Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. INTRODUCIÓN

1.1. Datos básicos do centro

Denominación: CEIP de Valeixe, As Touzousas – A Cañiza (Pontevedra)

Código: 36014945

Páxina do centro: www.edu.xunta.gal/centros/ceipvaleixe/

Correo electrónico: ceip.valeixe@edu.xunta.gal

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución do PD ao Proxecto Educativo de Centro

O CEIP de Valeixe está situado nunha zona rural sen desenvolvemento industrial nin económico. A maior parte dos residentes adícanse ás labores propias da agricultura e gandería. Esta falta de industria que sinalo, provoca que os habitantes teñan emigrado a zonas con maior empregabilidade. Os que non marcharon, en moitos casos, dependen do transporte público ou privado para o desprazamento aos seus lugares de traballo. As familias do noso centro son familias traballadoras adicadas a unha variedade de tarefas: agricultura e gandería, autónomos con empresa propia, mestres, hosteleros, transporte, servizos públicos, etcétera. Nos últimos tempos dánse movementos da poboación que provocan fluctuacións no número do alumnado, resultando polo de agora un incremento baixo pero constante da nosa matrícula.

 

O noso centro conta cun Proxecto Educativo que precisa ser renovado. É o documento pedagóxico que recolle a identidade, obxectivos e organización do centro para respostar de xeito eficaz ás necesidades da nosa realidade. Por este motivo o Plan Dixital será deseñado para aumentar a competencia dixital do profesorado e do alumnado especialmente tendo en conta as características da nosa comunidade educativa e o seu punto de partida.

O Plan Dixital que presentamos parte das necesidades formativas e de recursos tecnolóxicos do centro cos seguintes obxectivos xerais:

· contribuir á mellora e actualización do equipamento dixital

· actualización do profesorado

· inclusión de recursos dixitais á practica educativa que incidan de xeito positivo na competencia dixital do alumnado.

A Programación Xeral Anual - PXA - é o documento de planificación do curso que é elaborado no seu inicio. Polo tanto, o citado Plan Dixital será incluído na PXA do vindeiro curso 23-24 e marcará as liñas de actuación do profesorado para a posta a punto do establecido nel, e as pautas de avaliación e mellora para futuras versións que den unha resposta máis axustada ás necesidades e realidades que viviremos durante a súa posta en práctica.

 

1.3. Breve xustificación do mesmo

A continuación relaciónanse as referencias normativas que basean a necesidade, deseño e elaboración do Plan de Dixital do CEIP de Valeixe:

 

Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

1.4. Proceso de elaboración

 

O CEIP de Valeixe conta cunha matrícula de 36 alumnos e alumnas no presente curso e un claustro de 4 mestras a xornada completa no centro máis catro itinerantes (Relixión, Orientación, Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe).

Por este motivo a totalidade do claustro que traballa a tempo completo no centro, forma parte do Equipo de Dinamización Dixital participando nos pasos previos e no deseño e elaboración do presente documento.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregamos para a recollida informe SELFIE, Test CDD e DAFO.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade · Necesidade de adaptar as aulas e dotalas de recursos de cara á nova realidade dixital · Necesidade de mellorar a conexión Wifi para ter acceso dende todos os espazos · Falta de ferramentas dixitais para o correcto desenvolvemento do Plan Dixital de Centro Infraestruturas Si
Debilidade Grupos mixtos de tres niveis. Pouco profesorado e pouca dispoñibilidade horaria para o que conleva este traballo (asociado á sobrecarga administrativa e burocrática) Organización de centro Si
Debilidade Necesidade de ampliar a formación relacionada co ámbito da docencia directa Persoal docente Si
Fortaleza Predisposición positiva Alumnado Si
Fortaleza Apoio e colaboración das familias favorecido polo ambiente familiar do centro Familias Si
Fortaleza Cohesión e actitude positiva da totalidade do claustro e itinerantes Persoal docente Si
Fortaleza Motivación destacada de cara á proposta Persoal docente Si
Fortaleza Actitude positiva de cara ao cambio Persoal docente Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo nos horarios docentes para a inclusión dun novo aspecto como é o novo ensino dixital que se pretende Administración educativa Si
Ameaza Sobrecarga de traballo burocrático con prazos moitas veces desequilibrados, que mesmo inclúe a solicitude de plans de acción ou documentación en exceso, en pouco tempo Lexislación Si
Oportunidade Interese polo cambio metodolóxico coa incorporación do PDC Administración educativa Si
Oportunidade Boa predisposición ANPA Non
Oportunidade Creación do Plan Dixital de Centro Lexislación Si
Oportunidade Apoio, asesoramento e motivación prestados pola asesoría ADIX Outras Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

2. Situación de partida

2.1. Servizos dixitais e mantemento dispoñible

 

O CEIP de Valeixe comeza a dispoñer de recursos bo estado, se ben, precísase a renovación ou nova adxudicación en certos espazos coma a Sala de Mestres, Despachos de Dirección e Orientación, Aula de PT, Biblioteca ou Aula de Música.

