Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Xustificación do PD en relación á normativa vixente

-       Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

-       Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

-     Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

-      Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo de centro

     Hoxe en día, o cpr Loyola ten en funcionamento dúas unidades de Educación Infantil (una simple e una mixta), seis unidades de Educación Primaria, catro de Educación Secundaria Obrigatoria e dúas de Ciclo Formativo de Grao Medio na rama de Xestión Administrativa (1º e 2º curso).

CARACTERÍSTICAS SOCIOECONÓMICAS E CULTURAIS:

O centro atópase no concello de Mugardos, na comarca de Ferrol e linda ao sur e oeste co concello de Ares, ao leste co concello de Fene e ao norte coa Ría de Ferrol. Según “Ep Data”, axencia de datos de Europa Press, ten una poboación de 5.246 personas en 2022, que vai decrecendo ao longo das décadas. En 1998 era de 6.110 personas, dez anos despois,en 2008 pasou a 5.605 e segue reducíndose ata as cifras actuáis.

Económicamente, Mugardos sempre dependeu dos asteleiros navais de Ferrol e Fene, así como as institución militares. Actualmente os ocupados traballan maioritariamente no sector servizos, na industria, na construcción e en menor medida na pesca e agricultura.

A nivel de comunicacións, Mugardos está unida exclusivamente por carretera. “Unha vía rápida” une as aforas do pobo co polígono industrial de Vilar do Colo, pertencente aos concellos de Cabanas e Fene, onde existe unha entrada e saída da AP-9.

En canto á tipoloxía escolar, o alumnado procede na maior parte do propio concello, aínda que tamén hai un importante número do concello veciño de Ares, ata onde chega o transporte escolar.

A língua de comunicación entre o alumnado é principalmente en castelán. Dende o colexio tentamos crear hábitos para normalizar o uso da língua galega. Todas as comunicación do centro, tanto coas familias como con institucións oficiais fanse en língua galega.

-      Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa

         Dende o centro sempre tentamos introducir as novas tecnoloxías como ferramenta de apoio no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe nas distintas etapas educativas. No caso do ciclo medio de xestión administrativa, as novas tecnoloxías non son únicamente unha ferramenta de apoio senón que xa dende hai anos  convertéronse na ferramenta de traballo diario nas dúas aulas informatizadas que disponemos para tal fin.

No resto das etapas, imos mellorando rapidamente dende a implantación do PD. A adquisición de pantallas interactivas de 65 pulgadas e de equipos portátiles para case todas as aulas, está dotando ao centro dunha infraestructura dixital que antes non tiña.

A formación do profesorado aumentou por mor da pandemia e a obriga de responder ao desafío que supuxo, e mostrounos a todos o valor do uso da tecnoloxía.

Este ano, o claustro do profesorado ao completo, está participando nun programa de innovación educativa coa intención de actualizar as metodoloxías de aprendizaxe. Esta formación extenderase ao longo dos vindeiros 3 anos e estaremos acompañados e formados pola Fundación Trilema. A aprendizaxe por proxectos, o traballo colaborativo e as rutinas de pensamento serán os protagonistas do cambio metodolóxico que estamos implantando. As ferramentas dixitais son básicas neste cambio.

Dende a dirección deuse o paso para cambiar a comunicación do centro coas familias, pasando a normalizar, tanto o equipo directivo como os titores e titoras o uso da  ferramenta TokApp. Esto mellora a inmediatez e a sostibilidade pola eliminación do uso de circulares en papel.

A creación da páxina web e o uso de redes sociais posibilitounos amosar as actividades que realizamos no centro a toda a comunidade.

-      Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

O PD está a supoñer unha mellora, entre outras cousas, da competencia dixital do profesorado.  Isto, e a utilización de todo tipo de ferramentas dixitais na innovación metodolóxica que estamos a implantar , vai afectar e contribuir de maneira positiva na programación xeral anual. Do mesmo xeito contribuirá á formación do alumnado en habilidades dixitais como medio para levar a cabo diferentes proxectos colaborativos e interdisciplinares que se reflictirán nas programacións de aula.

3. PROCESO DE ELABORACIÓN

O proceso de elaboración do Plan Dixital organizouse coa creación en primeira instancia do equipo de dinamización do plan. O coordinador participou en tódalas sesións formativas do Adix, e o algún membro do equipo tamén asistíu a algunha delas. O coordinador encargouse de levar o peso do Plan, organizando reunións periódicas co resto do equipo dinamizador para discutir e implementar posición comúns.

Nas primeiras fases de elaboración, fixemos postas en común co resto do profesorado, en relación á elaboración de enquisas e análise de resultados. O equipo de dinamización propuxo obxectivos e no claustro debatiuse para chegar á elaboración final, que levou a cabo o coordinador.

