Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital do noso centro réxese pola seguinte normativa:
- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
- Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo do Centro:
- No tocante ao proxecto Educativo enfocaríase na consecución dos obxectivos propostos para as dinamizacións de actividades que redunden na calidade do ensino. Entre elas, o desenvolvemento de actividades de dinamización das novas tecnoloxías da información e comunicación e a mellora da xestión e organización dos recursos informáticos. En relación ao PCC favorecerá a consecución das competencias chave e ampliará e mellorará a oferta do centro no emprego e aprovisionamento das TIC. De cara ao proxecto de actividades complementarias e extraescolares, veranse beneficiadas as canles e os medios polas que se levan a cabo ditas actividades. Ademais, ao plan de comunicación do centro proporcionaralle unha mellor comunicación e coordinación entre e coa comunidade educativa na súa totalidade. Finalmente, este PD aporta ao Plan das tecnoloxías da información e comunicación do centro unha mellora tanto cuantitativa como cualitativa.
- Este PD contribúe á Programación Xeral Anual do curso 23/24 dun xeito específico no punto 13 referido á concreción anual do plan TIC, onde se facilitará o acondicionamento e reordenamento da aula de informática de Educación Infantil e Educación Primaria. Axudará na actualización e emprego das aulas virtuais. Tmén será unha contribución significativa na mellora e incremento do uso das TIC por parte do profesorado e alumnado.

A continuación descríbese a organización e o proceso de elaboración do PD dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital:
- Análise da situación do centro a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente. Co SELFIE obtivemos un informe en liña de autoavaliación da situación en relación a competencia dixital do noso centro. O Test de Competencia Dixital valora de maneira global o nivel competencial (A1- C2) do noso centro.
- Realización da diagnose de situación do noso centro, a partir do informes anteriores. Xeración dun informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que permitiu a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.
- Elaboración do Plan de Acción onde se estableceron os obxectivos SMART que queremos conseguir.
- Elaboración do Plan Dixital en base á información recollida nos informes de análise da situación do centro.
Todos os documentos (análises, diagnoses, plans...) do proceso de elaboración atópanse recollidos nun curso creado na aula virtual do noso centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non outorgar recoñecemento ao traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade Falta de uso da tecnoloxía no centro e fóra do centro con fins de aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade Non apreciar o traballo de outros/as alumnos/as. Alumnado Non
Debilidade A infraestrutura dixital non respalda a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade No noso centro non avalíamos os nosos progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Falta de retroalimentación axeitada e apoio. Persoal docente Non
Debilidade Necesidade de autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Utilizamos a tecnoloxía para traballar en grupo. Alumnado Non
Fortaleza Podo facer seguimento das miñas tarefas a través da AV ou o EVA. Alumnado Non
Fortaleza Dispoño de dispositivos dixitais que podo utilizar cando os necesito. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a actuar de maneira segura. Alumnado Non
Fortaleza Avisos e notificacións a través da aplicación AbalarMobil. Ademais pódense xustificar as faltas ou pedir titorías. Familias Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o seu uso na ensinanza e na aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Emprego de servizos dixitais educativos corporativos para difusión e o ensino virtual. Infraestruturas Non
Fortaleza O profesorado conta co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza Promóvese a creación dun Plan de formación en centros e a participación en actividades formativas das competencias dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Difúndese información de interese e facilítase o seguimento da actividade académica do alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza Recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias (D3). Formación interna. Persoal docente Non
Fortaleza Participación no DPC e en actividades formativas individuais organizadas pola Administración Educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Impartición das clases. Comunicación. Persoal docente Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Outras Non
Oportunidade Acceso a internet. Administración educativa Non
Oportunidade Boa comunicación coa comunidade educativa. Administración educativa Non
Oportunidade O equipo directivo coñece a normativa relativa á adquisición de equipamento informático para os centros educativos. Administración educativa Non
Oportunidade Boa asistencia técnica. Administración educativa Non
Oportunidade Bo acceso do alumnado a dispositivos fóra do centro. Contorna Non
Oportunidade No noso centro existen sistemas de protección de datos. Lexislación Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A secuencia de pasos seguida para elaborar o Plan de Acción a partir da análise DAFO foi a seguinte:

- Establecemento das áreas de mellora, a partir dos resultados obtidos no DAFO.

- Redacción de cada obxectivo que queremos conseguir, relacionados coas diferentes áreas de mellora do marco DigCompOrg

- Definición dos instrumentos que se empregarán para comprobar o cumprimento ou non dos obxectivos. Indicando o valor da situación inicial do centro e o valor que queremos alcanzar.

- Determinación e numeración das acción concretas e necesarias, para desenvolver cada obxectivo, indicando as persoas implicadas e responsables de realizar a liña de acción, acordando a temporalización e determinando os recursos necesarios.

