Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.                 Introdución

1.1.  Datos básicos do centro

·         Nome do centro: CPR Plurilingüe Divino Maestro Santiago de Compostela.

·         Dirección: Rúa de Blanco Nájera, s/n, 15706. Santiago de Compostela, A Coruña.

·    Correo electrónico: cpr.divino.maestro.santiago@edu.xunta.es

·    Páxina web: www.divinomaestrosantiago.com

 

O colexio Divino Maestro Santiago de Compostela é un centro privado concertado que conta con 3 liñas de Educación Infantil, 6 de Educación Primaria, 4 de Educación Secundaria e 2 de Educación Especial, con un claustro docente de 28 profesores e unha cifra de alumnado superior a 300. Pertence á Fundación Educativa Divino Maestro e é parte de Escolas Católicas de Galicia.

 

 

1.2.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

O colexio Divino Maestro está localizado no barrio de Conxo, na entrada sur da cidade de Santiago de Compostela e tomando como centralidade o núcleo de expansión de Santa Marta. Propiedade da Fundación Educativa Divino Maestro, o centro desenvolve ininterrumpidamente a súa condición de servizo educativo cunha implantación no barrio e área de incidencia moi significativa.

Segundo a composición sociolóxica, o alumnado do centro pertence maioritariamente a unidades familiares cun nivel sociocultural e económico medio-baixo. O alumnado procede da área de incidencia próxima do barrio de Santa Marta-Conxo e de lugares como Vidán, Milladoiro e Bertamiráns, sendo case todas as familias pais e nais traballadores por conta allea.

 

O Plan Dixital de centro está integrado no Plan de integración das TIC recollido no Proxecto Educativo. O Plan de integración das TIC ten como obxectivo xeral Integrar de forma activa as tecnoloxías de información e comunicación ao entorno educativo, formando parte da metodoloxía aplicada no proceso de ensino aprendizaxe, promovendo unha utilización axeitada e facilitando a comunicación e visibilidade do centro. O Plan Dixital será unha ferramenta máis para alcanzar o obxectivo citado, desglosado en obxectivos específicos como son Potenciar o uso das TIC como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe ou Poñer en marcha mecanismos para aproveitar a infraestructura tecnolóxica e favorecer a adquisición por parte de pais e nais dos coñecementos necesarios par un correcto uso das TIC.

 

 

1.3.  Breve xustificación do mesmo

 

·    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

·         Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

·         Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

·         Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

 

1.4.  Proceso de elaboración

 

Os responsables e integrantes do Equipo de Dinamización do Plan Dixital son:

·    Roi Rodríguez Hermida: docente de secundaria, coordinador das TIC e coordinador do equipo de dinamización do Plan Dixital.

·    María Elena Millán Penide: directora do centro e docente de primaria.

·    José Gumersindo Alonso Bernández: orientador pedagóxico e xefe de estudos.

 

Recóllense na seguinte táboa as fases necesarias para alcanzar a correcta elaboración do Plan Dixital:

TÁBOA SESIÓNS PLAN DIXITAL

  • Novembro 2021: reunión con asesora do CAFI, Marta Valderrama Botana; primeiro contacto co mentor Juan Manuel Ogando; matriculación no espazo dixital.
  • Decembro 2021: Test SELFIE.
  • Xaneiro 2022: recollida dos datos do Test SELFIE.
  • Febreiro 2022: Test CDD e recollida dos datos do Test CDD.
  • Marzo 2022: videoconferencia sobre o análise DAFO e deseño do análise DAFO.
  • Abril 2022: videoconferencia sobre directrices para elaborar o plan de acción do Plan Dixital.
  • Maio 2022: decisión e elaboración dos obxectivos e plan de acción do Plan Dixital.
  • Xuño 2022: redacción da versión 1.0 do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE.

Test CDD.

