Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

-   Nome do centro: CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo (Cangas de Morrazo)

-     Enderezo: Rúa A Granxa, 1 San Roque – Darbo 36940 Cangas (Pontevedra)

-   Correo electrónico: ceip.sanroque.darbo@edu.xunta.gal

-   Páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanroquedarbo

-     Teléfono Secretaría: 886120954

-     Código de Centro: 36001033

     Etapas educativas:

Educación Infantil e Primaria

É un centro de dobre liña onde dezaoito son os espazos empregados para as aulas ( seis aulas en Educación Infantil e doce en Educación Primaria).

 

Actualmente o claustro do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo está constituído polos seguintes profesionais: oito mestras de Educación Infantil, doce mestras/es de educación Primaria, dúas especialistas en Lingua Estranxeira (inglés), unha especialista en Educación Musical, dous especialistas en Educación Física, unha mestra de Relixión, o Orientador, dúas especialistas en Pedagoxía Terapéutica unha delas compartida con outro centro e unha especialista en Audición e Linguaxe.

 

1.1.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 -   Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

O nivel socioeconómico do alumnado, segundo os últimos informes de avaliación de diagnóstico, é medio-baixo.

O concello ten unha poboación dispersa, en vilas pouco agrupadas. O sector servizos é o sector laboral con máis persoas. A ocupación por detrás deste é o sector primario, principalmente o sector pesqueiro.

-     Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa.

Preténdese que o Plan Dixital de Centro forme parte do Proxecto Educativo de Centro e contribúa a acadar os obxectivos a longo plazo que se relacionan co ámbito das novas tecnoloxías.

Os equipos traballarán coordinados para conseguir acadar os obxectivos xerais que se recollen no Proxecto Educativo e na Programación Xeral.

- Equipo Tic

- Equipo de Convivencia

- Equipo de Normalización Lingüística

- Equipo de Actividades complementarias e extraescolares

- Equipo de Biblioteca.

O Centro conta cunha traxectoria importante na utilización das Tic na educación.

Ademais de participar no Proxecto Abalar desde a súa aparición, no curso 2012/2013, e no Proxecto E-Dixgal (implantación do libro dixital) a partir do  curso 2016/2017, o noso centro vén facendo un esforzo cada curso en inversión, mantemento e formación do profesorado para estar actualizado no uso das novas tecnoloxías.

 -     Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

 O Plan Dixital que se presenta estará incluído no Programación Xeral Anual do curso 2023/24.

Preténdese que a consecución dos obxectivos que se plantexan no Plan Dixital contribúan a acadar os obxectivos xerais perseguidos por todos os equipos do centro, que traballarán coordinados en torno a diferentes proxectos que se deselvolevn no centro a través dos distintos equipos.

 

1.2.  Breve xustificación do mesmo

O presente Plan Dixital de Centro contextualízase en torno aos seguintes documentos:

-  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

 -  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

1.3.  Proceso de elaboración

 

O Equipo reuniuse ao longo do curso cunha periocidade de unha ou dúas reunións mensuais.

Tanto na organización como no proceso de elaboración do Plan Dixital, seguíronse as indicacións e temporalización marcadas desde o equipo ADIX SECTOR DE PONTEVEDRA, ademais das directrices do mentor José Manuel Sánchez Moure, co que mantivemos contacto   telefónico e presencial.

Seguindo estas directrices leváronse a cabo as seguintes actuacións:

- Análise e diagnose da situación do centro, a través do informe SELFIE.

- Informe grupal: Test CDD

- Análise destes informes.

- Elaboración do informe DAFO

- Elaboración dos obxectivos do Plan de Acción

- Elaboración do Plan Dixital, tendo en conta todo a anterior.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE:

O informe de centro  SELFIE reúne as opinións do equipo directivo, o profesorado e o alumnado e as compara. A seguinte taboa mostra unha media das respostas de cada grupo para cada unha das 8 áreas.

(VER ANEXO 1)

 

Test CDD:

Este informe ofrece os resultados agrupados da autorreflexión do profesorado que participou no test do seu centro. O nivel de competencia dixital é orientativo e serve para poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital

(VER ANEXO 1)

 

