Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo acolle principalmente alumnos procedentes dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá. Non obstante, unha minoría importante e significativa procede do veciño concello de Abadín e outro grupo de alumnos procede doutros concellos cercanos. No caso dos ciclos formativos acollemos incluso alumnado de fóra de Galicia. A contorna do centro é eminentemente rural e de interior, pese á cercanía da costa. As densidades de poboación son baixas e sufrimos dunha tendencia alta á diminución e envellentamento da poboación, arrastrada desde os anos 50 do século pasado cando se rexistrou unha forte emigración cara as capitais, a costa e outras zonas industriais. Non obstante, nos últimos anos notouse a incidencia da inmigración de familias principalmente de orixe marroquí e latinoamericanas. A nivel económico, o sector primario ocupa aínda boa parte da ocupación (por exemplo, os produtos hortícolas de Mondoñedo e a Faba de Lourenzá, de recoñecido prestixio), a pesar da crise do sector lácteo e gandeiro que trouxo o peche de moitas explotacións. Nos últimos anos o sector industrial recibiu tamén duros golpes co peche parcial ou total de importantes fábricas na contorna (Ecar, Hermida, Alcoa...). O comercio vese tamén afectado pola baixada da demanda local, como consecuencia da diminución da poboación e o debilitamento económico polas diferentes crises que atravesamos. En canto a infraestruturas dixitais hai aínda moita marxe de mellora, como se demostrou coa recente pandemia, que descubriu moitos problemas de conectividade de moitas familias e que cobraron crecente importancia que antes non se lles outorgaba. En xeral as conexións a Internet dos núcleos urbanos son mellores cás dos rurais, aínda que recentemente existen plans de mellora e extensión de fibra por moitos puntos da área de influencia principal do centro que agardamos poidan contribuír nun futuro próximo a unha mellor conectividade. Tendo en conta esta situación, e tamén que a finalidade do centro é formar ao alumnado e axudalo a desenvolverse na sociedade na que vive, o presente Plan Dixital trata de achegar accións de mellora no ámbito da competencia dixital, polo que tamén debe estar integrado noutros documentos como o Proxecto Educativo do centro, complementándoos e servindo, ademais, como instrumento para a reflexión e a mellora. O Plan Dixital e outros plans e programacións a desenvolver no centro deberán ser totalmente compatibles e complementarios. Un exemplo importante é a Programación Xeral Anual do curso vindeiro 22/23, que terá en conta o presente Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O uso das novas tecnoloxías xeneralizouse de tal xeito na nosa contorna e sociedade que se acabou por converter nunha ferramenta imprescindible na actualidade. Tanto é así que os centros educativos non poden permanecer alleos a tal circunstancia e deben dar respostas a novas demandas por parte dunha sociedade dixitalizada, introducindo unha nova dimensión nos procesos de ensinanza-aprendizaxe que deben ser tidos en conta polos equipos docentes, que deberán tratar de formar cidadáns con competencias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada. O marco europeo para a competencia dixital dos educadores (DigCompEdu) trata de ser unha referencia que axude a implementar ferramentas e programas dirixidos a educadores de todos os niveis educativos e ten como obxectivo proporcionar modelos de competencia dixital para todas as organizacións educativas. Neste contexto, o Plan Dixital do centro é un documento onde se planifica e coordina o desenvolvemento do centro para facelo máis competente dixitalmente. Partindo dunha análise da súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais, defínense nel plans de actuación, con obxectivos, actuacións específicas, a súa avaliación e difusión. Todo isto encamiñado a mellorar a competencia dixital tanto do alumnado coma do profesorado e, en última instancia, transformar o centro nunha institución educativa dixitalmente competente.

