Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de dinamización do PD realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.
A persoa coordinadora do "PD- terá acceso" á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.
O primeiro trimestre tivo como obxectivo principal mostrar a toda a comunidade escolar a nosa Aula Virtual, as súas funcionalidades e o noso propósito de convertela nunha ferramenta familiar. O desenrolo das actividades propostas foron totalmente satisfactorias, tanto pola actitude das persoas implicadas, como polo resultado obxectivo das mesmas. Hoxe a Aula Virtual está instalada na vida escolar, non como unha ferramenta para urxencias sanitarias, como o acontecido coa pandemia do COVID, senón como unha ferramenta educativa para o día a día da nosa escola.
O primeiro trimestre tivo como obxectivo principal mostrar e pór a disposición da comunidade escolar o Espazo Maker e a Radio Escolar. O desenrolo das actividades propostas foron totalmente satisfactorias, tanto pola actitude das persoas implicadas, como polo resultado obxectivo das mesmas. Ademais das actividades realizadas no Espazo Maker, destas actividades saíron varios programas de radio que foron colocados en formato podscat na nosa Aula Virtual.
O terceiro trimestre tivo como obxectivo principal incorporar a rede, a través da nosa Aula Virtual, dos traballos dixitais elaborados durante o curso.
Avaliación
Despois da avaliación inicial realizada tendo en conta os datos SELFIE, a avaliación final observará os logros conseguidos neste curso, en función do programa formativo planeado no Plan Dixital. Tendo prestado a nosa atención na formación de famílias, alumnado e profesorado, a valoración debería recoller en que medida a Aula Virtual é, neste momento, a súa utilidade no día a día da nosa comunidade escolar.
En xeral, os obxectivos acadados neste curso escolar, 2022/2023 son moi satisfactorios. Todo o alumnado e profesorado do noso colexio tivo formación e acceso as ferramentas virtuais das que dispomos. A participación das familias foi tamén importante, familiarizándose con ferramentas e espazos dixitais ata agora de uso case exclusivo do horario lectivo. Da participación de toda a comunidade escolar saíron algúns produtos, como podcast gravados na Radio Escolar, hoxe compartidos na rede a través da Aula Virtual Aberta.
Para o próximo curso o alumnado de 1ª a 4º debería ter unha hora semanal de informática, contemplada no seu horario. Con isto aseguraríamos que todo o alumnado utiliza a Aula Virtual e hai un proceso de formación pautado ata a incorporación do mesmo aos cursos Edixgal.
Tamén existe unha proposta de crear desde os ciclos, o claustro e demais reunións docentes, materiais didácticos colaborativos que una vez subidos a Aula Virtual pasen a formar parte dun repositorio para uso escolar.
Por último, elaboraremos todas as propostas, actividades, cursos de formación, etc, para seguir desenvolvendo o noso Proxecto Dixital, baseado en facer da Aula Virtual unha ferramenta útil e accesible para toda a comunidade.
Comunicación e difusión
Este documento, unha vez validado, farase público a través da Aula Virtual do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/cepbreasegade/aulavirtual/
As familias foron informadas do Plan Dixital por mensaxes de Abalar.