Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

CONTRIBUCIÓN DO PD A PXA CURSO 23/24

Obxetivos:

  • Promover o arranxo e mellora das infraestruturas do Centro.

  • Ponñer en marcha plans de acción que brinden una ampla capacitación do alumnado en todas as súa vertentes:

  • Elaborar un Plan dixital de centro e promover o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe.

  • Favorecer o desenvolvemento dos diferentes plans e proxectos do centro (Plan de Convivencia, Plan de acción titorial...)

  • Participar en Plans de Formación Permanente do Profesorado relacionados cos patios inclusivos así como co Plan dixital de Centro.

  • Manter, promover e fortalecer as relacións de colaboración e coordinación coas familias e a ANPA, así como organizacións, asociacións, outros centros educativos e co concello.

  • Empregar instrumentos eficaces e oficiais (páxina web, ABALARmobil, AbalarPro...) para a difusión e comunicación externa e interna das actividades que se desenvolven no centro.

  • Manter en funcionamento e actualizada a aula virtual do centro para que no caso de ser preciso o alumnado poida continuar co ensino telemático a distancia.

  • Empregar as tecnoloxías da información e comunicación na aula para formar alumnos/as competentes dixitalmente.

  • Poñer en marcha plans de acción que permitan desenvolver os diferentes plans e proxectos do centro (Plan de Convivencia, Plan de acción titorial,...).

Ademais, a PXA contemplará os seguintes apartados

  • Participación do profesorado en Plans de Formación Permanente (……) para a dixitalización do centro.

  • CALENDARIO DE REUNIÓNS: Inclusión no calendario das renunións do EPD.

  • PLANS E PROXECTOS PARA ESTE CURSO: Inclusión das propostas do PD.

  • PLAN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE TARDE: Proposta de formación en programación e informática do PD nos apartados de acitivades complementarias e extraescolares e de formaicón do profesorado.

  • SEGUIMENTO E AVALIACIÓN a través do ANEXO II: PLAN DE INTEGRACIOÓN DAS TIC.

PROCESO DE ELABORACIÓN

1º trimestre curso 21-22 SELFIE; 2º Trimestre Test CDD e DAFO; 3ºTrimestre redacción do PD; 2º trimestre curso 21-22 implementación o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro; 3ºtrimestre do mesmo curso. realización do DAFO e táboas do plan de ación.  No curso 22-23 implementouse o Plan Dixital deseñado no curso pasado. No curso 23-24 revisouse todo o documento e formuláronse novos obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centro, púxose en marcha ao inicio do curso 2021/22 un PFPP así como a creación do equipo de Dinamización do Plan Dixital. Realizáronse diversas sesións formativas das cales foron froito a posta en marcha do test SELFIE, test CDD, análise DAFO e táboas do Plan de acción. O froito destas reunións foi a elaboración do Plan Dixital do noso centro. 

Neste curso 2023/24 seguimos a utilizar os datos dos Test SELFIE e CDD así como tamén do DAFO elaborados. 

