Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEE A Barcia é un centro que atende a alumnos/as que presentan necesidades específicas de apoio educativo, todos/as eles/as con diferentes patoloxías: TXD, parálise cerebral, deficiencia mental, síndromes diversos,... cun baixo nivel de comprensión e, en moitos casos precisan da utilización de Sistemas Alternativos/ou Aumentativos da Comunicación. 

O Plan Dixital contribúe e se incardina perfectamente na traxectoria educativa e innovadora do noso centro, é un Plan que nace en consonancia cos outros documentos institucionais, e ven a complementalos. 

Está en consoancia cos obxectivos e tarefas marcadas no Plan de actuación do Equipo Directivo, no cal se propón fomentar o uso das TICs por medio da “elaboración dun Plan dixital” do centro. No eixo da dixitalización neste documento, tamén se marca a “Colaboración co Equipo TICs” no inventario de recursos tecnolóxicos, colaboración tamén para establecer un plan de renovación destes recursos, fomentar a formación na competencia dixital, e facer o centro máis accesible mediante diferentes formas de comunicación.

Para elaborar o PD do centro, dentro del Equipo TIC, partimos do estudio da proposta/guía publicada polo “Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF):” https://intef.es/wp-content/uploads/2020/07/02-Gu%C3%ADa-Plan-Digital-de-Centro-INTEF.pdf

A partir desta guía elaboramos unha planificación (un horario de traballo semanal e un espazo virtual onde ir depositando as achegas) e empezamos a investigar sobre test contextualizados para avaliar a competencia dixital do profesorado.

Nesta fase de elaboración publicouse a Resolución do 3 de setembro de 2021 e nomeouse, por parte da administración, e nomeouse a persoa mentora encargada de guiar ao centro no deseño, elaboración e implementación do PD.

A raíz desta Resolución formouse un equipo e un coordinador que seguiron os pasos indicados na Resolución do 3 de setembro: Análise da situación do centro por medio da ferramenta SELFIE, e do Test de Competencia Dixital Docente. A partir desta diagnose elaborouse un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) e plantexáronse os obxectivos. 

De xeito paralelo o Equipo participou nun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) asociado ao Plan Dixital. 

Finalmente a Coordinación redactou o presente documento partindo da contextualización do centro e dos datos recabados.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. A continuación achegamos un cadro do DAFO creado no seo do Equipo encargado da creación do PDC.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado utiliza pouco as tecnoloxías no fogar para tarefas edu. Él non é quen de crear contidos dixitais nin tampouco de resolver problemas técnicos relacionados coas tecnoloxías dixitais. (C10, H7 e H13) Alumnado Non
Debilidade Equipamento tecnolóxico obsoleto e sen actualizar. Non se conta con protección de datos nin con dispositivos para o alumnado. (C7, C10 e C16) Infraestruturas Si
Debilidade Estratexia dixital pouco definida. Escaso tempo para explorar a ensinanza dixital e baixas sinerxías para o aprendizaxe mixto. Brecha dixital para identificar novos retos. Non se considera o asesoramento interno. (A1,A4,B4,C11 e C12) Organización de centro Si
Debilidade Non se xestionan contornos virtuais de aprendizaxe tendo en conta aspectos éticos. Outras Non
Debilidade Non se facilita tecnoloxía nin datos dixitais o alumnado para que se documente. Non se empregan entornas virtuais nin tecnoloxías para facilitar a colaboración entre o alumnado e a súa participación en proxectos interdisciplinares. (G8, G9, E3 e F6) Falta de tempo para o asesoramento interno. Descoñecemento das visitas de estudio. Dende o ED non se promove que o profesorado debata sobre o software mais apropiado para xestionar as comunicacións. Non se utilizan programas acreditados. (S5,S6,S8) Non se utilizan utilizan as tecnoloxías para proporcionar oportunidades, para favorecer a colaboración e a aprendizaxe autónoma. Tampouco para apoiar a avaliación, recoller evidencias da aprendizaxe e para proporcionar retroalimentación. Non se usan as tecnoloxías, contornos virtuais e ferramentas dixitais para garantir a capacitación do alumnado. Tampouco actividades que fortalecen o desenvolvemento da competencia dixital Persoal docente Non
Fortaleza A infraestrutura, os dispositivos dixitais e o acceso a internet son axeitados para o ensino e aprendizaxe. Disponse de asistencia técnica. O ACNEAE ten acceso as tecnoloxías asistenciais. (C1,C2,C3,C5 e C15) Infraestruturas Non
Fortaleza Tense acceso as posibilidades do DPC e reflexionase co ED sobre o ensino e a aprendizaxe coas TIC. Utilízase a tecnoloxía dixital ao colaborar con outras organizacións e nos comunicados. (D2, D1, B2, B3 e E4) Búscanse recursos educativos dixitais e utilizase recursos abertos na rede. Utilízanse as TIC para adaptar o método de ensinanza as necesidades individuais e para implicar e fomentar a creatividade. (E1, E5, F1, F3 e F4) Coñécense as tecnoloxías da aula e utilízanse con seguridade. (T1 e T2) Compromiso. Se utilizan as tecnoloxías dixitais para mellorar a comunicación coa comunidade educativa e para a colaboración profesional. Se utilizan criterios de selección de recursos dixitais que cumpran os obxectivos do ensino- aprendizaxe. Persoal docente Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Espazos físicos limitados para realizar traballos con TIC As características do alumnado limitan o uso de materiais e recursos tecnolóxicos (C14) Administración educativa Si
Ameaza Non funciona, problemas para abordar a fenda dixital. (C11 e C12) ANPA Non
Ameaza Poucos dispositivos dixitais e pouca formación familiar. Ausencia de tecnoloxía fora do centro (W5) Contorna Non
Ameaza Non se considera útil a formación en redes profesionais. (S4) Outras Non
Ameaza Equipos dixitais insuficientes POR PARTE DA CONSELLERÍA. (P2) Outras Non
Ameaza A falta de tempo para a elaboración de materiais adaptados as necesidades do alumnado. (P6 e Q4) Outras Non
Ameaza As familias non dispoñen de tecnoloxía para que o alumnado se poida formar. En ocasións os dispositivos no fogar son compartidos. Outras Non
Ameaza O 100% do alumnado son ACNEAE e a maioría dependen do uso das TIC. Pouco uso da tecnoloxía con fns educativos fóra do centro, non teñen axuda na casa co software e as aplicacións. (P8, Q1, W3) Outras Non
Oportunidade A influencia do debate sobre o uso da tecnoloxía e a colaboración do profesorado nos recursos. Os supositorios ou bibliotecas en liña. (A4,B2,B3. e C16) Administración educativa Non
Oportunidade oñécense e respectase as normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso (A5) Lexislación Non
Oportunidade As dotacións económicas por parte da Consellería e os Programas de Innovación Educativa. Conexión de Rede actualizada pola Consellería (P1, P3) Outras Non
Oportunidade Establécense sinerxías para a docencia mixta. A formación (online e presencial) considérase útil. (B4, S1, e S2) Outras Non
Oportunidade Hai dispositivos que os estudantes poden levar a casa se é necesario. O alumnado pode ter o seu propio dispositivo a través do EOE (Alumnos dependentes do uso da tecnoloxía). (C10 e C13) Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD A1 - Xestión, seguimento e avaliación do plan dixital de centro (PDC)
O02PD C1 ¿ Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro
O03PD F1.- Utilizar as TIC para adaptar o método de ensinanza ás necesidades individuais.

Seguimento

Procedemento

Como procedemento de seguimento do plan e de avaliación dos obxectivos nel establecidos utilizaremos unha táboa de 5 columnas que iremos supervisando ao longo do curso: TEMPORALI-ACIÓN/DATA DE REVISIÓN, ACCIÓN, PROCEDEMENTO, ANÁLISE DO RESULTADO, PROPOSTA DE MELLORA/MODIFICACIÓNS.

Tamén contaremos cos datos de dúas enquisas, cos avisos e acordos das CCP e cos rexistros da Aula Virtual.

1º Trimestre

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: 01/09/22

  • ACCIÓN: AO1.1

  • PROCEDEMENTO: Reunión do Claustro para constituír o EPD

  • ANÁLISE DO RESULTADO: Sí houbo reunión e contamos con EPD, Non contamos con EPD, outras opcións. 

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: 01/09/22

  • ACCIÓN: AO1.2

  • PROCEDEMENTO: Motivar ao profesorado para participar no PDC

  • ANÁLISE DO RESULTADO: Motivado (temos ao menos un profesor por nivel)

  • Non Motivado. Outras.

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: Setembro do 22

  • ACCIÓN: AO2.1

  • PROCEDEMENTO: Reorganizáronse os horarios para poder avaliar os equipos dixitais.

  • ANÁLISE DO RESULTADO: Sí. Non. Outra

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: Setembro do 22

  • ACCIÓN: AO3.2

  • PROCEDEMENTO: Espazo na AV para recursos relacionados ca metodoloxía.

  • ANÁLISE DO RESULTADO: Sí hai un espazo na AV, non hai espazo na AV.

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: Outubro do 22

  • ACCIÓN: AO3.1

  • PROCEDEMENTO: Crear un foro para compartir métodos de ensinanza.

  • ANÁLISE DO RESULTADO: Sí, unha vez ó mes, non, outros

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: Setembro do 22

 

 

2º Trimestre

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: Nadal do 22

  • ACCIÓN: AO2.2

  • PROCEDEMENTO: Inventariar e avaliar o Equipamento Dixital.

  • ANÁLISE DO RESULTADO:Avaliouse todo o equipo dixital do centro. Non se avaliou. Outro

3º Trimestre

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: Xuño do 23

  • ACCIÓN: AO1.3

  • PROCEDEMENTO: Cóbrense os outros apartados desta táboa e algunha proposta de mellora

  • ANÁLISE DO RESULTADO: Se segue e avalía o PDC, Non se segue, Outras.

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: Xuño do 23

  • ACCIÓN: AO2.3

  • PROCEDEMENTO: Actualizar e renovar os equipos.

  • ANÁLISE DO RESULTADO: >50% equipos actualizados e/ou renovados. <50% . Outros

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: Xuño do 23

  • ACCIÓN: AO2.4

  • PROCEDEMENTO: Participar en programas que aportan recursos ó centro

  • ANÁLISE DO RESULTADO: Sí. Non. Outros

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: Xuño do 23

  • ACCIÓN: AO3.3

  • PROCEDEMENTO: Formación en Metodoloxías de ensinanza ACNEAE

  • ANÁLISE DO RESULTADO: % que permite afirmar que o 50% do profesorado sí está formado en Metodoloxías, non se acada o 50%, outras.

TEMPORALIACIÓN/DATA DE REVISIÓN: Xuño do 23

  • ACCIÓN: AO3.4
  • Enquisa sobre o aporte das TICs á metodoloxía
  • ANÁLISE DO RESULTADO: Xunto co anterior valor se acada máis do 50%. Non se acada

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan

Neste apartado utilizaremos unha avaliación procesual e outra final.

Avaliación Procesual

Realízase en base ao seguimento sinalado no apartado correspondente. Deste xeito analizáronse os resultados acadados nos apartados comentados (DATA DE REVISIÓN, ACCIÓN e PROCEDEMENTO) e fixéronse propostas de mellora individuais de cada apartado.

Datos trimestrais recollidos:

1º Trimestre, Obxectivo 1, Acción AO1.1: Avaliación positiva xa que houbo unha reunión para contar cun equipo do Plan Dixital no 1º Claustro do curso.

1º Trimestre, Obxectivo 1, Acción AO1.2: Motivouse ao profesorado, o Equipo contou cun 25% do Claustro (ao menos un profesor de cada nivel) e ofertáronse horas de coordinación e dinamización.

1º e 2º Trimestre, Obxectivo 2, Acción AO2.1: Reorganizáronse os horarios e conseguiuse avaliar os dispositivos dixitais comparando a operatividade, antigüidade, velocidade de xestión de datos e o valor aportado dende Windows.

1º e 2º Trimestre, Obxectivo 1, Acción AO2.2: Inventariouse todo o equipamento e por medio dun caderno, que recolle as incidencias nos equipos, tamén se completou a avaliación sobre os mesmos.

1º Trimestre, Obxectivo 3, Acción AO3.1: Creouse un espazo na Aula Virtual do centro para compartir recursos e para compartir métodos de ensinanza. Dende o Equipo Directivo tamén cedeuse un tempo, todos os martes na CCP, para comentar novidades, opinións, avances, ... de cada un dos Equipos que dinamizan a vida do centro, entre eles o Equipo do PDC. O centro participou en varios programas de innovación: como no CPInnova e CPInclue (contratos programas), no proxecto “Nos Tamén Creamos” (Plan proxecta) dende o cal traballouse na creación dunha curtametraxe de animación e na edición de vídeos e nunha línea do PFPP de 20h sobre a Dinamización do Plan Dixital. 

3º Trimestre, Obxectivo 1, Acción AO1.3: utilizando as enquisas e os instrumentos e indicadores que permiten avaliar o PDC, como a táboa do punto 4 do PDC. Atopamos avances do 2º ao 3º trimestre no aporte das TICs á metodoloxía (ver anexo correspondente).

3º Trimestre, Obxectivo 2, Acción AO2.3: Non se renovaron os equipos precisos para dixitalizar todas as aulas do centro, a Consellería non aportou os recursos precisos para acadar o mínimo do 50% previsto no obxectivo 2.

3º Trimestre, Obxectivo 2, Acción AO2.4: Participouse en programas que aportaban formación e recursos, como “Nos Tamén Creamos”, CPInnova e CPInclue e o Plan Proxecta.

3º Trimestre, Obxectivo 3, Acción AO3.3: O centro participou nun PFPP S2231115 con varias líneas, unha sobre competencia en educación inclusiva e coeducación, itinerario que enriqueceu metodoloxicamente a ensinanza cos nosos nenos/as.

3º Trimestre, Obxectivo 3, Acción AO3.4: O profesorado participou na enquisa creada polo Equipo de Dinamización do PDC, na mesma comprobouse que un 74% do profesorado participaba en cursos de formación no 2º trimestre e que este dato ascendeu un 10% máis no 3º. Do resultado das enquisas tamén despréndese que moitos profesores mudaron e utilizan máis as TIC no día a día. É importante destacar que o 100% do profesorado participa en Plans de Formación Permanente.

Valoración xeral

Despois do análise dos indicadores, dos acordos tomados nas reunións nas que se avaliaban as diversas accións incluídas no PDC e dos resultados das enquisas, temos que se lograron os obxectivos propostos, excepto o segundo, xa que non se puido actualizar os dispositivos dixitais debido a falta de dotacións da Consellería. 

Pola contra temos que o Equipo Directivo desenrola unha estratexia dixital co profesorado (así o indican as enquisas); o centro conta con mecanismos para compartir experiencias metodolóxicas; e o profesorado adquiriu a costume de revisar o correo corporativo e utiliza a aula virtual do centro para compartir información e intercambiar experiencias.

Finalmente destacar que todo o profesorado fai cursos de formación en formato online e participa en Plans de formación permanente.

Proposta de mellora

1º Trimestre, Obxectivo 1, Acción AO1.2: O Equipo de dinamización e seguimento do PD resultou ser moi reducido, o ideal sería contar con 2 profesores máis.

1º Trimestre, Obxectivo 2, Acción AO2.1: Sería desexable algunha aplicación ou escala máis áxil para garantir o traballo de avaliar o equipamento dixital.

3º Trimestre, Obxectivo 1, Acción AO1.3: Na mesma línea que no punto anterior, proponse crear rúbricas e/ou escalas para completar os aportes das enquisas, das diversas reunións e das outras ferramentas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia que utilizaremos para publicitar e difundir o plan dixital de centro será a seguinte:

Acción: Presentación e reunión (Inclusión do PDC no PEC ou noutros documentos e difusión na páxina web do centro).

Vía/canal: No Equipo TIC e na CCP (Incorporación en documentos que aproba o Consello. páxina web do centro)

Responsables: Coordinador TIC e Equipo Directivo.

Destinatarios: Todo o Clautro (1º nivel de difusión), Comunidade Educativa (2º nivel)