Interno
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Emprega moi pouco a tecnoloxía fóra do centro con fins de aprendizaxe, só con fines de ocio. Alumnado Non
Debilidade Escasa formación de como usar as tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade Unha Parte importante non sabe usar o software e as aplicacións para seguir as leccións na casa. Alumnado Si
Debilidade O alumnado de BAC e FP non dispón dun sistema de préstamo de ordenadores. Alumnado Si
Debilidade Mínima capacidade para crear contidos dixitais e pouco dominio das ferramentas básicas (Word, Excel¿). Alumnado Si
Debilidade Descoñecemento dos dereitos de autor. Alumnado Si
Debilidade Existen alumnos con problemas de conexión nas súas casas (coa liña telefónica e a wifi). Alumnado Si
Debilidade Uso inadecuado de contidos non educativos na aula. Alumnado Si
Debilidade Teñen pouco coñecemento sobre o uso seguro e responsable nas TIC. Alumnado Si
Debilidade Falta un plan estruturado para abordar a fenda dixital (establecer criterios e procedementos de préstamo de material dixital ao alumnado con necesidades socioeconómicas). Familias Non
Debilidade Baixa competencia dixital. Familias Si
Debilidade Diferencia de posibilidades entre os niveis educativos en infraestrutura dixital, acceso a internet e dispositivos. Infraestruturas Non
Debilidade Non existen bibliotecas, repositorios en liña ou unha base de datos para desenvolver actividades de aprendizaxe. Oferta Non
Debilidade Ausencia de entornos propicios para o uso das TIC, pola ratio elevada. Oferta Si
Debilidade Os grupos tan numerosos, non axudan a utilización das Tics nas aulas. Organización de centro Non
Debilidade Non contamos cunha estratexia dixital ben definida. Organización de centro Non
Debilidade Dixitalmente, non existe colaboración con outros centros, a excepción do CFR ou consellería. Organización de centro Si
Debilidade Non se debate sobre vantaxes/desvantaxes do uso das TIC no ensino. Organización de centro Non
Debilidade Falta de Motivación e implicación do profesorado no uso das TICS. Persoal docente Si
Debilidade Escasa creación de contidos e recursos dixitais propios e que motivan ao alumnado, por falta de tempo. Persoal docente Si
Debilidade Non todo o profesorado emprega as canles dixitais para comunicarse coas familias e alumnos. Persoal docente Si
Debilidade Uso insuficiente de ferramentas TIC que oferten multitude de posibilidades para facilitar o aprendizaxe colaborativo e multidisciplinar Persoal docente Non
Debilidade Non existe unha comunidade de intercambio de recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Debilidade Parte do profesorado ten competencias dixitais insuficientes. Persoal docente Non
Debilidade En xeral dáse un reducido uso das tecnoloxías dixitais na práctica docente Persoal docente Si
Debilidade Baixo uso de ferramentas dixitais para a avaliación e retroalimentación dixital. Persoal docente Si
Debilidade Só existe colaboración dixital, no que atinxe a parte da persoa administrativa e un dos conserxes. Persoal non docente Si
Fortaleza Pode facer seguimento das tarefas e avaliación nalgunha materia a través da AV do centro ou Edixgal. Alumnado Non
Fortaleza O maioría do alumnado dispón de equipamentos dixitais na súa casa. Alumnado Non
Fortaleza Uso masivo polo alumnado da tecnoloxía no seu fogar para o ocio e tarefas escolares. Alumnado Non
Fortaleza Uso do abalarmóbil como canle de comunicación con pais/nais/titores. Familias Si
Fortaleza O centro conta con un bo equipamento e infraestruturas dixitais para o aprendizaxe nas aulas. Infraestruturas Si
Fortaleza O alumnado dispón de acceso aos materiais dixitais das diferentes materias a través do EVA-Edixgal e da Aula Virtual do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Na ESO os alumnos dispoñen de dispositivos dixitais para usalos cando os necesitan (equipamento Edixgal). Infraestruturas Non
Fortaleza Os espazos físicos do centro están dotados de wifi. Infraestruturas Si
Fortaleza No centro hai material para solucionar as dificultades relacionadas coa fenda dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza Os membros da comunidade educativa atopan información actualizada na web do centro. Oferta Non
Fortaleza O centro oferta ensinanzas relacionadas coas TIC ( ITI, robótica, informática, tec.industrial..) Oferta Non
Fortaleza O centro difunde información e facilita o seguimento da actividade educativa do alumnado a través dos servicios dixitais educativos corporativos (web, aula virtual, videoconferencia, abalarmóbil). Organización de centro Non
Fortaleza O centro usa o software libre, que é coñecido e usado tamén polo alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza O centro usa as redes sociais para a comunicación co profesorado, alumnado e familias. Organización de centro Non
Fortaleza Existe apoio entre o profesorado e o equipo directivo para a exploración de novas formas de ensinanzas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Unha parte do profesorado mostra interese, participa nas actividades formativas e manexa de forma segura a tecnoloxía para preparar as clases, impartilas e manter comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza É consciente dos dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Fortaleza Boa canle de comunicación co persoal administrativo e conserxe (facilitan e axilizan o traballo) Persoal non docente Non
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A formación organizada pola administración , non se axusta totalmente ás necesidades formativas en competencia dixital (dereitos de autor, programas, ferramentas etc). Administración educativa Non
Ameaza Os libros dixitais son de deficiente calidade. Administración educativa Non
Ameaza Non hai moita variedade de empresas na contorna que se adiquen ás tecnoloxías dixitais. ANPA Non
Ameaza As condicións xeográficas dunha poboación tan dispersa e illada, dificulta as conexións de acceso as TIC. ANPA Non
Ameaza Cambios constantes e un excesivo papeleo. Lexislación Non
Ameaza Demasiado traballo burocrático que resta tempo para a formación e traballo diario. Lexislación Non
Ameaza Gran carga horaria, incorporación tardía do alumnado, distintas necesidades do alumnado dentro da aula, inflúen negativamente para o uso das TIC. Lexislación Non
Ameaza Pouca conexión e polo tanto obxectividade coa vida real dos centros. Lexislación Non
Ameaza Asistencia técnica limitada, con marxe de mellora. Outras Si
Oportunidade Necesidade de mellorar a aplicación abalarmóbil. Administración educativa Non
Oportunidade Establecer filtros de calidade de control de acceso a contidos dixitais por parte do alumnado. Administración educativa Non
Oportunidade Actualización do equipamento dixital obsoleto nas aulas (especialmente na FP, aulas de informática) -Desenvolver o acceso a recursos dixitais ben organizados, repositorios e bibliotecas en liña con materiais de ensinanza-aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade Alentar e reforzar sobre as políticas e o uso de recursos educativos abertos. Administración educativa Non
Oportunidade Pode dar apoios socioeconómicos para erradicar a fenda dixital. ANPA Non
Oportunidade Poderíase ofertar programas/talleres de contidos dixitais nas actividades extraescolares. Contorna Non
Oportunidade Apoia as bases para a elaboración dun crecemento sostible de materiais de aprendizaxe de calidade. Lexislación Non
Oportunidade Persoa allea ao centro que proporciona axuda e asesoramento técnico Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O IES San Rosendo de Mondoñedo incorporouse ao Proxecto Abalar no curso 2010-2011. No curso 2018-2019 o centro integrouse no proxecto E-Dixgal dunha forma limitada, solo para primeiro da ESO e en sete materias: Ciencias Naturais, Educación Física, Relixión/Valores Éticos, Xeografía e Historia, Educación Plástica, Inglés e Investigación e Tratamento da Información (ITI). Pax 7 de 34 No curso 2019-2020 E-Dixgal ampliouse a 2º da ESO coa participación dos departamentos de Ciencias Naturais, Educación Física, Relixión, Xeografía e Historia, Educación Plástica, Inglés e Tecnoloxía No curso 2021-22 o proxecto E-Dixgal estendeuse a 3º e 4º da ESO e incorporouse o departamento de Música.

