Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 

Breve xustificación do mesmo

 

O Plan Dixital de Centro concíbese como "un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes».
O Proxecto Dixital de Centro é un documento aberto, suxeito a continua revisión, integrado noutros plans ou proxectos de centro, que define o uso e integración das tecnoloxías no centro educativo.
Está articulado en tres dimensións:
a) Organizativa: liderado, desenvolvemento profesional, colaboración, traballo na rede...
b)Tecnolóxica: modificación, dotación e mantemento de equipos, infraestruturas e comunicacións...
c) Pedagóxica: metodoloxías, prácticas de ensino-aprendizaxe, contidos e currículos, prácticas de avaliación...

Marco lexislativo


Existen tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea, que articulan a competencia dixital no eido educativo:
a) DigCompEdu: que fai referencia á competencia dixital docente.
b) O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns, onde se integra tamén a competencia dixital do alumnado.
c) O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes: que trata a elaboración do plan dixital nos centros educativos.
Ao mesmo tempo, deberá atender ao seguinte marco lexislativo:

  • ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  •  Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.
  •  Decreto Educ. Primaria Galicia: DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  •  Decreto/Orde Educ. Infantil Galicia: ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  •  RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.
  • Decreto Educ. Secundaria Galicia: ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  •  ORDE do de 2023 pola que se da continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento nos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e nos centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para os cursos 2023/24 e 2024/25.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise dos datos obtidos no SELFIE e no TCDD foron tratados e analizados para elaborar o informe DAFO. Trátase dunha táboa onde se perfilan as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que nos levarán á posterior reflexión e elaboración das directrices sobre as que se baseará o Plan Dixital.

En anexos: informe SELFIE, test CDD

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1.- Os alumnos pensan que teñen un comportamento seguro, en discrepancia coa opinión dos docentes e directivos Alumnado Non
Debilidade H6.- Non se recoñece de forma axeitada o traballo dos demais Alumnado Non
Debilidade C7.- Descoñecemento da normativa de autor e licenzas de uso Infraestruturas Non
Debilidade A1.- Descoñecemento do profesorado da estratexia dixital ou ben non a consideran boa Oferta Non
Debilidade B1.- Mellorable avaliación do progreso Persoal docente Non
Debilidade G6.- Necesidade de mellorar os comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo Persoal docente Non
Debilidade F6.- Necesidade de aumentar o número de proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Fortaleza C8.- Gran dispoñibilidade de dispositivos dixitais para o aprendizaxe, moitos deles adquiridos polo centro Alumnado Non
Fortaleza C2 - Gran dispoñibilidade de dispositivos dixitais para a ensinanza. Infraestruturas Non
Fortaleza A3.- Moi boa opinión das novas modalidades de ensinanza, tanto en primaria como en secundaria Oferta Non
Fortaleza C5.- Asistencia técnica tanto para os docentes como paro os alumnos Organización de centro Non
Fortaleza D2.- Boa participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza E1.- Alta cualificación dos recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza F1.- Boa adaptación as necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza B3 - Boa calidade das colaboracións para o intercambio de experiencias Persoal docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C11.- Falta de formación dixital en moitas familias Contorna Non
Ameaza C11.- Falta de formación dixital en moitas familias Contorna Non
Oportunidade C1.- Adecuada infraestrutura Administración educativa Non
Oportunidade C3.- Boa conectividade a internet Administración educativa Non
Oportunidade B3.- Colaboracións de outras entidades no desenvolvemento do plan educativo do centro Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez valorados todos os elementos da DAFO, podemos concluír que estamos ante unha boa oportunidade para regular, sistematizar e deseñar o enfoque que queremos planear para o uso das novas tecnoloxías na nosa comunidade educativa. Temos que ser quen de compensar as fortalezas/debilidades e as ameazas/oportunidade para mellorar a nosa acción educativa, así como a relación telemática coas familias e a xestión das aulas virtuais do noso centro educativo. Con esa finalidade deséñase o Plan Dixital do Centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Aumentar a competencia dixital do profesorado do centro a través da formación dun PFPP (polos creativos)
O2PD Promover a comunicación entre titores e as familias mediante o uso de Abalar móbil
03PD Actualizar os equipos máis obsoletos do centro

