Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este plan dixital foi elaborado para o IES Monte Carrasco de Cangas (Pontevedra). 

A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e a disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinalan que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
Neste contexto, os centros educativos deben dar resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías da información e  da comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá e facilitar que docentes e alumnado adquiran as competencias necesarias para desenvolverse nun mundo cada vez máis dixitalizado.
A educación debe dar e asegurar a igualdade en todos os eidos e debe revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacarlle o maior proveito ás TIC e aos recursos dixitais, de acordo coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

Este é o marco onde se integra a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

A elaboración do Plan Dixital comeza coa reorganización do equipo responsable de dinamización do Plan Dixital para o curso 2023-2024, que queda conformado por dez membros do claustro con destino definitivo no centro:

·       José Damián Ríos Calvar (Director)

·       Gema Gandón Bernárdez (Xefe de Estudos)

·       Montserrat López Fariña (Secretaria e profesora de Lingua Castelá e Literatura)

·       César Barbolla Benito (Dpto Debuxo. Coordinador do Plan Dixital de Centro)

·       Raquel González Seoane (Dpto Física e Química. Coordinadora Edixgal)

·       Carmen María de las Casas Enríquez (Dpto. Matemáticas)

·       Carlos Camaño Rial (Dpto. de Primeira Lingua Extranxeira Inglés)

·       Ana María Soliño Pérez (Dpto de Bioloxía)

·       Marcos Salgado Rodríguez (Dpto. de Historia)

·       José Pumar Armada (Dpto. de Música)

 

Despois do nomeamento e constitución do equipo de dinamización do Plan Dixital, durante o primeiro trimestre ponse en marcha a fase de diagnose, na que se procede a unha análise da situación actual do centro mediante a revisión das actuacións realizadas en cursos anteriores e a consulta dos datos recopilados inicialmente coas ferramentas de autoavaliación SELFIE e o test CDD. Ambas ferramentas serviron para emitir un informe inicial que amosaba a situación “real” do centro cando se iniciou o Plan Dixital na campaña 2021-2012. Grazas aos resultados destes instrumentos, os equipos anteriores, responsables da dinamización do Plan Dixital, puideron avanzar no coñecemento das competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital e planificaron actividades de formación profesional e persoal enfocadas a mellorar has destrezas dixitais do profesorado do centro.

Seguindo a estela dos compañeiros e compañeiras que conformaron o equipo de traballo o curso pasado, e tendo todo esto en conta, pódense deseñar as liñas de formación a través do PFPP do presente curso; orientadas a profundizar na creación de recursos dixitais abertos e á súa presentación e divulgación a través da páxina web do centro. Por este motivo, imos solicitar formación especializada no manexo das utilidades e ferramentas da interfaz da páxina web do centro.

Durante o primeiro trimestre, o novo equipo responsable de dinamización do Plan Dixital realizará unha análise da situación actual para redefinir ou constatar o seguemento das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. O presente documento, que será sometido á aprobación do claustro o día 30 de outubro, fixa uns obxectivos que serán desenvolvidos no curso 2023-2024.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE

Interno
66 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade F4. Motivación do alumnado. Alumnado Non
Debilidade G5. Autoreflexión sobre a aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade - Dificultades para implicar ao alumnado. Alumnado Si
Debilidade H1. Comportamento seguro. Alumnado Si
Debilidade H3. Comportamento responsable. Alumnado Si
Debilidade H4. Verificar a calidade da información. Alumnado Si
Debilidade H6. Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade H7. Creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade H8. Aprender a comunicarse. Alumnado Non
Debilidade H11. Aprender a codificar ou programar. Alumnado Si
Debilidade - Alumnado con competencias dixitais insuficientes. Alumnado Non
Debilidade C16. Bibliotecas/ repositorios en liña Infraestruturas Non
Debilidade B2. Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Debilidade B4. Sinerxias para a aprendizaxe híbrida. Persoal docente Non
Debilidade E5. Recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Debilidade G1. Avaliación de habilidades. Persoal docente Non
Debilidade G3. Retroalimentación axeitada. Persoal docente Si
Debilidade G5. Autoreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G6. Comentarios a outros/as alumnos/a sobre o seu traballo. Persoal docente Non
Debilidade G8. Documentación da aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade G10. Avaliación das habilidades desenvolvidas fóra do centro. Persoal docente Non
Debilidade H3. Comportamento responsable. Persoal docente Si
Debilidade H4. Verificar a calidade da información. Persoal docente Non
Debilidade B1. Avaliación do progreso Persoal docente Non
Debilidade E2. Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade G9. Emprego de datos para mellorar a aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade H1. Comportamento seguro. Persoal docente Non
Debilidade H6. Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais. Persoal docente Non
Debilidade H7. Creación de contidos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade H13. Resolver problemas técnicos. Persoal docente Si
Debilidade H8. Aprender a comunicarse. Persoal docente Non
Debilidade H11. Aprender a codificar ou programar. Persoal docente Non
Debilidade Dificultades para implicar ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade TEST CDD: O 32% do profesorado presenta un nivel de explorador (A2) Persoal docente Si
Fortaleza F3. Fomento da creatividade. Alumnado Si
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa. Alumnado Non
Fortaleza F5. Colaboración/cooperación do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza F6. Proxectos interdisciplinares. Alumnado Si
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa. Familias Non
Fortaleza C2. Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza C3. Acceso a Internet. Infraestruturas Si
Fortaleza C8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza C10. Dispositivos para o alumnado Infraestruturas Si
Fortaleza C1. Infraestrutura. Infraestruturas Si
Fortaleza C5. Asistencia técnica. Infraestruturas Si
Fortaleza C15. Tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Non
Fortaleza Factores positivos para a aprendizaxe mixta: -O profesorado participa en programas de desenvolvemento profesional. Oferta Non
Fortaleza C12. Fenda dixital: apoio para abordar retos. Oferta Non
Fortaleza D1. Necesidades de FPP. Oferta Non
Fortaleza Factores positivos para a aprendizaxe mixta: -O centro educativo ten acceso a recurso dixitais en liña ben organizados. Oferta Non
Fortaleza D2. Participación na FPP. Oferta Non
Fortaleza A2. Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza Factores positivos para a aprendizaxe mixta: -O centro educativo ten unha comunicación regular e ben organizada -O centro educativo ten experiencia no uso de ambientes de aprendizaxe mixta. Organización de centro Si
Fortaleza D3. Intercambio de experiencias. Organización de centro Si
Fortaleza C14. Espazos físicos. Organización de centro Non
Fortaleza C11. Fenda dixital: medidas para identificar retos. Organización de centro Non
Fortaleza G7. Avaliación dixital. Organización de centro Non
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa. Organización de centro Si
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E2. Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza F3. Fomento da creatividade. Persoal docente Si
Fortaleza F5. Colaboración/cooperación do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza E3. Uso de contornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza F6. Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza F1. Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
66 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4. Tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Si
Ameaza Factores que limitan o uso das tecnoloxías: - Falta de tempo para o profesorado. Administración educativa Si
Ameaza Factores que limitan o uso das tecnoloxías: - Profesorado con competencias dixitais insuficientes. Administración educativa Si
Ameaza Factores negativos para a aprendizaxe mixta: - O profesorado carece de tempo para desenvolver material para a aprendizaxe. Administración educativa Si
Ameaza Factores negativos para a aprendizaxe mixta: - O profesorado carece de tempo para dar retroalimentación ao alumnado. Administración educativa Non
Ameaza Falta de asistencia técnica periódica e regular de persoal cualificado. Administración educativa Non
Ameaza Factores negativos para a aprendizaxe mixta: - Acceso limitado do alumnado a unha conexión estable de internet. Contorna Non
Ameaza Factores negativos para a aprendizaxe mixta: - Baixa competencia dixital das familias. Contorna Non
Ameaza - Falta de dispoñibilidade de horario lectivo das persoas coordinadoras Plan Dixital e EDIXGAL Lexislación Si
Oportunidade Factores positivos para a aprendizaxe mixta: -O centro educativo ten unha estratexia dixital. Rede Edixgal Administración educativa Si
Oportunidade -As familias demandan asesoramento para un comportamento seguro en Internet ANPA Non
Oportunidade -O Plan Dixital de Centro Lexislación Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción .

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar o uso da páxina web do centro como ventana de comunicación e divulgación das actividades realizadas no centro.
O02PD Aumentar a creación de recursos dixitais abertos
O03PD Profundizar no uso das tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación co alumnado.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:

- Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Unha avaliación final ao rematar o curso académico. Os aspectos a considerar incluirán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

- Farase un seguemento do Plan Dixital con reunións periódicas co mentor ADIX.

1º Trimestre

Se desenvolveu con normalidade. 

Despois de reunirme co coordinador ADIX asignado o meu centro e concretar os obxectivos marcados para este curso, formouse un grupo de Traballo; estableceuse un calendario de traballo; asináronse ámbitos de actuación e acordouse solicitar formación ó CFR de Vigo no tocante o manexo da interface páxina web do centro. A formación, deberá estar orientada no aprendizaxe e coñecemento das súas utilidades e no funcionamento básico das ferramentas de edición dispoñibles.

 

2º Trimestre

Se desenvolveu casi con total normalidade pero tivemos que facer axustes no calendario de implementación de algunhas actividades que foron programadas antes de saber como e cando poderíamos recibir a formación no funcionamento básico das ferramentas de edición dixital da interface da web do centro.

Despois de reunirme co coordinador ADIX asignado o meu centro, comentarlle o caso e supervisar o seguemento dos obxectivos marcados para o primiero trimestre deste curso, confirmamos co CFR de Vigo a disponibilidade da relatora, Carmen Villamarín, para concertar novas datas para as sesións de formación en Drupal 6. Mentres agardamos unha resposta subimos as programacións dos diferentes departamentos na web do centro e comenzamos a crear novas publicacións para actualizar a información divulgada a través da web.