Interno
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C1 No noso centro a infraestrutura dixital NON apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Debilidade A1 No noso centro non temos unha estratexia dixital Infraestruturas Non
Debilidade C2 No noso centro NON hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente Infraestruturas Non
Debilidade C5 A asistencia técnica NON está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Debilidade C8 e C10 No noso centro NON existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise e NON hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Si
Debilidade C14 No noso centro, os espazos físicos NON facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Debilidade No noso centro NON creamos recursos educativos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C16 No noso centro NON existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade C15 No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais NON ten acceso ás tecnoloxías de apoio Organización de centro Non
Debilidade No noso centro NON traballamos as competencias do alumnado para poder codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade F6 Non fomentamos a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade G3 Non empregamos as tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Non
Debilidade G10 Non valoramos as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo Persoal docente Non
Debilidade A4 No noso centro os profesores NON t eñen tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade B1 No noso centro NON avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade B3 No noso centro NON utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Persoal docente Si
Debilidade G8 Non facilitamos ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G1 Utilizo as tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado Persoal docente Non
Debilidade FPAM Non se participa en redes profesionais Persoal docente Non
Debilidade Non se tratan de xeito correcto licenzas e dereitos de autoría Persoal docente Non
Fortaleza C13 No noso centro o alumnado pode levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. Alumnado Non
Fortaleza O noso alumnado recibe formación para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H1, H3, H4, H6, H7 O alumnado recibe formación sobre navegación segura na rede e interpretación da información dando crédito da súa autoría. Crean ademais contidos dixitais con esa información Alumnado Si
Fortaleza Utilización diaria das TIC Alumnado Non
Fortaleza C3 O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza A2 O noso equipo directivo implica ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Non
Fortaleza Utilizamos recursos dixitais para observar e documentar os progresos Organización de centro Non
Fortaleza A3 Conto co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E1 No noso centro buscamos recursos educativos dixitais en internet Persoal docente Non
Fortaleza F4 Levo a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motive o alumnado Persoal docente Non
Fortaleza B2 No noso centro comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D1 O noso equipo directivo reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D2 Teño acceso a posibilidades de FPC en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D3 O noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E2 Creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino Persoal docente Non
Fortaleza E4 Utilizo as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza E5 Utilizo recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza F1 Utilizo as tecnoloxías dixitais para adaptar o meu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F3 Utilizo as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F5 Emprego as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Non
Fortaleza PEC 1 O profesorado aposta pola tecnoloxía EDIXGAL Persoal docente Non
Fortaleza Uso alto das TICS en aula Persoal docente Non
Fortaleza E3 Utilizo ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos Persoal non docente Non
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Existen numerosas ferramentas educativas na rede (Google, LiveWorksheets, ClassCraft...) que son moi atractivas e intuitivas e seducen facilmente ao profesorado que as escolle con frecuencia fronte as propias facilitadas pola administración, que son de baixa calidade (Ferramentas de autor). Administración educativa Non
Ameaza Falta de fondos directos para mercar tecnoloxía Administración educativa Non
Ameaza É fácil que o PDC pase a ser un documento máis sen outra pretensión. Administración educativa Si
Ameaza A4: o profesorado ten tanta carga burocrática que lle impide adicar tempo a explorar novos métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Ameaza Escasa importancia das opinións do profesorado no desenvolvemento educativo e Servizos de inspección pouco colaborativos. Administración educativa Non
Ameaza Os ritmos da Consellería son distintos aos do centro Administración educativa Non
Ameaza O PDC é un proceso moi burocrático Administración educativa Non
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa en canto equipos e material tecnolóxico tende ou a tardar moito ou a non ter resposta positiva. Administración educativa Non
Ameaza As respostas ante incidencias técnicas e a resposta externa do entes implicados (AMTEGA, UAC)en ocasións son longas e desmoralizan á Comunidade Educativa. Administración educativa Non
Ameaza B4: O profesorado non colabora con outros centros ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa, en canto equipos e material tecnolóxico, tenden ou a tardar moito ou a non ter resposta positiva Administración educativa Non
Ameaza As familias precias formación en relación coa tecnoloxía Contorna Non
Ameaza O alumnado non dispón de medios tecnolóxicos para a aprendizaxe no exterior. Contorna Non
Ameaza Condiciós socioeconómicas da contorna Contorna Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación Administración educativa Si
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital Administración educativa Non
Oportunidade As familias reciben de bo grado as novas actividades que teñen que ver coas TIC e a innovación educativa ANPA Non
Oportunidade A Comunidade Educativa colabora estreitamente e ten moi boa relación co centro educativo Contorna Non
Oportunidade Estamos nunha época de cambio e de potenciación das tecnoloxías da información e da comunicación froito da recente pandemia na que nos atopamos. Contorna Non
Oportunidade As tecnoloxías da Información e da Comunicación están de moda. Contorna Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos Outras Non
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar de novo os resultados do noso DAFO evidénciase que no noso centro é preciso traballar:

  • O01PD    Formar ao profesorado en Polos Creativos (manexo dos novos paneis dixitais interactivos). (D1*) - (Área D -Desenvolvemento profesional continuo)        
  • O02PD    Crear un aula de informática no centro. (C14*) (Área C - Infraestrutura e equipamentos)        
  • O03PD    Posta en marcha do inventariado do centro para o futuro mecanizado aplicación inventario (*C1) (Área C - Infraestruturas e equipamentos)        
  • O04PD    Afondar non currículo TIC do alumnado (H7*) (Área H - Compentencias dixitais do alumnado).        
  • O05PD    Fomentar a aprendizaxe da ciberseguridade do alumnado e das familias - (Área H - Competencia dixital do alumnado e Área B - Colaboración e redes)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado en Polos Creativos (manexo dos novos paneis dixitais interactivos). (D1*) - (Área D -Desenvolvemento profesional continuo)
O02PD Crear un aula de informática no centro. (C14*) (Área C - Infraestrutura e equipamentos)
O03PD Posta en marcha do inventariado do centro para o futuro mecanizado aplicación inventario (*C1) (Área C - Infraestruturas e equipamentos)
O04PD Afondar non currículo TIC do alumnado (H7*) (Área H - Compentencias dixitais do alumnado).
O05PD Fomentar a aprendizaxe da ciberseguridade do alumnado e das familias - (Área H - Competencia dixital do alumnado e Área B - Colaboración e redes)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Seguimento mensual: realizado coa axuda do noso mentor, onde detectaremos avances e posibles solucións a estancamento das distintas accións que forman parte dos obxectivos. 

