Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital de Centro como organización.

Con todo isto e seguindo o Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022. Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022. Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital, en base ás conclusións obtidas no proceso de diagnose. centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2022-2023.

Contextualización:

O centro CPR Plurilingüe Emma é un centro concertado situado no centro de Santiago de Compostela e nel impártense as tres etapas educativas: infantil, primaria, secundaria.
Na súa oferta privada inclúese a etapa de Bacharelato.
Na secundaria hai unha liña educativa dende primeiro a cuarto. As clases teñen unha media de 22 alumnos formadas por rapaces e rapazas.
En canto o nivel socioeconómico o centro acolle a alumnos de diferentes zonas sendo a predominante a do Concello de Santiago se ben tamén acolle un número considerable de alumnos doutros concellos colindantes sendo estes: Ames, Teo, Oroso.
Ainda que pertencen a diferentes ámbitos socioculturais, empregando o índice socioeconómico e Cultural (ISEC) como elemento definitorio do contexto dos centros, construído a partir de variables relativas ao nivel de estudios, situación laboral e profesional das familias e os recursos culturais e materiais no fogar o noso centro pertence a un grupo medio-baixo na súa maioría. segun o este nivel medio-baixo.
A presencia de alumnado doutros países non é considerable se ben este alumnado intégrase perfectamente.
Salvo contadas excepcións non soe haber problemas coas familias aínda que o nivel de implicación non sempre é suficiente aducindo problemas laborais.

O Plan Dixital dentro do proxecto educativo enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais non só no proceso de ensinanza - aprendizaxe senón tamén no resto dos procesos de xestión, organización, programación e comunicación do centro. Polo tanto na PXA deberá incluirse as accións e obxectivos a levar a cabo dentro do plan dixital como tamén reflictir na memoria final de curso aquelas que foron acadadas ou seguen en proceso de consecución.

Proceso de elaboración:

Novembro de 2021, a Xunta de Galicia pon en marcha a Rede DixitalGal, constituindo equipos de apoio dixital aos centros (ADIX). Cada equipo está formado por 3 mentores que serán os encargados de apoiar os centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no deseño, elaboración, dinamización e desenvolvemento do seu Plan Dixital. Seguindo as intruccións da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, constitueuse un equipo de dinamización do Plan Dixital formado  por 6 persoas: a Directora, un Coordinador e catro membros do claustro.
Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE, cunha participación do 100% do equipo directivo, o 71,4% do profesorado e o 85% do alumnado.
A temporalización axustouse á realidade do proceso marcado polo mentor do grupo de traballo. Sendo a seguinte:
Novembro - Decembro: establecemento do calendario das accións; análise da normativa, Presentación do ADIX e das plafaformas a empregar. Realización do SELFIE.
Febreiro: Realización test CDD
Marzo: Reflexión sobre a DAFO
Abril-Maio: Definir obxectivos, Docencia e elaboración Plan de Acción.

Xuño: elaboración do Plan Dixital segundo modelo aportado polo mentor.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A recollida exhaustiva dos datos necesarios para a elaboración do informe DAFO do noso centro educativo foi levada a cabo mediante a utilización de formularios especialmente deseñados para tal fin, Como o informe SELFIE.

Estes formularios permitiron recopilar información relevante sobre os aspectos internos e externos do noso centro, como as nosas fortalezas e debilidades internas, así como as oportunidades e ameazas externas que nos rodean.

A través deste proceso de recollida de datos, logramos obter unha visión completa e precisa da situación actual do noso centro, o que nos permitirá identificar estratexias efectivas para afrontar os desafíos e potenciar as nosas vantaxes.

Agradecemos a participación de todos os membros da comunidade educativa que colaboraron na cumplimentación dos formularios, pois a súa contribución resultou fundamental para a realización deste informe DAFO tan valioso e enriquecedor.

