Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A elaboración do Plan Dixital de Centro contextualízase normativamente nas seguintes referencias lexislativas: -Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. -Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022. -Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

O Plan Dixital de Centro intégrase no Proxecto Educativo con unha dobre intención, a de desenvolver accións que melloren os procesos de dixitalización do centro e a de apoiar os plans e actividades que se desenvolven no centro: biblioteca, actividades extraescolares e complementarias, proxecto plurilingüe, etwinning… O Plan Dixital de Centro contribúe á PXA 22/23 no desenvolvemento de accións e actividades para a mellora das competencias dixitais do profesorado e do alumnado, a coordinación da formación do profesorado en competencia dixital e dar apoio e soporte tecnolóxico a todos os plans que se desenvolven no centro.

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital levou a cabo unha serie de accións para a fundamentación e elaboración do Plan Dixital de Centro: Probas de Diagnose: -Análise da competencia dixital do centro (alumnado, profesorado e equipo directivo) mediante a utilización do test de autoavaliación SELFIE. -Relación dos resultados nas áreas do test SELFIE coas áreas DigCompEdu.-Análise da competencia dixital do profesorado segundo o Test CDD. -Elaboración da análise DAFO segundo as probas de diagnose. Elaboración do Plan:-Determinación das áreas DigCompEdu prioritarias para a mellora dos procesos dixitais. -Concreación de obxectivos significativos. -Concreción de accións para acadar os obxectivos. -Concreción de datas de segumento das accións e avaliación do plan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida da información previa son.

-Informe SELFIE

-Test CDD

-Outras fontes

· Reflexión e posta en común do Equipo de dinamización do Plan Dixital sobre o uso actual das tecnoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe e xestión do centro.

· Análise co equipo docente das necesidades de equipamento tecnolóxico das aulas.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de equipamento informático nos fogares en parte do alumnado. Utilización de varios sistemas operativos (Linux-Windows) que causan ás veces confusión. Alumnado Si
Debilidade Familias con nivel socioeconómico con dificultades para a adquisición de equipos e conectividade á rede. Familias Si
Debilidade Ausencia dun banco de contidos común nun servidor propio do centro. Oferta Si
Debilidade Falta de comunicación intercentros neste eido. Organización de centro Non
Debilidade Nivel competencial dixital medio-baixo. Falta de tempo no horario escolar. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado recibe formación en ferramentas TIC e utiliza a aula virtual con asiduidade. Potenciación da autonomía de aprendizaxe. O alumnado móstrase motivado cando os contidos se traballan coas TICs. Alumnado Si
Fortaleza Implicación das familias na aprendizaxe con medios dixitais. Comunicación axeitada coa comuni-dade educativa a través de medios dixitais. Familias Si
Fortaleza Todas as aulas do centro están dotadas de equipos dixitais. Aula de informática con ordenadores para cada alumno/a. Conexión óptima á rede en todos os equipos e dispositivos do centro. Actualización do equipamento dixi-tal segundo vai sendo necesario. Infraestruturas Si
Fortaleza A formación dixital desenvólvese no propio centro a través do equipo TIC. Contacto continuado co CAFI para participar nas actividades de formación de cada curso. Participación do centro en programas de innovación educativa. Oferta Non
Fortaleza O equipo directivo fomenta a formación continua do profesorado. Os recursos en liña utilízanse con asiduidade. Organización de centro Si
Fortaleza Profesorado definitivo maioritariamente. Persoal docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de burocracia que resta tempo á preparación e desenvolvemento das outras tarefas escolares. Sobrecarga de tarefas administrati-vas. A administración non envía equipos aos centros como sería desexable. Ratios elevadas para atención indivi-dualizada das aulas de informática. Escaso apoio técnico externo. Dotación orzamentaria para activida-des de formación demasiado ríxida. Os coordinadores/as TIC necesitan disposición horaria específica para realizar as súas funcións. Administración educativa Non
Ameaza Inadecuada utilización de internet e as redes sociais. Contorna Si
Ameaza Exceso de cambios na lexislación. Lexislación Non
Ameaza Demasiada oferta formativa de cursos con escaso tempo para atendela por parte do profesorado. Outras Non
Oportunidade Existe un apoio da administración educativa na aposta pola dixitalización dos centros. Administración educativa Si
Oportunidade A ANPA organiza actividades para o alumnado. A ANPA oferta formación tecnolóxica para o alumnado. ANPA Si
Oportunidade Contorna favorable para acadar obxectivos educativos. Lograr un ensino online se fose preciso. Oferta de programas e proxectos de formación tecnolóxica para o alumnado. Contorna Si
Oportunidade A lexislación actual obriga aos centros a traballar a prol da dixita-lización e incluila nos seus proxectos educativos. No portal educativo existen ligazóns a documentos que lexislan o uso das TICs na educación. Cambios tecnolóxicos na educación. Lexislación Si
Oportunidade O concello oferta actividades diversas ao longo do curso. Outras Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior convida á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o plan de acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Favorecer a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro.
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital.
O03PD Instalar recursos dixitais na biblioteca escolar.
O04PD Actualizar os dispositivos dixitais da Aula de Informática.
O05PD Aumentar o uso da Aula Virtual por parte do alumnado.
O06PD Utilizar os libros de cualificación de Moodle na AV do centro.
O07PD Proporcionar ferramentas e estratexias dixitais ao alumnado de 3 ciclo EP.