Seguimento trimestral e análise final: será realizada unha vez ao  trimestre e ao remate do curso académico 23-24. Todo o observado nestes seguimentos será empregado no proceso de avaliación do plan.

1º Trimestre

Os obxectivos neste trimestre atópanse nest punto:

O01PD    Formar ao profesorado en Polos Creativos (manexo dos novos paneis dixitais interactivos). (D1*) - (Área D -Desenvolvemento profesional continuo) : realizáronse algunhas formacións en Edixgal, radio e programa Audacicty.      
O02PD    Crear un aula de informática no centro. (C14*) (Área C - Infraestrutura e equipamentos): pendente de mellora, a aula está xa en funcionamento.        
O03PD    Posta en marcha do inventariado do centro para o futuro mecanizado aplicación inventario (*C1) (Área C - Infraestruturas e equipamentos): elaborouse a folla de cálculo e rematouse o inventario.    
O04PD    Afondar non currículo TIC do alumnado (H7*) (Área H - Compentencias dixitais do alumnado): comezamos a traballar con alumnado de 4º, 5º e 6º.      
O05PD    Fomentar a aprendizaxe da ciberseguridade do alumnado e das familias - (Área H - Competencia dixital do alumnado e Área B - Colaboración e redes): aceptada a formación de "Navega con rumbo" e "Plan director" e pendentes de datas. Curso online e recursos de seguridade na rede na nosa aula virtual aberta para familia e alumnado.      
 

2º Trimestre

Os obxectivos neste trimestre atópanse nest punto:

  • O01PD    Formar ao profesorado en Polos Creativos (manexo dos novos paneis dixitais interactivos). (D1*) - (Área D -Desenvolvemento profesional continuo) .  Pendente de realizar a última docencia de Edixgal, Paneis Dixitais e Pizarras verticáis.
  • O02PD    Crear un aula de informática no centro. (C14*) (Área C - Infraestrutura e equipamentos).  Acadado
  • O03PD    Posta en marcha do inventariado do centro para o futuro mecanizado aplicación inventario (*C1) (Área C - Infraestruturas e equipamentos): Acadado.
  • O04PD    Afondar non currículo TIC do alumnado (H7*) (Área H - Compentencias dixitais do alumnado):  Realizadas 3 actividades con 3º e 6º.
  • O05PD    Fomentar a aprendizaxe da ciberseguridade do alumnado e das familias - (Área H - Competencia dixital do alumnado e Área B - Colaboración e redes). Curso de ciberseguridad xa colgado e pendente de datas das charlas concedidas.
3º Trimestre

Os obxectivos neste trimestre atópanse nest punto:

  • O01PD    Formar ao profesorado en Polos Creativos (manexo dos novos paneis dixitais interactivos). (D1*) - (Área D -Desenvolvemento profesional continuo): acadado.     
  • O02PD    Crear un aula de informática no centro. (C14*) (Área C - Infraestrutura e equipamentos):    esperando o material da XUNTA para poder rematar a toma de decisións en canto a adquisicións.
  • O03PD    Posta en marcha do inventariado do centro para o futuro mecanizado aplicación inventario (*C1) (Área C - Infraestruturas e equipamentos): acadado e esperando a que a aplicación esté aberta para facer o volcado.
  • O04PD    Afondar non currículo TIC do alumnado (H7*) (Área H - Compentencias dixitais do alumnado):    acadado. Realizamos a maiores actividades de deseño e impresión 3d con Tinkercad e programación con Scratch.
  • O05PD    Fomentar a aprendizaxe da ciberseguridade do alumnado e das familias - (Área H - Competencia dixital do alumnado e Área B - Colaboración e redes): acadado. A maiores realizamos unha formación a profesores e familias sobre os problemas de adicción as novas tecnoloxías.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

  • Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de acción. Usaranse os apartados de Educalidade para valorar o seu cumplimento. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.
  • Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisión da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento.
Valoración xeral

Durante este curso académico, o noso centro educativo realizou avances significativos nos obxectivos establecidos no Plan Dixital. A continuación, presentamos unha valoración xeral do estado de cada obxectivo:

O01PD - Formar ao profesorado en Polos Creativos (manexo dos novos paneis dixitais interactivos) (D1*) (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)

Estado: Acadado

Valoración: A formación do profesorado no manexo dos novos paneis dixitais interactivos foi completada con éxito. Os docentes agora contan coa capacidade para utilizar estas ferramentas de maneira efectiva, mellorando así a calidade do ensino e facilitando a integración das tecnoloxías na aula.