O centro está, en liñas xerais, ben dotado en canto ao equipamento nos espacios adicados á ESO e ao Bacharelato. En todas as aulas da ESO e nas de Bacharelato están instalados os kits dixitais do proxecto Abalar (ordenador do profesor, PDI e proxector). A maiores conta con tres aulas de informática, aínda que parte do equipamento das mesmas está obsoleto. Dispón dunha boa conexión a Internet, grazas á instalación recente dunha nova rede de banda ancha ultrarápida a través do Programa Escuelas Conectadas e dunha ampla cobertura WiFi.En cambio, a dotación das instalacións adicadas á Formación Profesional presenta certas deficiencias pois non dispón de cobertura WiFi, as aulas non están dotadas de Pizarras Dixitais Interactivas e conta cun número importante de ordenadores obsoletos. Para as ensinanzas específicas da Formación Profesional as instalacións dispoñen dun simulador forestal cun programa de manexo de procesadora e autocargador con sistema multipantalla e tecnoloxía 3D.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD ESTABLECER UN PROTOCOLO PARA UN SISTEMA DE PRÉSTAMO (ORDENADORES/ROUTER) AO ALUMNADO QUE O PRECISE
O02PD PARTICIPAR NO PROXECTO POLOS CREATIVOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA
O03PD ACTUALIZAR OU RENOVAR ORDENADORES E IMPRESORAS E PIZARRAS DIXITAIS Ó CENTRO.
O04PD INCORPORAR NOVAS MATERIAS AO PROXECTO E-DIXGAL NO CENTRO
O05PD CREAR CONTIDOS E RECURSOS DIXITAIS PARA A PRÁCTICA DOCENTE
O06PD DESENVOLVER CUALIFICACIÓNS EN EDIXGAL/AULA VIRTUAL /AGUEIRO
O07PD CONSEGUIR COMPARTIR MÁIS INFORMACIÓN A TRAVÉS DE ABALARMÓBIL
O08PD CONCIENCIAR Ó ALUMNADO DO USO RESPONSABLE, SEGURO E FIABLE DAS TIC/DISPOSITIVOS DIXITAIS
O09PD CONSEGUIR QUE TODOS OS DEPARTAMENTOS PUBLIQUEN NAS REDES SOCIAIS(PÁX WEB, INSTAGRAM..)
O10PD OFERTAR TALLERES/OBRADOIROS DE TIC NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA ALUMNADO E FAMILIAS.

