Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 

           Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Temos como  referentes na transformación dixital do noso centro  as tres dimensións establecidas polo Marco Europeo de Organizacións Dixitalmente Competentes (DigCompOrg): pedagóxica, tecnolóxica e organizativa.

O marco europeo propón unha análise do centro baseado en sete elementos: Infraestrutura, Liderado e Gobernanza, Ensino e Aprendizaxe, Desenvolvemento Profesional, Avaliación, Contidos e Currículo, así como Redes de Apoio e Colaboración.

O presente Plan Dixital incardínase no Proxecto Educativo e contribúe a fortalecer a Programación Xeral Anual do curso seguinte (2022/2023)

           Breve xustificación do mesmo

·    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

·         Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

·         Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

           Proceso de elaboración

Coas dúas mestras con que conta este ano o centro escolar fixemos un pequeño grupo de traballo con xuntanzas semanais durante todo o curso 2021-2022

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida para a elaboración do DAFO foron:

 * Test SELFIE

* Test CDD

Póedense consulat as táboas no documento adxunto.

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar habilidades do alumnado Alumnado Non
Debilidade Competencia dixital desigual Familias Non
Debilidade Asistencia técnica insuficiente Infraestruturas Non
Debilidade Non están actualizados os equipos e as redes Infraestruturas Non
Debilidade Non se contempla que o alumnado traía de casa os seus propios dispositivos portátiles Infraestruturas Non
Debilidade Falta de reposición de equipos dixitais para o ensino aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade Asistencia técnica insuficiente Organización de centro Non
Debilidade Non existe estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Tempo insuficiente para explorar novas modalidades de ensino dixital Persoal docente Non
Debilidade Retomar actividades na aula virtual Persoal docente Non
Fortaleza Foméntase a participación do alumnado en pequenos proxectos utilizando tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Fortaleza Utilización de recursos dixitais de forma frecuente. Familias Non
Fortaleza Existencia de recursos dixitais no ámbito familiar Familias Non
Fortaleza Política de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Espazo físico para a ensinanza e aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza Disponibilidade de espazos apropiados para traballo tecnolóxico Organización de centro Non
Fortaleza Adopción de tecnoloxía para o ensino aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Desenvolvemento profesional continuo Persoal docente Non
Fortaleza Non existen diferenzas notables no nivel de competencia dixital do profesorado Persoal docente Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Moi lenta resolución de problemas técnicos e reposición de equipamento Administración educativa Non
Ameaza Inesistencia de dispositivos dixitais para o equipo directivo. Administración educativa Non
Ameaza Cambios continuos de lexislación Lexislación Non
Oportunidade Facilitación de formación no propio centro Administración educativa Non
Oportunidade Foméntase o traballo tecnolóxico Administración educativa Non
Oportunidade .Coordinación e comunicación ANPA ANPA Non
Oportunidade Colaboración continua co concello Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar recursos dixitais para traballar contidos curriculares
O02PD Mellorar a competencia dixital do alumnado

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

En canto á determinación de tarefas que se poden levar a cabo, establecéronse unha serie de actividades diarias, cumprindo así co obxectivo establecido, onde se tiña previsto utilizar 10 recursos dixitais por semana.

Para mellorar o interés por usar recursos dixitais do alumnado propuxéronse tarefas onde se superou o obxectivo de 1 recurso dixital por semana.

2º Trimestre

Seguimos na mesma liña que o trimestre pasado, levando a cabo actividades diarias e semanais onde o alumnado vai avanzando e mostrando cada vez máis o interese polas novas tecnoloxías.

3º Trimestre

Acadamos os obxectivos plantexados, acabamos o curso mellorando, e cun gran interese polo uso das novas tecnoloxías.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase unha avaliación procesual. A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Acadáronse os obxectivos plantexados sen maior dificultade, houbo propostas novas por parte do alumnado que tamén se levaron a cabo e se realizarán de cara ao próximo curso.

Proposta de mellora

Creación dun recuncho das TICS ao que se accederá diariamente, con diferentes recursos: panel dixital, dúas tablets e un ordenador portátl.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan será difundido mediante o Abalarmobil e a nivel Institucional no centro xa que formará parte da Programación Anual do Centro.