Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Contextualización do Plan Dixital no centro.

O centro consta de dous edificios. O primeiro situado no centro urbano da Estrada, dedicado a Educación Infantil e Educación Primaria, e o segundo en Santa Baia de Matalobos, na zona rural, a 2 Km do centro urbano da vila, dedicado a Educación Secundaria Obrigatoria. Nos terreos onde se atopa o edificio da ESO contamos cunhas instalacións de máis de 22.000 m2, con zona deportiva, horta escolar,  invernadoiro e zona recreativa con carballeira e árbores autóctonas. 

No colexio existe alumnado que reside tanto no centro da vila como na zona rural. As características socioeconómicas e culturais das familias son moi variadas. 

O Plan Dixital enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe coma no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar co desenvolvemento integral do alumnado. É un instrumento integrado no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual. Ademais, é imprescindible dotar ao plan dun enfoque de centro sobre o uso  dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, de modo que se converta nun proxecto compartido por toda a comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. 

A finalidade do noso centro educativo é optimizar o desenvolvemento integral do alumnado e preparalo para a sociedade actual. En consecuencia, a propia organización do centro vai mellorando a través da práctica e da reflexión, así como das relacións establecidas co entorno. O Plan Dixital encaixa no contexto institucional máis amplo, que vén recollido nos documentos como o Proxecto Educativo de Centro, e ambos documentos están en total consonancia e son complementarios. 

O Plan Dixital estará integrado na Programación Xeral Anual do curso 2023-2024, no que estarán especialmente detalladas as tarefas marcadas polo Plan de Acción elaborado no presente plan. 

 

2. Breve xustificación


   Marco lexislativo:

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nos anteriores artigos ven recollido que: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o Plan Dixital, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

O Plan Dixital recolle as accións a desenvolver para mellorar a competencia dixital do centro. Tendo en conta o mundo no que vivimos, é necesario abordar a tecnoloxía desde unha perspectiva máis global. Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizados. Polo tanto, os centros educativos deben dar resposta a esas necesidades para poder formar persoas cidadás do futuro, coas competencias necesarias para desenvolverse nun entorno dixitalizado. É necesaria unha transformación dos sistemas de educación e formación que garantan a adquisición de competencias dixitais e que permitan aproveitar as oportunidades. Por outra parte, as organizacións educativas necesitan revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación e dos recursos educativos dixitais.

Mediante o Plan Dixital, pretendemos:

    • Avaliar a situación do centro educativo con relación ao uso das tecnoloxías nos distintos elementos clave das Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.
    • Recoñecer o Plan Dixital como un recurso clave para a planificación da estratexia dixital do centro. 
    • Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo dixitalmente competente. 
    • Desenvolver unha cultura dixital na comunidade educativa. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - O alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. (S) - O alumnado non emprega a tecnoloxía para facer actividades creativas. (S) Alumnado Non
Debilidade - Pouca competencia dixital das familias. - Pouco seguimento do uso no ámbito familiar das tecnoloxías do alumnado. Familias Non
Debilidade - Conexión a internet pouco estable e asistencia tardía cando se require. - Precísase actualización de certos dispositivos e mantemento dos mesmos. - Non existen repositorios en liña xestionados polo propio centro que conteñan materias de ensinanza aprendizaxe. - A asistencia técnica cando aparecen problemas coas tecnoloxías dixitais é tardía en moitos casos. (P) Infraestruturas Non
Debilidade - Existe una estratexia dixital aínda que pouco desenvolta. - Tempo insuficiente do docente para explorar as tecnoloxías dixitais, xestión de repositorios e trasladar á aula os cambios metodolóxicos. - Non existe una colaboración con outros centros ou entidades. - Insuficiente participación en proxectos interdisciplinares. Organización de centro Non
Debilidade - O persoal docente non emprega, ou emprega pouco, as tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. (S) - Non se empregan ou se empregan pouco as tecnoloxías para facilitar retroalimentación ao alumnado. (S) - Non se empregan ou se empregan pouco as tecnoloxías para a autoavaliación e coavaliación do alumnado. (S) - En xeral, non se empregan as tecnoloxías para a avaliación dos progresos propios en materia de ensinanza e aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. (S) - O profesorado non participa ou participa pouco en redes colaborativas profesionais. (S) - Pouca iniciativa do persoal docente para a adopción de innovación educativas. (S) - Non existe una cultura de traballo colaborativo en rede por parte do profesorado. (S) Persoal docente Non
Fortaleza - O alumnado emprega as tecnoloxías dixitais en diferentes materias. (S) - O alumnado desenvolve as competencias necesarias para a verificación da calidade da información. (S) - O alumnado desenvolve a súa competencia para codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais. (S) - O alumnado aprende a crear contidos dixitais. (S) - O alumnado aprende a utilizar internet de forma segura e responsable na aula. (P) - O alumnado aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. (P) Alumnado Non
Fortaleza - O alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. (S) - O alumnado non emprega a tecnoloxía para facer actividades creativas. (S) Familias Non
Fortaleza - Todo o alumnado do centro posúe o seu propio dispositivo. - Existen espazos físicos apropiados que facilitan a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. - Existe una política de protección de datos. - Existen aulas con equipamento informático mercado polo propio centro. Infraestruturas Non
Fortaleza - Existen canles de comunicación entre as diferentes etapas educativas do centro. - Suficiente coñecemento sobre a política de protección de datos. - Emprego de plataformas promovidas pola administración educativa e propias. - Existen canles de comunicación coas familias. - A dirección do centro apoia ao persoal docente na utilización das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza - Uso activo das aulas virtuais. - Emprego de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. - Participación activa no desenvolvemento profesional continuo. - O persoal docente crea recursos dixitais para reforzar a labor docente. - O profesorado utiliza actividades de aprendizaxe dixitais que fomentan a creatividade do alumnado. (P) Persoal docente Non
Fortaleza - Empréganse as tecnoloxías dixitais para as tarefas administrativas. Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Dificultades do profesorado para acceder a determinadas formacións, xa que a Administración Educativa non admite ao profesorado do centro en todos os cursos nos que se inscribe. Administración educativa Non
Ameaza - Pouca implicación da ANPA en actividades relacionadas coas tecnoloxías dixitais. ANPA Non
Ameaza - Cambios que dificulten a adaptación e o desenvolvemento do centro de cara ás tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade - A administración educativa aposta pola transformación dixital. - Gran oferta formativa relacionada co cambio metodolóxico, actualización e desenvolvemento profesional continuo. Administración educativa Non
Oportunidade - Posibilidade de promoción na contorna das actividades do centro por medio das tecnoloxías dixitais. Contorna Non
Oportunidade - A lexislación está orientada á utilización e promoción das tecnoloxías dixitais. - Adaptación de novas metodoloxías e modalidades de ensino e aprendizaxe. Lexislación Non
Oportunidade - Posibilidade de establecer contactos e relacións educativas con outras entidades. - Posibilidade de internacionalización do centro mediante o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da información extraída polas diversas fontes que conduciron á creación da DAFO, búscanse obxectivos alcanzables que incidan na realidade educativa do centro e que supoñan un impacto positivo no traballo diario da comunidade educativa, tanto do equipo docente, do alumando e da contorna.

