Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS BÁSICOS DO CENTRO.

Nome do centro: CEIP Ramón Falcón

Dirección: Avenida Alcalde Emilio Sinde Nieto S/N

Localidade: Castro de Rei

Código Postal: 27250

Provincia: Lugo

Código do centro: 270 01609

Correo electrónico: ceip.ramón.falcón@edu.xunta.gal

Páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonfalcon/

Etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria.

Nº alumnado: Educación Infantil (21) e Educación Primaria (56).

Nº profesorado: 12 + 3 itinerantes.

CONTEXTUALIZACIÓN E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO.

O CEIP Ramón Falcón está emprazado na vila de Castro de Rei, capitalidade do concello do mesmo nome. Este concello está no corazón da comarca da Terra Chá. En todos os núcleos de poboación do concello, as explotacións agro-gandeiras son moi significativas, xa que a maioría da poboación ten nesta actividade a súa vía principal de ingresos.

A competencia dixital é unha realidade dende hai uns anos e no CEIP Ramón Falcón intentamos que tamén seña unha realidade.

O proxecto educativo do centro inspira que unha aprendizaxe para a vida futura é un aspecto básico na formación do alumnado. Por iso, as aprendizaxes relacionadas coas tecnoloxías posibilitarán un achegamento ao que se poden atopar na súa vida laboral, social e familiar.

O centro leva uns cantos anos traballando con proxectos vencellados á competencia dixital como medio de desenvolvemento: PLAMBE, E-Dixgal, Digicraft, Radio na biblio, API... son unha mostra do interese do centro pola formación tecnolóxica.

Este plan dixital pretende contribuir á Programación Xeral Anual do curso 2022/2023 mediante a continuación dos plans vixentes anteriormente citados, coa implementación de actividades de carácter dixital nas aulas e co incremento da competencia dixital en todos os sectores da comunidade educativa.

NORMATIVA LEGAL.

A normativa a ter en conta para a elaboración deste plan dixital é a seguinte:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

PROCESO DE ELABORACIÓN.

A elaboración do Plan Dixital do centro realizouse mediante un Plan de Formación Permanente do Profesorado, cunha duración de 20 horas e no formato de seminario.

A totalidade do profesorado do centro (con centro base nel) participou neste seminario.

Primeiramente, realizamos o test SELFIE e o Test CCD, para coñecer aspectos básicos sobre a relación do noso día a día có ámbito dixital.

Seguidamente, elaboramos un informe DAFO, onde postulamos as nosas fortalezas, oportunidades, ameazas e debilidades.

Tendo en conta todo o anterior, elaboramos un plan de acción. O cal consta de tres obxectivos básicos e unha serie de accións para cada un deles.

Por último, rematamos con este documento (Plan Dixital).

SITUACIÓN DE PARTIDA.

Infraestrutura:

O centro dispón de boa conectividade a nivel xeral. Dende que se implantou o programa Escuelas Conectadas, a conectividade mellorou moito.

As conexións de voz (teléfono) son bastante obsoletas.

A rede sen fíos do centro funciona bastante ben, tendo varios puntos de acceso distribuídos por todo o centro.

A instalación eléctrica do centro é regular, xa que hai cables visibles e faltan enchufes.

Equipamento:

Equipamento dispoñible e identificación dos usos segundo as seguintes categorías: contamos con 5 aulas dixitalizadas, 2 aulas do proxecto E-Dixgal, 2 equipos de xestión e administración, 4 equipos na biblioteca (2 de xestión), 1 equipo para uso nas sala de profesorado, tablets, 10 equipos obsoletos na aula de informática e dispoñemos de mesa de luz , robots, 1 equipo e mesa de mesturas (radio na escola) pertencentes ao PLAMBE.

Ordenadores Noobi do proxecto Abalar (dispoñen de maqueta lixeira pero funcionan moi mal).

Dispoñemos dunha pizarra dixital móbil.

Servizos dixitais:

Servizos dixitais educativos: contamos cós servizos propostos pola Consellería: páxina web do centro, aula virtual, abalarmóbil, webex ou falemos...

A biblioteca do centro conta cunha conta en facebook para a difusión do seu traballo.

A xestión do equipamento do centro está contratada cunha empresa externa. Os pequenos problemas que xurden a cotío, o coordinador TIC intenta solventalos.

