Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CPR PLurilingüe Eduardo Pondal (https://eduardopondal.com/) é unha cooperativa de ensino situado en Seixo 31, Darbo, no municipio de Cangas do Morrazo. Actualmente imparte ensinanzas de Educación Infantil (0 a 6 anos), Educación Primaria e ESO, en réxime de concerto coa Consellería de Educación. Contamos así mesmo, con dúas aulas de Educación Especial e unha aula de Audición en Linguaxe máis Pedagoxía Terapeutica. Actualmente hai matriculados 405 alumnos e alumnas en total (78 en Infantil, 176 en Primaria e 151 en Secundaria). O número de profesorado é de 42.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O profesorado asumiu de xeito voluntario a participación na elaboración dos distintos documentos segundo os seus ámbitos de coñecemento e interese. Tamén se intentou que as distintas etapas educativas estén presentes en cada grupo de traballo.

Combinamos as ferramentas propostas desde os equipos de apoio da consellería de Educación (Enquisas, plantillas, análisis DAFO(ANEXO I), SELFIE(ANEXO II)…) con enquisas de elaboración propia para ter en conta as particularidades de cada etapa ou departamento a hora de decidir os obxectivos e accións. 

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C7. Pouca conciencia da necesidade do respecto ás licenzas. Infraestruturas Si
Debilidade C1.Tendencia ao uso do Software non libre. Infraestruturas Si
Debilidade A4 OP. Exceso de carga de traballo para os docentes. Organización de centro Si
Debilidade G8 OP. Intentos aillados. Organización de centro Si
Debilidade E2.Espazo de intercambio de información por medios informais. Persoal docente Si
Debilidade D1. Falta de tempo para compartir de xeito sistemático. Persoal docente Si
Debilidade D1.Iniciativas individuais. Persoal docente Si
Debilidade F3.Uso activo pero non creativo. Persoal docente Si
Debilidade D1. Baixa oferta e demanda para a formación do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade E2.Espazo de intercambio de información por medios informais. Persoal docente Si
Debilidade G5.Intentos aillados. Persoal docente Si
Fortaleza C13 OP. Equipos Edixgal Alumnado Si
Fortaleza H12.Uso de plataformas, recursos dixitais¿ Alumnado Si
Fortaleza E4.Implicación total das familias. Familias Si
Fortaleza C2.Familias con acceso á tecnoloxía. Familias Si
Fortaleza C5. Dispoñibilidade das persoas responsables. Infraestruturas Non
Fortaleza C2.Edixgal. Infraestruturas Si
Fortaleza C2.Familias con acceso á tecnoloxía. Infraestruturas Si
Fortaleza A3.Centro SEM Infraestruturas Si
Fortaleza A3.Centro SEM Oferta Si
Fortaleza A3.Educación Obligatoria. Oferta Non
Fortaleza A1.Buena coordinación entre equipos docentes de las distintas etapas educativas. Organización de centro Si
Fortaleza A1.Edixgal obriga ao profesorado a coordinarse. Organización de centro Si
Fortaleza B3. Reunións sistemáticas entre persoas coordinadoras. Persoal docente Non
Fortaleza F6.Centro SEM Persoal docente Si
Fortaleza A3.Centro SEM Persoal docente Si
Fortaleza A3.Edixgal, Etwining prácticas variadas. Persoal docente Si
Fortaleza F1.Adaptación as diferentes preferencias e ferramentas segundo o profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza B3. Pertenza a diferentes grupos de Whatsapp relacionados no ámbito docente Persoal docente Non
Fortaleza ¿B3. Pertenza a Rede de escolas asociadas a UNESCO, Etwining e o de Blibliotecas Escolares. Persoal docente Non
Fortaleza A3. Formación por medio de Edixgal. Persoal docente Non
Fortaleza A3.Intercambio de información informal entre o profesorado Persoal docente Non
Fortaleza E2.Moitas iniciativas individuais. Persoal docente Non
Fortaleza Persoal non docente fixo. Persoal non docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza E4. Pouca implicación por parte del ANPA ANPA Non
Ameaza A5 OP. Pouca conciencia da necesidade do respecto ás licenzas. Lexislación Si
Oportunidade Concierto e Edixgal. Administración educativa Non
Oportunidade C. Apoio a nosa acción/filosofía educativa Administración educativa Non
Oportunidade E4. Pouca implicación por parte del ANPA ANPA Non
Oportunidade E4. Clase media e familias comprometidas coa formación. Contorna Non
Oportunidade Os aspectos competencias sintonizan coa nosa filosofía. Lexislación Non
Oportunidade Xénero, Asuntos Sociais... Lexislación Non
Oportunidade B3.Pertenza a Rede de escolas asociadas a UNESCO, Etwining e o de Blibliotecas Escolares. Outras Non
Oportunidade B3.Concello, Fundación Barrié, UNESCO, Galiciencia. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A recollida dos datos obtidos tanto no cuestionaro SELFIE(ANEXO II) como na Análise DAFO(ANEXO I) serviron para redactar cada un dos obxectivos do Plan Dixital.