Seguimento

Procedemento

Realizaranse dous seguimentos do Plan Dixital por trimestre.

1º Trimestre

26-10-2022

O01PD Pendente de revisar. Este ano de momento non se puxo en marcha o préstamo porque en principio non hai alumnado que o necesite, pero si entendemos que eses ordenadores que nuns anos quedarán obsoletos e que de momento teñen boa capacidade podían ser usados polo alumnado de bacharelato no centro, por exemplo na materia de TIC.

O02PD O proxecto Polos creativos está en marcha, foi aceptado e estamos esperando pola dotación.

O03PD Elaborando o inventario e vendo as necesidades. Contemplanse a recolocación de alulas de ordenadores.

O04PD Incorporación dunha nova materia ao proxectos vantaxes do uso de Edixgal na aula.

O05PD O profesorado está a crear algún contido para a docencia e compartirano no Eva Edixgal, na aula virtual ou en Agueiro.

O06PD En preparación, unha formación puntual para as calificacións directamente nas aulas virtuais.

O07PD Ao inicio de curso, os titores e titoras encárgaranse de informar as familias da importancia de activar o abalar móbil e xa unha alta procentaxe de pais/nais o usan para pedir titoría ou xustificar faltas. Ademais o centro e os titores enviían información a través de abalar.

O08PD Prevense varias chalas e talleres sobre uso axeitado en redes e bo uso do material e plataformas dixitais.

O09PD O equipo da biblioteca iniciou este principio de curso a publicación de contidos no instagran.

O10PD Durante o curso faranse sesións informativas ás familias sobre plataformas e aplicacións dixitais así como apertura á cuomunidade da bibliotec, colaboracións coa rado escolar e polos creativos.

7-12-2023

O01PD Segue pendente de revisar. Este ano de momento non se puxo en marcha o préstamo porque en principio non hai alumnado que o necesite, pero si entendemos que eses ordenadores que nuns anos quedarán obsoletos e que de momento teñen boa capacidade podían ser usados polo alumnado de bacharelato no centro, por exemplo na materia de TIC.

O02PD Chegou o material e estamos acondicionando a aula

O03PD Seguimos recolocando as aulas de informática.

O04PD Seguimos coa información o profesorado

O05PD OSeguimos coa información o profesorado sobre programas e aplicacións útiles para o ensino.

O06PD En preparación, unha formación puntual para as calificacións directamente nas aulas virtuais.

O07PD A maioria das familias usan Abalar móbil

O08PD Empezron con algunha charla nalgún nivel e reforzase na clase de TIC

O09PD Seguimos subindo materiais as redes sociais e á páxina web, concursos e materiais elaborados dende a biblioteca e a radio escolar.

O10PD Iniciaronse colaboracións coa biblioteca e radio escolar, a través do club de lectura de adultos.

2º Trimestre

10-02-2023

O01PD Segue pendente nalgúns puntos.

O02PD A aula de Polos Creativos durante estes meses quedou prácticamente montada e algunha das máquinas xa se puxeron en marcha. Aproveitouse as docencias do seminario para difundir como se usan entre os membros que particpan no proxecto.