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H 1, 3, 4, 7. As competencias dixitais do alumnado son mellorables en canto a comportamento responsable e seguro, verificación da calidade da información, creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade G 5, 6. As prácticas de autoreflexión do alumnado sobre a súa aprendizaxe poden ser mellorables, así como os comentarios a outros alumnos/as sobre o seu traballo. Alumnado Non
Debilidade A. O. O coñecemento técnico do alumnado debe mellorar. Alumnado Non
Debilidade O. A. Obsérvase unha baixa competencia dixital en moitas familias. Familias Non
Debilidade C 7. A pesar dos avances acadados en torno á protección de datos, entendemos que debemos seguir mellorando. Infraestruturas Si
Debilidade G 5, 6. As prácticas de autoreflexión do alumnado sobre a súa aprendizaxe poden ser mellorables, así como os comentarios a outros alumnos/as sobre o seu traballo. A. O. O coñecemento técnico do alumnado debe mellorar. F 6. O centro carece de proxectos interdisciplinares nos que alumnado e profesorado utilicen as TIC para innovar e mellorar a práctica de ensinanza e aprendizaxe. E 2. Aínda que se crean recursos dixitais, entendemos que poden incrementarse. F 4, 5. Debemos continuar mellorando a colaboración entre o alumnado e a súa motivación no emprego de novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade G 5, 6. As prácticas de autoreflexión do alumnado sobre a súa aprendizaxe poden ser mellorables, así como os comentarios a outros alumnos/as sobre o seu traballo. Persoal docente Non
Debilidade F 6. O centro carece de proxectos interdisciplinares nos que alumnado e profesorado utilicen as TIC para innovar e mellorar a práctica de ensinanza e aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade E 2. Aínda que se crean recursos dixitais, entendemos que poden incrementarse. Persoal docente Si
Debilidade F 4, 5. Debemos continuar mellorando a colaboración entre o alumnado e a súa motivación no emprego de novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade A. O. O coñecemento técnico do alumnado debe mellorar. Persoal non docente Non
Fortaleza H 3. O alumnado utiliza as TIC de forma habitual e desarrollando habilidades e coñecementos. H 6. O alumnado recoñece e valora o traballo dos compañeiros. H 8. O alumnado emprega medios dixitais para comunicarse. Alumnado Si
Fortaleza H 3. O alumnado utiliza as TIC de forma habitual e desarrollando habilidades e coñecementos. Alumnado Si
Fortaleza H 6. O alumnado recoñece e valora o traballo dos compañeiros. Alumnado Non
Fortaleza H 8. O alumnado emprega medios dixitais para comunicarse. Alumnado Non
Fortaleza O. A. Bo acceso do alumnado a dispositivos no fogar. Familias Si
Fortaleza C 1, 2, 3, 5, 8. O centro conta neste momento cunhas infraestruturas axeitadas nas aulas abalar, dispositivos dixitais suficientes para a ensinanza - aprendizaxe, bo acceso a internet e boa asistencia técnica. Infraestruturas Si
Fortaleza A 1, 2. A estratexia dixital e o seu desenvolvemento co profesorado é boa. A 3. No centro se utilizan novas modalidades de ensinanza aínda que poden ser mellorables. Organización de centro Si
Fortaleza A 3. No centro se utilizan novas modalidades de ensinanza aínda que poden ser mellorables. Organización de centro Si
Fortaleza A 1, 2. A estratexia dixital e o seu desenvolvemento co profesorado é boa. Organización de centro Si
Fortaleza F 1, 3. O profesorado utiliza as tecnoloxías dixitais nas aulas motivando ao alumnado, fomentando a súa creatividade e adaptandoas ás necesidades do alumnado. E 1, 4. O centro utiliza a tecnoloxía dixital para a comunicación coa comunidade educativa: web do centro, abalar móbil. E 1, 3. O profesorado utiliza recursos educativos en liña e entornos virtuais de aprendizaxe: eva edixgal, aula virtual. D 1, 2. Ao detectar o profesorado a necesidade de formación, o centro apoia a formación e actualización do profesorado nas TIC a través de grupos de traballo. O profesorado participa habitualmente nos cursos de formación organizados pola administración. B1, 2. Realízase unha avaliación do progreso dixital e debatimos sobre o seu uso. Persoal docente Si
Fortaleza E 1, 4. O centro utiliza a tecnoloxía dixital para a comunicación coa comunidade educativa: web do centro, abalar móbil. Persoal docente Non
Fortaleza E 1, 3. O profesorado utiliza recursos educativos en liña e entornos virtuais de aprendizaxe: eva edixgal, aula virtual. Persoal docente Non
Fortaleza D 1, 2. Ao detectar o profesorado a necesidade de formación, o centro apoia a formación e actualización do profesorado nas TIC a través de grupos de traballo. O profesorado participa habitualmente nos cursos de formación organizados pola administración. Persoal docente Non
Fortaleza F 1, 3. O profesorado utiliza as tecnoloxías dixitais nas aulas motivando ao alumnado, fomentando a súa creatividade e adaptandoas ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza B1, 2. Realízase unha avaliación do progreso dixital e debatimos sobre o seu uso. Persoal docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C 2, 8. Os recursos dixitais quedan obsoletos en pouco tempo e o centro ten que facer un gran esforzo económico para mantelos actualizados. O. A. O profesorado precisa de máis tempo para o desenvolvemento de material para o aprendizaxe Administración educativa Si
Ameaza C 2, 8. Os recursos dixitais quedan obsoletos en pouco tempo e o centro ten que facer un gran esforzo económico para mantelos actualizados. Administración educativa Non
Ameaza O. A. O profesorado precisa de máis tempo para o desenvolvemento de material para o aprendizaxe Administración educativa Si
Ameaza C 7. Ao depender de entidades externas (Consellería, Concello...) nunca teremos a certeza absoluta de estar cumplindo coa lexislación vixente. Lexislación Non
Ameaza H 3. As TIC no fogar son utilizadas básicamente para o ocio. Outras Si
Oportunidade O. A. Ampla oferta de cursos de formación facilitados pola administración. O. A. Apoio da administración para a dotación de recursos ás familias que o precisen. Administración educativa Si
Oportunidade O. A. Ampla oferta de cursos de formación facilitados pola administración. Administración educativa Si
Oportunidade O. A. Apoio da administración para a dotación de recursos ás familias que o precisen. Administración educativa Si
Oportunidade O. A. O centro conta con profesorado con competencia dixital B2 e C1 . Outras Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE e o Test CDD, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital xerou o informe DAFO, que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o uso seguro de internet
O02PD Aumentar o emprego da Aula Virtual do centro por parte do profesorado e alumnado
O03PD Aumentar a creación de recursos dixitais por parte do profesorado
O04PD Favorecer a creación e difusión dos proxectos interdisciplinares do centro.
O05PD Desenvolver proxectos colaborativos utilizando a plataforma Agueiro no terceiro ciclo de primaria
O06PD Formar ao profesorado na utilización do material dos Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

