Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

    O centro conta desde o curso 2009/2010 cun plan de integración das tecnoloxías da  información e a comunicación, que fora apoiado polo Claustro de Profesorado e Consello Escolar.

    O seus obxectivos son:

  • Introdución das TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe do centro.
  • Aumentar a competencia na utilización das TIC do profesorado e do alumnado.
  • Establecer horas de formación para o profesorado no horario xeral do centro.
  • Utilizar as TIC na mellora da xestión e organización do centro.
  • Manter actualizada a páxina Web do centro.
  • Aumentar cada curso escolar os recursos técnicos dos que dispón o centro.
  • Ser un centro educativo de referencia no uso das TIC.

    O IES Lama das Quendas é actualmente un centro E-Dixgal en toda a educación secundaria obrigatoria. O alumnado de 1º a 4º de ESO ten dispoñible portátil de alumnado con cobertura wi-fi en todas as aulas. A maioría de materias deste alumnado impártese con libro dixital.

    Noutras etapas educativas (Bacharelato, ESA) empregase de forma moi importante a aula virtual do centro como medio habitual de docencia.

    Un dos obxectivos marcados neste Plan Dixital é o de potenciar o emprego desta ferramentas.

 

Xustificación do Plan Dixital

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

 

Proceso de elaboración

    A partir da resolución de 3 de setembro, antes citada, iniciouse a planificación e busca de información para a redacción do Plan Dixital do centro (PD).

    Formouse un equipo de traballo, composto 8 integrantes, de entre o profesorado do centro, que no marco dunha liña de formación PFPP se encargou dos pasos necesarios.

    En sucesivas etapas marcadas dende as asesorías ADIX,  na redacción do PD partimos das ferramentas SELFIE e do Test CDD coas que a comunidade educativa proporcinou a información necesaria para seleccionar obxectivos e plans de acción concretos.  A selección de información relevante entre os abundantes datos recollidos fixose mediante unha metodoloxía de análise DAFO (debilidades, amenazas, fortalezas, oportunidades).

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

    Unha das fontes de datos para o DAFO foi a ferramenta SELFIE. No noso centro fixemos este TEST a finais da 1ª avaliación do curso 2021-2022.

    Os índices de participación, mostrados a continuación,  foron bastante elevados:

  •     Índices de finalización en ESO e ESA:
    • Membros do equipo directivo: 100%
    • Profesorado: 87%
    • Alumnado: 91%
  •     Índices de finalización en Bacharelato:
    • Membros do equipo directivo: 100%
    • Profesorado: 85%
    • Alumnado: 92%

    Resumo dos resultados nas áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa pode consultarse no Plan dixital aprobado e xa colgado na web do centro:   ligazón ao Plan Dixital

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4. Verificar a calidade da información H11. Aprender a codificar ou programar H13. Resolver problemas técnicos H6. Outorgar recoñecemento ao traballo... Alumnado Non
Debilidade C7. Protección de datos C16. Bibliotecas/ repositorios en liña C15. Tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Non
Debilidade B4. Sinerxias para a aprendizaxe híbrida C11. Fenda dixital: medidas para identifi... C16. Bibliotecas/ repositorios en liña C15. Tecnoloxías asistenciais Organización de centro Si
Debilidade A4. Tempo para explorar o ensino dixital B3. Colaboracións B2. Debate sobre o uso da tecnoloxía D3. Intercambio de experiencias D1. Necesidades de FPP E3. Uso de contornos virtuais de aprend... E2. Creación de recursos dixitais F6. Proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Fortaleza C10. Dispositivos para o alumnado C8. Dispositivos dixitais para a aprendiz... H10. Habilidades dixitais para diferentes¿ H8. Aprender a comunicarse H3. Comportamento responsable H7. Creación de contidos dixitais Alumnado Si
Fortaleza C2. Dispositivos dixitais para o ensino C5. Asistencia técnica C8. Dispositivos dixitais para a aprendiz... C10. Dispositivos para o alumnado C1. Infraestrutura C3. Acceso a Internet C14. Espazos físicos Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino A.2. Desenvolvemento da estratexia co ¿ A1. Estratexia dixital A4. Tempo para explorar o ensino dixital B1. Avaliación do progreso C5. Asistencia técnica C14. Espazos físicos Organización de centro Non
Fortaleza A4. Tempo para explorar o ensino dixital B3. Colaboracións B2. Debate sobre o uso da tecnoloxía D3. Intercambio de experiencias D1. Necesidades de FPP E3. Uso de contornos virtuais de aprend... E2. Creación de recursos dixitais F6. Proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C16. Bibliotecas/ repositorios en liña Administración educativa Non
Ameaza C11. Fenda dixital: medidas para identifi... Contorna Non
Ameaza C7. Protección de datos Lexislación Non
Ameaza B3. Colaboracións B4. Sinerxias para a aprendizaxe híbrida C11. Fenda dixital: medidas para identifi... Outras Si
Oportunidade C2. Dispositivos dixitais para o ensino C5. Asistencia técnica C1. Infraestrutura C3. Acceso a Internet C14. Espazos físicos Administración educativa Non
Oportunidade A5. Normas sobre dereitos de autor e lic... Lexislación Non
Oportunidade C1. Infraestrutura Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