  • O despacho de dirección conta cun equipo que leva en funcionamento dous cursos. No momento da revisión e aprobación deste plan, o devandito equipo está pendente de renovación por falta de funcionamento. Salientable a súa relevancia ao contar o centro cun equipo directivo unipersoal.

  • No despacho de Orientación e Sala de Mestres, os equipos están moi envellecidos, cun mal rendemento e sen periféricos básicos. Mesmo se deu de baixa unha das dúas unidades existentes que non foi renovada pola UAC a pesares de ter feita a comunicación e solicitude correspondente.

  • Na aula de Informática os computadores dos que dispoñemos foron unha doazón do Centro de Formación e Recursos hai xa seiscursos. Esta doazón tivo lugar debido pola falta de recursos actualizados durante a realización dun PFPP de Robótica.

  • Só hai un aula que dispoña de computador actualizado e funcional (aula do Grupo A). O aula do Grupo B dispón dun PC totalmente obsoleto que continuamente presenta problemas. O resto de aulas (Infantil, AL, Apoio, Música e Psicomotricidade), están empregando portátiles en préstamo por parte do devandito CFR.

  • Na Biblioteca a situación é similar: existe un PC obsoleto e toda a xestión estase a facer cun portátil de préstamo.

  • Na Aula de Música non hai existencias de PC/portátil nin pantalla dixital ou PDI.

  • Na Aula de PT instalouse unha PDI das que se retiraron das aulas onde agora dispomos de pantallas dixitais. As outras dous PDIs intaláronse na Aula de Inglés e Biblioteca. Agora mesmo están pendentes dos accesorios precisos para o seu correcto funcionamento como PDI (e non só como pantallas de proxección).

  • Na Aula de Inglés tampouco hai un PC/portátil en uso. Ao igual que noutros espazos (PT, Infantil...), estase a empregar un computador de préstamo.

 

O mantemento destes equipos corresponde á UAC. Non sempre que se solicita intervención esta lévase a cabo pero hai equipos que non soportan un emprego a nivel usuario e que supoñen máis investimento en reparacións que na utilidade que realmente ofrecen.

 

No último curso foron dados de baixa 7 PCs en total. Unha vez cursada a solicitude á UAC foi denegada por falta de recursos.

Tal e como se sinalaba antes, neste momento, o computador destinado ao traballo administrativo e de xestión de centro non está operativo, quedando á espera da súa renovación. Esta foi solicitada por escrito no seu momento e posteriormente fíxose unha comunicación por Rexistro Electrónico a AMTEGA.

 

O centro dispón de dous IPAD que funcionan a pleno rendemento. Ambos foron unha nova doazón do noso CFR.

Tamén contamos con tres tabletas Android en préstamo por parte da Asociación ANEPA (con sé en A Cañiza), e unha tableta Samsung adquirida con fondos do centro durante o curso pasado.

 

En relación á formación e programas de innovación podemos sinalar que nos últimos cursos vímonos inmersos no Programa de Robótica en Educación Primaria. Esta experiencia brindounos novas aprendizaxes e experiencias (para alumnado e profesorado), e a posibilidade de adquirir robots como BeeBot, BlueBot, Escornabot e mesmo unha impresora 3D.

 

En relación ao uso de plataformas e servizos dixitais hai anos que se actualiza a páxina do centro e a canle de Instagram (esta máis recentemente), e existen blogues de aula. No relacionado coa Aula Virtual, nela recollíanse os materiais das actividades de formación do profesorado. Dende o confinamento do ano 2.020 doutouse a todo o alumnado do centro do seu usuario e contrasinal para o acceso aos recursos contidos nela. O profesorado xa ten costume no uso de aplicacións como CiscoWebex ou Agüeiro. AbalarMóbil converteuse na aplicación principal de uso para comunicación coas familias do centro, por parte do centro. O 75% do profesorado ten instaladas as aplicacións AbalarMóbil e AbalarPro nos seus dispositivos móbiles co fin de axilizar a comunicación oficial coas familias e facilitar a xestión de titorías e xustificación de faltas.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Acadar a mellora do equipamento dixital do centro
O2PD Iniciar o emprego da Aula Virtual do centro en todos os niveis educativos
O3PD Introducir o emprego dos recursos tecnolóxicos do centro en todos os niveis educativos

Seguimento

Procedemento

4. AVALIACIÓN DO PLAN DIXITAL

Para a elaboración deste plan partiuse dunha avaliación inicial coa correspondente recollida de datos e suxestións por parte do claustro e o noso Mentor Adix correspondente.

