Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Faremos tres ao longo do curso, unha ao final do primeiro trimestre escolar, outra ao final do segundo trimestre e a última, durante o mes de xuño. En cada unha delas faremos un seguimento de cada unha das accións dos obxectivos previstas para o trimestre anterior. Valoraremos o estado de execución das accións, o análise e a valoración dos resultados e, se é necesario, a modificación dalgunha das accións pendentes e elaboraremos propostas de mellora para as xa rematadas.
A mentora ADIX participará no seguimento deste Plan de xeito continuado.
As accións traballadas durante o primeiro trimestre do curso 23/24 foron:
01PD:
A01.1 Detección do nivel de competencia dixital do alumnado.
A01.2 Emprego progresivo na aula de actividades de aprendizaxe dixitais co obxectivo de incrementar a competencia dixital do alumnado.
O2PD:
A02.1 Detección das incidencias técnicas mais frecuentes do alumnado cos seus equipos E-Dixgal
O3PD:
A05.1 Convocatoria de reunión inicial para presentar o proxecto E- Dixgal e os equipos do alumnado e para explicar as condicións do seu uso.
Durante o segundo trimestre do curso 2023/2024 non se acadaron novos indicadores ou obxectivos do Plan Dixital vixente.
Durante o terceiro trimestre do curso 2023/2024 non se acadaron novos indicadores ou obxectivos do Plan Dixital vixente.
Avaliación
Coincidindo coa segunda avaliación procesual, tamén faremos unha avaliación final dos obxectivos nos que teñamos rematadas as accións previstas para eles.
Durante o mes de xuño, realizaremos a segunda avaliación final na que faremos unha valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora cara ao seguinte curso académico.
No claustro ordinario de final do curso 2023/2024 incluíuse un punto na orde do día relativo á valoración do Plan Dixital. Neste contexto, o coordinador do Plan comunicou que durante o curso non se acadaron os obxectivos propostos no Plan, e que, polo tanto, deberanse tomar medidas ao respecto a partir de setembro, realizando as modificacións oportunas no plan para conseguir acadar os obxectivos.
- Establecer un punto do día no claustro de comezo de curso para valorar a pertinencia e operatividade dos obxectivos actuais do PD.
- Facer unha repartición efectiva dos obxectivos entre os membros do Equipo de Dinamización das TIC do centro.
Comunicación e difusión
A publicación deste documento na web do noso centro educativo e a comunicación ás familias do lugar no que poden atopalo a través das diferentes reunións de inicio de curso e do espazoAbalar, serán as formas de difusión do mesmo. Facilitarase a difusión deste Plan mediante a URL para a consulta do mesmo: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15009071