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado considera que os dispositivos dixitais son insuficientes para a súa aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Non se crean suficientes contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade O acceso a internet é intermitente dependendo da área do centro. Infraestruturas Si
Debilidade Infraestructura para a ensinanza dixital insuficientes. Infraestruturas Si
Debilidade A asistencia técnica, aínda que a hai, é mellorable. Infraestruturas Non
Debilidade Aínda que dende o centro poténciase o desenvolvemento da estratexia co profesorado e a aplicación de novas modalidades de ensinanza que teñan as tecnoloxías dixitais como parte central da educación esta non está ben definida. Organización de centro Non
Debilidade A asistencia técnica, aínda que a hai, é mellorable. Organización de centro Non
Debilidade O equipo directivo non reflexiona o suficiente co profesorado no relativo á ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non se crean suficientes recursos dixitais orientados á educación. Persoal docente Non
Debilidade Algúns profesores aínda non dan uso dos entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Non se facilita o suficiente a colaboración entre o alumnado nas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se utilizan apenas as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe nin se produce unha boa realimentación. Persoal docente Si
Debilidade As tecnoloxías dixitais como método de ensinanza ás necesidades educativas do alumnado non se perciben axeitadas para o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza As tecnoloxías dixitais melloran o comportamento seguro e responsable fronte aos dispositivos. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a verificar a calidade da información grazas á tecnoloxía dixital. Alumnado Si
Fortaleza As tecnoloxías dixitais permiten ao alumnado coñecer o traballo dos seus compañeiros e otorgarlle o recoñecemento necesario. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado mantén unha boa comunicación dixital xunto os seus compañeiros. Alumnado Si
Fortaleza O uso das tecnoloxías como comunicación coas familias é boa. Familias Non
Fortaleza Número de dispositivos dixitais para a ensinanza axeitados. Infraestruturas Non
Fortaleza Tense en conta a protección de datos do alumnado e do persoal de centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Existe a posibilidade de xestionar os principais servizos (comedor, matinal, actividades extraescolares) a través das tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza No centro aplícanse novas modalidades de ensinanza. Organización de centro Non
Fortaleza No centro aplícanse novas modalidades de ensinanza. Persoal docente Non
Fortaleza As tecnoloxías dixitais facilitan a avaliación do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado colabora entre si para compartir experiencias e proxectos. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado sinte que as ensinanzas dixitais están en continua revisión e debate. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado ten acceso a aprendizaxes nas tecnoloxías dixitais, tanto de forma externa como interna (mediante intercambio de experiencias). Persoal docente Non
Fortaleza No centro utilízanse as tecnoloxías dixitais para a comunicación e para o uso de recursos educativos. Persoal docente Non
Fortaleza As tecnoloxías dixitais potencian a creatividade e a implicación do alumnado no estudo. Persoal docente Non
Fortaleza É salientable o uso das tecnoloxías dixitais en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente usa recursos en liña. Persoal non docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Oportunidade A maior parte do alumnado dispón de medios tecnolóxicos no seu fogar. Administración educativa Non
Oportunidade A maior parte do alumnado dispón de acceso a internet no seu fogar. Administración educativa Non
Oportunidade O centro dispón de recursos educativos e programas ao servizo do alumnado para o desempeño académico (Edixgal) e xestión titorial (Abalar). Administración educativa Non
Oportunidade As xestións académicas, expedientes e tramitacións administrativas fanse baixo soporte telemático. Administración educativa Non
Oportunidade Ampliación de medios tecnolóxicos e recursos propios no fogar. ANPA Non
Oportunidade Acceso máis xeneralizado do alumnado a internet e dispositivos. ANPA Non
Oportunidade Cultura dixital en uso crecente e a idades máis temperás. ANPA Non
Oportunidade A lexislación sobre a protección de datos actualízase cada curso escolar e mantense ao día nas posibles modificacións. Lexislación Non
Oportunidade As ferramentas dixitais (E-dixgal) estase ampliando ata chegar á totalidade das etapas educativas. Lexislación Non
Oportunidade Orientacións relacionadas co emprego de dispositivos, recursos e ferramentas orientadas á accesibilidade e atención á diversidade do alumnado con necesidades educativas. Lexislación Non
Oportunidade Utilízanse as tecnoloxías dixitais como ferramenta para colaborar con outros centros ou entidades. Outras Non
Oportunidade Despegue tecnolóxico e propostas de intercambio telemático, xestión e coordinación no marco da Fundación Educativa Divino Maestro (grupos de traballo, seguimento e/ou coordinación...). Outras Non
Oportunidade Soporte editorial e recursos telemáticos ao servizo do alumnado (lectura en liña, foros de lectura, plataformas educativas e contidos...). Outras Non
Oportunidade Propostas telemáticas ou en rede de sensibilización e/ou intercambio científico con entidades da contorna ou no eido académico (universidades, empresas...). Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, como o coñecemento do funcionamento interno do colexio; o centro xenerou unha análise DAFO que permite tomar conciencia da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Acadar o tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino asociadas ao ámbito dixital. (*A4 Tempo para explorar a ensinanza dixital)
02PD Reorganizar os espazos do centro educativo para facilitar a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. (*C1: Infraestructura)
03PD Aprender a comunicarse utilizando diferentes tecnoloxías dixitais (orientado ao alumnado dende 3 Primaria ata 4 ESO)