Á fase de seguimento do desenvolvemento do contido será obxecto dunha avaliación procesual que permitirá realizar os axustes oportunos nun curto período de tempo.

Na fase final farase unha recollida de información que derivará nunha avaliación final da que se concluirán o grao de cumprimento dos obxectivos e as propostas de mellora preciasas.

 

4.1. Seguimento do Plan de Acción. Avaliación procesual

A avaliación do proceso (avaliación procesual), fai referencia ao seguimento da posta en práctica do exposto neste plan e da consecución dos obxectivos sinalados.

O seguimento levarase a cabo trimestralmente por parte do claustro e valoraranse os seguintes aspectos:

- Estado da execución das accións

- Análise das dificultades atopadas

- Análise e valoración de resultados

- Posibles modificacións das accións

- Propostas de mellora

 

4.2. Propostas de mellora (revisión)

Na finalización do vindeiro curso farase unha avaliación final da que se extraerá información sobre os seguintes aspectos:

- Análise do grao de consecución dos obxectivos.

- Dificultades atopadas.

- Propostas de mellora e posibles modificacións precisas.

- A adecuación e axuste do contido do Plan Dixital de centro á nosa realidade.

- A adecuación e suficiencia dos recursos dispoñibles (persoais e materiais).

Para a realización desta avaliación final utilizaranse e elaboraranse os materiais que se consideren máis oportunos (cuestionarios, fichas de recollida de datos, etc…) e os resultados reflectiranse na memoria correspondente.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

4. AVALIACIÓN DO PLAN DIXITAL

Para a elaboración deste plan partiuse dunha avaliación inicial coa correspondente recollida de datos e suxestións por parte do claustro.

A fase de seguimento do desenvolvemento do contido será obxecto dunha avaliación procesual que permitirá realizar os axustes oportunos nun curto período de tempo.

Na fase final farase unha recollida de información que derivará nunha avaliación final da que se concluirán o grao de cumprimento dos obxectivos e as propostas de mellora preciasas.

 

4.1. Seguimento do Plan de Acción. Avaliación procesual

A avaliación do proceso (avaliación procesual), fai referencia ao seguimento da posta en práctica do exposto neste plan e da consecución dos obxectivos sinalados.

O seguimento levarase a cabo trimestralmente por parte do claustro e valoraranse os seguintes aspectos:

Estado da execución das accións

Análise das dificultades atopadas

Análise e valoración de resultados

Posibles modificacións das accións

Propostas de mellora

 

4.2. Propostas de mellora (revisión)

Na finalización do vindeiro curso farase unha avaliación final da que se extraerá información sobre os seguintes aspectos:

Análise do grao de consecución dos obxectivos.

Dificultades atopadas.

Propostas de mellora e posibles modificacións precisas.

A adecuación e axuste do contido do Plan Dixital de centro á nosa realidade.

A adecuación e suficiencia dos recursos dispoñibles (persoais e materiais).

Para a realización desta avaliación final utilizaranse e elaboraranse os materiais que se consideren máis oportunos (cuestionarios, fichas de recollida de datos, etc…) e os resultados reflectiranse na memoria correspondente.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

5. DIFUSIÓN DO PLAN DIXITAL

A falta de elaboración dun Plan de Comunicación propio, a publicidade e difusión deste documento seguirá a seguinte orde:

Presentación e aprobación en sesión de Claustro.

Presentación e aprobación en sesión de Consello Escolar.

- Publicación na páxina web do centro.

- Comunicación a través da aplicación institucional AbalarMóbil

  • da existencia deste novo plan,

  • da publicación na páxina do centro,

  • da dispoñibilidade física do devandito documento no despacho de dirección para a súa consulta por parte dos distintos membros da comunidade educativa, previa petición ao centro (por cuestións organizativas de horarios de atención).

 

Documento presentado e aprobado en Claustro con data: 3 de outubro, 2.023.

Documento presentado e aprobado en Consello Escolar con data: 31 de outubro, 2.023.