Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
CENTRO: CEIP PLURILINGÜE UNIÓN MUGARDESA
CÓDIGO: 15009445
DOMICILIO: Avda. Francisco Yáñez Badía, nº1
LOCALIDADE: 15620-MUGARDOS
TELÉFONO:881930341
CORREO ELECTRÓNICO: ceip.union.mugardesa@edu.xunta.gal


Consta de 3 unidades de Educación Infantil, 6 unidades de Educación Primaria, estudos de P.T. e de A.L., despacho de orientación, aula de música, aula de informática, aula de idioma estranxeiro e biblioteca. O claustro está formado por 18 mestras e mestres.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O Plan Dixital complementa e amplía outros plans e proxectos do centro relacionados coas novas tecnoloxías e a competencia dixital, como:
-  Metodoloxías activas (que inclúen as TIC)
- Robótica educativa en Educación Primaria
-  E-Dixgal.
- Proxecto europeo Erasmus +
Por este motivo, vemos que o PD se atopa ben contextualizado no Proxecto educativo actual do centro. Ademáis, a raíz da situación sanitaria que vivimos dende 2020, a ensinanza diu un salto cuantitativo e cualitativo na ensinanza dixital e en liña a través da Aula Virtual e búsqueda de novos recursos para chegar ao alumnado.
Cabe destacar, que a maiores das actividades realizadas dentro do noso PFPP, e as feitas en base ás necesidades e intereses individuais, unha parte significativa do profesorado, realizou algún dos seguintes cursos ofertados dende o CFR de Ferrol:
- Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes.
- Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto.

1.3. Breve xustificación do mesmo
Este plan contextulízase no seguinte marco lexislativo, do que se sacan as bases e os diferentes pasos a realizar:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.4. Proceso de elaboración
O presente Plan Dixital é realizado polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital seguindo as diferentes fases establecidas dende o marco teórico.
En primeiro lugar estableceuse o equipo responsable nunha reunión xeral de profesorado. Dende ese momento, reunímonos para facer cada unha das fases do plan e cumprir os axustados prazos de entrega.
Os/as integrantes son: O equipo diretivo, a coordinadora TIC e unha mestra de E.P que traballa con E-dixgal.
Este equipo reuniuse periódicamente para redactar cada un das actividades que se ían requerindo a través dos equipos ADIX. Presentando posteriormente ditas propostas ao resto do profesorado, para que fixesen as súas aportacións.

Fixemos as formacións organizadas polos ADIX e o traballo grupal e individual correspondente para: analizar a situación de partida, cubrimento de enquisas, análise dos resultados, selección dos obxectivos, descrición das actividades, realización das actas correspondentes, etc.
Posteriormente, realizamos a redación do presente documento base. Unha primeira versión revisable e en constante cambio para axustarse ás necesidades do centro, alumnado e profesorado.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As táboas do DAFO atópanse adxuntas no apartado de ANEXOS

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Uso que se fai do internet. Alumnado Si
Debilidade Acceso aos dispositivos dixitais Comunicación a través da vía virtual Predisposición a usar os medios dixitais Familias Non
Debilidade Falta de coñecemento xeral para solucións técnicas sinxelas. Asistencia técnica insuficiente Limitación de espazos Descoñecemento las licenzas e dereitos de autor/a Renovación dos dispositivos por parte do centro e non da Xunta Infraestruturas Si
Debilidade Desenvolvemento da estratexia co profesorado Falta de tempo para a coordinación Falta de horas para a creación de recursos Dificultades na realización dos horarios (dificultade especialmente en AL e PT) Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo e coordinación para explorar ensino dixital. Déficit na avaliación do proceso. Pouco intercambio de experiencias. Menor creación de recursos dixitais que en liña. Maior percepción da adaptación ás necesidades do alumnado por parte deste que do profesorado. Pouco fomento da creatividade. Persoal docente Si
Fortaleza Dispositivos dixitais Alumnado Non
Fortaleza Acceso aos dispositivos dixitais Comunicación a través da vía virtual Predisposición a usar os medios dixitais Familias Non
Fortaleza Aula de informática (agora non en uso) Existencia de dispositivos no centro Boa conexión a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Comedor Servizo de madrugadores Transporte Biblioteca polas tardes Oferta Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino Dispositivos dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Uso de novas modalidades de ensino das tecnoloxías. Creación e uso de recursos. Desenvolvemento persoal continuo. Uso reflexivo e funcionais en liña. Colaboración do alumnado. Persoal docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de soporte técnico Falta de investimento Falta de dotación dixital por parte da consellería Falta de directrices claras na área dixital Administración educativa Non
Ameaza Falta de financiación para levar a cabo as actuacións Escasa participación das familias Falta de concienciación sobre o uso das pantallas Falta de coordinación ANPA Non
Ameaza Falta de control na exposición ás novas tecnoloxías Descoñecemento do uso das TIC. Falta de tempo para aproveitar as oportunidades da contorna. Contorna Si
Ameaza Continuos cambios na normativa Vacíos legáis Mala temporalización das actuacións Excesivos requerimentos Lexislación Non
Ameaza Falta de tempo para o desenvolvemento dun maior número de actividades. Outras Si
Oportunidade Proposta de estratexia dixital Formación continua no ámbito dixital Novas ferramentas dixitais de información e comunicación Comunicación e alertas sobre distintas ameazas Administración educativa Non
Oportunidade Utilización das redes sociais para dar a coñecer a práctica educativa Oferta e Proposta de actividades dentro da escola de nais e pais Cooperativa para as merendas saludables e libre de plásticos ANPA Non
Oportunidade Desenvolvemento das tecnoloxías en todos os espazos Aproveitamento dos espazos Contorna Non
Oportunidade Coñecer as bases legais da protección de datos e licenzas Posta en común da información a partir dos documentos Lexislación Non
Oportunidade Colaboracións pedagóxicas (talleres, actividades conxuntas, etc) Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Levar a cabo estratexias para garantir a seguridade e bo uso dos dispositivos na rede
Aprender a utilizar os dispositivos e ferramentas dixitais de maneira práctica e creativa por parte do alumnado
Ampliar a coordinación do claustro en materia de dixitalización, reparto de tarefas e intercambio de ideas
Mellorar a competencia dixital dos e das docentes (neste curso formación especializada en 3D e uso dos novos equipos de robótica).