Este curso 23-24, aproveitando os dous días semanais fixos, de claustro, para traballar sobre a innovación metodolóxica que estamos a implantar no Colexio, aproveitamos para modificar e replantexar os obxectivos que queremos acadar neste ano académico.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

INSTRUMENTOS DE RECOLLIDA PREVIA

- SELFIE

- TCDD

 

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Capacitamos ao alumnado para empregar ferramentas dixitais pero as familias non os axudan a interactuar dende a casa Familias Non
Debilidade Non temos ferramentas de protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade Non temos unha páxina web atractiva nin funcional onde as familias poidan interactuar Infraestruturas Non
Debilidade Non hai colaboración con outras entidades Organización de centro Non
Debilidade Algunhos profes temos competencias dixitais insuficientes Persoal docente Non
Fortaleza Usan tecnoloxía para traballar en grupo Aprenden a crear contidos dixitais Aprenden a resolver problemas técnicos Alumnado Si
Fortaleza Participan máis cando usan tecnoloxías O alumnado non precisa empregar sofware de pago Alumnado Non
Fortaleza Os equipamentos están actualizados Os dispositivos dixitais son suficientes A asistencia técnica é suficiente Hai plan de formación Infraestruturas Si
Fortaleza Temos biblioteca en liña Dispoñemos de dispositivos dixitais propiedade do Centro Os alumnos traen dispositivos cando se lle require Infraestruturas Si
Fortaleza Foméntanse as tecnoloxías para avaliar e documentar aprendizaxe Organización de centro Non
Fortaleza Apoio para probar novas formas de ensino O centro comunica o seguemento académico por unha aplicación TokApp Organización de centro Non
Fortaleza Incrementándose a participación en proxectos interdisciplinares Aumento da creación de recursos dixitais Empezando a utilizar tecnoloxias para avaliar Persoal docente Non
Fortaleza Coñécense os dereitos de autor Hai suficiente búsqueda de recursos en liña Utilízanse recursos educativos abertos Persoal docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo do profesorado para a formación Non nos dotan de conexión, nin dominio, nin de aula dixital Non temos acceso a programas como edixgal, espazos maker, etc. Administración educativa Non
Ameaza Disparidade de recursos das familias. Moitas con baixo nivel socioeconómico Contorna Non
Oportunidade A implantación do Plan Dixital vai resolver moitas das debilidades Administración educativa Non
Oportunidade Alto nivel de participación da Anpa en tódolos ámbitos ANPA Non
Oportunidade Situación laboral da plantilla estable para dar continuidade ao plan Lexislación Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois da realización do Selfie e o CDD, o equipo dinamizador do Pan Dixital analizou os resultados para ter unha visión real de onde partimos e tomar decisións con respecto a onde queremos ir tendo en conta as nosas posibilidades para elaborar obxectivos concretos, sinxelos (é o primeiro plan dixital), e conseguibles. O noso contexto particular fai que partamos dun nivel baixo de dixitalización. Se ben é verdade que dende a pandemia, o profesorado empezou a empregar ferramentas dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, o que pretendemos é darle un carácter organizado e coordinado en tódalas etapas educativas. A estructuración da formación do profesorado é outra das intencións que o Plan nos permitirá implantar. Con respecto ao alumndo, os obxectivos pasan por formalos progresivamente dende un nivel básico, tendo en conta as peculiaridades de cada alumno e grupo, e ir avanzando e mellorando as ferramentas que permitirán acadar melloras no seu desenvolvemento educativo e social. Outro apartado que pretendemos mellorar son os procesos de xestión en Dirección, e a estratexia de comunicación, sendo a páxina web e outras ferramentas como as redes sociais, obxectivos a conquerir no plan de acción

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Dotar de equipos dixitais á biblioteca e ás aulas de Infantil e Primaria
02PD Revisión, mellora e actualización dos equipos dixitais existentes no Ciclo de Xestión Administrativa
03PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta "TokApp School"
04PD Dixitalizar o rexistro horario dos/as traballadores/as do centro
05PD Mellorar a imaxe dixital e comunicación xeral do centro mediante a actualización e mellora da estructura e contidos da páxina web e as redes sociais
06PD Mellorar a competencia dixital do profesorado formándose en Polos Creativos
07PD Desenvolver proxectos colaborativos e interdisciplinares utilizando as TIC como medio para mellorar as competencias dixitais do alumnado empregando o entorno google e as súas ferrametas
08PD Diseñar e levar a cabo un proxecto de escola dixital de familias
09PD Planificar de xeito global e interdisciplinar situacións de aprendizaxe en traballo colaborativo para todo o alumnado utilizando o material dos Polos Creativos

Seguimento

Procedemento

PROCEDEMENTO DO SEGUIMENTO DO PD AO LONGO DO CURSO

Para levar a cabo o seguimento do PD, fanse reunións de claustro ao principio de cada trimestre onde se establecen os obxectivos a acadar ao final do mesmo. De igual maneira, ao final de cada trimestre, avaliase o estado de consecución dos obxectivos e propóñense melloras.