O plan de continxencia do centro establece os mecanismos de actuación en caso de non ser posible o ensino presenzal.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Cuestionario SELFIE. (Os resultados atópanse no anexo)

TEST CDD. (Os resultados atópanse no anexo)

Interno
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A maoría do alumnado realiza buscas de información de xeito erróneo ou incorrecto. Alumnado Non
Debilidade A maioría do alumnado ten competencias dixitais moi básicas. Alumnado Si
Debilidade Hai alumnado que non posúe dispositivos ou non sabe empregalos. Alumnado Non
Debilidade A competencia dixital é baixa ou moi baixa. Familias Si
Debilidade Moitas familias teñen escasa implicación no proceso de ensino-aprendizaxe (agrándase se son contidos dixitais). Familias Non
Debilidade A maioría do equipamiento está obsoleto e funciona lento. Infraestruturas Non
Debilidade A conexión a Internet é regular, xa que ten altibaixos (últimos anos). Infraestruturas Non
Debilidade Instalación eléctrica insuficiente e obsoleta: Infraestruturas Non
Debilidade Falta dun horario oficial nos restantes cursos de Educación Primaria para impartir un área de competencias dixitais. Oferta Non
Debilidade A meirande parte da oferta está focalizada para 5º e 6º curso de Educación Primaria. Oferta Non
Debilidade O mantemento do equipamento informático realizado pola empresa externa é de pago mensual costeado polo propio centro e non ten dispoñibilidade inmediata. Organización de centro Non
Debilidade Falta dun espazo comunitario para todo o colexio (tipo salón de actos). Organización de centro Non
Debilidade Descoñecemento xeralizado das distintas funcionalidades do software libre educativo (Debian/Linux). Persoal docente Non
Debilidade Nivel escaso de creación de contidos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non uso de ferramentas dixitais para a autoavaliación. Persoal docente Non
Debilidade O persoal de cociña non ten coñecementos dixitais para aplicar no seu traballo. Persoal non docente Non
Fortaleza A maioría coñecen e dispoñen de varios tipos de dispositvos electrónicos. Alumnado Non
Fortaleza Aprendizaxe rápido cando é un contido do seu interese. Alumnado Non
Fortaleza Pagan anualmente unha plataforma externa para uso educativo no colexio (Snappet). Familias Non
Fortaleza Empregan as canles oficiais de comunicación có centro (Abalarmóbil, correo electrónico, páxina web do centro...). Familias Non
Fortaleza Número suficiente de puntos de acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza O número de equipos para o alumnado e profesorado é suficiente. (Portátiles E-Dixgal, portátiles Noobi Abalar, ordenadores de mesa, pizarras dixitais, ordenadores de xestión). Infraestruturas Non
Fortaleza Inclusión no programa E-Dixgal e no programa Digicraft para os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria. Oferta Non
Fortaleza Inclusión diversos programas e plans educativos como medio de mellora das condicións educativas dixitais (PLAMBE, PROXECTA+). Oferta Si
Fortaleza Experiencia previa no ensino mixto ou a distancia (Confinamento) mediante aula virtual, E-Dixgal e Snappet. Oferta Non
Fortaleza Implementación do API na área de libre configuración en 4º e 6º de Educación Primaria dende hai 4 anos. Oferta Non
Fortaleza Traballo interdisciplinar no programa Radio na biblio (creación de podcast, entrevistas¿). Oferta Non
Fortaleza Implementa formacións para o profesorado (PFPP) e para o alumnado (Ciberseguridade e Radio). Oferta Non
Fortaleza O mantemento do euipamento informático realízao unha empresa externa contratada polo centro. Organización de centro Non
Fortaleza O centro dispón de ordenadores portátiles para préstamo. Organización de centro Non
Fortaleza Dispón de espazos, ben acondicionados, destinados ao fomento da competencia dixital: aula informática (ordenadores de mesa e pizarra), ludoteca (ordenadores de mesa, pizarra, impresora 3d e zona de robótica e zona da radio (ordenador portátil, micrófonos e mesa de mesturas). Organización de centro Non
Fortaleza O centro equipou todas as aulas cun portátil, pizarra dixital e proxector en 4 anos. Organización de centro Non
Fortaleza O coordinador TIC/E-Dixgal/Abalar realiza funcións de axuda a nivel básico. Todos os mestres axúdamonos de xeito mutuo para solventar os problemas que poidan xurdir. Organización de centro Non
Fortaleza Emprego do protocolo de proteción de datos e imaxes. Organización de centro Non
Fortaleza Emprego de distintas ferramentas de comunicación corporativas (Abalar, correo electrónico, páxina web do centro¿). Persoal docente Si
Fortaleza Emprego do Entorno Virtual de Aprendizaxe do E-Dixgal e da aula virtual do centro). Persoal docente Si
Fortaleza Coñecemento das competencias dixitais a nivel usuario, pero disposto á formación continua. Persoal docente Si
Fortaleza As auxiliares de conversa teñen certo dominio para a creación de contidos dixitais. Persoal non docente Non
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O equipamento é escaso e o achegamento dos recursos é moi lento. Administración educativa Non
Ameaza Escasa ou nula presenza de contidos dixitais no currículo oficial. Obxectivos e contidos a nivel dixital desglosados por cursos e ou ciclos. Administración educativa Non
Ameaza Na formación en centros existe moita disparidade de niveis. Administración educativa Non
Ameaza Formación paralela ao comezo do desenvolvemento dun programa, como no E-Dixgal. Administración educativa Non
Ameaza Escasa ou nula presenza de contidos dixitais específicos no horario oficial. Administración educativa Non
Ameaza Pouca implicación na busca de actividades (conta con moi poucos soci@s ou afiliad@s). ANPA Non
Ameaza No hai ningún punto de conexión (wi-fi) gratuito. Contorna Non
Ameaza Internet no rural é limitado e moi caro. Contorna Non
Ameaza Escasos espazos adicados polo Concello. Contorna Non
Ameaza Descoñecemento xeralizado das licencias Creative Commons. Lexislación Non
Ameaza Descoñecemento da existencia de protocolos ou leis referentes á xestión dos equipos informáticos. Lexislación Non
Ameaza Na zona existe unha oferta moi escasa e tamén é de pago. Outras Non
Ameaza Existe unha limitación nos desprazamentos (transporte). Outras Non
Oportunidade Oferta función de soporte mediante a UAC e o Servizo Premium. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta formación aos mestres mediante a formación en centros (PFPP) ou cursos xestionados polo CFR ou CAFI de xeito presencial ou en rede. Administración educativa Non
Oportunidade Inventario actualizado cada ano (DRD). Administración educativa Non
Oportunidade Ofrece equipamento ao centro. Administración educativa Non
Oportunidade Instalación de fibra óptica nos núcleos de poboación do Concello. Contorna Non
Oportunidade A biblioteca do Concello posúe dous ordenadores para o seu uso persoal. Contorna Non
Oportunidade Uso de recursos legais. Lexislación Non
Oportunidade Coñecemento do protocolo de datos. Lexislación Non
Oportunidade Curso de mecanografía / informática un día á semana impartido por unha empresa externa e en colaboración có Concello e có colexio, que cede as súas instalacións para o seu uso. Outras Non
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Colaborar con outras entidades para o desenvolvemento da competencia dixital (B3)
O02PD Promover o uso da aula virtual polos membros da comunidade educativa (E3)
O03PD Manexar os aspectos básicos do ordenador no 2 ciclo de Educación Primaria (H1 e H3)

