Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. INTRODUCIÓN

A Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa. No seu artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá a estratexia dixital do centro de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se cita que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital no centro e nas aulas.

O Plan Dixital (PD) persegue a transformación dos centros educativos como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación, o cal  require dun proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa. A transformación dixital permite o fomento da excelencia, a universalidade e a equidade na educación, eliminando as brechas sociais e territoriais, incentivando a formación continua, apostando polo talento, promovendo a innovación e reforzando a investigación.

A integración das TIC busca ser un instrumento de autonomía do conservatorio que vai a provocar a adaptación das propostas educativas ás características do contexto e que afectará a todos os ámbitos do centro e a toda a comunidade educativa. A través do noso PD transformaremos o noso centro mediante o establecemento de obxectivos a curto, medio e longo prazo para que ese cambio se faga de xeito progresivo. Este plan pretende ser un documento aberto e flexible que conseguirá a adaptación do conservatorio a unha realidade tecnolóxica cambiante da que non podemos estar desconectados.

O noso PD contribuirá ao desenvolvemento do proxecto educativo do centro tendo en conta que a nosa situación de partida no ámbito das TIC é mellorable. Para garantir a actualización permanente do noso PD, a súa revisión e modificación será continua a través da observación sistemática do nivel de alcance dos obxectivos formulados.

1.1. Datos básicos do centro

O Cmus Profesional Melide é un centro público de titularidade municipal localizado na Praza das Universidades da vila de Melide (A Coruña). No conservatorio impártense as ensinanzas de música de grao elemental e de grao profesional reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Atendemos a un número variable de alumnas e alumnos que non superan as 100 matrículas de ensinanzas regradas de música e contamos cun claustro composto por 13 profesoras/es. Non dispoñemos de páxina web. Os nosos datos de contacto son:
• Correo electrónico: cmus.profesional.melide@edu.xunta.gal 
• Teléfono: 981 507 929

1.2. Contextualización do PD no centro

O Cmus Profesional Melide atópase emprazado nun contexto urbano pero cun núcleo de poboación reducido de menos de 10.000 habitantes, xa que a vila de Melide está situada xeograficamente no interior de Galicia. Este centro da cabida a alumnado provinte dos concellos da comarca e incluso a algúns que se desprazan da comarca da Ulloa.

O contexto cultural que o rodea ofrece diferentes actividades musicais ofertadas pola propia entidade local e os concellos próximos nas que se programan tanto música tradicional e popular como música clásica. Existe en Melide e na súa comarca unha gran tradición musical (corais, bandas de música e grupos de música tradicional) que favorece o estudo destas ensinanzas musicais. Dispoñemos de infraestruturas culturais para a realización de concertos e actividades musicais. Ademais, no propio conservatorio hai un auditorio no que se programan distintas actividades tales coma audicións, conferencias e concertos de música de maneira máis frecuente durante o curso escolar.

A maioría das/os nosas/os clientes pertencen a familias de clase socio-económica media, aínda que tamén contamos con algunha familia con rendas de exclusión social. 

1.3. Contribución do PD ao proxecto educativo de centro

Centrándonos no contexto escolar, este PD pretende constituír un documento que reforce a formación dixital recollida nas distintas programacións didácticas de aula e no noso proxecto educativo. Isto pode verse reflectido nas programacións das materias que máis se relacionan co desenvolvemento e uso das TIC, como Novas Tecnoloxías aplicadas á música, Informática musical, Técnicas de composición aplicadas á didáctica ou Musicoloxía, as cales contribúen á formación dixital e tecnolóxica máis actual. Tamén empregamos as TIC para desenvolver os procesos de ensino e aprendizaxe das materias de Linguaxe musical, Educación auditiva e vocal, Historia da música e Análise, ademais de ter un uso habitual nas clases das especialidades instrumentais.

Este PD pretende ser un punto de partida para que o centro favoreza e impulse o uso de medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe coma no resto de procesos de xestión do centro, organización, comunicación e avaliación.

1.4. Breve xustificación do PD

A xustificación deste PD do noso conservatorio basease na seguinte normativa lexislativa:
• Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.5. Proceso de elaboración

No mes de abril de 2024 comézase coa elaboración do presente PD. Nun primeiro momento, e despois dunha reunión do director do conservatorio co coordinador do equipo Adix Santiago 2, levouse a cabo o SELFIE por parte do equipo directivo, do profesorado e do alumnado maior de 8 anos de idade do centro. Non se levou a cabo o test CDD seguindo as instrucións recibidas. Despois de estudar os resultados do SELFIE, elaboramos o DAFO e establecemos os obxectivos a conseguir para o vindeiro curso lectivo co noso PD.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Realizamos a enquisa SELFIE entre abril e maio de 2024 dirixida aos sectores de equipo directivo, profesorado e alumnado da nosa comunidade educativa. A partir do Informe SELFIE e das opinións do claustro docente en temas concretos, a Dirección do conservatorio xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais deste Plan Dixital.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Conexión á Internet deficitaria no centro Infraestruturas Si
Debilidade Número escaso de equipamentos informáticos e tecnolóxicos Infraestruturas Non
Debilidade Repositorio en liña de música escaso Infraestruturas Non
Debilidade Ausencia dunha Web do centro Infraestruturas Non
Debilidade Falta de tempo suficiente para explorar o ensino dixital Organización de centro Non
Debilidade Ausencia de plans de formación permanente do profesorado debido a cuestións contractuais/administrativas Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado mostra interese polo emprego na aula das tecnoloxías Alumnado Si
Fortaleza As familias teñen unha actitude positiva con respecto ao emprego das tecnoloxías dentro e fóra da aula Familias Si
Fortaleza Existencia dun bo clima no claustro docente e no ámbito da comunidade educativa deste centro Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado deste centro posúe unha alta competencia dixital Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Ausencia de recursos informáticos específicos para as materias que se imparten no centro Administración educativa Non
Ameaza A oferta dispoñible na formación permanente do profesorado non se axusta ás súas necesidades Administración educativa Si
Ameaza A condición de centro educativo de titularidade municipal limita o acceso a moitos dos recursos informáticos do resto de centros autonómicos Administración educativa Non
Ameaza Falta de inversións económicas suficientes para a mellora tecnolóxica do centro Administración educativa Non
Ameaza Redución demográfica na área de influencia do centro que repercute na posible perda de alumnado Contorna Non
Oportunidade A Administración fomenta a transformación tecnolóxica do centro a través deste Plan Dixital Administración educativa Non
Oportunidade Mellora da dotación de recursos grazas á colaboración da ANPA do centro ANPA Non
Oportunidade Relación con entidades culturais e co Cmus Profesional Arzúa para o desenvolvemento de proxectos conxuntos Contorna Non
Oportunidade Posibilidade de acceder con facilidade aos espazos culturais da vila para a programación de actividades Contorna Non
Oportunidade Boa sensibilización cara os dereitos de autor e o uso de software libre Lexislación Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras avaliar os resultados obtidos na enquisa SELFIE, realizamos o DAFO que consta neste apartado. As debilidades descritas son nalgúns casos moi significativas e impiden o desenvolvemento dun plan de integración das TIC. En concreto, a carencia de conexión a Internet e de recursos dixitais e tecnolóxicos suficintes dificulta que se poida implementar o uso das TIC, ademais de incidir negativamente na formación permanete do profesorado e na baixa vontade deste en incorporar as ferramentas dixitais ao seu labor docente.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellorar a conectividade a Internet no centro
O2PD Programar actividades de formación permanente para o 25% do claustro docente durante o curso 2024/2025
O3PD Ampliar o emprego de software musical na aula

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento deste Plan Dixital basearase no grao de consecución dos obxectivos.

O responsable do procedemento de seguimento será o Equipo de Dinamización Dixital constituído pola persoa coordinadora TIC e a Dirección do centro educativo. Este equipo expoñerá os seus informes ao Consello escolar e ao Claustro docente.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- No contexto da avaliación procesual: realizarase cunha frecuencia trimestral indicando: o estado da execución das accións; a análise e valoración dos resultados obtidos; e de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final: realizarase unha vez ao ano no remate do curso lectivo indicando: a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

O responsable do procedemento de avaliación será o Equipo de Dinamización Dixital constituído pola persoa coordinadora TIC e a Dirección do centro educativo. Este equipo expoñerá os seus informes ao Consello escolar e ao Claustro docente.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será aprobado polo Consello escolar oído o Claustro docente. Nas revisións que se fagan cada tres meses emitirase un informe destinado ao Claustro docente e ao Consello escolar do centro coas conclusións e os resultados obtidos. Teranse en contan as achegas que se puidesen facer nestes ámbitos para realizar unha proposta de mellora na revisión final do Plan Dixital ao remate do curso escolar.

O Plan Dixital deste centro poderá ser consultado no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/prv/detallePlanComunicacion-detalle.action?planCentro.codPlan=1&planCentro.codTipoPlan=1&planCentro.codConvocatoria=132&edicion=true&modoConsulta=false