Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Cada unha das accións propostas neste Plan leva asociados uns indicadores específicos, tal e como se pode ver nun punto anterior deste documento, que axudarán a determinar se cada un dos obxectivos propostos acadouse e si é necesario realizar variacións no plantexamento destas accións para que ditas propostas se poidan materializar.
Tal e como se pode ver no apartado dos seguimentos, a evolución do Plan Dixital é favorable. Pouco a pouco imos cumprindo cos obxectivos que nos estamos a propoñer desde o inicio do mesmo. Temos accións xa realizadas, outras en proceso e algunhas que todavía non comezamos a realizar, o cal é vemos normal nas alturas de curso que estamos.
Tal e como se pode ver no apartado dos seguimentos, a evolución do Plan Dixital é favorable. Pouco a pouco imos cumprindo cos obxectivos que nos estamos a propoñer desde o inicio do mesmo. Temos accións xa realizadas, outras en proceso e algunhas que todavía non comezamos a realizar, o cal é vemos normal nas alturas de curso que estamos.
O seguemento e resoluciónd e tarefas pódense ver nos apartados correspondentes. Simplemento tentaremos seguir, en futuras intervencións, avanzando no que se está a facer ben e modificar ou completar aquelas tarefas que quedaran sen rematar ou non saísen como se tiñan plantexadas de inicio.
Avaliación
A avaliación realizarase a través dunha avaliación procesual, que se levará a cabo unha vez ao trimestre e que incluirá a valoración do estado da execución das accións propostas no Plan de Acción.
Asemade, realizarase unha avaliación final unha vez ao ano, coincidindo co final do curso, na que se valorará, entre outros aspectos, o logro dos obxectivos propostos.
O Equipo de dinamización do Plan Dixital elaborará un documento para incluír na memoria final do centro, este documento tamén recollerá propostas de mellora para o seguinte curso.
Poderán terse en conta para a avaliación do Plan Dixital os datos obtidos de futuras aplicacións de SELFIE e o test de competencia dixital docente.
Como valoración xeral do Plan durante o presente curso podemos indicar que foi satisfactorio. Cremos que na maior medida realizamos as actividades ou tarefas que nos propuxemos como obxectivos anuais. Ademais temos en conta o que é máis valioso para nós: a execución do Plan é algo que vemos que é positivo no proceos de ensino - aprendizaxe do noso alumnado.
Como proposta de mellora valoraremos continuar na liña do que está ben e fomentar aqueles cambios que vimos na avaliación do noso proxecto, tanto pola nosa parte como por parte de alumnado e familias.
Comunicación e difusión
No centro existen diferentes estratexias organizativas coordinadas para dinamizar e motivar a difusión das accións formativas, sobre o plan dixital, que se desenvolven dentro e fora das instalacións do propio centro. Ademais, o centro organiza e/ou participa en actividades e eventos de intercambio de coñecemento que impulsan a innovación docente.
Como estratexia para a difusión do Plan Dixital, habilitarase un espazo específico para a súa difusión na web do centro. Durante o inicio do curso adicarase un tempo específico á información e formación sobre o Plan TIC e á acollida de demandas entre o profesorado para desenvolver cantas accións sexan necesarias para impulsalo.
Para coordinar e dinamizar a integración curricular das TICs no Centro promoverase o uso e a elaboración da páxina web e blogue do Centro. Fomentarase a creación e uso de contidos e actividades TICs para integralas na práctica docente. Ademais, darase apoio ao profesorado, principalmente con charlas e accións formativas puntuais acerca do uso correcto dos medios multimedia: reprodutores DVD, cámaras dixitais, tabletas, ordenadores, pantalla dixital, canón proxector, etc. O Equipo Directivo e o coordinador das TICs serán os encargados de dinamizar ditas tarefas.
En relación coa páxina web e blogue do Centro, promoverase a actualización e mantemento da mesma, tanto na parte xeral coma nos espazos de cada departamento. O Equipo Directivo e os coordinadores do Plan encargaranse de asesorar ao profesorado sobre os cursos relacionados coas TICs que ofrece o C.F.R. Así mesmo, encargaranse de informar, ao claustro de profesores, sobre as accións levadas a cabo dentro do Plan Dixital.
A información ao alumnado sobre o Plan realizarase a través do profesorado; elaborarase unha folla informativa que se colocará en cada aula, na que constarán tódolos medios TIC da aula, así coma a forma correcta da súa utilización e o modo de proceder ante posibles incidencias.
A información ás familias realizarase a través do Consello Escolar, a través da ANPA, e aproveitando as reunións xenerais cos pais que se fan temporalmente, nas que o profesorado poderá pasar a información necesaria para as familias, que anteriormente o coordinador deste Plan haberá facilitado a cada un deles. Do mesmo xeito, dita información colocarase na páxina web e blogue do Centro. Os coordinadores do Plan tamén transmitirán a información ao mesmo persoal de administración e servizos pertencente á comunidade educativa.
Este curso a difusión tamén se levará a cabo a través da ligazón pública de EduCalidade.