Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Na sociedade actual as TIC están a ter cada vez máis presenza nos fogares, no lugar de traballo, nos espazos de lecer e, en xeral, en moitas actividades cotiáns. O ensino non é alleo a esta realidade e ven de integrar no deseño curricular a competencia dixital e diversas materias que tratan de promover e educar ao alumnado no uso eficiente e responsable das novas tecnoloxías.

Datos básicos do centro

Nome: CPI de San Sadurniño

Dirección: Avda Marqués de Figueroa 19, 15560, San Sadurniño (A Coruña).

Correo: cpi.sansadurnino@edu.xunta.gal

Estapas educativas: Infantil, primaria e secundaria.

Nº de alumnado: 350

Profesorado: 40

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

É necesario contemplar neste plan os diferentes aspectos e retos que as TIC supoñen para o centro educativo de cara a integralas no traballo cotián na aula tendo en conta os medios necesarios e o grao de formación e competencia do profesorado e do alumnado. Desta situación inicial parten os obxectivos e accións que serán desenvoltas neste documento .

Traxectoria do centro no uso das TIC.

A páxina web do centro é frecuentemente actualizada con información escolar e sobre actividades de interese para a comunidade.

A aula virtual é moi empregada por parte do profesorado como espazo para achegar contidos, materiais e actividades de traballo para o alumnado. Parte do profesorado elabora materiais propios para a aula virtual e noutras plataformas para o uso directo na aula.

Os distintos departamentos teñen integrada a competencia dixital nas programacións anuais e están a incrementar o uso de aplicacións informáticas e de traballo na web e na rede.

Existen diversos blogs mantidos polo profesorado relacionados coas súas materias ou con actividades desenvolvidas no centro como a robótica, as bibliotecas, TecnoSansa, LudoMates, a meteoroloxía (MeteoSansa), proxecto LÓVA (ópera), reciclaxe, entre outros.

O centro conta tamén cun Espazo Maker e desenvolve os proxectos de innovación educativa de Introdución á Robótica educativa en EP e Bibliotecas creativas.

O profesorado participa frecuentemente en actividades de formacións relacionadas coas TIC para actualizar as súas competencias. A implantación dos proxectos ABALAR e E-Dixgal comprometeu ademais ao centro e ao profesorado na participación de actividades de formación.

O uso do correo electrónico para diferentes comunicacións, convocatorias, titorías, etc está totalmente asumido e asentado no traballo diario do profesorado. As contas de correo que se proporcionan ás familias para o traballo escolar do alumnado son empregadas con certa frecuencia dependendo das necesidades de cada materia, con posibilidades de mellora no uso por parte do alumnado.

O profesorado usa tamén as aplicacións de xestión educativa e profesional proporcionadas pola Xunta e Abalar-móbil para comunicar coas familias.

É frecuente o uso de diferentes aplicacións, materiais e recursos web nas actividades educativas do centro. Dependendo das necesidades de cada caso, o profesorado emprega recursos multimedia, actividades, aplicacións e contidos en liña, etc.

En xeral, o grao de implicación do profesorado na integración das TIC no ensino e medio ou medio-alto, sen rexeitamento explícito das mesmas. Con todo, hai aspectos das novas tecnoloxías que poden ser cuestionados ou que necesitan unha mellor e máis adecuada implantación xeral para que sexan operativas e non supoñan máis carga de traballo ou mesmo dificulten a tarefa docente.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23

O Plan Dixital de centro, unha vez aprobado polo Claustro e o Consello escolar foi incorporado na PXA do curso 22/23.

As accións programadas no presente plan implicarán de forma activa á dirección do centro, aos departamentos e profesorado de todos os niveis educativos na procura de acadar os obxectivos marcados no mesmo.

O desenvolvemento do plan no vindeiro curso será transversal e integrador e pretende mellorar a competencia e a asunción das ferramentas dixitais como parte do proceso educativo para toda a comunidade escolar incluídas, no posible, as familias.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Realizouse en primeiro lugar o test de autoavalición SELFIE coa participación do equipo directivo, do alumnado de 4º e 6º de primaria e o alumnado de 2º e 4º de ESO e do profesorado correspondente. Antes da realización do test explicouse ao profesorado a finalidade do mesmo e déronse pautas e consellos para realizalo recollidos da propia páxina da comisión europea.

Posteriormente realizouse o Test CDD de competencia dixital docente coa participación de todo o profesorado do centro aportando tamén a documentación necesaria.

Os datos e indicadores recollidos serviron de base para a realización do DAFO do centro. Para elo analizáronse polo miúdo seleccionando os aspectos máis relevantes:

  • As puntuacións obtidas en cada apartado ou o nivel de competencia resultante.

  • As actuacións que nos pareceron prioritarias para o noso centro.

  • A selección dun número realista e abarcable de items para a súa aplicación no vindeiro curso .

Resumo das áreas do informe SELFIE.

Pode verse o resultado do SELFIE na seguinte lifazón:

Selfie Sansa

Resultados do Test CDD.

Puntuación e nivel de competencia do centro.

Puntuación media do test (sobre 192)  |  Nivel de competencia  |  Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)  |  Nivel de competencia en Galicia
82,9  |  Integrador/a (B1)  |  76,4  |  Integrador/a (B1)

Puntuación e nivel de competencia por etapas.

Etapa | Puntuación media do test (sobre 192)  |  Nivel de competencia  |  Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)  |  Nivel de competencia en Galicia
INFANTIL   |  72,3  |  Integrador/a (B1)  |  66,2  |  Integrador/a (B1)
PRIMARIA  |  78,5  |  Integrador/a (B1)  |  77,3  |  Integrador/a (B1)
ESO           |  93,7  |  Integrador/a (B1)  |  79,7  |  Integrador/a (B1)

Distribución do profesorado por niveis.

| Nivel | Total profesorado no nivel de competencia  |  % de profesorado participante neste nivel
A1  |  1  |  4,5%
A2  |  4  |  18,2%
B1  | 12 |  54,5%
B2  |  3  |  13,6%
C1  |  1  |  4,5%
C2  |  1  |  4,5%
TOTAL  |  22  |  99,80%

Máis datos: Datos Selfie e CDD do Cpi de San Sadurniño

 

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade En ocasións pode facerse un uso pouco seguro ou adecuado de medios e dispositivos dixitais. Concienciación no uso das TIC como ferramentas de aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Pode ser necesario mellorar a colaboración e concienciación sobre o uso das TIC como ferramenta de aprendizaxe e no uso seguro das mesmas Familias Si
Debilidade Certo equipamento pode necesitar renovación... Algún profesorado e alumnado pode necesitar pautas para adaptase ao traballo con equipamentos de baixas/medias prestacións. Tamén é mellorable o soporte técnico, a protección de datos e a conectividade. Infraestruturas Si
Debilidade É necesario mellorar a estratexia dixital, o proceso de avaliación, coordinación e participación no proxecto para consolidar a implantación das TIC. A materia TIC e Tecnoloxía de 4º non poden ser escollidas á vez. Mellorar as prácticas de avaliación Oferta Si
Debilidade É necesario mellorar a coordinación co profesorado para afianzar unha estratexia dixital común. Algúns cursos teñen un número elevado de alumnos e sen posibilidade de facer desdobre. Falta de apoio técnico exterior. A análise SELFIE e o DAFO realizado serían moito máis eficaces canto maior sexa a participación de todo o persoal do centro Organización de centro Si
Debilidade No CDD, o profesorado puntuou se tiña competencia dixital insuficiente cun 33,3%, e o equipo directivo puntuouna cun 100%.Rotación de profesorado novo no centro. Outras Si
Debilidade Colaboración e intercambio de experiencias interdisciplinarios e do fomento da creatividade. Avaliación de capacidades e autorreflexión da aprendizaxe. Pode mellorarse en xeral a CDD e o uso de novas modalidades de ensino e de avaliación Persoal docente Si
Fortaleza O uso e coidado de materiais é axeitado e con poucas incidencias. A competencia xeral aceptable. Con acceso a dispositivos e conexión a internet dentro do centro. Alumnado Si
Fortaleza Colaboran no coidado de equipamento EDIXGAL Familias Si
Fortaleza En xeral considérase que Equipamentos Instalacións e Conectividade son boas. Equipos Edixgal tanto profesorado como alumnado Conexión a internet estable e rápida. Recursos educativos en liña. Nivel xeral de equipamentos e instalacións satisfactorio Infraestruturas Si
Fortaleza O centro conta na actualidade cunha estratexia e plan dixital, emprega as novas modalidades de ensino e ten servizos de transporte, e comedor, que facilitan a integración das TIC Oferta Si
Fortaleza Asistencia técnica e coordinador TIC implicado. Organización de centro Si
Fortaleza Existen liñas PFPP no centro e contrato-programas Outras Si
Fortaleza Alta implicación e traballo con medios e contornas dixitais adaptados (AV, EDIXGAL, videoconferencia, recursos e ferramentas dixitais...) e en novas modalidades de ensino. Nivel de competencia xeral no CDD lixeiramente superior á media de Galiza Persoal docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Certa lentitude na reposición de equipamento informático en aulas específicas e despachos e oficinas con equipos obsoletos nalgúns casos. Certa lentitude na solución dalgunhas incidencias TIC. Hai certas trabas burocráticas que atrasan os procesos (por exemplo, dar de alta unha liña telefónica para o uso do profesorado é un proceso moito máis longo do que debería ser) Administración educativa Si
Ameaza Infraestruturas de comunicacións xerais de conectividade baixa/media que poderían profundar na fenda dixital e dificulta o traballo a distancia. Non hai empresas de relevancia no sector das TIC Contorna Si
Ameaza Implica cada vez máis burocracia que quita tempo. Non promove tanto o STEAM Lexislación Si
Ameaza É necesario estudar que outras colaboracións externas poden establecerse Outras Si
Ameaza Alumnado Existe unha porcentaxe relativamente pequena de alumnado que non dispón de internet na casa ou ten unha conexión deficiente. Outras Si
Oportunidade Os programas ABALAR - EDIXGAL permitne mellorar a incorporación das TIC no ensino Administración educativa Si
Oportunidade Motivar ás familias para a creación da ANPA ANPA Si
Oportunidade Existen empresas na contorna. Contorna rural. Contorna Si
Oportunidade Estase a potenciar a incorporación das TIC e STEM. A nova lei educativa (LOMLOE) propón a agrupación de materias, o cal supón unha oportunidade para traballar por ámbitos de forma coordinada Lexislación Si
Oportunidade O concello colabora e participa co centro na realización de actividades, obras, etc, A casa da cultura do concello e aula CEMIT fan actividades de alfabetización dixital e proxectos de interese: Fálame de San Sadurniño e Chanfaina Lab Outras Si
Oportunidade Alumnado con acceso a dispositivos e con conexión de internet fora do centro Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os resultados onservados na elaboración do plan de acción tratamos de buscar obxectivos prioritarios e realistas que fosen asumibles polos responsables no vindeiro curso escolar tendo en conta os medios, o tempo dispoñible e os recursos propios do centro.

En xeral, os obxectivos que seleccionamos como prioritarios céntranse en:

  • Mellorar a coordinación, información e integración da estratexia dixital no centro.

  • Fomentar a creatividade e o intercambio de experiencias internas e externas

  • Promover as novas modalidades de ensino e avaliación dixital.

  • Mellorar a competencia dixital mesmo con equipamento de baixas e medias prestacións.