Ao final de curso faise unha avaliación final da consecución do plan e fanse propostas de mellora

 

1º Trimestre

-          Informe de necesidades

-          Solicitude de axudas para dotación de equipos informáticos.

-          Adquisición de equipos: 5 pantallas dixitais interactivas táctiles (4k, 65´´.Android 9.0): e 5 portátiles

-          Revisión, mellora e actualización dos equipos dixitais existentes no Ciclo de Xestión Administrativa

-           Establecemento de grupo de traballo para mentorizar entre iguais o uso da ferramenta de comunicación coas familias "TokApp School"

-           Dixitalizar o rexistro horario dos/as traballadores/as do centro. Buscar axudas e pedir presupostos

 

2º Trimestre

-  Mellorar a imaxe dixital e comunicación xeral do centro mediante a actualización e mellora da estructura e contidos da páxina web e as redes sociais. Pedir presupostos para externalizar con empresa privada.

-  Subida do PD á páxina web do centro así como numerosos contidos multimedia ás redes sociais do centro.

- Elaboración de recursos como presentacións, vídeos, etc.

- Coordinación e organización de formacións para o profesorado sobre ferramentas dixitais

3º Trimestre

- Potenciar o uso de TokApp mediante o envío de notificacións periódicas

- Controlar as métricas da web e redes sociais do centro

-  Coordinación e organización de formacións para o profesorado sobre ferramentas dixitais

- Desenvolver proxectos colaborativos e interdisciplinares utilizando as TIC como medio para mellorar as competencias dixitais do alumnado empregando o entorno google e as súas ferrametas

Avaliación

Procedemento para a avaliación

-  Ao final de curso, o equipo de dinamización fai unha avaliación final onde se valoran a consecución ou non dos obxectivos propostos, da súa variación e da consecución doutros novos que foron xurdindo ao longo dos trimestres. Engadiránse propostas de mellora. O informe resultante porase en común no clautro do profesorado para a súa retroalimentación e aprobación.

Valoración xeral

   A valoración xeral da aplicación do PD é moi positiva xa que aínda que non se conseguiron os obxectivos plantexados ao cen por cen, sí que se puxeron case todos en marcha e segundo as necesidades, algúns se variaron para melloralos e ademáis se levaron a cabo moitas actuacións que non estaban previstas e que axudaron ao obxectivo primordial que non era outro que mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e profesorado na aprendizaxe e o uso das tecnoloxías dixitais, e na transformación do centro nunha organización educativa dixitalmente competente.

Esta mellora a podemos concretar nas seguintes actuacións:

- O Colexio mellorou a súa infraestructura dixital coa adquisición mediante subvención de 10 pantallas dixitais interactivas (4k, 65´´, Android 9.0) e 10 equipos portátiles. As pantallas están instaladas nas aulas de: 2 en EI (4 e 5 anos); 4 en EP (1 en 1º,2º6º e 1 en aula común); 4 en ESO e 1 no Ciclo.

   En canto aos 10 portátiles, son usados por calquera curso que o requira e ademáis na biblioteca.

- O obxectivo de actualización de equipos, acadouse ao principio deste curso, cunha inversión de fondos propios do colexio

- No que respecta ao obxectivo 3, está sobradamente acadado. O cen por cen do profesorado usa a ferramenta de comunicación coas familias TokApp.

- En canto ao rexistro dixital dos horarios de entrada e saída do persoal, non está acadado. Desestimouse en favor doutros obxectivos máis importantes.

- O obxectivo 5 do plan propoñía a mellora da páxina web do centro e das redes sociais mediante a externalización cunha empresa privada. Desestimouse o presuposto. Para conquerir o obxecivo, o coordinador do PD formouse no curso: Multimedia educativa y diseño web: técnicas y recursos para su implementación en el aula. 

   O que sí se fai é subir contidos multimedia á web do centro así como as súas páxinas de facebook, Instagram, youtube.

   O control da métrica nestas páxinas non se realizou.

Este curso temos o obxectivo de facer mellora na páxina web para que resulte máis atractiva e as familia poidan interactuar máis.

- Mellora da competencia dixital do profesorado. Por unha banda, o profesorado, a nivel individual está mellorando en cantidade e calidade a utilización de recursos dixitais, motivado polo emprego das novas pantallas interactivas adquiridas.