Seguimento

Procedemento

A actualización periódica e constante dos contidos e dos recursos informáticos dispoñibles é totalmente necesaria dada a velocidade de cambios que sufren aplicacións, ferramentas ou dispositivos. Por iso, cada trimestre, avaliarase o estado de execución das accións e tamén analizaranse e valoraranse os resultados obtidos e, de ser o caso, proporanse modificacións das accións e as propostas de mellora, para axustar a realidade todos os factores indicados
anteriormente que están en permanente evolución.
A persoa mentora Adix, realizará como mínimo dúas visitas ao centro por trimestre, para valorar, xunto ca coordinadora do PDC, o desenvolvemento do mesmo.

Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino/aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente Plan e a adecuación das actividades realizadas. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes interniveis e as propostas de mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

1º Trimestre

Debido a baixos recursos económicos o obxectivo 02PD aprázase ata novo curso.

Os obxectivos 01PD e 03PD estanse cumprindo con normalidade.

2º Trimestre

Os obxectivos 01PD e 03PD estanse cumprindo con normalidade.

3º Trimestre

Os obxectivos 01PD e 03PD cumpríronse con normalidade.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para un seguimiento correcto do desenvolvemento do Plan dixital e da consecución dos obxectivos diferenciaránse dous tipos de avaliación:

·    Avaliación procesual: realizarase ao final de cada trimestre e valorarase o estado da execución das acción, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificación das acción e as propostas de mellora.

·    Avaliación final: realizarase ao final de cada curso académico (xuño) e valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Os obxectivos 01PD e 03PD cumpríronse con normalidade e foron beneficiosos para os docentes e o alumnado, respectivamente. No obxectivo 01PD notouse unha melloría no uso de Edixgal e no programa de deseño Canva; no obxectivo 03PD notouse unha boa melloría na maneira de comunicación dixital alumno-profesor e unha pequena melloría na presentación de documentos en traballos ou actividades dixitais.

Debido a baixos recursos económicos o obxectivo 02PD non se realizou.

Proposta de mellora

Debido a boa recepción dos obxectivos 01PD e 03PD seguirase o curso que vén cos mesmos obxectivos, profundizando máis no software estudado e aumentando novos programas, como un inicio en Edpuzzle.

O obxectivo 02PD, que nun principio ía aprazarse para o novo curso, vaise desestimar por baixos recursos económicos. Sustituírase por un obxectivo máis acorde á realidade do centro e ás necesidades máis presentes: a actualización da páxina web do centro, mellorando tanto a accesibilidade como a información que se transmita.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital darase a coñecer ao profesorado no primeiro claustro do curso (setembro) e informarase del ás familias mediante mensaxería privada e ao alumnado nas propias aulas, informando das áreas de mellora e dos obxectivos propostos para acadalas.

PLAN DIXITAL DIVINO MAESTRO SANTIAGO