos:
    • Capacitar no uso dos medios informáticos como forma de romper desigualdades sociais.
    • Potenciar o emprego das TIC como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe.
    • Favorecer a formación do profesorado no uso das ferramentas informáticas educativas.
    • Mellorar a coordinación da comunidade educativa co uso das tecnoloxías informáticas e introducilas nos protocolos de actuación.
    • Desenvolver a competencia dixital do alumnado, dotándolle de habilidades na procura de información e tratamento crítico da mesma.
    • Impulsar a a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores esenciais e de respecto doutros costumes e outras culturas.
    • Potenciar actividades de participación de toda a comunidade educativa nas diferentes actividades do centro: páxina web, actividades culturais, etc.
    • Impulsar o debate, na redefinición dos ámbitos público e privado dos individuos, que estas tecnoloxías impoñen.

En relación ao profesorado:
    • Contemplar os recursos TIC dentro da programación de aula.
    • Uso das ferramentas TIC para potenciar a comunicación entre os distintos equipos (de aula, departamento, claustro,etc).
    • Uso das ferramentas TIC para potenciar a comunicación coa comunidade educativa e o seu entorno.

En relación ao alumnado
    • Utilización de distintas ferramentas informáticas para a realización de tarefas de aprendizaxe.
    • Establecer criterios para buscar información fiable e desenvolvemento do espírito crítico.
    • Potenciar a comunicación e cooperación entre os compañeiros e profesores e desenvolver a competencia moral que rexa os principios de  respecto e solidariedade.

Relación con outros plans e proxectos do centro.
Un porcentaxe alto de profesorado participa en cursos de formación relacionados coas novas tecnoloxías. Ademais de participar no desenvolvemento do PDC, este curso realizamos un seminario de Moodle avanzado.
Dentro do Plan Proxecta participamos no proxecto de Cinema en curso co grupo de 4º de ESO no que se traballa coas ferramentas TIC entre outras.
 

Contribución do PD á programación Xeral Anual do curso 22/23
Có  PD  podemos apoiar o Plan anual TIC:
    • Promovendo o uso das novas tecnoloxías dentro e fora do centro
    • Asesorando e motivando ao profesorado no uso destas tecnoloxías.
    • Cooperando no desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.

Para o que será necesario, continuando na liña da Programación Xeral  Anual:
    • Actualizar o inventario dos recursos TIC do centro.
    • Manter en condicións de uso os equipos necesarios
    • Revisar e actualizar protocolos de uso dos equipamentos TIC
    • Revisar e actualizar a asignación das Ips dos equipos

Moi vinculado tamén co Plan Dixital están as ferramentas de comunicación TIC que se propoñen na PXA:

  • Moodle: facilitar o uso da aula virtual a todo o alumnado e profesorado do centro.
  • Web: Usar a web do centro como espazo virtual de comunicación coa comunidade educativa.
  • Espazo abalar: Utilizar como medio para a comunicación coas familias empregando o espazo abalar, a través da súa aplicación móbil.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE realizado en diciembre 2021 y CDD realizado en marzo 2002 en Anexos

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Fortaleza 1 . Apoiamos ao profesorado para que explore novas formas de ensinanza coas técnicas dixitais Persoal docente Si
Fortaleza 2. No noso centro debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes de utilizar a tecnoloxía dixital para a ensinanza e a aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza 3. Noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza 4. Empregamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza 5. O profesorado utiliza as tecnoloxías dixitais para adaptar a ensinanza ás necesidades dos alumnos. Persoal docente Si
Fortaleza 6. Realizamos actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza 7. Facilitamos que o alumnado utilice a tecnoloxía dixital para documentar a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo Un elemento atopado.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Oportunidade 1. No noso centro a infraestrutura dixital respalda a ensinanza e aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Un elemento atopado.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Organizar estructuralmente a Aula Virtual do centro
O02PD Avaliar por medios dixitais mediante rúbricas na contorna de Moodle

Seguimento

Procedemento

Realizaremos un seguimento unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Constituíronse os grupos de traballo do PFPP. Posta en marcha do Aua Virtual. Acadouse o obxectivo 1 de homoxenización das estruturas dos cursos na AV.

2º Trimestre

Desenvolveuse a formación asociada no PFPP das TIC. En febreiro e marzo tivemos as sesións de formación presencial baseadas nas ferramentas de avaliación Moodle.

 

3º Trimestre

Implementación nas aulas do obxectivo 2 do Plan Dixital. Avaliación do mesmo.

Traballo das áreas 5 e 6 da CDD a través de pilulas informativas do CEFORE.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final, ao remate do curso avaliaremos o Plan Dixial considerando, entre outros aspectos, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa. O profesorado acolleu o Plan con moito interese e desenvolveuse con exito.

Proposta de mellora
  • Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios. 

  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional contínuo do corpo docente en colaboración cos CFR buscando a estabilización dunha liña TIC nos PFPP. Asimesmo, é importante fomentar a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes. 

  • Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando aos pais, estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais. Pódense realizar reunións informativas, enquisas e espazos de diálogo para recompilar opinións e retroalimentación. 

  • Establecer un sistema de avaliación e seguimento continuo para medir o impacto do plan dixital na aprendizaxe dos estudantes e na calidade do ensino. Isto implica recompilar datos, analizar resultados e realizar axustes periódicos segundo os achados. Tamén é importante comunicar os avances e logros do plan á comunidade educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para dar a coñecer o plan dixital entre toda a comunidade educativa, servirémonos da páxina WEB do centro e dos enlaces a ela compartidos a través de espazoAbalar e a aula virtual