Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación lexislativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021-2022.

"Indícase que os centros docentes elaborarán no curso 2021/2022 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten."

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización do Plan Dixital e contribución ao Proxecto Educativo:

O curso 2021-2022 inciouse no Ceip de Portosín cun novo equipo directivo que aposta por levar a cabo un proxecto innovador no cal a existencia dun plan dixital de centro faise imprescindible.

O noso centro converteuse neste curso escolar, nun dos novos centros Plambe, o que nos permitiu poñer en marcha moitos dos nosos proxectos, adquirindo materiais necesarios para unha boa optimización e dixitalización da biblioteca do centro. Grazas tamén á participación nos diferentes Contratos- Programa e Plans Proxecta conseguimos levar a cabo diferentes proxectos e tamén mercamos algún material tecnolóxico necesario. Así mesmo, cada curso desenvolvemos no centro un PDI, que este ano leva o título de "O mar e a pesca".

Este curso levamos a cabo diferentes grupos de traballo e seminarios de formación a través do noso PFPP, que nos permitiron incrementar o desenvolvemento da nosa competencia dixital docente:

- Deseño e elaboración do Plan Dixital de Centro.

- APP como recuros educativo.

- Dinamización da biblioteca escolar.

- Intelixencia emocional e resolución de conflitos.

- Robótica educativa en primaria.

De cara ao próximo curso 22/23 seguiremos apostando pola formación nos diferentes eidos, facendo fincapé na formación relacionada cos polos creativos, dos cales realizamos solicitude para formar parte. Este PD integrarase dentro do Proxecto Educativo (PE) do centro, como un elemento dinamizador do traballo educativo cotiá. O noso PD terá en conta todos os proxectos e plans do centro, ofrecendo ferramentas de traballo motivadoras e inclusivas, orientadas a todo o noso alumnado, sexan cales sexan as súas características persoais e de referencia sociofamiliar.  Do mesmo xeito, a PXA do vindeiro curso 22/23, terá en conta este PD para desenvolver os obxectivos do noso Plan de Acción.

Proceso de elaboración:

Para a realización do noso Plan dixital de centro, formouse un Equipo para a Dinamización do Plan Dixital cunha coordinadora e a presenza de todos os membros do Equipo Directivo.

Tivemos en conta as pautas indicadas a través da realización do noso seminario “Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital”, así como as orientacións da nosa mentora a través das sesións de docencia externa e a súa disposición ao longo da realización de todas as tarefas.

O Equipo do PD recibiu varias xornadas de formación, e fixéronse reunións para a análise dos datos recibidos e a elaboración do Plan de Acción.

Nas sesións de traballo grupal puxemos en coñecemento de todo o profesorado a normativa relacionada coa implementación do Plan Dixital de centros, así como a información necesaria para a realización do SELFIE e da COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE (CDD). Unha vez obtidos os resultados dos mesmos, valoramos os resultados obtidos e elaboramos o noso DAFO tendo en conta tanto as nosas debilidades, ameazas, oportunidades e fortalezas dun xeito conxunto.

Unha vez que obtivemos o DAFO do noso centro, establecemos entre o profesorado cales ían ser os nosos obxectivos a acadar de cara ao noso Plan Dixital do próximo curso, para que fosen obxectivos comúns e doados de acadar por parte de todos/as.

Cada docente elaborou o seu SELFIE e o seu Test de CDD.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a análise DAFO empregamos varias ferramentas, obtendo uns resultados que presentamos a continuación.

1.- AUTOAVALIACIÓN SELFIE:  serviunos para axudar a avaliar en que punto nos atopamos o equipo directivo, o profesorado e o alumnado en canto á aprendizaxe na era dixital. Deunos un resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa:

  • Liderado: ED-2,8; P-3,8; A-non se aplica.
  • Colaboración e redes: ED-3; P-3,1; A-2,9.
  • Infraestruturas e equipos: ED-3,3; P-3,4; A-3,3.
  • Desenvolvemento profesional continuo: ED-3,9; P-4,1; A-non se aplica.
  • Pedagoxía( Apoio e recursos): ED-3,2; P-3,8; A-non se aplica.
  • Pedagoxía (Implementación na aula): ED-2,5; P-3,2; A-2,7.
  • Prácticas de avaliación: ED-2,2; P-2,8; A-non se aplica.
  • Competencias dixitais do alumnado: ED-2,9; P-2,9; A-3,1.