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O proceso avaliador terá dous momentos diferenciados:

- A avaliación periódica levarase a cabo ao remate de cada trimestre académico. Valorarase o desenvolvemento das accións, as propostas de mellora e os recursos empregados.

- A avaliación final levarase a cabo ao remate do curso 2022/2023. Valorarase o grao de consecución dos obxectivos propostos e das posibles suxestións de mellora.

 

Valoración xeral

A valoracción do grao de cumprimento do Plan Dixital de centro é bastante positiva, xa que a meirande parte dos obxectivos e das accións propostas están acadadas na súa totalidade. Só queda unha acción por acadar plenamente, a cal quedará pendente para o vindeiro curso.

Neste curso, destacamos tamén, que a práctica totalidade do claustro do centro, levamos a cabo unha formación a través dun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) sobre a creación de diversos recursos dixitais.

Proposta de mellora

O vindeiro curso escolar deberemos actualizar o DAFO do noso centro, reformular e ou ampliar os obxectivos establecidos e levar a cabo unha implementación real dos mesmos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Acordouse no seo do claustro, empregar as seguintes canles de comunicación do plan a toda a comunidade educativa:

-Comunicación ao Consello Escolar do centro.

-Publicación na páxina web do centro.

-Información ás familias nas reunións do principio de curso.