Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

- Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

A relevancia do desenvolvemento deste plan vese reflectida na lexislación vixente, onde atopamos numerosos exemplos, como poden ser:

  •  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  •  Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  •  Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  •  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

- Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo

O IES da Terra Chá, José Trapero Pardo, atópase situado na vila de Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei, Lugo). En xeral a Terra Chá, e en particular esta vila, son zonas esencialmente rurais, cunha renda per cápita media-baixa e cun nivel de formación académica tamén baixo.

En parte debido a estas características, o nivel de dixitalización e de manexo das TIC é baixo. Por unha banda, os habitantes dos pobos aos que lles corresponde este centro non contan coa infraestutura necesaria para favorecer o uso das TIC (deficiencias na velocidade de internet, fundamentalmente); isto sumado ás baixas rendas, fai que a adquisición de equipos TIC sexa complicada. Por outra banda, e como consecuencia do anterior, o nivel de formación TIC vese afectado, xa que non se aprende o que non se pode acadar.

O Plan Dixital tamén está moi relacionado coa Programación Xeral Anual (PXA) do IES da Terra Chá, xa que como se indica no documento, algúns dos obxectivos do centro é a integración das TIC no día a día, facer de internet unha ferramenta básica na Competencia de Aprender a Aprender, e entender que as novas tecnoloxías son unha parte fundamental na nosa vida, polo que hai que cooñecelas e empregalas, sendo conscientes dos riscos que poden traer consigo.

Cabe destacar, polo tanto, que o Plan Dixital é unha ferramenta que serve para achegar as novas tecnoloxías ao noso centro, tendo en conta as circunstancias nas que o mesmo se atopa (principalmente debido a razóns socioeconómicas), e os obxectivos que se definen no plan de acción (punto 3.1) están enfocados a solventar certas carencias básicas co fin de poder ampliar e mellorar o uso das TIC por parte de toda a comunidade educativa que forma parte do centro. Unha vez solventadas as carencias de base, poderase ampliar o espectro de mellora nos vindeiros cursos.

 

- Proceso de elaboración

Para a realización do Plan Dixital, o primeiro que se fixo foi formar un equipo de dinamización do mesmo. Tras unha primeira reunión inicial (na que se tomaron decisións en canto ao funcionamento e se concretou o test SELFIE), tivemos dúas formacións, unha sobre o DAFO e outra sobre o Plan de Acción. Estas tarefas realizáronse nas dúas xuntanzas seguintes -unha para cada actividade- ata acadar o resultado final.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida para a análise do DAFO foron o informe SELFIE e o test CDD

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -Dificultade dalgunhas familias para acceder a recursos dixitais. -Falta de interese dunha parte das familias polo uso das tecnoloxías. Familias Non
Debilidade -Ás veces, o equipamento TIC presenta problemas que necesitan asistencia técnica inmediata -O persoal docente encargado da asistencia TIC non ten a suficiente dispoñibilidade horaria para atender o centro, polo que se precisa asistencia externa -Falta de material e conexión. -Falta de aulas específicas/materia con material suficiente para todo o alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de formación específica para o profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza O alumado está interesado nas TIC Alumnado Non
Fortaleza Existencia de equipos para o profesorado en todas as aulas. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro conta cun elevado número de docentes que participan no plan dixital e dispostos a mellorar. Organización de centro Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O medio rural é menos proclive ao uso e aprendizaxe das TIC Contorna Non
Ameaza -Excesiva preocupación polas TIC ata o punte de ser obxectivo e non ferramenta. -Dentro dun plan ou sector estratéxico, os obxectivos deben ser realistas. Dado o punto de partida do rural galego, é complexo que isto sexa así. Outras Non
Oportunidade A apertura de plans formativos para o claustro Administración educativa Si
Oportunidade -A creación do plan dixital pode supoñer un punto de inflexión cara a mellora no ámbito das TIC. -O plan dixital pode supoñer unha achega de recursos para poder beneficiar ás familias. Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir desta posta en común, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a formación TIC entre o profesorado
O02PD Acadar unha maior asistencia TIC

Seguimento

Procedemento

A avaliación procesual será a que nos indique o estado dos obxectivos durante o proceso do seu desenvolvemento. Será preciso ter mínimo unha avaliación por trimestre para comprobar que todo avanza segundo o previsto e para ter certa marxe de maniobra para facer modificacións en caso de que isto non sexa así. Medainte reunións e formación do grupo de traballo do plan.

