Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE


A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO


O C.E.I.P. Plurilingüe Pepe de Xan Baña de Traba, do Concello de Santa Comba, atópase nun contexto rural no que moitas familias viven da gandaría.

Contamos no centro, con 5 unidades. Unha aula mixta de educación infantil, con 19 alumnos, e 4 aulas en educación primaria, dúas delas mixtas. O número total do alumnado do centro ascende a 68. O claustro que temos agora mesmo é persoal definitivo, a excepción do especialista de educación física, que é funcionario en prácticas e que o vindeiro curso 2022-23 será definitivo tamén. Contamos con dúas persoas itinerantes no centro, unha delas a Orientadora, cuxo centro base é o CEIP Labarta Pose, e acode ao noso centro 2 días á semana (mércores e venres). Así como tamén a especialista de Relixión, que compartimos co CEIP O Coto, e ven ao noso centro 3 días a semana (luns, martes e mércores). Cabe destacar as instalacións privilexiadas coas que conta o noso centro. Contamos cunha biblioteca moi ben equipada, recursos informáticos, un gran pavillón deportivo e un patio espazoso con equipamento de xogo e abundante flora e horta escolar que pode ser aproveitada pedagoxicamente.

O C.E.I.P. Plurilingüe Pepe de Xan Baña leva anos procurando ofrecer ao alumnado unha oferta pedagóxica atractiva, como mostra a participación no programa PLAMBE (formando parte das Bibliotecas Inclusivas e Creativas, e tamén Radio na biblio), a súa aposta polas TIC e as linguas e o esforzo da formación continua do profesorado. Dende o equipo de dinamización da lingua galega búscase un uso axeitado do galego, contando cun alumnado que é maioritariamente galegofalante. Un dos obxectivos curriculares é acadar un nivel satisfactorio na lingua castelá.

Cabe destacar como novidade para este curso, a inclusión no programa Pluriinfantil, no cal se comeza impartindo 6 sesións en lingua inglesa. Ofertamos diversas actividades que pretenden achegar o alumnado a esa Lingua Estranxeira

O centro sigue apostando pola formación do profesorado. Destacando cursos, os cursos de ferramentas dixitais e os cursos que traballan a educación emocional.

Prestaremos especial atención a boa convivencia, procurando fomentar un clima de respecto tanto entre o claustro, en relación coas familias e a ANPA, entre o alumnado e os alumnos e o persoal docente e non docente. Buscarase a colaboración coas familias, o departamento de orientación e o diálogo entre todos os membros da comunidade educativa. Así mesmo consideramos fundamental colaborar co Concello de Santa Comba achegando ao alumnado a oferta das actividades que propoñan.

PROCESO DE ELABORACIÓN


No primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.  
No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.
Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidades. Realizouse formación específica neste apartado e no da elaboración dos plans de accións nos meses de marzo e abril respectivamente dentro do contexto dun PFPP.
No terceiro trimestre elaboráronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.
Cabe sinalar que o de seguimento por parte do mentor da nosa zona establecía a entrega de diversas tarefas ao longo do curso. Posteriormente ditas tarefas, terían concreción neste documento axudando a ter unha temporalización organizada.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centrro, púxose en marcha ao inicio do curso un PFPP así como a creación do equipo de Dinamización do Plan Dixital. Realizáronse diversas sesións formativas das cales foron froito a posta en marcha do test SELFIE, test CDD, análise DAFO e táboas do  Plan de acción. Finalmente todo se traduciu na elaboración do Plan Dixital do noso centro. 