Seguimento

Procedemento

A persoa coordinadora do Plan Dixital do CPI Plurilíngüe Virxe da Cela, Uxío Valcárcel Rubinos reunirase telefónica, telemática ou presencialmente, co mentor ADIX , Jorge Fernández Otero, cando fose necesario, sempre que a situación o permita, para revisar e analizar como se van levando a cabo os obxectivos e accións dos mesmos ou se estos presentan algunha incidencia ao longo do curso académico 2023/2024.

1º Trimestre

A 21 de decembro de 2023, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como seguen: 

Posta en marcha do PFPP en Polos creativos.

Baixa do coordinador Edixgal de centro. Asume as súas funcións a dirección do centro.

Sistematización das comunicacións de centro para as familias a través da aplicación AbalarMóvil.

Identificación dos equipos necesarios para o centro e solicitude de presupostos.

2º Trimestre

A 24 de marzo de 2024, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como seguen:

Desenvolvemento das accións formativas do Polo creativo e posta en marcha do mesmo.

Comunicacións de centro para as familias a través da aplicación AbalarMóvil. Emprego das titorías para a xestión do alumnado.

Reposición de equipos.

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2024, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como seguen:

Finaliza o PFPP de centro Polos creativos contando con formación externa.

O AbalarMóbil é o medio principal para a comunicación coas familias das actividades de centro.

Instalación de parte dos equipos. No mes de xullo: instalación das pantallas

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e consecución dos obxectivos é:

 

- Avaliación procesual: Se realizará por parte do coordinador TIC unha vez ao mes. Os

aspectos a valorar son:

 

a) Estado da execución das accións.

 

b) Análise e valoración dos resultados.

 

c) Modificación, si é necesario, das accións e propostas de mellora.

 

- Avaliación final: No remate do curso. Os aspectos a valorar son:

 

a) Análise da consecución dos obxectivos.

 

b) Propostas de mellora.

Valoración xeral

A facer en xuño de 2024: 

Revisión de equipamentos e identificación das necesidades. 

Revisión do desenvolvemento dos Polos Creativos: Por falta de tempo e saturación de traballo noutros proxectos de centro, non se poido realizar unha enquisa para valorar o grado de motivación e satisfacción tanto do profesorado como do alumnado implicado, por tanto non existen ferramentas obxectivas para a avaliación. Se nos baseamos en parámetros cuantitativos e cualitativos, podemos observar que son moi numerosos e variados os proxectos levados a cabo e que os productos tiveron gran aceptación non so a nivel de centro, senón que recibiron un feedback positivo por axentes externos.

O maior logro da implantación dos Polos Creativos no CPI Virxe da Cela é que a través deste programa avanzamos cara un proceso de ensino en cascada (un pequeno grupo de docentes se forma, transmite os coñecementos a un grupo de alumnos/as e incluso existe unha nova transmisión de saberes ao exercer estes alumnos/as como formadores doutros de menor idade). Destacamos tamén o grado de empoderamento do alumnado, que este curso traballou de maneira autónoma tendo en conta os seus propios intereses e motivacións, tomando decisións e marcando o rumbo na súa aprendizaxe. Aínda quedan moitas metas por conseguir, unha delas é abrir os Polos Creativos a toda a comunidade educativa. É un reto complexo pero non imposible, pero vai depender da existencia de recursos humanos (dispoñibilidade horaria do profesorado para a supervisión).

 

 

Proposta de mellora

A facer en xuño de 2024:

Instalar os equipos recibidos no centro para a aula de informativa.

Revisar os equipos das aulas e actualizar o inventario.

Establecer unha nova proposta de funcionamento do Polo creativo, cunha estructuración horaria adecuada e con profesorado con dispoñibilidade horaria para atender o mesmo. 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital deste curso 2023-2024, de cara a mellora da Comunicación e difusión de actividades estará dispoñible no seguinte enlace:  ligazón ao Plan DIxital