Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Hoxe a vila é un centro urbano que depende no económico da área de Vigo, aínda que o sector de servizos é a actividade principal. Segue tendo importancia o sector pesqueiro , cada vez en menor medida a pesca en gran altura e incrementándose a pesca artesanal do día; manténdose outras actividades relacionadas coa pesca. A mellora das comunicacións por estrada entre Cangas e Vigo permitiu que moitos habitantes de Cangas desenvolvan a súa actividade laboral en Vigo; sobre todo no sector sanitario… E  nos últimos anos  favorecido tamén pola mellor comunicación, apréciase un movemento de poboación de vigueses que optan por Cangas como lugar de residencia.
Na sociedade da información e a comunicación, os cidadáns poden dispor, de forma inmediata, de informacións procedentes de calquera recanto do mundo. Por outra parte, a diferenza doutros medios de comunicación, como  televisión ou radio, nos que a información é unidireccional, as novas tecnoloxías crean espazos de interacción social entre persoas e grupos, facilitando o intercambio de ideas, experiencias, etc.; ademais, o usuario non é simplemente un consumidor de información, senón que pode converterse  tamén en produtor da mesma.
Todo isto non pode facernos esquecer que tamén presentan aspectos negativos que hai que ter en conta dende unha perspectiva educativa. En primeiro lugar, a información, por si mesma, non se converte en coñecemento, en segundo lugar, a través da Rede non só nos chega información válida, senón tamén contidos pouco científicos e de carácter violento, sexista, racista e xenófobo..., ademais de permanentes estímulos ao consumo indiscriminado. É tamén unha realidade que os alumnos de hoxe inícianse no uso de tecnoloxías da comunicación antes incluso de ter a idade recomendada para facelo, case sempre con descoñecemento dos perigos que poden aparecer por non facer un uso adecuado.
Por todo isto, consideramos unha obriga ética contribuír á formación integral do alumnado dotándoos dos instrumentos - técnicos, cognitivos e éticos- que os capacite para desenvolverse plenamente, de maneira responsable e crítica, na nova sociedade da información e a comunicación.
No noso centro a aproximación ás TIC iniciase no curso 1997/98 no que se prepara a primeira aula de informática con 20 equipos  a disposición de todos os alumnos   do centro. Tamén se incorpora un ordenador para tarefas administrativas. Cinco anos máis tarde xa temos conexión a internet. O primeiro encerado dixital chega no curso 2008/09 e xa no ano 2010 entramos no Proxecto Abalar. Desde ese curso, foise equipando cada aula con PDI, ordenador portátil e sistema de audio. Unha vez equipadas todas as aulas do centro o seguinte paso foi mellorar a conectividade á internet con fibra óptica e dar cobertura wifi a todos os espazos do colexio.  No curso 2015/16 iníciase o “Proxecto tablets” en 3º de E.P. no que os alumnos comezarán a empregar tablets como ferramenta nas aulas.

A incorporación das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación á práctica docente conlevará cambios no modelo organizativo e pedagóxico do noso Centro. Ditos cambios deben de reflectirse no Proxecto Educativo de Centro (PEC) e na Programación Xeral Anual. A Comisión de Coordinación Pedagóxica procederá a revisar e modificar o PEC para a súa aprobación, se procede, polo Claustro. Estas modificacións terán como finalidade básica establecer os criterios que se van seguir para a integración didáctica das TIC.
A comezos de cada curso incluiranse no PXA a concreción dos obxectivos e contidos do Plan dixital e as actuacións previstas para cada ano escolar.
O Colexio Plurilingüe Casa de la Virgen é un centro concertado, e polo tanto sostido con fondos públicos  e supervisado polas autoridades Educativas  da Comunidade Autónoma de Galicia.  Isto supón que aplicaremos todas aquelas normativas relacionadas coa Educación Infantil, Primaria  e Secundaria.  A elaboración e implementación do Plan Dixital entra dentro destas normativas, e as súas disposicións lexislativas son as seguintes:
 -Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
 - Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
 - Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 (Non aplicable para nos por non ter ciclos formativos)
 - Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

