Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este centro consta de  2 unidades mixtas que abrangen os seguintes cursos (4º-5º-6º de Educación Infantil e 1º e 2º Educación Primaria).

Este centro está adscrito ao C.P.I. Castro Baxoi. Consta de dúas mestras unha definitiva e outra con plaza habilitada e unha mestra de inglés itinerante con outras 3 escolas unitarias da zona.

 

 

Esta é unha escola rural, unitaria, mixta e pública, de educación infantil e o primeiro ciclo de primaria  que pertence á Consellería de Educación da Xunta de Galicia e está situada na parroquia de Bemantes. O seu modelo educativo esta¿ baseado en pedagoxías activas e vivenciais. Un espazo humano, pedagóxico e reflexivo, adicado ao coidado, desenvolvemento e aprendizaxe de todos os  nenos e  nenas coa finalidade de potenciar e respectar as habilidades naturais de cada un deles.

A finalidade do noso Centro educativo é que o alumnado aprenda e fórmese como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Este Plan Dixital de Centro propón recoller as actuacións para mellorar a competencia dixital do Centro e de todos os sectores da comunidade educativa. O
proceso de desenvolvemento e difusión das tecnoloxías é imparable. Tanto para a mellora dos procesos educativos que ocorren fóra ou dentro da aula, como para aqueles procesos que contribúen a que os centros educativos cumpran a súa función formativa, consolidáronse xa unha serie de recursos, ferramentas e servizos. Por este motivo é necesario que abordemos a tecnoloxía desde unha perspectiva máis global, entendendo o Centro como a unida de transformación e deseñando plans de mellora que poidan ser desenvoltos no Centro.
O Marco de Competencia para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes permítenos facer unha análise da realidade dos nosos centros e deseñar un plan de acción. Os centros educativos formamos parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por eles debemos dar respostas a estas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formas cidadáns do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada. O uso da tecnoloxía é necesario nas diversas prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, desde as relacións coas cuestións organizativas ata os procesos de ensino e aprendizaxe.

É evidente que, para asegurar a igualdade social, a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas, a educación é un recurso crave. A Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garanta a adquisición de competencias dixitais e permita aproveitar as oportunidades.

É necesario que as organizacións educativas revisen as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos dixitais.

Mediante o obxectivo do Plan Dixital de Centro preténdese:

  • Avaliar a situación do noso Centro educativo con relación ao uso das TIC nos distintos elementos crave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competente para poder deseñar e emprender un proceso de transformación no Centro.
  • Recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
  • Transformar o noso Centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.
  • Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital nas mesmas. 

 

O deseño do Plan Dixital de Centro recollerá as ideas principais, determinará as prioridades e establecerá os niveis de planificación [programas, proxectos e/ou accións] que marcarán o plan de traballo do Centro escolar no seu proceso de cambio e mellora. 

O Plan Dixital de Centro debería permitir á comunidade educativa:

• Visualizar onde quere que chegue o Centro.

• Entender onde está actualmente.

• Trazar o camiño que leve dun estado ao outro.

Lexislación vixente sobre a que se elabora:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de análise son o Test CDD e o Selfie realizados no curso 2021/2022 que aínda non se volveron a repetir de forma anual o equipo do Plan Dixital realizou unha análise dos distintos elemento permitíndonos actualizar  os aspectos internos e externos do DAFO.

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non todo o alumnado conta con soporte informático na casa para o traballo en entornos virtuais. Alumnado Si
Debilidade As familias non consideran importante as tecnoloxías e o seu uso no ámbito escolar. Familias Si
Debilidade Non contamos con persoal suficiente para facer todas as labores administrativas e de xestión do centro. Organización de centro Si
Debilidade Non usamos habitualmente sistemas de aprendizaxes virtuais. Organización de centro Si
Debilidade Non temos unha biblioteca de recursos dixitais compartida con outros centros. Organización de centro Si
Debilidade Non usamos entornos virtuais de aprendizaxe nin o consideramos necesario. Persoal docente Si
Debilidade Non colaboramos con outros centros da Contorna en actividades dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Reducimos ao mínimo o uso dos recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non contamos con sistemas de avaliación dixital do progreso do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O noso alumnado son competentes dixitalmente atendendo ao seu rango de idade.. Alumnado Si
Fortaleza Familias colaboradoras e implicadas. Familias Si
Fortaleza Empregamos ferramentas corporativas no noso traballo de xestión. Organización de centro Si
Fortaleza Creeamos contidos dixitais propios. Persoal docente Si
Fortaleza Contamos con formación no ámbito de robótica Educativa e linguaxe computacional básico. Persoal docente Non
Fortaleza Existe unha comunicación dixital fluida coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Adaptamos os recursos dixitais ás necesidades do noso alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Coñecemos a lexislación relativas ás normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Saturación laboral con burocrácia que impiden dedicar tempo a preparar a labor docente co alumnado. Administración educativa Si
Ameaza Saturación laboral que limita o tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Si
Ameaza Descoñecemos a lexislación relativas á compra de produtos informáticos. Lexislación Non
Oportunidade A UAC ten unha resposta axeitada ás nosas necesidades. Administración educativa Non
Oportunidade Temos unha AMPA moi implicada no noso centro. ANPA Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise do DAFO permitiunos detectar as seguintes ameazas e debilidades que serán nas que nos centraremos para manter actualizado os obxectivos desde curso.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Promover a comunicación entre o centro e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro (A)
O2PD Facilitar a dixitalización nas xestións administrativas nas escolas rurais unitarias. (A)
O3PD Favorecer o intercambio de experiencias con outros centros de similares características (D)
O4PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente (E)
O5PD Sensibilizar sobre o uso seguro dos dispositivos dixitais e da rede (H)

Seguimento

Procedemento

Teremos en conta os indicadores asociados a cada un dos obxectivos e accións.

Realizaremos un seguimento trimestral coa asesora Adix.

1º Trimestre

Os aspectos a valorar incluirán;

- O estado da execución das accións: as accións que se realizaron durante este trimestre foron poucas debido aos problemas estructurais que tivemos cos espazos.

- A análise e valoración dos resultados: o alumnado xa tiña contacto anterior con materiais como Legos, ferramentas e distintas construccións.

- As posibles modificacións das accións e posibles propostas de mellora.: polo momento de cara ou segundo trimestre tentaremos continuar coas accións dos obxectivos propostos.

 

2º Trimestre

Os aspectos valorados  incluirán;

- O estado da execución das accións: as accións que se realizaron durante este segundo trimestre estiveron condicionadas aos problemas estructurais que tivemos cos espazos que continuan en proceso de arranxo por parte do Concello.

- A análise e valoración dos resultados: o alumnado mantén o contacto coas novas propostas steam.

- As posibles modificacións das accións e posibles propostas de mellora.: polo momento de cara ou terceiro trimestre tentaremos continuar coas accións dos obxectivos propostos e unha vez que se produzao arranxo da situación estructural da escola recuperar novas propostas.

3º Trimestre

Os aspectos valorados  incluirán;

- O estado da execución das accións: as accións que se realizaron durante este terceiro trimestre pasaron polo reacondicionamento dos espazos e recolocación dos materiais.

- A análise e valoración dos resultados: o alumnado continua mantendo o contacto coas proposta e descubrindo materiais novos que fomos adquirindo.

- As posibles modificacións das accións e posibles propostas de mellora.: cara o vindeiro curso estableceremos novos obxectivos de mellora dos espazos e de propostas novas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o seguimento do desenvolvemento do plan será necesario medir o grao da consecución de obxectivos  que nos marcamos.Tamén será necesario comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo de xeito específico e concreto.

Todos estes aspectos abrangarán:

- A avaliación  trimestral. 

- A avaliación final . O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.

Para levar a cabo a avaliación, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

Os indicadores asociados a cada un dos obxectivos e accións.

 

Valoración xeral

Os obxectivos do Plan dixital fóronse cumplindo e nalgúns casos superáronse, xa que poidemos xuntarnos con outras escolas da noso perfil e compartir e organizar xornadas moi enriquecedoras. 

Por outro lado parece excesiva a burocracia a que estamos sometidas nas unitarias en relación a xestión, organización e funcionamento dos centros supoñendo este e o resto de plans inecesarios no noso contexto.

Proposta de mellora

Buscar medidas excepcionais para que as unitarias podan facer fronte a toda a xestións de plans, programacións e xestións.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital ten como obxectivo compartir, informar e difundir os resultados concretos do proxecto. 

Medidas de difusión:

  • Reunións entre mestres onde se darán a coñecer os aspectos referidos a este plan.
  • Difusión a través da web do centro a toda a comunidade educativa a partir da seguinte ligazón: Plan dixital
  • A memoria final de curso onde se establecerán as propostas de mellora.