Para cada obxectivo cumprimentouse unha táboa que recolle esta información. A mesma táboa empregarase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Colaborar con outras organizacións para desenvolver a competencia dixital.
02PD Favorecer o intercambio de experiencias sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais no propio centro
03PD Mellorar o uso das aulas virtuais e ampliar o noso coñecemento sobre ferramentas dixitais.
04PD Utilizar co noso alumnado o portafolio Agueiro para compartir información, comunicarnos e realizar actividades.
05PD Aprender a actuar de maneira segura en Internet e a comprobar se a información que atopa o alumnado é fiable.
06PD Deseñar un blog e crear contidos co alumnado da ESO
07PD Utilizar os materiais e recursos dos Polos creativos

Seguimento

Procedemento

No procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, revisarase en todo momento o Plan dixital e o cumprimento dos obxectivos. Para iso realizaremos as seguintes accións:
- Ao inicio do curso, constitución do equipo de dinamización do Plan dixital para o curso 2023/2024.
- Durante o primeiro mes do curso, revisión do Plan dixital e, no caso de ser necesario, realización de adaptacións, tendo en conta os recursos materiais e humanos. Así como a concreción das accións para desenvolver no Plan dixital, mediante reunións do claustro e correos electrónicos informativos.
- A finais de cada trimestre, realización dun seguimento das accións desenvolvidas do Plan dixital, comprobando que se están a cumprir os obxectivos marcados nas datas establecidas.
- Ao final de curso, valoración do desenvolvemento do Plan dixital, revisando o cumprimento dos indicadores de logro de cada obxectivo e realizando enquisas ao profesorado e ao alumnado.

1º Trimestre

Todos os obxectivos estanse a levar a cabo nos prazos propostos. A continuación detallamos o seguimento de cada un dos obxectivos.

 

Obxectivo 1: Colaborar con outras organizacións para desenvolver a competencia dixital.

- Solicitar charlas do Plan director da Garda Civil e Policía Nacional sobre Novas Tecnoloxías.

 

Obxectivo 2: Favorecer o intercambio de experiencias sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais no propio centro.

- Esperamos comezar con este obxectivo no 2º trimestre.

 

Obxectivo 3: Mellorar o uso das aulas virtuais e ampliar o noso coñecemento sobre ferramentas dixitais.

- Solicitáronse dúas liñas de acción no PFPP, relacionadas co uso de ferramentas dixitais e a creación de recursos dixitais (P2306045 - Utilización de ferramentas dixitais na docencia e P2306047 - Avaliación de aprendizaxe e creación de contidos interactivos en contornas virtuais)

- Ao inicio de curso fixemos unha pequena formación sobre o uso da aula virtual do centro e do EVA- Edixgal e estase a utilizar, de maneira habitual, as aulas virtuais por parte do profesorado de secundaria.

- Realizouse toda a docencia da actividade P2306045, e o profesorado implicado está a crear recursos dixitais para o seu uso na docencia.

- Con respecto a actividade P2306047, impartiuse docencia sobre o caderno de cualificacións na aula virtual e o profesorado de secundaria implicado está a elaborar un libro de cualificacións para un curso da aula virtual, como mínimo.

 

Obxectivo 4: Utilizar co noso alumnado o portafolio Agueiro para compartir información, comunicarnos e realizar actividades.

- Solicitouse unha liña de acción no PFPP, relacionada co uso do portafolio Agueiro (P2306048 - Os blogs como ferramenta educativa na aula).

- Está matriculado o profesorado e o alumnado en Agueiro.

- A docencia sobre o uso da comunidade educativa Agueiro está prevista para o mes de xaneiro.

 

Obxectivo 5: Aprender a actuar de maneira segura en Internet e a comprobar se a información que atopa o alumnado é fiable.

- Aínda no iniciou o prazo de solicitudes do programa Navega con rumbo, pero en canto comece farase a solicitude e comezarase a traballar nunha guía sobre a fiabilidade dixital.

 

Obxectivo 6: Deseñar un blog e crear contidos co alumnado da ESO.

- Solicitouse unha liña de acción no PFPP, relacionada co uso dos blog e a creación de contidos co alumnado da ESO. (P2306048 - Os blogs como ferramenta educativa na aula).

- Está creado o blog na web do centro para utilizar co alumnado, pero aínda estamos a rematar o seu deseño.

- A docencia sobre o uso dos blogs do centro está prevista para o mes de xaneiro.

 

Obxectivo 7: Utilizar os materiais e recursos dos Polos creativos.

- Solicitouse unha liña de acción no PFPP, relacionada co uso dos materiais e recursos dos Polos creativos. (P2306050 - Polos creativos no CPI do Progreso).

2º Trimestre

Todos os obxectivos estanse a levar a cabo nos prazos propostos. A continuación detallamos o seguimento de cada un dos obxectivos.
 

Obxectivo 1: Colaborar con outras organizacións para desenvolver a competencia dixital.

- Realización das charlas do Plan director da Garda Civil e Policía Nacional sobre Novas Tecnoloxías: as redes sociais para Educación Primaria e o acoso nas redes para a ESO.
 

Obxectivo 2: Favorecer o intercambio de experiencias sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais no propio centro.

- Xa hai experiencias sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais na web do centro, na aula virtual e na comunidade educativa dixital Agueiro.
 