No inicio do curso 21/22, no mes de setembro, o Director informa ao  Coordinador TIC das instrucións da Consellería de Educación en canto á obrigación de elaborar ao longo do presente curso un Plan Dixital que se implementará no curso seguinte. (Reenvía ao coordinador os correos electrónicos da Consellería). Na reunión do equipo TIC se informa a todos os membros e se comunica que durante o primeiro trimestre se aplicará a ferramenta SELFIE. Rexístrase o centro en SELFIE e envíanse instrucións e prazos ao equipo directivo e profesores do colexio. A finais do primeiro trimestre, xa co informe SELFIE rematado, ten lugar a presentación do mentor ADIX. Informa ao Coordinador TIC da creación dunha plataforma desde a que se informará e axudará á realización de todas as etapas do proceso de elaboración do Plan Dixital, así como da validación de cada un dos pasos. A tarefa e axuda do mentor foi absolutamente indispensable e necesaria para desenvolver o traballo.
A partir de aquí todo o traballo foi avanzando na plataforma: Validación do informe SELFIE, do test CDD, Informe DAFO, elaboración do Plan de acción e finalmente o Plan Dixital. Unha vez validados todos os pasos previos, o coordinador TIC decide e desenvolve os obxectivos. Finalmente con toda a información previa e o modelo do documento do Plan  Dixital, o coordinador TIC redacta o Plan.

Neste curso 23/24 actualízase o Plan Dixital con novos obxectivos, e reformulando os obxectivos non  acadados o curso pasado.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No inicio do curso 21/22, no mes de setembro, o Director informa ao  Coordinador TIC das instrucións da Consellería de Educación en canto á obrigación de elaborar ao longo do presente curso un Plan Dixital que se implementará no curso seguinte. (Reenvía ao coordinador os correos electrónicos da Consellería).

Na reunión do equipo TIC se informa a todos os membros e se comunica que durante o primeiro trimestre se aplicará a ferramenta SELFIE. Rexístrase o centro en SELFIE e envíanse instrucións e prazos ao equipo directivo e profesores do colexio.

A finais do primeiro trimestre, xa co informe SELFIE rematado, ten lugar a presentación do mentor ADIX. Informa ao Coordinador TIC da creación dunha plataforma desde a que se informará e axudará á realización de todas as etapas do proceso de elaboración do Plan Dixital, así como da validación de cada un dos pasos. A tarefa e axuda do mentor foi absolutamente indispensable e necesaria para desenvolver o traballo.
A partir de aquí todo o traballo foi avanzando na plataforma: Validación do informe SELFIE, do test CDD, Informe DAFO, elaboración do Plan de acción e finalmente o Plan Dixital.

Para a realización de cada unha das etapas o coordinador recibe por correo electrónico a tarefa que se debe desenvolver, informa ao equipo TIC, e a continuación informa mediante correo electrónico ao profesorado e incluíndo os enlaces á tarefa se fosen  necesarios.
Unha vez validados todos os pasos previos e coa axuda das aclaracións e exemplos do vídeo sobre o Plan de Acción, o coordinador TIC decide e desenvolve os obxectivos. Finalmente con toda a información previa e o modelo do documento do Plan  Dixital, o coordinador TIC redacta o Plan.
O Plan Dixital de centro é un documento a través do cal os centros analizan a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida,  definen un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e difusión.
    
A orixe dos datos para realizar a análise DAFO é:
    - Ferramenta SELFIE
    - Test CDD

A ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, nos proporciona un informe coa situación de partida do centro.
A partir do Informe SELFIE, o centro poderá xerar unha análise DAFO que é de utilidade para a análise de situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.
A outra fonte de información para o informe DAFO  é o Test CDD que permite ao profesorado obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial. O Informe Individual do test CDD permitirá a súa vez ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP.