Interno
57 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4. (2,7) ED (3) Prof (2,7) Al (2,5) NON se traballa a adquisición de ferramentas para comprobar a fiabilidade da información que atopamos na rede. Alumnado Non
Debilidade H1. (2,7) ED (3) Prof (2,7) Al (2,4) NON se realizan actividades para aprender a navegar seguro na rede. Alumnado Non
Debilidade H8. (2,8) ED (3) Prof (2,5) . O alumnado NON aprende a comunicarse a través das TICs Alumnado Non
Debilidade H10. (2,6) ED (3) Prof (2,7) Al (2). O alumnado non emprega de xeito habitual a tecnoloxía nas diferentes actividades. Alumnado Non
Debilidade H13. (2,4) ED (3) Prof (1,8). O alumnado NON aprende a resolver os problemas técnicos que aparecen ao empregar as TICs Alumnado Non
Debilidade PEC5.3 Al (2,4) O alumnado NON emprega software libre na súas casas para a realización das actividades da escola Alumnado Non
Debilidade H3. (2,9) ED (3) Prof (2,8) Al (3) NON se realizan tarefas para aprender a actuar de xeito responsable na rede. Alumnado Si
Debilidade H7. (2,8) ED (3) Prof (2,5) NON se ensina ó alumnado a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade H11. (2,4) ED (3) Prof (2,2) Al (2) O alumnado soamente traballa a codificación e a programación en actividades illadas. Alumnado Non
Debilidade PEC2.3 Al (1,7) O alumnado non pode facer o seguimento das súas tarefas a través da aula virtual Alumnado Non
Debilidade PEC4.3 Al (2,3) O alumnado NON é coñecedor dos programas de software libre Alumnado Non
Debilidade MIX1. As familias do centro teñen unha baixa competencia dixital Familias Non
Debilidade C8. (3,1) ED(3) Prof (3,7) Al (2,7) No noso centro non dispoñemos de suficientes dispositivos TIC nas aulas Infraestruturas Non
Debilidade C1.(2,8) ED (3) Prof (2,5) A infraestructura dixital NON é suficiente para respaldar o ensino aprendizaxe coas TICs. Infraestruturas Si
Debilidade C14. (2,6) ED (3) Prof (2,3) O espazo físico NON é o óptimo para o ensino aprendizaxe a través das TICs. Infraestruturas Non
Debilidade C3. (2,5) ED (2) Prof (2,5) Al (3) El acceso a internet en el centro es inestable Infraestruturas Non
Debilidade C16. (2,6) ED (3) Prof (2,2) No dispoñemos de respositorios ou bibliotecas en liña con materiais de ensinanza e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade PEC5.1 ED (3) As aulas deberían contar cun mellor equipamento informático Infraestruturas Non
Debilidade C1.(2,8) ED (3) Prof (2,5) A infraestructura dixital NON é suficiente para respaldar o ensino aprendizaxe coas TICs. Organización de centro Non
Debilidade C8. (3,1) ED(3) Prof (3,7) Al (2,7) No noso centro non dispoñemos de suficientes dispositivos TIC nas aulas Organización de centro Non
Debilidade C3. (2,5) ED (2) Prof (2,5) Al (3) El acceso a internet en el centro es inestable Organización de centro Non
Debilidade C14. (2,6) ED (3) Prof (2,3) O espazo físico NON é o óptimo para o ensino aprendizaxe a través das TICs. Organización de centro Non
Debilidade C16. (2,6) ED (3) Prof (2,2) No dispoñemos de respositorios ou bibliotecas en liña con materiais de ensinanza e aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade PEC5.1 ED (3) As aulas deberían contar cun mellor equipamento informático Organización de centro Non
Debilidade B2. (3) ED (4) Prof (3) Al (2,1) Escaso debate co alumnado sobre as vantaxes e desvantaxes do uso das TICs Persoal docente Non
Debilidade E3. (2,9) ED (3) Prof (2,8) Non se empregan entornos dixitais de forma habitual Persoal docente Non
Debilidade F6. (2,9) ED (3) Prof (2,7) NON se fan proxectos interdisplinares empregando TICs. Persoal docente Non
Debilidade G3. (2,9) ED (3) Prof (2,7) NON se empregan as TIC para dar feedbacks ao alumnado Persoal docente Non
Debilidade D1. (3,8) ED (4) Prof (3,5) Non hai debate sobre a necesidade do DPC co profesorado no canto das TICs Persoal docente Si
Debilidade G5 (2,9) ED (3) Prof (2,7) O alumnado NON emprega as TIC para reflexionar sobre o seu aprendidaxe Persoal docente Non
Debilidade PEC1.2. Prof (3,7) NON se realizan as suficientes formacions individuais no canto das TICs. Persoal docente Non
Debilidade FLUT1. O profesorado considera que a falta de fondos e equipamento dixital ao igual que a inestabilidade na conexión internet limitan o uso das TICs. Persoal docente Non
Debilidade D3. (3,3) ED (3) Prof (3,5) Non hai intercambio de experiencias TICs dentro da Comunidade Educativa Persoal docente Non
Debilidade E1. (3,8). Non hai unha suficiente búsqueda de recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
Debilidade E2. (3,3) ED (4) Prof (2,5) Non se crean recursos dixitais Persoal docente Si