Interno
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H3 Comportamento responsable Alumnado Non
Debilidade H4 Verificar a calidade da información Alumnado Non
Debilidade H1 Comportamento seguro Alumnado Non
Debilidade H6 Otorgar recoñecemento o traballo dos demáis Alumnado Non
Debilidade H8 Aprender a comunicarse Alumnado Non
Debilidade C5 Asistencia técnica Infraestruturas Non
Debilidade C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Debilidade C5 Asistencia técnica Organización de centro Non
Debilidade A1 Estratexia Dixital Organización de centro Non
Debilidade B1 Avaliación do progreso Organización de centro Non
Debilidade B1 Avaliación do progreso Persoal docente Non
Debilidade B3 Colaboracións Persoal docente Non
Debilidade F6 Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade G1 Avaliación das capacidades Persoal docente Non
Debilidade G5 Autoreflexión sobre o aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G3 Retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade G7 Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo Persoal docente Non
Fortaleza C8 Dispositovos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza H7 Creación de contidos dixitais Alumnado Non
Fortaleza C1 Infraestructura Infraestruturas Non
Fortaleza C2 Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C7 Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C3 Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Fortaleza D1 Necesidades de DPC Persoal docente Non
Fortaleza E1 Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza B2 Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza D2 Participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza E2 Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E3 Emprego de EVA Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación ca comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza F4 Inclusión do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F3 Fomento da creatividade Persoal docente Non
Fortaleza F5 Colaboración do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F1 Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo do profesorado para investigar metodoloxías baseadas nas tecnoloxías Administración educativa Non
Ameaza Escasa participación do profesorado en redes como e-twining Administración educativa Non
Ameaza Recursos dixitais que facilita a Administración para o traballo burocrático son pouco intuitivos e desenvolvidos Administración educativa Non
Ameaza A Administración facilita poucos recursos Administración educativa Non
Ameaza O profesorado ten tanta carga burocrática que lle impide adicar tempo a explorar novos métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais Administración educativa Si
Ameaza Falta de acceso a recursos tecnolóxicos facilitados pola administración os centros públicos Administración educativa Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias Contorna Non
Ameaza Infraestructuras con deficiencias nas casas do nosos alumnado Contorna Non
Ameaza C7 Protección de datos Lexislación Non
Ameaza A constante modificación de currículos Lexislación Non
Oportunidade O sofware libre e as ferramentas corporativas. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital Administración educativa Non
Oportunidade Alumnado con boa capacidade tecnolóxica Contorna Non
Oportunidade Concienciación dos colectivos implicados da necesidade da evolución cara a dixitalización e actualización do sistema educativo Contorna Non
Oportunidade Multitude de recursos dixiais para empregar na aula Contorna Non
Oportunidade O centro goza de boa imaxe no exterior Contorna Non
Oportunidade ANPA receptiva a colaborar cas distintas iniciativas do colexio a realizar con Tecnoloxía Dixital Lexislación Non
Oportunidade Existencia dunha boa oferta de actividades de formación Outras Non
Oportunidade O Concello e outras institucións públicas ou privadas ofrecen actividades e colaboración ao centro para o desenrolo das mesmas Outras Non
Oportunidade B3 Colaboracións Outras Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Creación dun repositorio coas ferramentas dixitais básicas utilizadas no centro (A3 Novas modalidades de ensino)
O2PD Establecemento dunha liña de formación interna e colaborativa sobre o uso das ferramentas dixitais básicas para todo o profesorado e durante horas de permanencia (A4 Tempo para explorar a ensinanza dixital)
O3PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnaod de 5o e 6o e secundaria para ter na internet un comportamento responsable e seguro e para analizar a fiabilidade da información ( *H1 Comportamento seguro; H3: comportamento responsable; H4: Verificar a calidade da información)

Seguimento

Procedemento

OBXECTIVO 1: Creación dun repositorio coas ferramentas dixitais básicas usadas no centro.

- As ferramentas están creadas e metéronse no classroom do Centro, con enlaces a distintas aplicacións.

- Se está levando a cabo a creación dun curso interno sobre algunhas das ferramentas máis usadas polo centro

* OBXECTIVO 2:  Establecemento dunha liña de formación interna sobre ferramentas dixitais básicas.

- Estase levando a diante. Está pendente a creación dos grupos de traballo

* OBXECTIVO 3: Estratexias para 5º e 6º e secundaria para ter un comportamento responsable e seguro.

- Charlas internas dadas polo profesorado e está pendente confirmar ca policía nacional charlas sobre esta temática; e poranse en contacto co INCIBE

1º Trimestre

OBXECTIVO 1: Creación dun repositorio coas ferramentas dixitais básicas usadas no centro.

- As ferramentas están creadas e metéronse no classroom do Centro por medio dun enlace a Padlet, con enlaces a distintas aplicacións.

- Se está levando a cabo a creación dun curso interno sobre algunhas das ferramentas máis usadas polo centro

* OBXECTIVO 2:  Establecemento dunha liña de formación interna sobre ferramentas dixitais básicas.

- Estase levando a diante. Está pendente a creación dos grupos de traballo

* OBXECTIVO 3: Estratexias para 5º e 6º e secundaria para ter un comportamento responsable e seguro.

- Charlas internas dadas polo profesorado e está pendente confirmar ca policía nacional charlas sobre esta temática; e poranse en contacto co INCIBE

2º Trimestre

* OBXECTIVO 1: Creación dun repositorio coas ferramentas dixitais básicas usadas no centro.
- Estase usando PADLET para recopilar ferramentas dixitais e compartese na sala virtual classroom.
Este obxectivo pódese considerar cumprido
* OBXECTIVO 2: Establecemento dunha liña de formación interna sobre ferramentas dixitais básicas.
- Estase a levar adiante unha formación interna. Facilitouselle a traves de google forms un formulario o resto do profesorado para coñecer as súas necesidades e intereses e saber os recursos que manexan. O problema, a veces, é a falta de cooperación por parte do profesorado, para poder establecer un horario de formación.
* OBXECTIVO 3: Estratexias para 5o e 6o e secundaria para ter un comportamento responsable e seguro.
Actualmente están recibindo por parte da Policía Nacional charlas o respecto sobre ciberseguridade, pegada dixital...

3º Trimestre

* OBXECTIVO 2: Establecemento dunha liña de formación interna sobre ferramentas dixitais básicas.
- Estase a levar adiante unha formación interna. Facilitouselle a traves de google forms un formulario o resto do profesorado para coñecer as súas necesidades e intereses e saber os recursos que manexan.

-Levouse acabo unhas formacións internas en tres minicurso de ferramentas dixitais coma Canva, Formularios de Google, ademáis de uso das ferramentas básicas coma abalar, xade...

* OBXECTIVO 3: Estratexias para 5o e 6o e secundaria para ter un comportamento responsable e seguro.

-Obxectivo cumplido en principio xa que recibiron diferentes charlas sobre ciberseguridade, etc...

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Os procedementos de avaliación que levamos acabo foron bastante simples, buscando o grado de consecución dos obxectivos propostos..

Comprobamos as asistencias ou participacións, tanto na composición do repositorio coma nos cursos de formación interna.

En canto a ciberseguridade, tivemos en conta a posta en marcha de charlas por parte da policóia como polos propios docentes.

Valoración xeral

En liñas xerais o PD cumpriuse de maneira parcial.

Todo propiciado maiormente pola falta de implicación nas actividades que se incluína dentro dos obxectivos, buscando a súa consecución satisfactoria.

Tanto na composición do repositorio coma na formación interna, debe implicarse máis os compoñentes do corpo docente, para intentarb progresar todos xuntos.

Proposta de mellora

Como proposta principal, propoñemos tomar medidas en canto abuscar unha maior implicación e participación por parte do profesorado.

Intentar propoñer para o ano algún obxectivo máis ambicioso en canto ao proceso de dixitalización, sobre todo en buscar que o profesorado se especialice no uso das ferramentas dixitais, buscando unha pequena posta en común entre todos de ferramentas a utilizar.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital de Centro, darase difusión ao mesmo entre a comunidade educativa, utilizando para este fin a páxina web do centro e o correo electrónico corporativo, sempre comezando a principios de curso cun claustro para promover e resaltar a importancia da colaboración da comunidade educativa no desenvolvemento do Plan Dixital de Centro.
Ademáis o Plan formará parte da documentación oficial do centro; é dicir, do Proxecto Educativo, do Proxecto de dirección e do Plan Xeral Anual (PXA).

Ligazón o Plan Dixital de Centro