    A análise DAFO fixose en base aos datos obtidos dos test SELFIE e de Competencia Dxixtal Docente.

    Dos datos do SELFIE destacamos como puntos de posible interés para o Plan Dixital aquelas cuestións que sobresaen do resto, ben por ter a puntuación media máis alta (aspectos a coidar e potenciar), por ter a puntuación media máis baixa (defectos a corrixir) ou por presentar maior dispersión entre as respostas proporcionadas por profesorado e alumnado (diferenzas de apreciación que poderían indicar un problema non detectado).

    Empregouse unha metodoloxía DAFO, da análise da matriz DAFO obtiveronse os obxectivos, todos eles específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados. Obxectivos que teñen como referencia o marco de actuación do Plan Dixital.

    Os obxectivos obtidos están contextualizados nas distintas áreas de mellora do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes; detállanse nas táboas de Plans de Acción do Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Obxectivo 1: Potenciar o uso da Aula Virtual/E-DIXGAL do centro por parte do profesorado e alumnado.
Obxectivo 2: Potenciar a transmisión de información entre o profesorado a través do correo electrónico corporativo.
Obxectivo 4: Aumentar a presencia dixital do centro mediante a páxina Web.
Obxectivo 3: Crear un repositorio de recursos no centro para empregar nas materias da aula virtual/E-Dixgal
Obxectivo 5: Participar en actividades de formación do profesorado

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

    Durante o primeiro curso de vixencia do PD, o curso 2022-2023, o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos marcados levarase a cabo mediante avaliacións trimestrais e unha avaliación final.

 

    A avaliación trimestral, nas reunións do Claustro e do Consello Escolar de fin de trimestre, consistirá en informar sobre:

  • Estado de execución das acción do Plan Dixital.
  • Análise e valoración de resultados.
  • Modificacións das accións, se procede.
  • Propostas de mellora.

 

    A avaliación final, coincidindo co Claustro e Consello Escolar de fin de curso. Nesta avaliación valorarase:

  • Grado de cumprimento do Plan dixital e avaliación do mesmo.
  • Propostas de mellora ou modificación.

 

    En base aos resultados destas avaliacións e de posibles novas instrución recibidas dende as asesorías, valorarase a modificación do Plan Dixital para o curso seguinte.

Valoración xeral

Considerando que este é o primeiro ano de aplicación do Plan Dixital, considérase que os obxectivos propostos estan razoablemente acadados aínda que é certo que de cara ao próximo curso, algunhas acción e indicadores deberían ser axustados.

Proposta de mellora

Unha vez por curso, e cando se teñan todos os datos definitivos, o equipo responsable do Plan Dixital reunirase para avaliar obxectivos, acción e indicadores de cara a unha posible revisión.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

    O presente Plan Dixital do IES Lama das Quendas foi presentado ao Claustro do profesorado e aprobado en reunión do 30 de xuño de 2022 e tamén aprobado polo Consello Escolar con data de 30 de xuño de 2022.

    Estará dispoñible para toda a comunidade educativa na páxina web do centro mediante ligazón específica dedicada ao Plan Dixital.