Interno
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4: Os alumnos non verifican a calidade da información que buscan. Alumnado Si
Debilidade H1: Os alumnos non se comportan de forma segura en internet Alumnado Si
Debilidade H3: Non hai un comportamento responsable en internet. Alumnado Si
Debilidade H6: Non hai un recoñecemento dos alumnos do traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade C2: Hai Dispositivos dixitais para a ensinanza pero bastantes están obsoletos ou deteriorados. Infraestruturas Si
Debilidade C5: Non hai unha asistencia técnica profesional que faga un mantemento senón que se recorre a diferentes empresas segundo o problema. Infraestruturas Non
Debilidade C7: Os sistemas de protección de datos son mellorables. Infraestruturas Non
Debilidade C8: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe: son insuficientes e non actualizados. Infraestruturas Non
Debilidade Non se fai unha avaliación do progreso no uso das tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non se empregan tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións. Persoal docente Non
Debilidade D1: É necesario un maior desenvolvemento profesional docente Persoal docente Si
Debilidade E3: Empréganse contornas virtuais de aprendizaxe, pero sen aproveitar a súa potencialidade Persoal docente Si
Debilidade F1: Pódese mellorar o uso de tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensinanza as necesidades dos alumnos Persoal docente Non
Debilidade F5: Non se empregan o suficiente ferramentas dixitais que faciliten a colaboración entre os alumnos Persoal docente Non
Debilidade F3: Non se realizan actividades que fomenten a creatividade. Persoal docente Non
Debilidade G5: Non se utilizan tecnoloxía dixitais para a autoreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G6: Non se empregan tecnoloxías dixitais para que os alumnos realicen comentarios a outros alumnos/as sobre o seu traballo. Persoal docente Non
Debilidade F1: Pódese mellorar a adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Debilidade F3 Realízanse poucas actividades que fomenten a creatividade Persoal docente Non
Debilidade G1: Empréganse pouco as TIC para avaliar as capacidades dos alumnos Persoal docente Si
Debilidade Non hai debate sobre o uso das tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade D2: A Participación no DPC é escasa e en moi poucos casos por iniciativa propia. Persoal docente Non
Debilidade E2: Poucos docentes crean os seus propios recursos dixitais Persoal docente Non
Debilidade G1: Empréganse pouco as TIC para avaliar as capacidades dos alumnos Persoal docente Non
Debilidade G3 Fanse poucas ou ningunha actividade que proporcione unha retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade G5: Non se utilizan tecnoloxía dixitais para a autoreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G6: Non se empregan tecnoloxías dixitais para que os alumnos realicen comentarios a outros alumnos/as sobre o seu traballo. Persoal docente Non
Debilidade Profesores con competencias dixitais insuficientes. Persoal docente Si
Debilidade G3 Fanse poucas ou ningunha actividade que proporcione unha retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade G5: Non se utilizan tecnoloxía dixitais para a autoreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G6: Non se empregan tecnoloxía dixitais para que os alumnos realicen comentarios a outros alumnos/as sobre o seu traballo Persoal docente Non
Debilidade D3: Non hai intercambio de experiencias entre persoal non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza H7: A maior parte dos alumnos son quen de crear de contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H8: Todos os alumnos comunícanse con outros por diferentes medios dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Hai unha boa infraestrutura cableada e inalámbrica no centro que permite a ampliación de dispositivos Infraestruturas Non
Fortaleza O acceso a internet é bo para cubrir as necesidades actuais. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta cunha estratexia dixital feita en colaboración co equipo TIC. Organización de centro Non
Fortaleza Hai apoio do equipo directivo para o uso das tecnoloxías dixitais por parte do Profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Hai apoio ao profesorado para explorar novas modalidades de ensinanza. Persoal docente Non
Fortaleza Hai unha estratexia dixital deseñada co equipo TIC. Persoal docente Non
Fortaleza D3: Si que hai bastante intercambio de experiencias no uso das TIC. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Os profesores empregan continuamente tecnoloxías dixitais para as comunicacións relacionadas co colexio. Persoal docente Non
Fortaleza E1: Os profesores busca recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza F4: Utilízanse actividades de aprendizaxe que implican ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F6: foméntase a participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Fortaleza F5 Hai unha boa colaboración co alumnado. Persoal non docente Non
Fortaleza E2: Emprega tecnoloxías para creación de recursos dixitais. Persoal non docente Non
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia que quita tempo de preparación de materiais e clases. Administración educativa Non
Oportunidade Interese da administración por promover unha cultura e educación dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de formación para profesores con diferentes niveis de competencia dixital Administración educativa Non
Oportunidade Boa sensibilidade cara as tecnoloxías dixitais. ANPA Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez obtidos os resultados da análise DAFO, os obxectivos que formarán o Plan de Acción escóllense das Debilidades que se detectan.
É necesario facer unha segunda selección, posto que de escoller todas o Plan de Acción sería tan amplo que se volvería inabarcable e dificilmente realizable.  Asóciase cada debilidade a cada unha das áreas de mellora relacionadas coas do marco DigCompOrg.
O criterio para decidir as debilidades que pasarán a ser obxectivo do Plan de Acción  é  escoller as que consideramos máis importantes e que deben estar corrixidas para poder afrontar a solución doutras debilidades.
O seguinte criterio de selección é buscar obxectivos que sendo realistas, teñamos posibilidades de conseguir tendo en conta o persoal, formación e tempo do que dispoñemos.
Acórdase seleccionar os obxectivos que permitan:

  • Actualizar os equipos obsoletos ou danados
  • Compartir información entre docentes valorando as vantaxes ou problemas do uso das TIC na aula.
  • Fomentar a realización de formación TIC
  • Mellorar a creación de recursos dixitais, e empregar a aula virtual engadíndolle recursos propios e alleos.
  • Incrementar a realización de probas avaliables empregando as TIC
  • Mellorar a formación dos alumnos no uso das TIC e no uso seguro da internet

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar os Sistemas Operativos obsoletos dos equipos do colexio. (C2)
O02PD Realizar dúas formacións dixitais un mínimo do 75 % do profesorado durante o curso académico
O03PD Facer en cada curso como mínimo un traballo, reto ou proba avaliable mediante TIC na que interveñan varios alumnos, desde quinto de primaria a segundo de bacharelato. (F5)
O04PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de E.P. a Bacharelato para verificar a calidade da información buscada (H4)
O05PD Proporcionar estratexias e coñecementos para un comportamento seguro na internet, desde quinto de primaria a segundo de bacharelato. (H1)

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital realizarase aproveitando as reunións  ordinarias do equipo TIC, que son trimestrais. En cada unha desas reunións darase conta das accións realizadas de cada obxectivo e das que se deben realizar no seguinte trimestre se así está indicado nas datas de cada acción. Ademáis, farase constar na acta da reunión o estado no que se encontra cada unha. Tamén, a medida que cada acción vaia rematando realizarase unha valoración dos resultados, unha reflexión sobre os aspectos a modificar e mellorar na acción se vai propoñerse nun novo curso académico. Todas esta información tamén será rexistrada na acta.

Tamén terá lugar un seguimento a través das reunións programadas trimestralmente e ao final do curso co Mentor ADIX .

 

1º Trimestre

Ao remate do primeiro trimestre todas as accións previstas  para executar nesta primeira parte do curso xa están realizadas e cumpridas:

   - Do obxectivo 1 as accións 1 a 4

   - Do obxectivo 2 a acción 1.

Do resto dos obextivos  tamén se inician traballos para que cando cheguen os prazos propostos, se encontren realizadas: 

 - xa hai varios profesores realizando accións formativas 

- solicitáronse as administracións acceder a charlas e formacións de navegación segura na internet.

- debido á que en 3º da ESO temos unha alumna cunha situación de longa estancia hospitalaria, as probas de avalaición se están a realizar grazas ás TIC

- hai profesores probando a realización de actividades colaborativas entre alumnos empregando TIC... 

2º Trimestre

Ao remate do segundo trimestre todas as accións previstas  para executar nesta segunda parte do curso xa están realizadas e cumpridas:

   - Do obxectivo 3 as accións 1 e 2

   - Do obxectivo 2 a acción 1.

Do resto dos obextivos  tamén se continúan os traballos para que cando cheguen os prazos propostos, se encontren realizadas: 

 - Continúa a realización de formación TIC por parte de varios profesores. 

-  Temos confirmada a participación en formacións para os alumnos relacionadas coa seguridade na internet e a navegación segura.

 

3º Trimestre

Neste final do terceiro trimestre e final do curso rematan todas as accións que quedaban pendentes dos obxectivos propostos.

Son salientables dúas situacións:

- No obxectivo 5  estaba previsto a realización de tres actividades (entre sesións de formación e situacións prácticas). Como fomos aceptados nas actividades "Navega con rumbo" e o "Plan director" da Garda Civil, consideramos que as sesións recibidas nesas actividades teñen a mesma finalidade e obxectivo que as acción previstas por nos. Polo tanto a última das accións definida no obxectivo 5 foi realizada so nos cursos que entraron nas actividades mencionadas. En conxunto todos os niveis edicativos previstos tiveron a formación que plantexamos e polo tanto anotamos o obxectivo como acadado.