Por outra banda, realizamos un seminario formativo impartido no centro ao longo de 3 xornadas repartidas en diferentes semanas. A temática solicitada é o coñecemento e aplicación de recursos para Pantallas táctiles interactivas (uso de CANVA, GENIALLY E KAHOOT). O código do seminario é: F2206063. 

Este curso participaremos nos Polos Creativos polo que tanto profesorado como alumnado seguirán mellorando as súas competencias dixitais.

- O desenvolvemento de proxectos colaborativos e interdisciplinares utilizando tics, estanse acadado. Este curso introducimos a aprendizaxe por proxectos. (obxectivo 7)

- O equipo directivo realizou unha formación do Plan Estratéxico de Centro. Fíxose unha presentación ao profesorado nunha das pantallas interactivas

OUTRAS ACCIÓNS NON CONTEMPLADAS NO PD

-         Ademáis das accíons formativas de carácter grupal no CEFORE, fixéronse formacións de carácter individual, na Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Así mesmo realizáronse diversas formacións externas individuais en Aula Smart a través da Fundación Tripartita.

-          Utilización de folla de cálculo Excel para clasificación de libros na biblioteca

-          Creación dunha mascota dixital para a biblioteca: Larapetas

-          Creación de páxina en Instagram polo grupo da biblioteca para publicitar actividades: Larapetas Loyola

-          Comunicacións por boca de Larapetas, utilizando o TokApp, como por exemplo, dicirlles ao alumnado como ten que vir vestido cada día na época do Entroido

-          Exemplos do que se está a facer coas pantallas interactivas:

o   En Infantil, ás veces, faise a asamblea empregando a pantalla

o   Tamén en infantl, xogos de lectoescritura e lóxica-matemática

o   En EP e ESO, utilízanse os libros electrónicos do profesor, kahoots, classroom, vídeos, enlaces externos, escritura e debuxo co lápis dixital…

o   No Ciclo de Xestión Administrativa, utilízanse as ferramentas dixitais como o vehículo principal de aprendizaxe

-       Montaxes de fotografía e vídeo de actos como Samaín, Festival de Nadal, excursións e visitas, actividades no centro e nas aulas, etc. Que se suben logo ás redes sociais: Web, Facebook, Instagram, Youtube.

-     Creación de vídeo en Clipchamp, da Excursión ao Ecoparque de Marín, e subido a Facebook. (https://clipchamp.com/watch/tQXLLKkX5Z5?utm_source=share&utm_medium=social&utm_campaign=watch)

-          Actividade (presentación), Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais (3º e 4º de ESO)

-          Caderno de campo en formato dixital, (texto e fotos). Este proxecto foi presentado a concurso da Voz de Galicia.

-          Proxecto da Biblioteca:

·       Creación do correo da biblioteca

·       Apertura do perfil de Instagram e  Facebook (larapetas Loyola Mugardos),

·       Creación dun Genially para presentar a mascota chamada Larapetas.

·       Creación en CANVA carteis de Larapetas para facer publicacións os días de conmemoración.

·       Elaboración nun programa de edición de textos das etiquetas para catalogar libros, xogos e dvds da biblioteca.

·        Acceso a programas de catalogación dixital de libros, acceso ao KOHA.

.        Este curso 23-24 iniciamos unha formación do profesorado estructurada e a longo prazo para a innovación metodolóxica, onde as ferramentas dixitais terán protagonismo.

 

 

Proposta de mellora

Decidíronse as seguintes propostas de mellora:

 INFRAESTRUCTURA:

-  Acadouse a nova subvención para a dotación de outras 5 pantallas dixitais interactivas e de 5 equipos portátiles para seguir equipando o resto das aulas.

-  Adquirimos 10 cpu reacondicionados e software actual, e 10 pantallas novas de 24´´para un aula do Ciclo de Xestión Administrativa. 

FORMACIÓN

- Se contempla buscar formación por parte do equipo de dinamización para a mellora da utilización da web e redes sociais así como o control da súa métrica

- Decideuse formar a todo o profesorado na innovación e aplicación de novas metodoloxías pedagóxicas para implantalas ó longo do curso 2023-24. Esto supón avanzar paralelamente no uso de ferramentas dixitais para o desenvolvemento de proxectos colaborativos e interdisciplinares utilizando tics.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital foi publicado na páxina web do centro. Ademáis enviouse unha pequena explicación do mesmo dando aviso da súa publicación ás familias polos medios de comunicación habituais do centro.

O enlace ao plan dixital é o seguinte:

https://www.cprloyola.com/single-post/plan-de-dixitalizaci%C3%B3n-do-centro