2.- Test CDD. 

Facilitounos a seguinte información:

  • Participación segundo o perfil do profesorado:

- Definitivo: 14 (100%)

- Provisional: 1 (100%)

- Substituto: 2 (100%)

  • Puntuación e nivel de competencia do centro:

- Puntuación media do test (sobre 192):55,2 

- Nivel de competencia:  Explorador/a (A2)

- Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 76,4

- Nivel de competencia en Galicia:  Integrador/a (B1)

  • Puntuación e nivel de competencia por etapas:

             Puntuación media do test (sobre 192)  Nivel de competencia    Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)        Nivel de competencia en Galicia

INF.              55,1                                                     Explorador/a (A2)                         68,2                                                                   Integrador/a (B1)

PRIM           58,8                                                     Explorador/a (A2)                          77                                                                      Integrador/a (B1)

  • Distribución do profesorado por niveis:

                               Total profesorado no nivel de competencia                                    % de profesorado participante neste nivel

A1                                                     1                                                                                                         5,9%

A2                                                    11                                                                                                        64,7%

B1                                                     5                                                                                                         29,4%

 

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado descoñece a maneira responsable e segura de actuar na rede. O alumnado ten baixo acceso á aula virtual. Alumnado Si
Debilidade Centro de ensino moi antigo con instalacións eléctricas deficitarias e sobre cargadas. Os encerados dixitais do centro están obsoletos, funcionando como meros proxectores. Non dispoñemos de sistema de protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade A robótica educativa non chega a todo o alumnado (so 4º e 6 de primaria) A radio escolar non está traballada de forma directa coas titorías na aula. Anpa de recente creación non oferta actividades extraescolares Oferta Si
Debilidade A maioría do persoal docente non utiliza as tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensinanza ás necesidades individuais do alumnado, nin realiza actividades de aprendizaxe dixital que impliquen ao alumnado en proxectos interdisciplinares nin colaborativos. Organización de centro Non
Debilidade O centro non conta cunha estratexia dixital en colaboración co profesorado. Páxina web obsoleta. Dificultade para implicar ao profesorado na implantación das tecnoloxías dixitais e innovación educativa. Non se avalía empregando as tecnoloxías dixitais. O profesorado non utiliza a aula virtual como un recurso máis do proceso educativo de ensino - aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Participación do alumnado no ¿Plan Director¿ : Prevención e perigos da rede / Navegando con rumbo. Alumnado Non
Fortaleza O centro dispón de equipamento dixital que o profesorado e alumnado pode empregar. Facilítase o acceso a internet para o ensino-aprendizaxe. Proximamente o Ceip de Portosín contará cun novo edificio de nova arquitectura pedagóxica. Infraestruturas Si
Fortaleza Inicio á radio escolar en proceso de creación. Robótica educativa a través de obradoiros interniveis. Programas de innovación educativa da Consellería Oferta Si
Fortaleza Utilizamos as ferramentas corporativas para a comunicación relativa ao centro educativo (Abalar, Webex..) Unha parte do profesorado emprega as tecnoloxías dixitais para fomentar a investigación entre o alumnado. Seguimos necesitando máis formación en tecnoloxías dixitais a través dos PFPP Organización de centro Si
Fortaleza Acceso á formación para o noso desenvolvemento profesional continuo no relativo ao ensino-aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Intercambio de experiencias dentro da nosa comunidade educativa coas tecnoloxías dixitais. Iniciación á radio escolar e robótica educativa . Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Demasiadas tarefas administrativas a realizar polos equipos directivos con pouco horario de liberación. Nula dotación por parte da Consellería de recursos humanos cara o alumnado estranxeiro (tradutor/a, mediador/a..) Administración educativa Si
Ameaza Anpa de recente creación con pouca experiencias. Familias estranxeiras pouco implicadas. ANPA Si
Ameaza Familias con poucos recursos económicos Descoñecemento do idioma (galego/castelán) Pouca ou nula competencia dixital e cultural Pouca integración das familias inmigrantes na comunidade educativa Contorna Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes imposibles de aplicar ao mesmo tempo que se publican, coas realidades de moitos centros. Pouco apoio aos centros con matricula de alumando estranxeiro (20%) Lexislación Non
Ameaza Pouca oferta cultural por parte do Concello orientada aos centros educativos. Aula de cultura sen oferta de ningún tipo en Portosín. Outras Non
Oportunidade Posibilita a formación continua do profesorado e a participación nos diferentes programas de innovación educativa aumentando o financiamento dos centros. Administración educativa Si
Oportunidade Centro educativo con poucas familias que facilitan a toma de decisións e organización de actividades. ANPA Si
Oportunidade Ubicación do centro (recursos naturais) Familias colaborativas Contorna Si
Oportunidade Adaptación do horario para o ensino ¿ aprendizaxe da competencial dixital cos novos currículos Lexislación Si
Oportunidade Implicación do concello dentro da comunidade educativa nas tarefas que se solicitan. Realización de encontros intercentros. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xenerou esta análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