Debilidade F1. (3) ED (4). Prof (3) Al (1,9) No se realizan actividades TIC para adaptarse a las necesidades individuales del alumnado Persoal docente Non
Debilidade F3. (3) ED (3) Prof (3). NO se usan las TICs para fomentar la creatividad de nuestro alumnado. Persoal docente Si
Debilidade F4. (3,1) ED (4) Prof (3) Al (2,3) NO se realizan moitas actividades empregando as TICs. Persoal docente Non
Debilidade F5. (2,6) ED (3) Prof (2,7) Al (2) NON se empregan as TICs para traballar de forma cooperativa. Persoal docente Non
Debilidade G6 (2,8) ED (3) Prof (2,5) NON se fai uso das TIC para a observación do traballo dos compañeiros/as Persoal docente Non
Debilidade G9. (3,4) ED (4) Prof (2,8) NON empregamos datos dixitais para mellorar o aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G10. (3) ED (3) Prof (3). NON se valora de forma axeitada o traballo coas TIC fora do centro. Persoal docente Non
Debilidade PEC4.1 ED (4) NON se coñece a normativa relativa a adquisicións de equipamento informático Persoal docente Non
Debilidade PEC5.2 Prof (3,5) O profesorado prefire empregar alternativas ao software libre Persoal docente Non
Debilidade DPC O profesorado prefire as actividades de DPC de forma presencial e que permitan aplicación directa na aula. Persoal docente Non
Fortaleza Biblioteca moi ben equipada (Radio e impresora 3D) Infraestruturas Non
Fortaleza PEC1.1 ED (4) Empregamos o software corporativo Infraestruturas Non
Fortaleza (2,9) ED (3) Prof (2,7) No noso centro dispoñemos de asistencia técnica cando temos problemas coas TICs Infraestruturas Non
Fortaleza PEC3.3 Al (4) O centro emprega o servizo de AbalarMobil para comunicarse coas familias. Infraestruturas Non
Fortaleza PEC2.1 ED (3) Emprégase software libre nos dispositivos do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza FLUT2. O profesorado considera que o espazo escolar podería facilitar o uso das TICs. Infraestruturas Non
Fortaleza A3. (3,4) ED (3) Prof (3,7) O profesorado ten tempo para explorar novos métodos de ensinaza coa tecnoloxía Oferta Non
Fortaleza G7. (3,1) ED (3) Prof (3,2). Empregamos XADE para recoller os resultados da avaliación Persoal docente Non
Fortaleza D2. (3,9) ED (4) Prof (3,7) Temos acceso a un DPC no canto das TICs. Persoal docente Non
Fortaleza E4. (3,6) ED (4) Prof (3,3) Comunicámonos coas familias empregando as tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza G1. (3) ED (3) Prof (3) Empregamos XADE para recoller os resultados da avaliación Persoal docente Si
Fortaleza FLUT5. Dispoñemos de apoio técnico para resolver as nosas dúbidas cos problemas nas TICs. Persoal non docente Non
57 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A aplicación de XADE so serve para a recollida de notas Administración educativa Non
Ameaza O deseño das aplicacións corporativas é pouco visual e intuitivo Administración educativa Non
Ameaza É doado que o PDC pase a ser un documento máis sen outra pretensión. Administración educativa Non
Ameaza As familias teñen unha competencia dixital baixa Contorna Non
Ameaza O acceso a dispostivos por parte do alumnado e a conexión estable nas súas vivendas é limitado Contorna Non
Ameaza A burocracia e os continuos cambios limita as ganas de innovar do profesorado Lexislación Non
Ameaza É preciso desenvolver bancos de recursos que faciliten a labor docente (nube corporativa¿) Lexislación Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Si
Ameaza B3. (2,9) ED (3) Prof (2,7) Falta de colaboracións con outras organizacións empregando as TICs Outras Si
Oportunidade A Administración aposta pola dixitalización dos Centros Administración educativa Non
Oportunidade Estamos nunha época de cambios e potenciación dixital froito da recente pandemia Administración educativa Non
Oportunidade Hai oferta formativa relacionada coas TICs. Administración educativa Non
Oportunidade A Administración educativa aposta polo plan TIC. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA é colaboradora co centro. ANPA Non
Oportunidade As familias reciben de bo grado as novas actividades que teñen que ver coas TIC e a innovación educativa. ANPA Non
Oportunidade A Comunidade Educativa colabora estreitamente e ten moi boa relación co centro educativo Contorna Non
Oportunidade As TICs motivan a Comunidade Educativa Contorna Non
Oportunidade C7. (2,9) ED (3) Prof (2,7) En nuestro centro contamos con estratexias de protección de datos Contorna Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar os documentos de test SELFIE, test CDD e DAFO evidenciouse que no noso centor educativo é preciso traballar:

  • A actualización do noso Plan Dixital de Centro é necesaria para adaptarnos aos cambios tecnolóxicos e garantir unha integración efectiva das TIC na educación.
  • A estratexia dixital axudará a mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado, promovendo a formación en TIC e o uso responsable das tecnoloxías.
  • As colaboracións con outras organizacións ou centros permitirannos aproveitar sinerxias e compartir experiencias en relación co uso das TIC.
  • A mellora da infraestrutura TIC é esencial para asegurar unha adecuada conectividade e dispoñibilidade de recursos tecnolóxicos no centro.
  • O PFPP no eido das TIC  permitirá mellorar a competencia dixital do profesorado, proporcionándolles as ferramentas e coñecementos necesarios para integrar as TIC nas súas prácticas pedagóxicas.
  • A creación dun banco de recursos dixitais facilitará o acceso a materiais e contidos educativos en diferentes áreas e cursos, proporcionando unha continuidade no proceso de ensino-aprendizaxe.
  • A avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe empregando recursos dixitais permitirá obter información valiosa sobre o impacto das TIC na mellora dos resultados académicos e na calidade da educación.
  • As tarefas que desenvolven a creatividade e cooperación do alumnado con recursos TIC  potenciarán o seu talento e habilidades, preparándoos para os retos dun mundo cada vez máis dixitalizado.
  • A mellora da competencia dixital do alumnado para o uso seguro das TIC é esencial para protexelos de posibles ameazas e fomentar unha utilización responsable e ética das tecnoloxías.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar o Plan Dixital de Centro (Árear A Liderado - A1*)
O02PD Elaborar e por en marcha unha estratexia dixital que mellore a competencia dixital do profesorado e do alumnado (Árae A Liderado A1*)
O03PD Realizar colaboracións con outras organizacións ou centros empregando as TICs (Área B - Colaboración e Redes B3*)
O04PD Aumentar e mellorar a infraestrutura TIC do centro (Área C Infraestruturas e equipamentos C1*)
O05PD Desenvolver un PFPP no eido das TIC para mellorar a competencia dixital do profesorado do centro (Área D Desenvolvemento Profesional Continuo D1*)
O06PD Crear un banco de recursos dixitais do centro das distintas áreas e cursos que amose unha continuidade na etapa (Área E Apoios e Recursos E2*)
O07PD Avaliar o proceso de ensinanza aprendizaxe empregando os recursos dixitais (Área G Prácticas de Avaliación G1*)
O08PD Levar a cabo tarefas que desenvolvan a creatividade e cooperación do noso alumnado con recursos TIC (Área F Pedagoxía Implementación na aula F3*)
O09PD Mellorar a competencia dixital do noso alumnado dándolles capacidade para o uso seguro das TIC (Área H Competencias Dixitais do Alumnado H3*)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende unha perspectivas:

Avaliación procesual: unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de acción. Ademais, realizaranse propostas de modificación das mesmas de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Ademais, tamén se revisarán os distinto plans de acción en cada unha das visitas realizadas pola persoa mentora. 

1º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD:

  • Actualizar o Plan Dixital de Centro (OBX1): xa acadado. Escollidos coord, membros do EDPD e liña de PFPP escollida.
  • Elaborar e por en marcha unha estratexia dixital que mellore a competencia dixital do profesorado e do alumnado (OBX2): en elaboración do documento.
  •  Realizar colaboracións con outras organizacións ou centros empregando as TICs (OBX 3): aprazado ata realizar formación PFPP.
  • Aumentar e mellorar a infraestrutura TIC do centro (OBX 4): Libro de incidencias xa creado, estanse recompilando as tablets do centro para facer inventario das mesmas e organizar mellor a súa dinamización. Lugar de almacenaxe accesible. Buscaranse apps que sexan de utilidade na aula. No apartado de inventario decídese agardar ata ter dispoñible a aplicación da Consellería.
  • Desenvolver un PFPP no eido das TIC para mellorar a competencia dixital do profesorado do centro (OBX 5) en proceso de execución.
  • Crear un banco de recursos dixitais do centro das distintas áreas e cursos que amose unha continuidade na etapa (OBX 6): agardar a execución da formación do PFPP.
  • Avaliar o proceso de ensinanza aprendizaxe empregando os recursos dixitais: (OBX 7): agardar a execución da formación do PFPP.
  • Levar a cabo tarefas que desenvolvan a creatividade e cooperación do noso alumnado con recursos TIC (OBX 8): aprazado ata execución de obxectivos anteriores. 
  • Mellorar a competencia dixital do noso alumnado dándolles capacidade para o uso seguro das TIC (OBX 9) en proceso solictadas charlas de plan director. Estase a deseñar contidos para aula virtual sobr seguridade.
2º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD:
Actualizar o Plan Dixital de Centro (OBX1):
xa acadado. Escollidos coord, membros do EDPD e liña de PFPP escollida.
Elaborar e por en marcha unha estratexia dixital que mellore a competencia dixital do profesorado e do alumnado (OBX2): en elaboración do documento.
Realizar colaboracións con outras organizacións ou centros empregando as TICs (OBX 3): aprazado ata realizar formación PFPP.
Aumentar e mellorar a infraestrutura TIC do centro (OBX 4): Libro de incidencias xa creado, estanse recompilando as tablets do centro para facer inventario das mesmas e organizar mellor a súa dinamización. Lugar de almacenaxe accesible. Buscaranse apps que sexan de utilidade na aula. No apartado de inventario decídese agardar ata ter dispoñible a aplicación da Consellería.
Desenvolver un PFPP no eido das TIC para mellorar a competencia dixital do profesorado do centro (OBX 5): en proceso de execución, sesións de formación temporalizadas. 
Crear un banco de recursos dixitais do centro das distintas áreas e cursos que amose unha continuidade na etapa (OBX 6): agardar a execución da formación do PFPP.
Avaliar o proceso de ensinanza aprendizaxe empregando os recursos dixitais: (OBX 7): agardar a execución da formación do PFPP.
Levar a cabo tarefas que desenvolvan a creatividade e cooperación do noso alumnado con recursos TIC (OBX 8): aprazado ata execución de obxectivos anteriores. 
Mellorar a competencia dixital do noso alumnado dándolles capacidade para o uso seguro das TIC (OBX 9): en proceso solictadas charlas de plan director. Xa executadas charlas do plan director. Estase a deseñar contidos para aula virtual sobre seguridade.