1º Trimestre

No primeiro trimestre informouse no claustro do 7 de setembro de 2022 da redución horaria ao profesorado encargado da asistencia TIC, aumentando o número de horas con respecto o ano anterior. Ademais no claustro do 15 de setembro tamén se informou da necesidade de formación TIC do profesorado.

Na reunión do 11 de novembro do 2022 os membros do grupo de traballo do plan dixital acordamos realizar unha enquisa conxunta para tratar a acción AO1.2 e AO2.1 cuxos obxectivos eran coñecer as áreas de interese e mellora na formación TIC de todo o claustro. Así como, a súa satisfación coa asistencia TIC. Ademais de realizar unha enquisa só para o profesorado encargo da asistencia TIC para atopar debilidades en dita asistencia. Ambas enquisas realízanse por o grupo de traballo do plan dixital os días 22 de novembro e 13 de decembro, respectivamente.

2º Trimestre

No segundo trimestre empezamos coa revisión das enquisas o día 24 de xaneiro 2023 e posterior traslado das preguntas propostas por o grupo de traballo do PD a AULA VIRTUAL do centro. Seguidamente poñemos a disposición do profesorado que leva a asistencia TIC a enquisa correspondente, a cal será anónima e estará dispoñible dende o 30 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2023, completando así a acción AO2.1 do plan dixital do centro.

Os días 31 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2023 ven o relator Jairo Campo Vázquez para impartir a docencia en creación de contidos dixitais con diferentes programas como o Kahoot, Canva, Genially, Book Creator...realizando así a acción AO1.3 do plan dixital do centro.

Ademais dende o 13 de febreiro ao 17 de febreiro de 2023 está dispoñible na AULA VIRTUAL do centro a enquisa dirixida a todo o claustro e a cal será totalmente anónima, completando así a acción AO1.2 do plan dixital do centro.

Finalmente rematamos o trimestre cunha autoformación en Kahoot e Canva realizada o día 7 de marzo de 2023 para afianzar o aprendido nas formacións e crear os nosos propios contidos dixitais, que empregaremos a hora de dar clase nas nosas materias.

3º Trimestre

Neste último trimestre comezamos o dia 26 de abril do 2023 cunha autoformación en Padlet, Book Creator e Scorm, que ten por obxetivo o mesmo ca do día 7 de marzo, afianzar o que vimos na formación e adecúalo as nosas necesidades a hora de impartir as diferentes materias.

O día 24 de maio de 2023 analizamos os resultados das enquisas, propuxemos algunhas melloras para solventar algunhas carencias que saíron en ditas enquisas , fíxose unha posta en común dos materiais elaborados e comentáronse os posibles obxectivos do PD para o ano que ven.

O día 29 de maio de 2023 o grupo de traballo decide continuar co plan dixital de cara o ano que ven, tendo en conta os posibles obxectivos barallados con anterioridade. E ademais decídese adiar a acción AO2.3 xa que, se precisa de varios cambios para mellorar a asistencia TIC no centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Unha vez implantado o Plan Dixital no curso 2022/2023, será preciso avaliar o desenvolvemento do mesmo e a consecución dos obxectivos marcados. Para isto, dividiremos a avaliación en dous puntos: a avaliación procesual e a avaliación final. 

A avaliación procesual xa se describiu no seguimento.

A avaliación final farase ao rematar o curso, e servirá para facer balance do acadado durante o ano e si se lograron ou non os obxectivos. Tamén é importante propoñer melloras de cara ao curso seguinte co fin de ser cada vez máis precisos.

Valoración xeral

A valoración xeral é moi boa debido a implicación dos participantes no grupo de traballo, así como o cumplimento dos obxectivos establecidos para este curso.

Proposta de mellora

Optimizar os recursos informáticos

Formación específica para os asistentes TIC

Formación para todo o claustro en MOODLE para xestionar cualificacións e realizar exames autocorrixibles a través de dita plataforma

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez rematado e aprobado o Plan Dixital, este será publicado na páxina web do centro co fin de que toda a comunidade educativa teña acceso a el, pódese acceder dende o seguinte link:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesdaterracha/?q=node/938