A situación de partida indícanos que necesitamos mellorar en maior ou menor medida en tódalas áreas avaliadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01 Empregar a aula virtual como proceso do noso Ensino-Aprendizaxe de terceiro a sexto de primaria.
O02 Realizar un proxecto interdisciplinar por ciclos en colaboración co PDI da biblioteca
O03 Realizar un PFPP en E-DIXGAL no que participe todo o profesorado.
O04 Realizar asambleas a través da ENAPA para formar ás familias no uso de E-DIXGAL.
O05 Realizar un PFPP en ENTORNOS VIRTUAIS.
O06 Iniciación do proxecto e posta en marcha do Polo Creativo.
O07 Solicitar liberación horaria para as coordinadoras en Plan Dixital/ Edixgal /Polos Creativos .

Seguimento

Procedemento

A persoa coordinadora do PD, que neste curso 2022-2023 é o director do centro, accederá á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avance deste plan. Farao co apoio do resto de integrantes do equipo.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso 2022-2023 acadáronse os seguintes obxectivos:

  • Do "O01: Empregar a aula virtual como proceso do noso Ensino-Aprendizaxe de 3º a 6º de primaria" acadouse a primeira das accións, "AO1.1: Poñer en marcha a aula virtual. Matriculación de alumando." a única prevista para acadar no primeiro trimestre.
  • Do "O02: Realizar un proxecto interdisciplinar por ciclos en colaboración co PDI da biblioteca" acadouse a primeira das accións, "AO2.1:Acordar os proxectos e accións a desenvolver", prevista para este trimestre.
  • Do"O03: Realizar un PFPP en E-DIXGAL no que participe todo o profesorado. " acadáronse as dúas primeiras accións, "AO3.1:Crear un grupo de traballo" e "AO3.2: Solicitar o PFPP."
  • Do "O05: Realizar un PFPP en ENTORNOS VIRTUAIS" acadáronse as dúas primeiras accións, "AO5.1:Crear diferntes grupos de traballo segundo a temática" e "AO5.2:Solicitar PFPP", previstas para este período.
  • Do "O06: Iniciación do proxecto e posta en marcha do Polo Creativo." non se puido levar adiante posto que nos foi denegado o polo creativo.
  • Do "O07: Solicitar liberación horaria para as coordinadoras en Plan Dixital/ Edixgal /Polos Creativos" acadáronse as dúas accións parcialmente, "AO7.1: Realizar informe sobre a situación e necesidade de liberación horaria para as persoas coordinadoras. " e "AO7.2: Solicitar horas de liberación horaria para as persoas coordinadoras" . Conseguiuse liberación horaria para o coordinador do Plan Dixital, xa que é a única coordinación desas tres existente polo momento.
2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre do presente curso 2022-2023 acadáronse os seguintes obxectivos:

  • Do "O01: Empregar a aula virtual como proceso do noso Ensino-Aprendizaxe de 3º a 6º de primaria" acadouse a segunda das accións parcialmente, "AO1.2: Utilizar a aula virtual por parte do alumnado para a procura e selección da información", posto que só o fixo de maneira habitual parte do profesorado.
  • Do "O02: Realizar un proxecto interdisciplinar por ciclos en colaboración co PDI da biblioteca" desenvolvéronse as accións "AO2.2:Difundir as actividades do proxecto nas aulas virtuais, páxina web do centro e blog da biblioteca" e a "AO2.3:Utilizar as TD por parte do alumnado para a procura e selección da información". As actividades difundíronse principalmente no Blog da biblioteca escolar, ao que se accede desde a páxina web do centro.
  • Do "O05: Realizar un PFPP en ENTORNOS VIRTUAIS" acometeuse o punto "AO5.3:Determinar as tarefas conxuntas a levar a cabo nos diferentes grupos de traballo". Formamos catro grupos de traballo que recibimos formación na linguaxe de programación Scratch para programar tarxetas mackey mackey. Así puidemos guiar ao alumnado na elaboración dun dos produtos finais do noso PDI: Mapa turístico interactivo do Concello de Porto do Son.

 

3º Trimestre
  • Do "O02:Realizar un proxecto interdisciplinar por ciclos en colaboración co PDI da biblioteca" realizouse a acción " A02.4: Obter un produto final". Cada ciclo presentou en formatos dixitais diversos, imaxes e con manualidades do alumnado o traballo realizado ao longo do curso, que se mostrou a toda a comunidade educativa o 16 de xuño de 2023 no noso "II Feirón Mariñeiro".
  • Do "O03: Realizar un PFPP en E-DIXGAL no que participe todo o profesorado", o profesorado asistimos a unha charla no centro  de 3 horas sobre o funcionamento básico da plataforma  Edixgal. En setembro do curso 23-24 recibiremos dúas máis.
  • Do "O04: Realizar asambleas a través da ENAPA para formar ás familias no uso de E-DIXGAL", fíxose unha reunión coas familias do 2º ciclo de primaria(duturo alumnado Edixgal) na que a Asesora Abalar de zona lles explicou de maneira xeral o funcionamento da plataforma e en que consistía esta ferramenta. A reunión fíxose antes de presentar a solicitude para coñecer a opinión das asistentes. Ao final da reunión valoraron positivamente que se solicitara o proxecto.
  • Do "O05: Realizar un PFPP en ENTORNOS VIRTUAIS" o profesorado tivemos unha segunda formación na linguaxe Scratch e programación das tarxetas mackey.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao longo do curso farase unha avaliación tanto procesual como final, atendendo aos obxectivos establecidos no Plan de Acción. No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será cando menos unha vez ao trimestre, e os aspectos a valorar:

• O estado da execución das accións.

• A análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos fundamentais a valorar serán os relativos ao logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

O propio Plan de Acción, nos obxectivos plantexados, inclúe unha lista de cotexo como instrumento de avaliación que imos a utilizar.

O proceso de implementación, ao ser un proceso vivo e modificable, poderá requerir o uso doutros instrumentos de avaliación se fose necesario.

Valoración xeral

A valoración xeral da implantación do Plan Dixital durante este curso podemos dicir que foi bastante positiva, non obstante somos conscientes de que temos moito camiño por andar.

Neste punto, imos destacar aqueles obxectivos ou accións que nos quedaron pendentes ou están en proceso de ser acadados:

1.- Temos pendente que unha parte do profesorado fomente o uso habitual da Aula Virtual por parte do alumnado, especialmente de cara á avaliación.

2.- Non puidemos acadar o obxectivo de poñer en marcha o Polo Creativo que solicitaramos, posto que non nolo concederon.

3.- Aínda que xa nos iniciamos na formación de todo o profesorado no manexo da plataforma Edixgal, o curso que vén continuaremos facéndoo, xa que conseguimos entrar no proxecto.

 

Proposta de mellora

- Temos pendente a instalación da wifi Abalar reforzo do equipamento Edixgal.

- Temos pendente a dotación de 2 paneis dixitais para o 3º ciclo de primaria.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Seguirase unha estratexia de difusión do PD en consonancia co Plan de Comunicación que ten previsto o centro a través da páxina web do mesmo:

• Publicación do Plan Dixital na web do centro.

• Dar coñecemento á ANPA para a súa difusión a toda a comunidade educativa.

• Dar difusión do Plan Dixital a nivel de centro a todo o Claustro e Consello Escolar nas xuntanzas que se fan regularmente ao longo de todo o curso.

• Realización de asambleas escolares e coas familias.