Tendo em conta os resultados presentados o Equipo do Plan Dixital elaborou os obxectivos do seguinte apartado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD DESENVOLVER A ESTRATEXIA CO PROFESORADO
O02PD AVALIAR A IMPLEMENTACIÓN E VALIDEZ DO PLAN DIXITAL
O03PD PROVER DE DISPOSITIVOS DIXITAIS
O04PD FORMAR AO PROFESORADO EN FERRAMENTAS DIXITAIS E DOTALO DUN XEITO FACTIBLE DE COMPARTIR COÑECEMENTOS.
O05PD CREAR, ALMACENAR E USAR MATERIAIS DIXITAIS ADAPTADOS ÁS NECESIDADES DO ALUMNADO.
O06PD FOMENTAR UN USO SEGURO E RESPONSABLE DOS DISPOSITIVOS.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será:

 

  • Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • Unha avaliación final ao finalizar o curso académico no que se valorará tanto a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

  • Seguimento por parte do asesor ADIX a través de reunións periódicas.

1º Trimestre

PROGRESO DOS OBXECTIVOS E ACCIÓNS DO 1o TRIMESTRE:

O01PD: Desenvolver a estratexia co profesorado - ACADADO

A01.1: Creación dunha infografía cos puntos máis importantes - Acadado

O02PD: Avaliar a implementación e validez do Plan Dixital - PENDENTE

AO2.1: Elaboración dunha enquisa sobre conciencia e hábitos dixitais para o profesorado - Pendente

AO2.2: Reenvío do mesmo formulario ao remate do curso- Pendente

O03PD: Prover de dispositiovos dixitais  - PARCIALMENTE

AO3.1: Reunión para valorar a necesidade de dispositivos en 3º e 4º de Primaria - Acadado

AO3.2: Rehabilitación da sala de informática - Parcialmente 

AO3.3: Instalación de 8 de pantallas dixitais interactivas - Acadado

O06PD: Fomentar un uso seguro e responsable dos dispositivos - Parcialmente

Obxectivo acadado parcialmente, xa que a AO6.2 é para o 3er trimestre.

AO6.1: Establecer e configurar o control parental no router principal do centro - Acadado 

 

2º Trimestre

PROGRESO DOS OBXECTIVOS E ACCIÓNS DO 2o TRIMESTRE:

Ningún obxectivo está redactado para acadalo no 2º trimestre.

 

3º Trimestre

PROGRESO DOS OBXECTIVOS E ACCIÓNS DO 3ER  TRIMESTRE:

O04PD: Formar ao profesorado en ferramentas dixitais e dotalo dun xeito factible de compartir coñecementos- Acadado

AO4.1: Formación para acreditación da Competencia Dixital docente do B1 - Acadado

AO4.2: Elaboración dun banco de recursos apropiadas para as distintas áreas. Atoparase nos ordenadores das tres titorías (INFANTIL, PRIMARIA E ESO)- Acadado

O05PD: Crear, almacenar e usar materiais dixitais adaptados ás necesidades do alumnado - Acadado

AO5.1: Reunións periódicas para definir necesidades e obxectivos adaptados a cada alumno/a - Acadado

AO5.2: Elaboración dunha listaxe con directrices de adaptacións dos materiais - Acadado

AO5.3: Creación dun espazo virtual para compartir actividades recursos...segundo cursos e áreas. - Acadado

O06PD: Fomentr un uso seguro e responsable dos dispositivos - Acadado

AO6.2: Establecer e configurar o control parental nos ordenadores de EDIXGAL do alumnado - Acadado

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

 

O Plan Dixital do Centro para o curso 2023-24 foi deseñado co obxectivo de implementar e mellorar a integración das tecnoloxías dixitais na práctica educativa, promovendo unha educación máis interactiva e adaptada ás necesidades actuales de todo o  alumnado. Para iso temos en conta tres liñas de traballo:

1. Formación do profesorado: Todo os profesores/as do noso centro están en continua formación dixital, a trevés de cursos e talleres como por exemplo, Polos Creativos, a formación de Competencia Dixital...

2. Seguridade e privacidade: Garantir un uso seguro das tecnoloxías, sensibilizando ao alumnado sobre os riscos da Internet e implementando medidas de protección de datos. Este obxectivo foi clave este curso, que aínda que estea acadado, consideramos que é preciso seguir dando pasos hacia diante de cara ao curso que ven.

3. Fomento da Competencia Dixital no alumnado: Potenciar as competencias dixitais dos alumnos/as a través de actividades específicas e o uso diario das tecnoloxías na aula. Desta maneira, tamén curricularizamos a integración da  dixitalización dos reursos na aula.

 

 

Proposta de mellora

De cara ao curso 24-25, considérase seguir pola mesma línea de traballo, centrándonos na formación continua do profesorado, a Competencia Dixital do alumnado e mellorar a seguridade e a privacidade de todos os dispositivos dixitais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para que tódolos obxectivos se leven a cabo, o/a coordinador/a xunto co seu equipo do Plan dixital presentarán dito documento ao Claustro e ao Consello Escolar. O seguinte paso será elaborar unha infografía coa información, obxectivos e accións máis importantes para o equipo docente, os cales deberán ter en conta á hora de planificar a Programación Xeral e tamén ao deseñar os proxectos e actividades para o curso. Por outra banda, o Plan Dixital deberá ser subido a páxina web do colexio(https://eduardopondal.com/).

Neste curso 2023/24 o Plan Dixital foi apobado polo Consello Escolar o 11 de outubro, ademáis tal documento foi aprobado polo Claustro o 24 de outubro.