  • Concienciar do uso seguro e como ferramenta educativa das TIC

  • Mellorar a participación, información e colaboración coas familias.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
A01 F6- Mellorar o intercambio de experiencias interdisciplinarias.
A02 F3 - Realizar actividades que potencien a creatividade.
A03 A2 - Mellorar a coordinación da estratexia TIC co profesorado
A04 C3+C5+Outras áreas (Factores que limitan el uso de las tecnoloxías: Equipo dixital insuficiente+Apolo técnico limitado o inexistente+Conexión a internet pouco fiable ou lenta): Mellorar a competencia no ensino dixital traballando con equipamento ou conexión de baixas/medias prestacións
A05 G - Promover o uso de novas modalidades de ensino dixital para a avaliación educativa
A06 H1, Alumnado+ Outras áreas(Uso da tecnoloxía: alumnado): Concienciar á comunidade educativa do uso seguro das TIC e como ferramentas de aprendizaxe
A07 Outras áreas: Factores negativos para aprendizaxe mixto(Dificultades para asistir ás familias) Mellorar a información e colaboración coas familias en relación ao proxecto de E-Dixgal
A08 D3 - Impulsar colaboracións con outros centros e entidades externas

Seguimento

Procedemento

O traballo para acadar os obxectivos estaba fixado con datas límite de execución que, en xeral, foron respectados. As accións a realizar estaban repartidas en 1, 2 ou 3 trimestres en función da natureza do obxectivo correspondente. Algunha acción fíxose con certo atraso e algunha outra quedou aprazada de cara ao vindeiro curso. 

Fixemos o seguimento nas reunión programadas mantendo sempre un espazo actualizadona aula virtual do centro en: Seguimento Plan Dixital

Para facer o seguimento valoramos o grao de consecución dos obxectivos iniciais e as accións realizadas total ou parcialmente e as que foron aprazadas.
O seguimento do desenvolvemento do plan foise facendo durante todo o curso analizando os indicadores de logro e facendo as propostas de mellora ou, no seu caso, decidindo o aprazamento dalgunha acción cando se considerou necesario.

1º Trimestre


AO1.1: Informar nun claustro ou CCP inicial

AO2.1: Informar nun claustro ou CCP inicial

AO3.1: Crear un apartado nas CCP para informar das TIC do centro

AO3.2: Crear a figura de co-coordinador no edificio de primaria Aprazado

AO7.1: Presentación da plataforma E-Dixgal na reunión inicial do curso

AO7.2: Repartir os trípticos informativos da Xunta na primeira reunión

A07.3: Presentar e recordar o enlace na web do centro coa información relacionada co proxecto E-Dixgal.

A03.4: Promover e recordar os recursos e ligazóns TIC na web

AO5.1: Promover e poñer en valor as diferentes plataformas e programas válidos para a avaliación

AO5.2: Poñer algún apartado na AV ou na web do centro con recursos e ferramentas de avaliación dixital

AO4.1: Actualizar o hardware dos pcs antigos. Instalar discos SSD e ampliar a memoria RAM para mellorar o rendemento dos equipos Parcialmente realizado

AO6.2: Poñer información para a comunidade educativa sobre o uso seguro das TIC e como ferramentas de aprendizaxe
 

2º Trimestre

AO4.2:Programar sesións de traballo e formación sobre accións concretas e recursos existentes para a docencia dixital con equipamento de baixas/medias prestacións ou con conexión de baixa/media velocidade

A05.3: Realizar unha formación sobre a avaliación educativa con ferramentas dixitais.

3º Trimestre

A06.3: Realizar e divulgar un protocolo para o uso seguro das TIC entre a comunidade educativa Parcialmente realizado pero programado para o vindeiro curso

AO1.2: Facer e promover actividades interdisciplinarias relacionadas con conmemoracións e celebracións

A01.3: Promover o intercambio de información de proxectos existentes no centro

AO2.2: Promover a realización de actividades que fomenten a creatividade

A03.3: Manter información permanente na web - aula virtual e boletín TIC do centro.

AO6.1: Organizar máis charlas sobre o uso seguro das TIC (Plan director anual e Navega con rumbo...)

