Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE


A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO.


O Plan dixital está en consonancia cos fins e intencións do PEC, formando parte do mesmo e complementándoo.

En canto a relación do Plan Dixital cos programas  e proxectos do noso centro, persegue os mesmos obxectivos e complementa o Plan TIC do centro, dinamizando e impulsando a integración das novas tecnoloxías no proceso de ensino-aprendizaxe. Tamén se relaciona coas liñas prioritarias de actuación  do PLAMBE no que se refire  ó traballo interdisciplinar e a alfabetización mediática e informacional. Conecta  co Plan Director a través da formación no uso seguro e o coñecemento dos riscos que conleva a  utilización das tecnoloxías.  

O Plan dixital axudaranos a revisar , actualizar e avanzar na implementación dos programas de innovación que xa temos en funcionamento e que inflúen positivamente na competencia dixital da nosa Comunidade Educativa.

Programas innovadores do noso centro:

  • Desde o curso psado 22/23 formamos parte do `programa POLOS CREATIVOS.
  • O noso centro incorporou o Programa EDIXGAL no curso a 21/22 na aula mixta de 4º, 5º e 6º de EP, o alumnado dos 3 cursos despuxo do seu ordenador portátil e traballou nas aulas virtuais.
  • Biblioteca Creativa:  pasamos a formar parte do programa “Biblioteca Creativa” no curso 20/21 introducindo os escornabots e posteriormete a Impresora 3D, xa desde hai anos realizamos actividades co CROMA e outras actividades creativas.
  • KOHA: O noso centro con todos os recursos da biblioteca dixitalizados. https://ceipdelouro.edubib.xunta.gal/ 
  • Aprendizaxe Cooperativa: os agrupamentos do alumnado son en equipos cooperativos dentro das aulas mixtas, que favorecen a posta en práctica de metodoloxías activas.

En canto ao noso profesorado, mantén sempre un profundo compromiso coa formación en novas tecnoloxías como pon de manifesto a realización de diversos PFPP e outro tipo de formacións que realizamos este curso:

  • Formación para persoas coordinadoras EDIXGAL
  • Biblioteca Creativa
  • Plan proxecta - Aula invertida
  • Polos Creativos

A Programación Xeral Anual do curso 23/24 , ao concretar ao PEC para este curso académico, recibe os plans previamente mencionados e establece unha coherencia e organización das actuacións que se levarán a cabo. Por último a PXA verase enriquecida por este documento incorporando á mesma a pretensión dun maior aproveitamento de todos os recursos tecnolóxicos da nosa comunidade. Pasará a ser parte do eixo vertebrador que fundamente o uso de infraestruturas tecnolóxicas, formacións do alumnado, profesorado e familias, cun aproveitamento máis reflexivo, estudado e estruturado de todos eles. Algúns dos obxectivos da nosa PXA que conectan directamente con este documento serían:

  • Insistir no arranxo e mellora das infraestruturas do Centro.
  • Buscar o funcionamento eficaz dos diferentes recursos didácticos.
  • Dinamizar e potenciar o uso das TICs, programa EDIXGAL páxina web, blog da biblioteca e aula virtual, dentro do Plan de Integración das Tecnoloxías da Información e da Comunicación propio do noso Centro .

No que se refire a medidas e recursos concretos que a PXA trata en relación ao presente documento podemos citar:
Información frecuente ás familias, propiciando a súa colaboración e implicación no proceso educativo a través das diferentes canles establecidas (páxina web, plataforma WEBEX, teléfono, abalar móbil, whatsapp...)
Contacto coa Xefatura Territorial e coa Unidade Técnica, en relación ás carencias e necesidades solicitadas con respecto á infraestrutura do centro.
As diferentes aplicacións informáticas destinadas á mellora no proceso de información e documentación escolar, así como as pedagóxicas e educativas para traballar co alumnado.

PROCESO DE ELABORACIÓN


No primeiro trimestre do curso 21-22 realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización. No comezo do segundo trimestre do citado curso, implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital do profesorado do centro.  Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro, facendo unha análise de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades. No terceiro trimestre elaboráronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital. Cabe sinalar que o seguimento por parte do mentor da nosa zona establecía a entrega de diversas tarefas ao longo do curso. A realización das mesmas axudou a ter unha temporalización organizada para o desenvolvemento do presente documento.  No curso 22-23 implementouse o Plan Dixital do curso pasado. Neste curso 23-24 revisouse o documento e formuláronse novo obxectivos. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información utilizados para a elaboración do Plan Dixital do noso centro seguiron a seguinte estrutura:
•    No primeiro trimestre do curso 21-22 realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.  
•    No comezo do segundo trimestre, do citado curso, implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital do profesorado do centro. 
•    Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro, facendo unha análise de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades.

No curso 23-24 seguimos a utilizar a información recollida nas ferramentas utilizadas no curso 21-22. Ademais, segue sendo de referencia o DAFO realizado nese mesmo curso académico. 
 

Interno
60 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H6 No noso centro o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Non
Debilidade H8 No noso centro o alumnado non aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade H10 O noso equipo directivo non garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias. Alumnado Non
Debilidade H11 No noso centro o alumnado non aprende a codificar ou programar en todos os cursos e as actividades que se desenvolven non están sistematizadas. Alumnado Si
Debilidade H7 No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade H13 No noso centro o alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade Desigual formación das familias no emprego das novas tecnoloxías. Familias Non
Debilidade C14 No noso centro o espazo físico da aula de Infantil ( que está noutro edificio distinto ó de primaria) non facilita o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade Non se ofertan obradoiros tecnolóxicos para alumnado ou familias. Oferta Non
Debilidade A4 No noso centro non contamos con tempo para explorar a mellora do método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade A1 e A2 No noso centro non temos unha estratexia dixital e o profesorado carece de mecanismos para implicarse na mesma. Organización de centro Si
Debilidade C12 No noso centro non contamos con medidas para axudar ao profesorado a afrontar o reto que supón a aprendizaxe mixta, en relación coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Debilidade Non contamos cun plan de comunicación. Organización de centro Non
Debilidade G1 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado en todas as áreas e cursos. Persoal docente Non
Debilidade G6 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade B1 No noso centro non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B3 e B4 No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións e non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade D3 O noso equipo directivo non garante os tempos para intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade F6 Non fomentamos a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais en todas as áreas e cursos. Persoal docente Non
Debilidade G5 non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G8 Non facilitamos ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe en todas as áreas e cursos. Persoal docente Non
Debilidade E2 Non creamos recursos dixitais en todas as áreas e cursos. para reforzar o noso método de ensino Persoal docente Non
Debilidade F5 Non empregamos as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Non
Debilidade G5 non empregamos as tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Non
Debilidade G9 Non utilizamos datos dixitais sobre estudantes individuais para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G10 non valoramos as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza H1 No noso centro o alumnado aprende a actuar con seguridade en internet (Plan director) Alumnado Non
Fortaleza H3 No noso centro o alumnado aprende a actuar de forma responsable en internet (Plan director) Alumnado Non
Fortaleza H4 No noso centro o alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa (ALFIN-AMI) Alumnado Non
Fortaleza Adquisición de habilidades dixitais do alumnado nalgunhas áreas. Alumnado Non
Fortaleza As familias apoian os programas que se incorporan ó centro en relación coas competencias dixitais. Familias Non
Fortaleza C16 No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña (ELBE-2) que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe (Programa EDIXGAL). Infraestruturas Non
Fortaleza C5 A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza C8 No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise Infraestruturas Non
Fortaleza C7 No noso centro existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C10 No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen, 4º , 5º e 6º de EP. Infraestruturas Non
Fortaleza C14 No noso centro, os espazos físicos do edificio de primaria facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñibilidades de ipads para todo o alumnado da aula mixta de 1º, 2º e 3º de EP. Infraestruturas Non
Fortaleza C1 No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza C2 No noso centro hai dispositivos dixitais que podemos utilizar no meu traballo como docente Infraestruturas Non
Fortaleza C3 O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza Estrutura vertical que favorece a detección de necesidades de formación no noso alumnado e a súa implantación gradual ó longo da etapa. Oferta Non
Fortaleza Participación en proxectos interdisciplinares en torno a unha temática anual para promover o traballo competencial(CD) Oferta Non
Fortaleza Actualización do PFPP do centro en relación cos programas do centro e necesidades de formación demandadas polo Claustro. Oferta Non
Fortaleza Transformación da práctica docente co uso das ferramentas dixitais a través da participación nos diferentes programas. Oferta Non
Fortaleza Transformación da práctica docente co uso das ferramentas dixitais a través da participación nos diferentes programas. Organización de centro Non
Fortaleza Estrutura vertical que favorece a detección de necesidades de formación no noso alumnado e a súa implantación gradual ó longo da etapa. Organización de centro Non
Fortaleza Participación en proxectos interdisciplinares en torno a unha temática anual para promover o traballo competencial(CD) Organización de centro Non
Fortaleza Actualización do PFPP do centro en relación cos programas do centro e necesidades de formación demandadas polo Claustro. Organización de centro Non
Fortaleza B2 No noso centro comentamos as vantaxes e inconvintes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E5 Utilizamos recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza D1 O noso equipo directivo reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza D2 Temos acceso a posibilidades de FPC en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E1 Buscamos recursos educativos dixitais en internet Persoal docente Non
Fortaleza E4 Utilizamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza F1 Utilizamos as tecnoloxías dixitais para adaptar os nosos métodos de ensino ás necesidades individuais do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F3 Utilizo as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza E3 Utilizamos ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos Persoal docente Non
Fortaleza F4 Levamos a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motive o alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Os auxiliares lingüísticos empregan os dispositivos dixitais na súa práctica docente. Persoal non docente Non
60 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Lentitude na reposición. Administración educativa Non
Ameaza Falta de lexislación que respalde a obriga de horas adicadas ás coordinacións que se desenvolven no centro, coordinador TIC, Edixgal programas de introdución á robótica¿ Lexislación Non
Oportunidade C7 No noso centro existen sistemas de protección de datos Administración educativa Non
Oportunidade Aposta pola dixitalización dos centros. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta variada de formación en relación coas competencias dixitais e programas. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración da ANPA ANPA Non
Oportunidade As familias reciben de bo grao as novas actividades que teñen que ver coas TIC e a innovación educativa. ANPA Non
Oportunidade Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fora do centro educativo Contorna Non
Oportunidade A5 No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a Aprendizaxe Lexislación Non
Oportunidade O centro é inclusivo na participación de entidades externas nas dinámicas educativas. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar de novo os resultados do noso DAFO elaborado no curso 21-22 evidéncianse as seguintes necesidades para este curso 23-24:

  • O01PD - Realizar o inventario do centro educativo. (*A1) - (Área A - Liderado)        
  • O02PD - Actualizar o PFPP do centro coa formación requirida polo profesorado para desenvolver os proxectos que integran as TIC. (D1*) - (Área D - Deselvolvemento Profesional Continuo)        
  • O03PD - Introducir a programación en todas as aulas do centro. (H11*) - (Área H - Competencias Dixitais do alumnado)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Realizar o inventario do centro educativo. (*A1) - (Área A - Liderado)
O02PD Actualizar o PFPP do centro coa formación requirida polo profesorado para desenvolver os proxectos que integran as TIC. (D1*) - (Área D - Deselvolvemento Profesional Continuo)
O03PD Estabilizar as habilidades en programación en todas as aulas do centro. (H11*) - (Área H - Competencias Dixitais do alumnado)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao proceso de seguimento do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

  • Seguimento procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 
  • Ademais tamén se revisarán os plans de accións nas visitas e/ou videoconferencias coa persoa mentora.
1º Trimestre

Os obxectivos neste primeiro trimestre atópanse no seguinte punto:

  • O01PD - Realizar o inventario do centro educativo. (*A1) - (Área A - Liderado): elaborouse a folla de cálculo para o inventariado do material do centro.        
  • O02PD - Actualizar o PFPP do centro coa formación requirida polo profesorado para desenvolver os proxectos que integran as TIC. (D1*) - (Área D - Deselvolvemento Profesional Continuo): xa realizada as primeiras formacións do profesorado e aplicado co noso alumnado.     
  • O03PD - Introducir a programación en todas as aulas do centro. (H11*) - (Área H - Competencias Dixitais do alumnado): comezo coa programación da microbit na aula mixta de 4º, 5º e 6º de EP.
2º Trimestre

Os obxectivos neste segundo trimestre atópanse no seguinte punto:

  • O01PD - Realizar o inventario do centro educativo. (*A1) - (Área A - Liderado): elaborouse a folla de cálculo para o inventariado do material do centro.   Este obxectivo aprázase ata finais de xuño.    
  • O02PD - Actualizar o PFPP do centro coa formación requirida polo profesorado para desenvolver os proxectos que integran as TIC. (D1*) - (Área D - Deselvolvemento Profesional Continuo): continuamos coa formación en impresión de 3D e traballo cos neopixeles.  
  • O03PD - Introducir a programación en todas as aulas do centro. (H11*) - (Área H - Competencias Dixitais do alumnado): continuación coa programación da microbit na aula mixta de 4º, 5º e 6º de EP.
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

  • Avaliación procesual: unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de acción. Ademais, realizaranse propostas de modificación das mesmas de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 
  • Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisión da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento. 
     
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será difundido na web do mesmo. Ademais, enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará a todo o claustro vía correo electrónico e ao Consello Escolar.

  • Enlace ao Plan Dixital do curso 22-23Plan Dixital do noso centro
  • Plan Dixital curso 23-24
    • Enlace ao buscador de Plan Dixital
      • Instrucións: no despregable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No despregable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro a buscar e seleccionamos. Prememos en "Buscar". No apartado de "Opcións" facemos clic na lupa.