Seguimento

Procedemento

O Equipo de dinamización do plan dixital realizará unha sesión trimestral para valorar o desenvolvemento do plan dixital no centro.

A persoa mentora ADIX realizará dúas visitas ao centro por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do 1º trimestre desenvolvéronse as seguintes accións e obxectivos:

O obxectivo O01PD que consiste en "Favorecer a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro" foi acadado con data 30.11.2022 co valor previsto de 100% de profesores que utilizan a ferramenta AbalarPro na comunicación coas familias,.

O obxectivo O02PD que consiste en "Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital" está realizada a acción AO2.1 "Solicitar as charlas do Plan Director da Garda Civil sobre “Novas tecnoloxías”  con data 20.12.2022.

A acción AO2.2 "Contactar con entidades para charlas e obradoiros de diferentes temas (ciencia, lingua e literatura, medio ambiente, música, tecnoloxía...)" está en proceso de desenvolvemento, realizándose diversas charlas e obradoiros durante o 1º trimestre.

O obxectivo O03PD que consiste en "Instalar recursos dixitais na biblioteca escolar" Están realizadas as accións AO3.1 Determinar as necesidades de cada equipo da biblioteca, AO3.2 Instalación de equipos portátiles para a mellora das competencias do alumnado, AO3.3 Dotación de dispositivos móbiles para a mellora das competencias do alumnado, AO3.4 Instalación de impresoras para a realización de proxectos do alumnado con data 20.12.2022

Está pendente a acción AO3.5 Instalación de mobiliario de mobiliario para os equipos. 

O obxectivo O04PD que consiste en "Actualizar os dispositivos dixitais da Aula de Informática" Están realizadas todas as accións deste obxectivo con data 20.12.2022: AO4.1 Realizar inventario de equipamento dixital. AO4.2 Actualizar e/ou expurgar equipos de sobremesa con baixo rendemento. AO4.3 Solicitar a adquisición de novos equipos de sobremesa. AO4.4 Instalar e configurar os novos equipos. Actualizáronse os equipos da Aula de Informática para as necesidades do alumnado e o profesorado neste curso 2022-23.

Así e todo, por necesidades do centro, a este obxectivo daremoslle continuidade no vindeiro curso.

O obxectivo O05PD que consiste en "Aumentar o uso da Aula Virtual por parte do alumnado" Está realizada a acción AO5.1 Crear cursos e actualización dos existentes na AV do centro, e a acciòn AO5.2 Publicar recursos e actividades nos cursos correspondentes á AV do centro. Tamén se actualizaron os equipos da aula de informática para o traballo do alumnado e se estableceu un horario para o uso desta aula. A acción AO5.3 Traballar co alumnado nas actividades creadas, atópase en desenvolvemento.

O obxectivo O06PD que consiste en "Utilizar os libros de cualificación de Moodle na AV do centro" Está realizada a acción AO6.1 Crear un grupo de traballo ou seminario para traballar a avaliación de actividades e o libro de cualificacións de Moodle a través dun PFPP con data 30.10.2022. E tamén a acción AO6.2 Crear categorías e subcategorías para a xestión das cualificacións das materias de EP, con data 20.12.2022.

O obxectivo O07PD que consiste en "Proporcionar ferramentas e estratexias dixitais ao alumnado do 3º ciclo" Está realizada a acción AO7.1 Crear un grupo de traballo por clase para traballar a competencia dixital: Arquivos e carpetas, navegador e buscadores. Busca de información en internet. Programas ofimáticos. Tamén está realizada a acción AO7.2 Concretar un horario de dedicación semanal na Aula de informática, con data 30.10.2022.

2º Trimestre

Durante o 2º trimestre desenvolvéronse as seguintes accións e obxectivos:

O obxectivo O02PD que consiste en "Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital" desenvolveuse a acción AO2.2 "Contactar con entidades para charlas e obradoiros de diferentes temas (ciencia, lingua e literatura, medio ambiente, música, tecnoloxía...)" realizándose diversas charlas e obradoiros durante o 2º trimestre, onde se empregaron ferramentas e recursos dixitais.

O obxectivo O05PD que consiste en "Aumentar o uso da Aula Virtual por parte do alumnado" Desenvolveuse a acción AO5.3 Traballar co alumnado nas actividades creadas, co alumnado de 3º a 6º de primaria.

