Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación lexislativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

As TIC inciden cada vez máis na vida das persoas e consecuentemente no campo da educación. Así, a inclusión da competencia de tratamento da información e competencia dixital neste último ámbito introdúcenos nun momento substancialmente distinto e crea novos escenarios educativos.
Disto derívase que o dominio das TIC é tan esencial coma o das habilidades instrumentais básicas. É máis, as posibilidades didácticas e pedagóxicas que nos ofrece ao acceso e xestión da información concede a esta competencia un peso específico como eixo transversal dentro da actividade docente.
Todo elo esixe transformacións que afectan á globalidade do proceso educativo nos seus aspectos metodolóxicos, organizativos, de xestión e curriculares.
É ese impacto global das TIC o que xustifica a confección dun Plan que recolla e regule todos os aspectos relacionados coa integración das TIC no centro.
Elaboramos o  Plan dixital  como un instrumento de planificación integrado no PE que persigue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino – aprendizaxe.

Contribución ao P.E.
O Plan Dixital do centro sen dúbida vai influír en diferentes aspectos na programación xeral do vindeiro curso, xa que nel van reflectidos distintos compromisos de formación e de actuacións que terán que ter a súa cabida na PXA, en tanto serán eixos primordiais das actividades de formación do vindeiro curso académico. Por outra banda detyerminarase , tal e como se verá nos obxectivos deste plan Dixital, os contidos a traballar co alumnado para a realización do itinerario de formación básica en contornas dixitais. Estes contidos serán integrados nas programacións de aula e se fará referencia a eles na propia PXA como obxectivos de ciclo.

Fases de elaboración:

A elaboración do Plan Dixital recae sobre a persoa responsable do centro que á sua vez será a coordinadora do Plan Dixital. Esta función estráese da resolución do 3 de setembro de 2021. Esta persoa foi a encargada de elaborar o plan e todas as tarefas do curso de Aula Virtual no que foi matriculada.
Neste curso (https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual/), realizouse o seguimento de todas as actividades que se foron levando a cobo ao longo do curso e que culminaron coa elaboración deste documento.
Estas tarefas secuenciaronse en 2 fases:
•    Fase I (Inicial): Análise e diagnose da situación dos centros.
- Autoavaliación SELFIE (do 3 de outubro ao 8 de novembro do 2021
- Test de Competencia Dixital Docente (CDD) (do 8 de febreiro ao 7 de marzo do 2022)
- Informe DAFO (do 8 marzo ao 4 de abril do 2022)

•    Fase II: Deseño e elaboración do Plan Dixital.
- Obxectivos do Plan de Acción (do 21 de abril ao 11 de maio)
- Plan Dixital de Centro (do 11 de maio ao 12 de xuño).

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Na primeira Fase de análise e diagnose, realizáronse os Test extraídos da plataforma europea SELFIE  (ferramenta de autoavaliación para centros) dos cales se extraeu certa información en referencia a diferentes áreas en relación á etapa educativa.

Do mesmo xeito, todo o profesorado do centro, a través da plataforma Fprofe, realizou o Test CDD. A partir del extraéronse as seguintes conclusións do informe grupal xerado. Este test fai referencia ao perfil competencial do profesorado.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O material existente non está moi adaptado a súa idade Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital Familias Si
Debilidade Os equipos existentes son moi antigos. Infraestruturas Si
Debilidade Pouco equipamento Infraestruturas Si
Debilidade Aula Virtual non operativa. Organización de centro Non
Debilidade Pouco tempo para asistir a diferentes cursos relacionados coas novas tecnoloxias Persoal docente Non
Fortaleza Interés por aprender cas Tics Alumnado Non
Fortaleza Colaboración co centro Familias Non
Fortaleza A conexión mediante wifi é estable. Infraestruturas Non
Fortaleza Mellora constante da cobertura por parte da Xunta Infraestruturas Non
Fortaleza Participación en cursos de PFPP Oferta Non
Fortaleza Uso de diferentes programas de software libres. Organización de centro Non
Fortaleza Ansia de mellora nos profesionais do centro. Persoal docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Asistencia técnica deficiente. Administración educativa Si
Ameaza Ausencia de dotación económica para tics Administración educativa Non
Ameaza Dificutades na conexión á rede (intestabilidade) ANPA Non
Ameaza Cambio constante de leis Lexislación Non
Oportunidade Comunicacion coas familias mediante medios tecnolóxicos. Administración educativa Non
Oportunidade Comunicación entre as familias por medios tecnolóxicos. Contorna Non
Oportunidade Coñecemento das leis e normas relacionadas coa protección de datos da comunidade educativa, dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade En determinados momentos, o concello prestou ás familias ordenadores. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas á información recollida e xerada a través dos datos do SELFIE e do Test CDD, que nos permitiu confirmar e coñecer a realidade do noso centro no relativo ao eido dixital, puidemos extraer unha análise DAFO que nos permite reflexionar sobre a realidade do noso centro e nos facilitou a elaboración das liñas de actuación fundamentais para a redacción dos obxectivos e accións a desenvolver no vindeiro curso e que se recollen neste Documento.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Realizar un proxecto interdisciplinar trimestral con, polo menos, un produto final tic.
O02PD Crear un recuncho TIC na aula
O03PD Promover o uso do Abalar móbil para a comunicación coas familias.
O04PD Poñer en marcha da Páxina web do centro

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital, realizará, alomenos, unha xuntanza trimestral para valorar a evolución do Plan.

Do mesmo xeito, a persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro, para analizar, xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do PD.

A persoa coordinadora do PD, terá acceso á ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan, baixo a supervisión da persoa directora e co apoio do resto de persoas que forman o equipo. 

1º Trimestre

Neste primeiro momento solicitouse a inclusión ás webs dinámicas poñendo en marcha a Páxina web. Conseguindo así o primeiro obxectivo. Por outra parte trasladouse ás familias a necesidade do uso do abalar para as communicacións centro-familia. 

2º Trimestre

Neste trimestre impolantamos o recuncho TIC.

3º Trimestre

No último trimestre demos por finalizado o obxectivo do Proxecto interdisciplinar do cal se obtiveron varios produtos finais. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- Levarase a cabo unha avaliaicón procesual unha vez ao trimestre para analizar e valorar o estado de execución das accións, analizar e valorar os resultados, e de ser o  caso, realizar posibles modificacións nas accións de mellora.

- Do mesmo xeito, ao finalizar o curso académico 2022-2023 relizarase unha avaliación final para valorar o nivel de logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Así mesmo valoraránse accións e obxectivos novos para mellorar no vindeiro curso académico.

Valoración xeral

Acadáronse, case na súa totalidade, todos os obxectivos porpostos para o curso. Consideramos sistematizar as publicacións e dinamización da Páxina Web. O recuncho TIC foise completando grazas ao equipamento enviado pola Consellería como a Pantalla Interactiva e un ordenador para o alumnado. 

Proposta de mellora

Continuar na mesma liña en relación á páxina web e mellorando o recuncho TIC. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de centro será colgado na Páxinca Web do Centro ao igual que se poñerá en coñecemento do mesmo a toda a comunidade educativa a través das canles de comunicación coorporativas das que dispoñemos no centro (Abalar móbil, correo electrónico...).

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipqueiruga/node/14