- No obxectivo 2 (formación TIC do profesorado), unha vez feito o reconto a partires dos datos da memoria final, o número de accións formativas realizadas no ámbito TIC foi de 30, repartidas entre 12 docentes. Polo tanto anotamos o obxectivo como acadado parcialmente.

O peche do Plan Dixital e a actualización dos datos en Educalidade está condicionado por esta última acción mencionada, posto que se contabilizan as formacións realizadas ata o 31 de maio, é cando se redacta a memoria anual cando se pode acceder á comprobación dos datos; e isto é prácticamente na última semana de xuño.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Prodecemento para a avaliación (debido a un erro técnico non se pode cubrir no espazo anterior)

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:
No contexto da avaliación procesual, realizarase unha avaliación das accións iniciadas e o estado de execución no que se atopen.  Aproveitarase as reunións ordinarias do equipo TIC, que son trimestrais e  farase constar na acta da reunión o estado  no que se encontra cada unha. Ademais a medida que cada acción vaia rematando realizarase unha valoración dos resultados, unha reflexión sobre os aspectos a modificar e mellorar na acción se vai propoñerse nun novo curso académico. Todas esta información tamén será rexistrada na acta. A ficha descritora de cada acción tamén ten un apartado para indicar o estado no que se atopa e serán levadas a cada reunión do equipo TIC para marcar a situación na que está.
 No contexto da avaliación final, realizarase  aproveitando a última reunión do equipo TIC, e unha vez rematada a análise da execución das últimas accións ou as que acaben no final do curso. Valorarase o nivel de consecución dos obxectivos previstos nas accións de todo o curso, as dificultades, modificacións se as houbera e finalmente tratarase de identificar as causas que non permitiron acadar algún obxectivo (se sucedeu tal circunstancia). Analizarase a posibilidade de melloras para o próximo curso.
Toda esta información rexistrarase na acta final do equipo TIC

Valoración Xeral

De forma xeral, houbo unha mellora con respecto ao curso anterior en canto á distribución das accións. O feito de distribuilas ao longo do curso, e incluso con tempos de execución moi amplos, permiten modificar e adaptar as acción ante os imprevistos que aparezan.

Tamén se observa maior dificultade para acabar obxectivos que impliquen a moitos docentes e en moitos cursos.

Proposta de mellora

Tendo en costa a experiencia destes dous últimos cursos no desenvolvemento do plan dixital, hai varios aspectos que queremos ter en conta para os próximos plans e que pensamos que permitirán a consecución dos obxectivos:

- Propoñer e deseñar accións que involucren a menos dun 20% do profesorado coa finalidade de que sexan máis operativas e sinxelas de traballar.

- Deseñar os obxectivos e accións de forma que, ainda que comecen en datas próximas vaian rematando de forma escalonada ao longo do curso.

- Distribuir as accións dos obxectivos con prazos amplos de execución.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez que o Plan Dixital teña o visto e prace da autoridade educativa, o protocolo de difusión e posta en coñecemento da comunidade educativa será o seguinte:
 1.    O Coordinador TIC comunicará a todos os membros do equipo TIC a conformidade do Plan Dixital por parte da autoridade Educativa. Rexistrarase na última acta do equipo TIC do curso correspondente.
 2.    O coordinador TIC, informará ao Director da aprobación e explicará con detalle os obxectivos previstos no Plan de Acción. O Director informará a súa vez ao presidente do Padroado da Fundación á que pertence o Colexio.
 3.    No claustro final do curso, o coordinador TIC informará a todos os profesores do estado de execución e nivel de cumprimero dos obxectivos do Plan Dixital.
 4.    Na reunión do Consello Escolar, posterior ao Claustro de Profesores, e último do ano, o coordinador TIC explicará o seguimento realizado polo mentor ADIX e os niveis de execución e logro das diferentes accións. A avaliación do Plan Dixital deberá ser aprobado polo Consello Escolar.
 5.    Unha vez informados todos os órganos e coa aprobación do Consello Escolar, empregarase a páxina web do Colexio (https://cangas.casadelavirgen.es/) para publicitar e difundir que o centro conta cun Plan Dixital que do que xa levamos implementando dous cursos. A maior parte dos cursos tamén contan cun Blog de aula que é moi empregado por alumnos e familias e polo tanto se solicitará aos profesores administradores dos distintos blogs que inclúan unha entrada con referencia e información do Plan Dixital.
A persoa coordinadora do PD terá acceso  á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da dirección do centro.