O03PD Na Granxa xa se instalaron novos equipos así como na sala de profesores. Moi avanzado a recolocación de equipos na antiga sala de informática ( que agora pasará a ser de traballo en grupo) e seguese a traballar na sala de proxectos para a renovación de equipos.

O04PD Esperando o novo concurso de traslados que poda vir xente nova ao centro que se anime a incorporar a sua materia ao proxecto E-Dixgal.

O05PD Aproveitando o seminario de polos imos incorporando o uso de aplicacións na aula: canva, agueiro.....

O06PD Ainda pendente, pero a idea é dar un mini titorial para o profesorado antes do 3º Trimestre.

O07PD Incorporouse a comunicación de amonestacións por abalar e case todos os titores usan a plataforma para solicitar información ao resto de profesores.

O08PD Solicitamos o obradoiro “Iniciación segura á pegada dixital” pero non saimos seleccionados.

O09PD Usamos instagram da biblio e ivoox sobre todo pola biblioteca e a radio escolar e informacións mais relevantes na web do centro.

O010PD Ainda pendente algún de cara ao tercer trimestre.

3º Trimestre

DATA 14/04/23

OBXECTIVO 1: Protocolo de préstamo e en marcha durante este curso.

OBXECTIVO 2: Todas as máquinas do espazo de polos están operativas e son usadas por varios departamentos que participan no proxecto.

OBXECTIVO 3: Séguese a traballar na remodelación da aula principal de informática e renovación de equipos.

OBXECTIVO 4: Continuaremos coa difusión entre os departamentos que compoñen a CCP dado que o vindeiro ano se incorporan novos docentes.

OXECTIVO 5: Obxectivo conseguido.

OBXECTIVO 6: Ainda pendente.

OBXECTTIVO 7: Conseguido case ao 80%.

OBXECTIVO 8: Solicitamos o obradoiro “Navega con rumbo” e fumos seleccionados. Tamén para este tercer trimestre imos promover unhos talleres dende o departamento de orientación sobre uso axeitado das redes sociais.

OBXECTIVO 9: Usamos instagram da biblio e ivoox sobre todo pola biblioteca e a radio escolar e informacións mais relevantes na web do centro.

OBXECTIVO 10: Segue pendente.

 

VISITA DO 26 de maio de 2023

OBXECTIVO 1: ACADADO. Protocolo de préstamo e en marcha durante este curso.

OBXECTIVO 2: ACADADO. Todas as máquinas do espazo de polos están operativas e son usadas por varios departamentos que participan no proxecto.

OBXECTIVO 3: EN PROCESO. Fíxose unha remodelación e queremos seguir co cambio.

OBXECTIVO 4: EN PROCESO. Daráselle continuidade á difusión entre os novas incorporacións para que se incorpore ao plan dixital, difusión de contidos na web, etc.

OXECTIVO 5: ACADADO. Durante este curso por parte dalgún profesor/a crearon contidos en diferentes aplicacións como eva edixgal, aula virtual, agueiro...

OBXECTIVO 6: PENDENTE. Esperamos que o ano que ven se incorpore novo profesorado pero non só creando contidos senon utilización de contidos dixitais relacionados coa sua materia.

OBXECTTIVO 7: CONSEGUIDO. As familias e os titores da ESO usan abalar.

OBXECTIVO 8: CONSEGUIDO. Solicitáronse varios obradoiros/faladoiros e esperase que o ano que ven se sigan solicitando.

OBXECTIVO 9: CONSEGUIDO. Publicación por parte dos departamentos de varias publicacións nos medios que temos ao alcance no IES.

OBXECTIVO 10: EN PROCESO. Queda pendente para o vindeiro curso facer unha xornada de apertura á comunidade da aula de polos creativos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O01PD Nº DE ORDENADORES/ROUTER QUE SE PODEN PRESTAR.

O02PD PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN NO PROXECTO POLOS CREATIVOS

O03PD Nº DE ORDENADORES E IMPRESORAS PARA ACTUALIZAR OU RENOVAR E Nº DE P.DIXITAIS.