Realizaranse reunións periódicas do equipo TICS nas que tomarán decisións sobre o desenvolvemento do plan e se deseñarán as actividades a realizar.

Nesas mesmas reunións valoraranse as actividades que se vaian facendo.

Comentaranse tamén as evolucións do plan nas reunións xerais do centro con todo o profesorado así como nos claustros.

En cada obxectivo se indicará o seguimento da acción: realizada, prazada ou pendente, a data da realización e unha breve valoración.

Faranse tamén reunións periódicas co mentor ADIX (adxúntanse en anexos actas das reunións).

1º Trimestre

O01PDMellorar o uso seguro de internet. Estado: parcialmente acadado.

          AO01.1: Solicitar as charlas do Plan Director da Garda Civil sobre Novas Tecnoloxías (Seguridade en Internet). Realizada.

O02PDAumentar o emprego da Aula Virtual do centro por parte do profesorado e alumnado. Estado: parcialmente acadado.

          AO2.1: Actualización da Aula Virtual para este curso.Realizada.

O03PDAumentar a creación de recursos dixitais por parte do profesorado. Estado: parcialmente acadado.

         AO03.1:Creación de grupos de traballo por ciclos. Realizada.

O04PDFavorecer a creación e difusión dos proxectos interdisciplinares do centro. Estado: parcialmente acadado.

        AO04.1:Actualización da Aula Virtual para favorecer a elaboración e difusión dos proxectos. Realizada.

        AO04.2: Creación de grupos de traballo estructurados por proxectos. Realizada.

O06PDFormar ao profesorado na utilización do material dos Polos Creativos. Estado: parcialmente acadado.

        AO06.1 Formación do coordinador de Polos creativos. Realizada.

        AO06.2 Solicitar PFPP para o profesorado do centro. Realizada.

 

2º Trimestre

O01PD Mellorar o uso seguro de internet. Realizado parcialmente.
AO01.1: Solicitar as charlas do Plan Director da Garda Civil sobre Novas Tecnoloxías (Seguridade en Internet). Solicitadas as charlas, pendentes da súa realización.

O resto das accións  son para o terceiro trimestre.

O05PD Desenvolver proxectos colaborativos utilizando a plataforma Agueiro no terceiro ciclo de primaria. Non realizado.
Non realizaremos as accións deste obxetivo por falta de tempo e consideramos que os outros son máis importantes.

O resto das accións e dos obxetivos son para o terceiro trimestre

3º Trimestre

O01PD Mellorar o uso seguro de internet. Realizado

AO01.2 Realización das charlas do plan director no centro.

O02PDAumentar o emprego da Aula Virtual do centro por parte do profesorado e alumnado 

AO02.2: Uso das aulas virtuais. Realizado  

O03PDAumentar a creación de recursos dixitais por parte do profesorado. Realizado

AO03.2: Creación de recursos dixitais. Realizado.   

O04PDFavorecer a creación e difusión dos proxectos interdisciplinares do centro. Parcialmente acadado.

AO04.3: Creación de proxectos interdisciplinares. Realizado parcialmente.

O05PDDesenvolver proxectos colaborativos utilizando a plataforma Agueiro no terceiro ciclo de primaria. Non realizado

AO05.2: Participación do alumnado nalgún proxecto de Agueiro. Non realizado.

O06PDFormar ao profesorado na utilización do material dos Polos Creativos.

AO06.3 Realización das formacións do PFPP. Realizado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

•      Realizarase unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

•      Levarase a cabo unha avaliación final ao finalizar o curso académico no que se valorará: a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

•       O estado da avaliación quedará reflectido nas táboas do plan de acción recollidas no apartado 3.1.

Leváronse a cabo reunións trimestrais co mentor ADIX (ver ANEXOS ACTAS)

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será publicado na web do colexio e formará parte da Programación Xeral Anual.