Durante o segundo trimestre, comenzamos a traballar na creación de recursos educativos abertos (REA), centrando os nosos esforzos en configurar un proxecto interdisciplnario entre os departamentos de Xeografía e Historia, Tenoloxía e Debuxo. Creamos un portafolio en Agueiro para desenvolver as distintas fases do proxecto e traballar en equipo na creación de recursos dixitais adaptados ao aprendizaxe da edición e deseño de videoxogos coa ferrameta Scratch 3.0.

Recibimos duas sesións de formación en edición e post-produción coa cámara de video 360º, a cargo de Luz Beloso.  

Supervisamos que o equipo docente emprega, de maneira regular, as clases creadas en Edixgal para participar na organización do centro e nas actividades programadas para mellorar a convivencia do alumnado.

3º Trimestre

Se desenvolveu con normalidade. Finalmente, desfrutamos de duas sesións de formación en Drupal 6 e aprendimos o necesario para cambiar significativamente o deseño da páxina web do centro. Ademais, incrementamos as publicacións sobre as actividades desenvolvidas este curso e acadamos un bo nivel de participación de todo o profesorado do centro, que participou estreitamente para reactivar o portal web e convertilo nun espacio útil e actualizado.

Despois de reunirme co coordinador ADIX asignado o meu centro e concretar os pasos a seguir para subir a información necesaria sobre o Plan de Dixitalización de Centro na aplicación de Educalidade, rematamos de configurar o proxecto "A viaxe do Capitán", que inclue varios REA e actividades que favorecen o desenvolvemento das competencias dixitais do alumnado, e puxémolo na práctica co alumnado de 4º da ESO.

Supervisamos que, durante o presente curso, o equipo docente empregou, de maneira regular, a aplicación de Edixgal para traballar co alumnado das súas materias e facer o seguemento, a distancia, dos alumnos e alumnas que por algún motivo xustificado faltaron ás clases.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:
- Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha avaliación final ao rematar o curso académico. Os aspectos a considerar incluirán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
- O estado da avaliación quedará reflectido nas actas das reunión periódicas co mentor ADIX.

Valoración xeral

O plan de dixitalización do centro serviu para transformar a experiencia educativa tanto para o profesorado como para os estudantes do noso centro. A formación do profesorado en destrezas dixitais foi un eixo fundamental, xa que empodera os docentes coas ferramentas e habilidades necesarias para integra-la tecnoloxía de maneira efectiva na súa práctica pedagóxica. Este compoñente asegura que os profesores non só se adapten ás demandas actuais, senón que tamén lideren o cambio cara a unha educación máis moderna e dinámica.

A creación de recursos educativos abertos (REA) foi outro piar crucial do plan. Estes recursos non só enriqueceron o contido dispoñible para os estudantes, senón que tamén fomentaron unha cultura de colaboración e de compartir coñecemento, permitindo que materiais de alta calidade estean accesibles para todos.

O uso activo da aula virtual Edixgal permitiu aproveitar todo o seu potencial para mellorar a interacción e o seguimento do progreso estudantil. Esta plataforma facilitou a personalización da aprendizaxe e ofreceu múltiples ferramentas para un ensino máis interactivo e eficaz.

Finalmente, manter actualizada a web do centro resultou esencial para a comunicación e a transparencia. Unha web dinámica e actualizada reflicte a vitalidade do centro e mantén informada á comunidade educativa sobre eventos, noticias e recursos dispoñibles.

En conxunto, as actividades programadas durante este curso no plan de dixitalización axudaron ao profesorado a dar un paso mais cara á modernización educativa e a preparación dos nosos estudantes para os desafíos do futuro dixital.

Proposta de mellora

Para o próximo curso, propoñemos varias melloras que aseguren a continuidade e o crecemento do plan de dixitalización do centro. En primeiro lugar, é crucial manter a web do centro actualizada. Suxerimos establecer un equipo de comunicación encargado da actualización regular de contidos, eventos e recursos, asegurando así que a comunidade educativa estea sempre informada e conectada.

A formación continua do profesorado en competencias dixitais debe seguir sendo unha prioridade. Recomendamos ofrecer obradoiros avanzados e personalizados que respondan ás necesidades específicas dos docentes, incluíndo formación en novas xeramentas e metodoloxías dixitais emerxentes.

O uso da aula virtual de Edixgal demostrou ser moi beneficioso; por iso, propoñemos ampliar a súa integración mediante a implementación de estratexias pedagóxicas innovadoras e a creación de módulos interactivos que fomenten unha aprendizaxe máis participativo e autónomo.

Finalmente, é esencial seguir ampliando os recursos educativos abertos (REA). Para iso, suxerimos a creación dun repositorio colaborativo onde os docentes poidan compartir e acceder a materiais didácticos de alta calidade. Fomenta-la colaboración entre profesores de diferentes disciplinas e niveis educativos pode xerar unha base de recursos máis diversificada e útil para todos.

Estas propostas buscan non só manter, senón tamén mellorar e amplia-las iniciativas actuais, asegurando unha evolución constante e significativa na dixitalización educativa do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será publicado na web do centro.