O obxectivo O06PD que consiste en "Utilizar os libros de cualificación de Moodle na AV do centro" acadouse parcialmente xa que se atoparon bastantes inconvintes para a avaliación automatizada do alumnado con actividades externas á contorna Moodle.

O obxectivo O07PD que consiste en "Proporcionar ferramentas e estratexias dixitais ao alumnado de 3º ciclo EP" desenvolveuse a acción AO7.3 Elaborar un traballo de investigación por alumno/-a, utilizando ferramentas dixitais, co alumnado de 6º EP.

3º Trimestre

Durante o 3º trimestre desenvolvéronse as seguintes accións e obxectivos:

O obxectivo O02PD que consiste en "Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital" Realizáronse diversos charlas e obradoiros ao longo do curso onde se utilizaron ferramentas e recursos dixitais. Porén, quedou pendente a realización da charla que foi solicitada no marco do Plan Director, sobre navegación segura por internet e as redes sociais para o alumnado de 3º ciclo . Por iso, a este obxectivo darémoslle continuidade no vindeiro curso.

O obxectivo O03PD que consiste en "Instalar recursos dixitais na biblioteca escolar" acadouse o obxectivo con data 20.04.23, coa chegada do mobiliario para os computadores portátiles para consulta do alumnado.

Colaborouse co Equipo de Bibliioteca na remodelación da biblioteca escolar que se está a realizar neste curso 2022-23.

O obxectivo O05PD que consiste en "Aumentar o uso da Aula Virtual por parte do alumnado" acadouse a porcentaxe do 50% de alumnado que utilizou a AV neste curso 22/23. O alumnado traballou con autonomía nos cursos da aula virtual do centro. Así e todo, a este obxectivo daremoslle continuidade no vindeiro curso.

O obxectivo O06PD que consiste en "Utilizar os libros de cualificación de Moodle na AV do centro" foi acadado parcialmente. Elaboráronse os libros de cualificación en todos os cursos da AV do centro sen embargo, non nos resultaron moi operativos na cualificación automatizada con actividades externas á contorna Moodle. Tamén pola falta de tempo do profesorado, este obxectivo queda aprazado para o vindeiro curso 23/24.

O obxectivo O07PD que consiste en "Proporcionar ferramentas e estratexias dixitais ao alumnado de 3º ciclo EP" acadouse no 6º nivel de primaria traballouse a organización de arquivos e carpetas, uso de navegadores e buscadores, busca de recursos libres en internet, capturas de pantalla, programa de ofimática libreoffice, inserción de imaxes, videos e ligazóns, creación de textos, presentacións e folla calc.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará unha avaliación procesual unha vez ao fin de cada trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora. Esta avaliación quedará reflectida nas táboas do punto 3.2 Obxectivos, accións e indicadores; Seguimento da acción.

Poderanse realizar reunións co equipo docente para tratar aspectos específicos de desenvolvemento do plan.

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará unha avaliación final unha vez ao curso. Os aspectos a considerar incluirán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora para o curso 23/24. Esta avaliación quedará reflectida nas táboas do punto 3.2 Obxectivos, accións e indicadores; Seguimento da acción.

Valoración xeral

O desenvolvemento do PD ao a longo do curso 22/23 foi moi positivo xa que se desenvolveron a maior parte das accións e se acadaron a maior parte dos obxectivos propostos. Con todo, consideramos a continuidade dalgúns obxectivos no vindeiro curso 23/24 polas seguintes razóns:

Obxectivo O02: Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital. Realizáronse diversas charlas e obradoiros onde se utilizaron ferramentas e recursos dixitais co alumnado pero, non se realizou a charla sobre Navegación segura por internet e redes sociais para o 3º ciclo de primaria que foi solicitada no Plan Director.

Obxectivo O04: Actualizar os dispositivos dixitais da aula de informática. Incremento do alumnado en determinados grupos de primaria.

Obxectivo O05: Aumentar o uso da aula virtual por parte do alumnado. Acadouse que o 50% de alumnado de educación primaria que utilizou regularmente a aula virtual pero consideramos que aínda é necesario aumentar esta porcentaxe polo menos ata o 75%. 

Obxectivo O06: Utilizar os libros de cualificación de Moodle na AV do centro. 

 

Proposta de mellora

As propostas de mellora que servirán para a redacción da V2.0 do plan dixital de centro son:

-Incluír os obxectivos que se acadaron en menor grao nesta V1.0 ou que precisan continuidade pola súa importancia no plan de centro.

-Promover a formación do profesorado no eido dixital.

-Dinamizar a aula móbil de primaria cos portátiles-tablet e o armario cargador.

-Iniciar ao alumnado de primaria nas linguaxes de programación e no pensamento computacional com aplicacións como: scratch, placa makey-makey, pithon, minecraft

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a súa difusión e coñecemento por parte de toda a comunicade educativa, será publicado na páxina web do centro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxuno/system/files/15025542_CEIPXu%C3%B1o_PlanDixital_V1.0_11062022.pdf