3º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD:

  • Actualizar o Plan Dixital de Centro (OBX1): xa acadado. Escollidos coord, membros do EDPD e liña de PFPP escollida.
  • Elaborar e por en marcha unha estratexia dixital que mellore a competencia dixital do profesorado e do alumnado (OBX2): xa acadado.
  • Realizar colaboracións con outras organizacións ou centros empregando as TICs (OBX 3): non foi posible a súa realización porque se investiu moito tempo na formación docente e foi imposible chegar a execución final do mesmo.
  • Aumentar e mellorar a infraestrutura TIC do centro (OBX 4): Xa acadado
  • Desenvolver un PFPP no eido das TIC para mellorar a competencia dixital do profesorado do centro (OBX 5): xa acadado.
  • Crear un banco de recursos dixitais do centro das distintas áreas e cursos que amose unha continuidade na etapa (OBX 6): xa acadado. Finalmente non se fixo por áreas senon que se centrou no proxecto docento do centro. 
  • Avaliar o proceso de ensinanza aprendizaxe empregando os recursos dixitais: (OBX 7): obxectivo acadado só parcialmente. Creáronse recursos de avaliación pero queda pendente para o vindeiro curso a súa posta en práctica. De novo foi o tempo invertido en formación docente o que levou máis protagonismo.
  • Levar a cabo tarefas que desenvolvan a creatividade e cooperación do noso alumnado con recursos TIC (OBX 8): só acadado parcialmente. Creouse un espazo común de recursos pero quedou pendente a proba co alumnado. 
  • Mellorar a competencia dixital do noso alumnado dándolles capacidade para o uso seguro das TIC (OBX 9): só acadado parcialmente, o banco de recurso existe pero, como se comentou no obxectivos anteriores, non foi posible a súa proba co alumnado .

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de acción. Ademais, realizaranse propostas de modificación das mesmas de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisión da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento.

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e terá continuidade, a través das distintas actividades tecnolóxicas que se realizan no noso centro, no vindeiro curso 23-24. Quedounos pendente incidir máis na participación do alumnado no acceso a recursos dixitais.

Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, que levou gran parte do noso tempo,  a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino.  A realización das formacións docentes quizais levaron demasiado peso este curso en detrimento da formación directa en TIC do alumnado. 

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais, nais e outros actores chave. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos. Será nese momento, cando se realice un novo test SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa, cando teñamos unha visión máis completa dos resultados do traballo realizado. 

Por útlimo, comentar que quedaron varios obxectivos acadados só parcialmente. Isto en parte foi debido a que se formularon demasiados obxectivos. Para o vindeiro curso proporanse moitos menos e de carácter máis realista. 

 

 

Proposta de mellora

No que se refire ás propostas de mellora do PD do noso centro destacar o seguinte:

  • Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.

  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional contínuo do corpo docente en colaboración co CAFI incidindo na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. 

  • Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes, algo que quedou pendente neste curso académico.

  • Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando ás familias, estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais. 

No que respecta aos obxectivos deste curso académico:

  • No que se refire ao obxectivo 3, non foi posible a súa realización porque se investiu moito tempo na formación docente e foi imposible chegar a execución final do mesmo. 
  • No tocante ao obxectivo 4 (Aumentar e mellorar a infraestrutura TIC do centro (Área C Infraestruturas e equipamentos C1*) a pesar de non ter realizado todas as accións marcadas, si se considerou como acadado, debido as dificultades que se tiveron neste cursos académico.
  • No se que se refire ao obxectivo 7, acadouse só parcialmente. Creáronse recursos de avaliación pero queda pendente para o vindeiro curso a súa posta en práctica. De novo foi o tempo invertido en formación docente o que levou máis protagonismo.
  • En relación ao obxecivo 8, foi só acadado parcialmente. Creouse un espazo común de recursos pero quedou pendente a proba co alumnado. 
  • No que se refire ao obxectivo 9, a pesares de ter creado o banco de recursos, non foi posible a súa proba co alumnado.

Proposta de obxectivos para o vindeiro curso 23-24

  • Formacións de profesorado.
    • Paneis dixitais interactivos. 
  • Mellorar a competencia dixital do noso alumnado dándolles capacidade para o uso  das TIC 
  • Posta en marcha da aplicación Inventario.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo. Ademais enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará a todo o claustro vía correo electrónico e ao Consello Escolar.

Enlace ao plan dixital do noso centro