Obxectivo 3: Mellorar o uso das aulas virtuais e ampliar o noso coñecemento sobre ferramentas dixitais.

- Estanse a utilizar, de maneira habitual, as aulas virtuais por parte do profesorado de secundaria.

- O profesorado de secundaria sigue coa elaboración do libro de cualificacións para un curso da aula virtual, como mínimo.
 

Obxectivo 4: Utilizar co noso alumnado o portafolio Agueiro para compartir información, comunicarnos e realizar actividades.

- Impartimos a docencia sobre o uso da comunidade educativa dixital Agueiro e o profesorado está a realizar diferentes proxectos co alumnado da ESO.
 

Obxectivo 5: Aprender a actuar de maneira segura en Internet e a comprobar se a información que atopa o alumnado é fiable.

- No mes de maio o alumnado de 1º ESO recibirá a charla do programa Navega con rumbo. Vai ser complicado realizar a guía sobre a fiabilidade dixital.
 

Obxectivo 6: Deseñar un blog e crear contidos co alumnado da ESO.

- Está rematado o deseño do blog na web do centro para utilizar co alumnado da ESO.

- Realizouse a docencia sobre o uso dos blogs e a creación de contidos co alumnado da ESO, na liña de acción do PFPP, P2306048 - Os blogs como ferramenta educativa na aula.

- Comezamos a traballar co alumnado na creación de contidos no blog da ESO.
 

Obxectivo 7: Utilizar os materiais e recursos dos Polos creativos.

- Con respecto á liña de acción do PFPP, P2306050 - Polos creativos no CPI do Progreso, aínda non chegou ningún material polo que non pode desenvolverse a primeira parte desta liña de acción. No seguinte trimestre realizarase a docencia, Croma e tratamento de imaxe na contorna educativa.

3º Trimestre

Todos os obxectivos estanse a levar a cabo nos prazos propostos. A continuación detallamos o seguimento de cada un dos obxectivos.

 

Obxectivo 1: Colaborar con outras organizacións para desenvolver a competencia dixital.

- Realizáronse actividades sobre diferentes aspectos relacionados coas TIC: seguridade, aplicacións, igualdade, adiccións... en colaboración co Concello e con outras entidades..

 

Obxectivo 2: Favorecer o intercambio de experiencias sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais no propio centro.

- Seguimos intercambiando experiencias sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais na web do centro, na aula virtual e na comunidade educativa dixital Agueiro.

 

Obxectivo 3: Mellorar o uso das aulas virtuais e ampliar o noso coñecemento sobre ferramentas dixitais.

- Estanse a utilizar, de maneira habitual, as aulas virtuais por parte do profesorado do centro.

- O profesorado de secundaria está a rematar o libro de cualificacións para un curso da aula virtual, como mínimo.

- Créronse e puxéronse en práctica diversas actividades H5P, tanto contidos con apoio textual (liñas do tempo, actividades con palabras e xogos interactivos) como contidos con apoio audiovisual (flashcards, elección de imaxes e emparellamento de imaxes).

 

Obxectivo 4: Utilizar co noso alumnado o portafolio Agueiro para compartir información, comunicarnos e realizar actividades.

- Realizáronse diferentes proxectos con todo o alumnado da ESO nesta comunidade educativa.

 

Obxectivo 5: Aprender a actuar de maneira segura en Internet e a comprobar se a información que atopa o alumnado é fiable.

- Impartíronse as charlas do programa Navega con rumbo, pero non houbo tempo de realizar actividades complementarias co alumnado.

 

Obxectivo 6: Deseñar un blog e crear contidos co alumnado da ESO.

- Explicouse o funcionamento do blog da ESO a todo o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO.

- O alumnado da ESO realizou varias entradas e participou activamente na realización de comentarios no blog da ESO.

 

Obxectivo 7: Utilizar os materiais e recursos dos Polos creativos.

- Con respecto á liña de acción do PFPP, P2306050 - Polos creativos no CPI do Progreso, aínda non chegou ningún material polo que non pode desenvolverse a primeira parte desta liña de acción.

- Realizouse a docencia, Croma e tratamento de imaxe na contorna educativa, e realizamos diversas actividades co alumnado do centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Determinación do grao de consecución dos obxectivos do Plan Dixital mediante seguimento periódico das actividades programadas por parte do equipo dinamizador e reunións periódicas co Mentor ADIX.

Valoración xeral

Foi un Plan Dixital realista no que se conseguiron a inmensa maioría dos obxectivos marcados.

Proposta de mellora

Seguiremos afondando na utilización das aulas virtuais, concretamente, no uso como ferramenta de avaliación e creación de actividades interactivas.

Desenvolveremos máis proxectos para traballar co noso alumnado na comunidade dixital Agueiro.

Intentaremos que utilicen as ferramentas dixitais un maior porcentaxe de profesorado do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan será dado a coñecer e publicitado a través das canles de comunicación que marca o Plan de Comunicación do centro. Ditas canles son: Taboleiro do edificio administrativo, páxina web, Abalar Móbil, correo electrónico, aula virtual e blogs do centro.