Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Colexio de Educación Infantil e Primaria Veleiro Docampo está situado na localidade de Castro
Ribeiras de Lea, pertencente ao concello de Castro de Rei. Neste concello, ademais de
diferentes parroquias de carácter rural, existen dous núcleos poboacionais principais con
características semiurbanas, un deles é onde se localiza o centro educativo.
O colexio Veleiro Docampo atende a alumnado procedente de parte das parroquias situadas
xeograficamente ao sur do Concello de Castro de Rei (Triabá, San Xiao de Mos, Ribeiras de Lea,
Duarría, Dumpín, Duancos, Orizón, Mondrid, Ludrio, Loentia e Bendia) e outras limítrofes
pertencentes ao Concello de Cospeito (caso de Xustás e Bexán).
Castro Ribeiras de Lea é un referente principal de toda a zona, no que se refire a servizos
administrativos (salvo a casa do Concello e o posto da Garda Civil) e no ámbito económico. E
unha localidade que ten identidade propia, con recursos en ámbitos coma o lecer,
asociacionismo etc.., á vez que actúa como referente administrativo e económico para as aldeas
limítrofes. Nos últimos anos tense producido un importante incremento da poboación.
Ao centro acude tamén alumnado doutras zonas educativas, por decisións de ámbito familiar.
En relación ás TICs, é preciso mencionar que a maioría das familias do centro posúe algún
recurso tecnolóxico, como unha tableta ou un ordenador, aínda que en moitos casos este
recurso limítase a un teléfono móbil. A conexión a internet é bastante limitada debido á mala
cobertura da zona, só existe fibra óptica na vila e estase a iniciar o cableado dalgunha das
parroquias.
Debido á situación derivada da COVID19, puidemos constatar que o nivel de competencia das
familias en relación ao uso das TICs é na súa maioría básico.
Tamén é preciso mencionar que o noso centro participa no programa E-Dixgal.

Tendo en conta o contexto anterior, elaboramos o Plan Dixital, coa finalidade de dar un enfoque
de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, de xeito que se converta nun proxecto
compartido para todos os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso
das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo e da Programación
Xeral Anual.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1.4. Proceso de elaboración
Ao inicio deste curso, 2021-2022, constitúese o Equipo de Dinamización do Plan Dixital, coa
finalidade de elaborar dito documento.
Os pasos a seguir foron os seguintes:
1. Realizar a análise da situación do centro a través das ferramentas para a diagnose de situación
SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.
2. Realizar a diagnose de situación do centro. A partir do Informe SELFIE, obtivemos un informe
sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que nos permitiu a análise de
situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e
actuacións. O Informe Individual do test CDD permitiu coñecer as competencias profesionais
docentes relacionadas co ámbito dixital, o que facilitará planificar unha formación persoal que
atenda ao nivel de partida de cada docente.
3. A partir das análises anteriores establécese o Plan de Acción, no que se determinan os
obxectivos que queremos conseguir e as accións necesarias para acadar eses obxectivos.
A partir deste Plan de Acción elabórase o Plan Dixital.