AO8.1: Favorecer e realizar algunha actividade de colaboración coa aula CeMit. Aprazado

AO8.2: Intercambiar informacións e actividades con outros centros educativos da contorna.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o proxecto valoramos o grao de consecución dos obxectivos iniciais e as accións realizadas total ou parcialmente e as que foron aprazadas.

Solicitouse a cada responsable das accións e ao profesorado en xeral unha achega das accións e actividades realizadas desenvoltas para valorar o grao de cumprimento das mesmas.

Fixemos reunións programadas para o seguimento do plan, das accóns realizadas e das que estaban pendentes. Nas mesmas analizáronse os indicadores de logro e fixéronse propostas de mellora ou, no seu caso, decidiuse o aprazamento dalgunha acción cando se considerou necesario.

Para a avaliación xeral de todo o proceso recolleronse as actividadas realizadas por cada acción que poden consultarese no documento adxunto sobre actividades realizadas.

Valoración xeral

O plan contemplou o desenvolvemento de  22 accións repartidas en 8 obxectivos. Os resultados foron os seguintes:

  • Accións realizadas: 16 
  • Accións parcialmente realizadas: 4
  • Accións aprazadas: 2

Logros e incidencia no centro:

  • Mellorouse a comunicación, coordinación  e difusión de información de interese sobre as TIC e EDIXGAL en particular para as familias, o profesoerado e a comunidade en xeral.
  • Mellorouse a competencia en avaliación dixital e na resiliencia dixital.
  • Traballouse e mellorouse na colaboración, na realización de actividades creativas e fixéronse máis actividades interdisciplinarias. 

Obxectivos acadados:

Dos oito obxectivos iniciais 6 foron acadados e 2 acadados parcialmente.

A06 - H1, Alumnado+ Outras áreas(Uso da tecnoloxía: alumnado): Concienciar á comunidade educativa do uso seguro das TIC e como ferramentas de aprendizaxe

Parcialmente: Traballouse procurando recursos e información para a elaboración do protocolo para o uso seguro das TIC que quedou xa perfilado pero pendente, por falta de tempo, para realizar no vindeiro curso.

A08 - D3 - Impulsar colaboracións con outros centros e entidades externas

Parcialmente: non se realizou a colaboración có CMIT da localidade pero fixéronse colaboracións co concello e con outros centros.

Proposta de mellora

Fanse as seguintes proposta de mellora:

  • Continuar con actividades de formación no vindeiro curso de cara a mellorar a competencia dixital e a implantación das TIC como recurso educativo e para a avaliación docente.
  • Continuar na liña de mellora da coordinación da estratexia TIC do centro co profesorado.
  • Impulsar e mellorar a colaboración con outros centros e entidades externas, especialmente coa aula CEMIT de San Sadurniño.
  • Divulgar e promover unha campaña de concienciación sobre o uso seguro das TIC dirixida a alumnado, familias e profesorado:
    • Campaña para retrasar o máximo posible o uso dos móbiles e das redes sociais entre o alumnado.
    • Protocolo para concienciar e mellorar  o uso seguro das TIC, tanto no centro como fóra do mesmo.
    • Concienciar sobre or riscos das redes, a pegada dixital e a privacidade dos datos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do plan realizaranse as seguintes accións:

  • Informar ao profesorado na CCP e no claustro inicial.

  • Achegar ao profesorado o documento do Plan Dixital a desenvolver.

  • Poñer información sobre o Plan Dixital na páxina web do centro incluíndo o propio documento accesible a toda a comunidade educativa.

  • Abrir un espazo colaborativo con información e documentación sobre o Plan Dixital na Aula Virtual do centro.

  • Enviar por correo electrónico información periódica ao profesorado daquelas cuestións relevantes para o correcto desenvolvemento do plan.

  • Incluír algún apartado con información sobre o Plan Dixital no boletín TIC do centro.

  • Enviar información ás familias empregando AbalarMóbil no caso de que se considere oportuno e necesario.