Seguimento

Procedemento

A avaliación, que se organiza tendo en conta as recomendacións dadas dende o
marco lexislativo e da formación para a elaboración deste plan, será realizada en
dúas fases:
Avaliación procesual:
Unha vez ao trimestre nun dos claustros valorarase:
– Estado de execución dos obxectivos e das súas respectivas actividades.
– Valoración dos resultados ata o momento.
– Posibles modificacións das accións e propostas de mellora para acadar os
obxectivos ao longo do curso escolar.
Avaliación final:
– Valoración da consecución dos obxectivos plantexados.
– Propostas de mellora para a vindeira organización e renovación do Plan
Dixital.

1º Trimestre


– Estado de execución dos obxectivos e das súas respectivas actividades.
– Valoración dos resultados ata o momento.
– Posibles modificacións das accións e propostas de mellora para acadar os
obxectivos ao longo do curso escolar.

 

2º Trimestre

– Estado de execución dos obxectivos e das súas respectivas actividades.
– Valoración dos resultados ata o momento.
– Posibles modificacións das accións e propostas de mellora para acadar os
obxectivos ao longo do curso escolar.
 

3º Trimestre

Avaliación final:
– Valoración da consecución dos obxectivos plantexados.
– Propostas de mellora para a vindeira organización e renovación do Plan
Dixital.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación, que se organiza tendo en conta as recomendacións dadas dende o marco lexislativo e da formación para a elaboración deste plan, será realizada en dúas fases:

Avaliación procesual:

Unha vez ao trimestre nun dos claustros valorarase:

– Estado de execución dos obxectivos e das súas respectivas actividades.

– Valoración dos resultados ata o momento.

– Posibles modificacións das accións e propostas de mellora para acadar os obxectivos ao longo do curso escolar.

Avaliación final:

– Valoración da consecución dos obxectivos plantexados.

– Propostas de mellora para a vindeira organización e renovación do Plan Dixital.

Tendo en conta que un dos obxectivos do plan é a coordinación e intercambio de ideas en materia dixital, asegúrase unha axeitada avaliación durante todo o proceso.

Valoración xeral

A valoración é positiva, xa que durante o curso 2023-2023 todos os obxectivos están en proceso e incluso algún xa acadado antes de finalizar o curso, como o da formación do profesorado en relación as TIC e o obxectivo relativo á competencia dixital do alumnado.

Para o actual curso 2023-2025 esperamos acadar e/ou avanzar nos obxectivos propostos.

 

Proposta de mellora

– Necesidade de máis tempo e recursos persoais no centro, debido á carga horaria do profesorado.

– Maior coordinación no reparto e delegación á hora de realizar as tarefas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

As propostas para a difusión do Plan Dixital son as seguintes:

– Envío de Abalar ás familias cun enlace ao presente documento.

– Inclusión do plan no apartado de documentos da web do centro.

– Presentación do mesmo ao claustro e Consello Escolar.