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 10. Dificultade de uso da aula virtual nos cursos inferiores a 4o de educación primaria (E3) Alumnado Non
Debilidade 1. Falta formación para as familias. Familias Non
Debilidade 1. A infraestrutura dixital das aulas non E- Dixgal (incluídas aulas de PT e AL) e espazos comúns non é adecuado para levar a cabo procesos de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C1- C2) Infraestruturas Non
Debilidade 12. Non existe unha estratexia dixital (A1) Organización de centro Non
Debilidade 13. A asistencia técnica non está dispoñible no noso centro cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais(C5) Organización de centro Non
Debilidade 14. Non existen sistemas de protección de datos (C7) Organización de centro Non
Debilidade 5. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital (A4) Persoal docente Non
Debilidade 6. Non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais (B1) Persoal docente Non
Debilidade 4.Falta de implicación do persoal docente por non saber en que mellora a dixitalización o proceso de ensino-aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade 8. Escaso uso das tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado e para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe ou poda levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seuscompañeiros. (G1-G5-G6) Persoal docente Non
Debilidade 9. Dúbidas, por parte do profesorado do centro, sobre a parte negativa que observamos na utilización da infraestrutura dixital por parte do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade 2. Falta de formación do equipo docente. Persoal docente Non
Debilidade 3. Falta de coñecemento do que se pode chegar a conseguir coa dixitalización do ensino/aprendizaxe en xeral, e sobre todo na etapa de Educación Infantil. Persoal docente Non
Debilidade 7. Uso das tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado: fomentar a creatividade, motivación, colaboración e traballo interdisciplinar (F1-F3-F4-F5-F6) Persoal docente Non
Fortaleza 7.Nos últimos cursos, as familias, incrementaron a dotación de infraestrutura informática. Familias Non
Fortaleza 1. Acceso a internet en todas as aulas (C3 Infraestruturas Si
Fortaleza 2. A infraestrutura dixital nas aula de 5º e 6º apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais(programa E-Dixgal) (C1-C2) Infraestruturas Non
Fortaleza 8. A utilización do programa E-Dixgal no centro. Organización de centro Non
Fortaleza 10. Coñecemos e respectamos as licenzas de autor (A5) Organización de centro Non
Fortaleza 9. No noso centro, existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe (C16) Organización de centro Non
Fortaleza 3. Algúns docentes do centro pensan que é importante, e necesario, afondar na dixitalización do ensino. Persoal docente Non
Fortaleza 6. Existen debates e reflexión sobre as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais (B2) Persoal docente Non
Fortaleza 5. Implicación dixital dunha alta porcentaxe do claustro. Persoal docente Non
Fortaleza 4. O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de probar novas modalidades de ensino (A3) Persoal docente Non
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Ordenadores que chegan aos centros debería vir con acceso restrinxido a determinadas páxinas non axeitadas. Administración educativa Non
Ameaza 2. O traballo diario docente vese dificultado pola maqueta Abalar/ sistema operativo Linux. Administración educativa Non
Ameaza 6. Dúbidas, por parte das nais e pais, sobre a aprendizaxe dixital. ANPA Non
Ameaza 7. Dúbidas, por parte do profesorado do centro, sobre a parte negativa que observamos na utilización da infraestrutura dixital por parte do alumnado fóra do centro. ANPA Non
Ameaza 8. Mala conexión a internet na área rural onde está inserto o CEIP. Contorna Non
Ameaza 5. Cambios lexislativos constantes (A-D-F-G) Lexislación Non
Ameaza 4. Moita burocracia (F) Lexislación Non
Ameaza 3. Ratios elevadas (F-G-H ) Lexislación Non
Oportunidade 6. Formación dixital continua no propio centro (D1-D2-D3) Administración educativa Non
Oportunidade 2. Oportunidade de solicitar horario para formación neste eido. Administración educativa Non
Oportunidade 4. Oportunidade para buscar asesoramento sobre o que se pode conseguir coa dixitalización do ensino/aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade 5. Estabilidade do persoal docente. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Oportunidade de contarlle á Consellería que necesitamos infraestrutura. Administración educativa Non
Oportunidade 3. A cantidade de cartos que Europa vai aportar para este plan (parece ser). Administración educativa Non
Oportunidade 7. Actualización equipamento dixital para a aprendizaxe no centro (C1-C2) Administración educativa Non
Oportunidade 9. Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. ANPA Non
Oportunidade 8. Promover a implicación das familias. ANPA Non
Oportunidade 10. Creación de canles colaborativas e asesoramento entre o profesorado do noso centro e da contorna (B-E) Contorna Non
Oportunidade 11. Utilizar tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións ou entidades (B3) Outras Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Iniciar a familiarización do alumnado co uso das TIC.
O02PD Crear repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza-aprendizaxe. (C.16)
O03PD Elaborar un protocolo para crear produtos multimedia con imaxe, vídeo e/ou son dentro da estratexia dixital do centro. (A1)

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como
mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución
das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles
modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

OBXECTIVO 1: revísase a infraestructura e o equipamento do centro.

OBXECTIVO 2: creación dun grupo de traballo, co fin de levar a cabo diferentes accións do Plan Dixital.

OBXECTIVO 3: noméase a coordinadora TIC e a coordinadora do grupo de traballo. O profesorado reflexa nas súas programacións os productos multimedia que quere elaborar.

2º Trimestre

OBXECTIVO 1: realización de diferentes actividades multimedia, co alumnado.

OBXECTIVO 2: elaboración dun repositorio na aula virtual do centro.

OBXECTIVO 3: formación  sobre lexislación relativa á protección de datos.

3º Trimestre

OBXECTIVO 1: realización de diferentes actividades multimedia co alumnado.

OBXECTIVO 2: infórmase ao claustro da existencia dun repositorio en liña, para compartir materiais.

OBXECTIVO 3: elabórase un esquema que servirá de guía para o futuro protocolo para crear produtos multimedia.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de
obxectivos, realizarase do seguinte xeito:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como
mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución
das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles
modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo
unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do
logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A valoración do desenvolvemento do Plan dixital é favorable, cunha boa implicación do profesorado do centro.

Proposta de mellora

Quedan pendentes, para o próximo curso, a consecución dun par de accións do obxectivo 3 e continuar ampliando os outros obxectivos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será presentado ao Consello Escolar, para a súa aprobación na última reunión
do curso 2021-2022, unha vez oído o Claustro. Realizada a aprobación, será dado a coñecer
a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro.