Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN

Tendo en conta as orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación; o cal leva consigo un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa, que se deberá recoller nun Plan Dixital de Centro (en adiante, PDC).
O PDC é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, segundo recolle a LOM-LOE no seu artigo único. Modificación da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, punto 62, apartado 1: “o proxecto educativo do centro recollerá
asimesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis5”, co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, ,promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos
educativos dixitais.
Este plan debe elaborarse coa participación de todos os sectores da comunidade educativa, de modo que se convirta nun proxecto compartido. Do mesmo modo, conforme á disposición adicional décima da mencionada lei, o Plan de Continxencia para situacións de
emerxencia conterá as medidas que garanticen a competencia dixital do alumnado e profesorado, reducindo no posible as fendas dixitais de acceso e uso, e as previsións para a revisión dos elementos do currículo e das programacións didácticas centradas nos aspectos máis competenciais do mesmo.

Durante o curso 2021/22 cada centro elaborará o seu PDC, seguindo as instrucións que se diten, tal e como recolle a resolución do 17 de xuño do 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional; así como na resolución
do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/22.

CONTEXTUALIZACION DO PLAN DIXITAL

O alumnado que asiste á EEI do Rial (Laraño), é da propia parroquia de Laraño, pero tamén de parroquias próximas como Vidán ou Roxos, tamén do concello de Santiago, ou Bertamiráns, do concello de Ames. O sector económico máis representativo das familias é o sector terciario. Os pais dos alumnos/as adícanse a profesións relacionadas co sector terciario (como servizos públicos educación e sanidade- e administración pública). A maioría dos pais e nais teñen emprego fixo. En canto ao tipo de vivenda, a maioría dos alumnos habitan en vivendas unifamiliares situadas en urbanizacións ou en pisos situados en edificios.
A situación cultural das familias, en xeral, é media-alta, xa que o nivel de estudos da maior parte dos pais son de nivel superior (estudos universitarios).

En canto á situación académica do centro, o nivel de superación da etapa e promoción á Educación Primaria é do 100% nestes últimos anos.

PROCESO DE ELABORACIÓN

No mes de novembro de 2021, a Xunta de Galicia pon en marcha a Rede DixitalGal, constituindo equipos de apoio dixital aos centros (ADIX). Cada equipo está formado por 3 mentores que serán os encargados de apoiar os centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no deseño, elaboración, dinamización e desenvolvemento do seu Plan Dixital.
Para levar a cabo o proceso de elaboración do PDC foi necesario crear un equipo dentro de cada centro, asignando un coordinador ou coordinadora para o mesmo. Dado que esta é unha Escola de Educación Infantil, e polo tanto ten unha unidade, neste caso o equipo
está formado pola maestra titora e as especialistas de relixión e lingua estranxeira, sendo a titora a coordinadora de dito equipo. Pódese dicir, por tanto, que todo o proceso de elaboración do plan resultou sinxelo dado que recae a responsabilidade nunha persoa.
Así pois, o proceso de elaboración do PDC pasou por diversas fases, cuxos resultados se reflictirán nos vindeiros apartados do presente documento. As fases foron as seguintes:Fase I: análise e diagnose da situación dos centros. Nesta fase, levada a cabo entre os meses de novembro e marzo, desenvolvéronse tarefas como a elaboración do informe SELFIE e a análise dos seus resultados, o informe grupal do test de competencia dixital e
a elaboración dunha análise DAFO tendo en conta os resultados dos informes realizados.
Fase II: deseño e elaboración do plan dixital. Esta fase comezou a levarse a cabo en marzo, unha vez feita a análise DAFO da situación dixital do centro. A partir desta, establecéronse uns obxectivos para o Plan de Acción. Estes obxectivos son os que orientarán o noso Plan Dixital, polo tanto deben ser específicos, medibles, acadables, relevantes e realizables no tempo. Unha vez elaboradas as táboas cos obxectivos propostos para o curso 2022/23 procédese ao desenvolvemento e redación do PDC, que se reflicte no presente documento.
Fase III: implementación, seguimento e avaliación do plan dixital. Aínda que o PDC debe ser elaborado no presente curso 2021/22, a implementación do mesmo levarase a cabo no vindeiro curso 2022/23. En canto ao seguimento e avaliación do mesmo, este debe
Pax 6 de 18ser un proceso continuo de observación e mellora para poder acadar os obxectivos propostos no plan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

En liña coas orientacións da normativa vixente1  e as liñas establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe.

Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE.
En febreiro de 2022 realizouse o Test CDD .
Marzo do 2022 levouse a cabo o DAFO


1 Artigo 111 bis. Artigo 121 e Art. 132 da LO 2/2006 do de maio de educación

Resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Non
Debilidade C8. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade A1. Estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade B1. Evaluación do progreso Organización de centro Non
Debilidade B3 Colaboracións Persoal docente Non
Debilidade F6 Prox. Interdiscplinares Persoal docente Non
Fortaleza C2. Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C7. Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C1. Infraestructura Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Acceso a Internet Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza C5. Asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza D1. Necesidades de DPC Persoal docente Non
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza F3 Fomento creatividade Persoal docente Si
Fortaleza D2. Participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza D3. Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Fortaleza F1 Adapt. necesidades alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F5 Colaboración alumnado Persoal docente Non
Fortaleza G1 Aval. Capacidades Persoal docente Non
Fortaleza E2. Creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Fortaleza E3. Empleo de EVA Persoal docente Si
Fortaleza F4 Motivación alumnado Persoal docente Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo Administración educativa Non
Ameaza Carga burocrática Administración educativa Non
Ameaza Carga burocrática Administración educativa Non
Ameaza Uso non efectivo das TIC Contorna Non
Ameaza C7. Protección de datos Lexislación Non
Ameaza Constante modificación do currículo Lexislación Non
Oportunidade C3. Acceso a Internet Administración educativa Non
Oportunidade Boa oferta formativa Administración educativa Non
Oportunidade C1. Infraestructura Administración educativa Non
Oportunidade C5. Asistencia técnica Administración educativa Non
Oportunidade A Admón educativa aposta polo PDC Administración educativa Non
Oportunidade Software libre e ferramentas corporativas Administración educativa Non
Oportunidade 2. Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Non
Oportunidade Dispositivos dixitais na casa Contorna Non
Oportunidade Creación AMPA Contorna Non
Oportunidade O centro goza de boa imaxe no exterior pola ubicación e o método de ensino Contorna Non
Oportunidade Facilidade de colaboración con outros centros Contorna Non
Oportunidade C1. Infraestructura Outras Non
Oportunidade B3. Colaboracións Outras Non
Oportunidade Oferta de actividades Outras Non
Oportunidade Boa oferta formativa Outras Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, como o coñecemento do funcionamento interno do colexio; o centro xenerou unha análise DAFO que permite tomar conciencia da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Dinamizar a lectura con tecnoloxía dixital (*F3: Fomento da creatividade)
O2PD Potenciar o uso da AV en infantil (*E2: Creación de recursos dixitais)
O3PD Usar a Aula Virtual alo menos unha vez o trimestre para pequenas actividades con avaliación oral
O4PD Manter e potenciar o blog da escola a través da plataforma Agueiro (*E3: Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe)

Seguimento

Procedemento

A actualización periódica e constante dos contidos e dos recursos informáticos dispoñibles é totalmente necesaria dada a velocidade de cambios que sufren aplicacións, ferramentas ou dispositivos. Por eso, cada trimestre avaliarase o estado de execución das accións e tamén analizaranse e valoraranse os resultados obtidos e, de ser o caso, proporanse modificacións das accións e as propostas de mellora, para axustar a realidade todos os factores indicados anteriormente que están en permanente evolución.

A persoa mentora Adix, realizará como mínimo dúas visitas ao centro por trimestre, para valorar, xunto ca coordinadora do PDC, o desenvolvemento do mesmo.


Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino/aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente Plan e a adecuación das actividades realizadas.

1º Trimestre

* OBXECTIVO 1: Dinamizar a lectura con tecnoloxía dixital

- Aprazados as accións deste trimestre por estar facéndose un curso sobre AV

* OBXECTIVO 2 : Potenciar o uso da AV en infantil

- Aprazada as acción do primeiro trimestre ata finalizar o curso sobre AV que se está levando a cabo

* OBXECTIVO 3: Usar a Aula Virtual alo menos unha vez o trimestre para pequenas actividades con avaliación oral

- Aprazadas as accións ata finalizar o curso sobre AV que se está a desenvolver

* OBXECTIVO 4: Manter e potenciar o blog da escola a través da plataforma Agueiro

- - Pendente de facer un curso, se non se toca na formación que se está levando a cabo, será impartido polo mentor

2º Trimestre

OBXECTIVO 1: Dinamizar a lectura con tecnoloxía dixital

- Queda pendente darse de alta por parte das familias, a coordinadora xa lles informou de como facelo.

* OBXECTIVO 2 : Potenciar o uso da AV en infantil

- Está pendente a creación dun manual para as familias

* OBXECTIVO 3: Usar a Aula Virtual alo menos unha vez o trimestre para pequenas actividades con avaliación oral

- O alumnado xa está matriculado e estase en proceso de creación dos contidos na AV.

* OBXECTIVO 4: Manter e potenciar o blog da escola a través da plataforma Agueiro

- As accións estanse a desenvolver según a temporalización proposta

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital de Centro, procederase a darlle a maior difusión entre a comunidade educativa utilizando para este fin a páxina web do centro e o correo electrónico corporativo, sen prexuizo de facer un claustro monográfico a principios de curso para promover e resaltar a importancia da colaboración da comunidade educativa no desenvolvemento do Plan Dixital de Centro. Asemade este debandito Plan formará parte da documentación oficial do centro; é dicir, do Proxecto Educativo, do Proxecto de dirección e da Programación Xeral Anual (PXA)