O02PD - Crear un aula de informática no centro (C14*) (Área C - Infraestrutura e equipamentos)

Estado: En progreso

Valoración: A creación da nova aula de informática está pendente da recepción do material por parte da XUNTA. A toma de decisións en canto a adquisicións será completada unha vez que o material sexa recibido. Esta nova infraestrutura permitirá unha mellor formación tecnolóxica para o alumnado.

O03PD - Posta en marcha do inventariado do centro para o futuro mecanizado aplicación inventario (C1*) (Área C - Infraestruturas e equipamentos)

Estado: Acadado

Valoración: O inventariado do centro foi realizado con éxito e estamos esperando que a aplicación de inventario estea dispoñible para facer o volcado dos datos. Este paso garante unha xestión máis eficiente e organizada dos recursos do centro.

O04PD - Afondar no currículo TIC do alumnado (H7*) (Área H - Competencias dixitais do alumnado)

Estado: Acadado

Valoración: O currículo TIC do alumnado foi ampliado, incluíndo actividades adicionais como o deseño e impresión 3D con Tinkercad e a programación con Scratch. Estas actividades reforzaron as competencias dixitais do alumnado, proporcionando habilidades prácticas e relevantes para o seu desenvolvemento.

O05PD - Fomentar a aprendizaxe da ciberseguridade do alumnado e das familias (Área H - Competencia dixital do alumnado e Área B - Colaboración e redes)

Estado: Acadado

Valoración: Este obxectivo foi alcanzado con éxito, incluíndo formacións adicionais para profesores e familias sobre os problemas de adicción ás novas tecnoloxías. Estas accións concienciaron á comunidade educativa sobre a importancia da ciberseguridade e os riscos asociados ao uso indebido das tecnoloxías.

Conclusión

En resumo, o Plan Dixital do noso centro experimentou un progreso significativo neste curso académico. Conseguimos alcanzar a maioría dos obxectivos propostos, mellorando tanto as competencias dixitais do profesorado como do alumnado. 

Proposta de mellora

Para continuar mellorando a implementación do Plan Dixital no noso centro e superar os retos identificados, propoñemos as seguintes melloras:

1. Formación continua do profesorado en Polos Creativos e E-Dixgal

  • Polos Creativos: Continuar coa formación do profesorado no manexo dos novos materiais de polos e outras ferramentas asociadas aos Polos Creativos, asegurando que todos os docentes estean capacitados para utilizar estas tecnoloxías de forma efectiva nas súas aulas.
  • E-Dixgal: Proporcionar formación específica sobre a plataforma E-Dixgal, incluíndo o uso de recursos dixitais, a xestión de contidos educativos en liña e a integración das TIC no currículo escolar.
  • Actualización continua: Manter un programa de actualización continua para garantir que o profesorado estea ao día coas novas ferramentas e tecnoloxías educativas.

2. Finalización da aula de informática

  • Recepción de materiais: Estar preparados para recibir os materiais da XUNTA e proceder inmediatamente á montaxe e configuración da nova aula de informática.
  • Equipamento e configuración: Asegurar que a nova aula de informática estea equipada con todos os recursos necesarios para ofrecer unha formación tecnolóxica de calidade ao alumnado.
  • Integración no currículo: Integrar o uso da nova aula de informática nas actividades diarias do alumnado, permitindo un acceso regular ás TIC.

3. Formación continua en ciberseguridade para o alumnado

  • Programas educativos: Continuar ofrecendo programas educativos sobre ciberseguridade, adaptados ás distintas idades e niveis do alumnado, facendo especial fincapé na seguridade en internet e na protección da privacidade.
  • Colaboración coas familias: Fomentar a participación das familias nas formacións sobre ciberseguridade, para que poidan apoiar e guiar aos seus fillos no uso seguro das tecnoloxías.
  • Concienciación e prevención: Promover campañas de concienciación sobre os riscos asociados ás novas tecnoloxías e a importancia de adoptarmos boas prácticas en liña.

Conclusión

Estas propostas de mellora teñen como obxectivo consolidar os avances logrados e superar os retos actuais, promovendo unha educación dixital máis completa e eficiente. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo . Este enlace será enviado a familias, claustro e consello escolar.

Plan Dixital curso 22-23:

Plan Dixital curso 23-24