O04PD MATERIAS INCORPORADAS AO PROXECTO E-DIXGAL NO IES SAN ROSENDO

O05PD NÚMERO DE CONTIDOS E RECURSOS DIXITAIS CREADOS EN EDIXGAL, AULA VIRTUAL OU AGUEIRO

O06PD % DE PROFESORADO QUE CUALIFICA E EDIXGAL/ AULA VIRTUAL/ AGUEIRO

O07PD QUE O 50% DAS CITAS-INFORMACIÓNS ENTRE FAMILIAS E PROFESORES SEXAN CON ABALARMÓBIL.

O08PD USO RESPONSABLE, SEGURO E FIABLE DOS DISPOSITIVOS DIXITAIS

O09PD INCREMENTO DO N.º DE PUBLICACIÓNS NAS REDES SOCIAIS

O10PD Nº DE CONTIDOS DIXITAIS OFERTADOS.

Valoración xeral

O01PD 0 MATERIAL DIXITAL PRESTADO DEPENDERÁ DAS NECESIDADES.

O02PD UN PORCENTAXE ALTO DO CALUSTRO PARTICIPA NO PROXECTO DESEÑADO DE POLOS CREATIVOS

O03PD 25% DE ORDENADORES ACTUALIZADOS, 1 IMPRESORA, 10 ORDENADORES E 2 P.DIXITAIS NOVAS

O04PD 10 MATERIAS INCORPORADAS AO PROXECTO EDIXGAL

O05PD 5 CONTIDOS-RECURSOS CREADOS EN EDIXGAL, AULA VIRTUAL OU AGUEIRO POR DOCENTE

O06PD O 20% DO PROFESORADO DESENVOLVE AS SÚAS CUALIFICACIÓNS EN EDIXGAL / AULA VIRTUAL/

O07PD 0 70% DAS FAMILIAS E PROFESORADO USAN ABALARMÓBIL.

O08PD REDUCIR O MÁXIMO O MAL USO DOS DISPOSITIVOS DIXITAIS

O09PD 5 PUBLICACIÓNS NAS REDES SOCIAIS POR DPTO.

O10PD 5 CONTIDOS DIXITAIS OFERTADOS E TRABALLADOS

Proposta de mellora

O01PD CONTINUAR PRESTANDO MATERIAL DIXITAL SEGUN AS NECESIDADES DO ALUMNADO

O02PD CONTINUAR INVOLUCRANDO PROFESORADO EN POLOS CREATIVOS

O03PD 50% DE ORDENADORES ACTUALIZADOS

O04PD SEGUIR INCORPORANDO MATERIAL O PROXECTO EDIXGAL

O05PD SEGUIR CREANDO RECURSOS EN EDIXGAL, AULA VIRTUAL E AGUEIRO

O06PD 25% DO PROFESORADO DESENVOLVE AS SÚAS CUALIFICACIÓNS EN EDIXGAL / AULA VIRTUAL/

O07PD 75% DAS FAMILIAS E PROFESORADO USAN ABALARMÓBIL.

O08PD SEGUIR REDUCINDO O MAL USO DOS DISPOSITIVOS DIXITAIS

O09PD CONSEGUIR 10 PUBLICACIÓNS NAS REDES SOCIAIS POR DPTO.

O10PD SEGUIR OFERTANDO TALLERES PARA FAMILIAS E ALUMNADO

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Neste apartado imos ver cales son os protocolos ou estratexias que serán precisos para publicitar e difundir o plan dixital do centro entre a comunidade educativa. O plan Dixital de Centro recolle as accións e os obxectivos a desenrolar para mellorar a competencia dixital do noso centro. Este plan debe estar revisado, polos dinamizadores do equipo do PD en cada curso escolar. Como ben sabemos, a súa presenza é importante no centro, pois garante que seguimos preocupados e con gañas de mellorar as competencias dixitais que tan importantes son no noso día a día. Ademais, as tecnoloxías son imparables e debemos estar actualizados para mellorar os procesos educativos existentes e os que están por vir. No mundo que vivimos é moi necesario que este plan dixital se manteña activo e deseñemos plans de mellora que poidan ser desenrolados co impulso do equipo directivo do centro. Unha vez elaborado este Plan Dixital de Centro é fundamental divulgalo e compartilo cos integrantes do centro educativo. En primeiro lugar, debemos presentalo e aprobalo en Claustroe e Consello Escolar e por último, debemos de facer partícipes a todos os demais membros da Comunidade Educativa colgándoo na páxina web do noso Centro.