O obxectivos que se perseguen son:
    • Aumentar o ancho de banda e a conectividade nas diferentes áreas do centro.
    • Mellorar os recursos tecnolóxicos do centro.
    • Capacitar ao equipo docente na avaliación mediada polas tecnoloxías dixitais.
    • Fomentar o uso das tecnoloxías dixitais para a implementación de actividades creativas que contribúan ao desenvolvemento das competencias dixitais do alumando

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Aumentar o ancho de banda e a conectividade nas diferentes áreas do centro
02PD Mellorar os recursos tecnolóxicos do centro
04PD Fomentar o uso das tecnoloxías dixitais para a implementación de actividades creativas que contribúan ao desenvolvemento das competencias dixitais do alumando

Seguimento

Procedemento

Trimestralmente evaluaráse o grado de consecución dos obxectivos propostos.

1º Trimestre

Acádase o obxectivo 01PD. Aumentar o ancho de banda e a conectividade nas diferentes áreas do centro, no centro de secundaria. A velocidade de baixada é de 101 Mb/s, e substitúese un switch.

Acádase o obxectivo 02PD. Mellorar os recursos tecnolóxicos do centro. O centro adquire 6 pantallas dixitais y 6 ordenadores portátiles.

2º Trimestre

O obxectivo 04PD está en vías de consecución.

3º Trimestre

O obxectivo 04PD está en vías de consecución.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan Dixital será levada a cabo polo equipo directivo recompilando a información necesaria para establecer o nivel de consecución dos indicadores de cada obxectivo. Cómpre indicar que:

    • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Nesta avaliación valoraranse os resultados obtidos e propoñeranse posibles modificacións, así como propostas de mellora de ser o caso.
      
    • No contexto da avaliación final, a frecuencia será anual. Nesta avaliación compararase a situación final e a desexada, valorando o logro dos obxectivos establecidos e propoñeranse propostas de mellora necesarias.

Valoración xeral

O plan evolucionou favorablemente, está pendente de consecución o último obxectivo.

Proposta de mellora

Maior implicación do profesorado no plan.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Atendendo ao Plan de Comunicación de Centro, o plan difundirase entre a comunidade educativa mediante reunións presenciais ordenadas temporalmente: 
    • Claustro 
    • Familias
    • Alumnado

Nos primeiros días do mes de setembro, os plans serán estudados nas reunións de claustro preparatorias do curso.
 
A comezo do curso realizaranse reunións xerais coas familias para informar dos obxectivos do curso, así como da organización e  funcionamento dos diferentes plans.

Nos primeiros días de clase, o profesorado titor explicará os obxectivos do curso, así como a organización e  funcionamento dos diferentes plans. 

Así mesmo, ao longo do curso terán lugar tantas reunións  de alumnado e de familias como se necesiten para tratar temas específicos dos distintos niveis en relación ao Plan Dixital.

Dende o colexio enviarase información escrita a través de Abalar ou correo electrónico, sobre calquera tema relativo ao Plan Dixital que se considere do interese das familias. 

O centro ten a disposición unha páxina web www.colexionslourdes.es onde alumnado e familias poderán consultar a documentación de organización e funcionamento de centro, así como os diferentes plans.