Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

a. Datos básicos do centro

Nome do centro: CEIP Plurilingüe Santa María

Dirección: Rúa Enrique Saavedra s/n Correo: ceip.santamaria.fonsagrada@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantamariafonsagrada Etapas educativas: Infantil e Primaria Nº de alumnado e profesorado: 96 / 17

b. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP Santa María está ubicado no concello de A Fonsagrada, situado no extremo centro-oriental da provincia de Lugo, formando un conxunto montañoso que constitúe unha fronteira natural coa Comunidade Autónoma de Asturias. O centro pertence a un entorno principalmente rural, polo que o sector primario é a base da súa economía centrado especialmente na gandaría e na explotación forestal. O sector secundario é menos importante, destacan algunhas pequenas empresas de transformación de madeira, elaboración de produtos cárnicos, fabricación de pensos.... O sector terciario foi medrando nos últimos anos. O centro da vila é o lugar onde se concentran a maior parte das actividades comerciais e núcleos financeiros e profesionais. O nivel económico e cultural da poboación é medio-baixo. O alumnado do centro é de lugares moi dispersos xa que o concello é moi extenso. Este alumnado vive, en moitos casos, en aldeas de escasa poboación, dándose casos de nenos e nenas que non só son fillos únicos, senón que tamén son os únicos do seu pobo, polo que o colexio é o único lugar onde poden relacionarse con outras persoas da súa idade.

Despois de analizar o entorno social e a comunidade educativa para a elaboración do noso plan lingüístico, determínase que o contexto social do centro é galegofalante. O dominio da Lingua Inglesa entre a nosa comunidade educativa é escaso, aspecto que se tenta mellorar a través da posta en marcha deste Plan Lingüístico.

¿ A Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo será fundamental dende o curso 22/23 coa elaboración desta primeira versión do Plan Dixital, aínda que as TIC sempre foron un punto de referencia e integración neste centro dentro do PE dende o ano 1997. Relación con outros Plans e proxectos do centro: a traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías do centro ten unha longa traxectoria con diferentes proxectos elaborados no colexio e formación do profesorado como: NMAI (Novos medios audiovisuais interactivos - Uso e elaboración de material didáctico) Internet básico para o profesorado, Introdución ao manexo de ordenadores, Uso de ordenadores para docentes (Aplicación didáctica da informática), Métodos innovadores na xestión na aula de Primaria, Niveis inicial e medio en tecnoloxía da información e comunicación, Elaboración de material interdisciplinar coa EDI, XADEweb, , Abalar, E-dixgal . Actualmente os Programas de innovación nos que participa son: PROA+, ARCO, Recupérate, inclúete, iguálate, Emociónate, Eduemprende, PVAD (Proxecto de vida Activa e Deportiva), Meteoescolas, Aliméntate ben. ¿ A implementación do PD dentro da PXA será un dos obxectivos principais de cara ao vindeiro curso escolar 22/23, coa que intentará acadar os dous obxectivos elaborados dentro do Plan de Acción.

c. Breve xustificación do mesmo

¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

d. Proceso de elaboración Descrición da organización e do proceso de elaboración do PD dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital

- Realización do Test Selfie durante a última quincena de decembro do 2021. - Docencia do PD o día 24/01/22.

- Realización do Test de Competencia Dixital Docente durante a primeira quincena de febreiro do 2022.

- Docencia do PD o día 14/02/22. - Docencia sobre a elaboración do DAFO 16/03/22.

- Elaboración do DAFO do centro 28/03/22.

- Docencia sobre o deseño e elaboración do Plan de Acción 20/04/22.

- Elaboración do Plan de Acción do centro 03/05/22

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Informe SELFIE

-TCDD

-Documentación e exemplos aportados polo PFPP

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Complexidade da realidade educativa. Alumnado Non
Debilidade Falta de comunicación entre os centros que desenvolven proxectos similares. Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro. Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo en horario escolar Persoal docente Non
Fortaleza Promove o desenvolvemento persoal do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza Existencia de abundantes materiais. Infraestruturas Non
Fortaleza Temos experiencias nas que basearnos. Trátase dun proceso participativo. Pode dar coherencia ao currículo. Poden apoiarse (ou ser apoio de) nos programas e proxectos de centro. Organización de centro Non
Fortaleza Poden avaliarse os cambios. Persoal docente Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Imposición de burocracia. Formación adecuada a cada nivel educativo. Administración educativa Non
Ameaza Falta de control externo. Contorna Non
Ameaza Os cambios normativos. É doado convertelo nun elemento baleiro na programación. Lexislación Non
Oportunidade A administración educativa aposta por isto. Administración educativa Non
Oportunidade É un incentivo para a mellora da calidade educativa. Contorna Non
Oportunidade Hai institucións interesadas no seu desenvolvemento. Posibilidade de que outras entidades apoien o proxecto. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado na xestión do uso das TIC para o alumnado NEAE nas distintas etapas (D1)
O02PD Incrementar a porcentaxe de uso da Aula Virtual (E2)

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Temos solicitado un PFPP 

2º Trimestre

Realización da formación do profesorado no emprego de novas tecnoloxías na aula e no uso de recursos dixitais para a atención á diversidade. Ademais, os diferentes membros do claustro están comezando a introducir nas súas materias os contidos aprendidos na formación.

3º Trimestre

Finalización da formación do profesorado.

Elaboración do protocolo de actividades e tarefas dirixido ao traballo con NEAE.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos terase en conta:

- O contexto da avaliación procesual e a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- O contexto da avaliación final e a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O Plan Dixital foi un referente para a mellora da calidade educativa no centro mediante o emprego de medios dixitais. Malia que a consecución dos obxectivos previstos non foi completa, si que se logrou un importante avance no relativo ao emprego da aula virtual ou no uso dos diferentes recursos tecnolóxicos cos que conta o centro (lapis e impresora 3D, cámaras HUE, aplicacións informáticas...). 

Proposta de mellora

O obxectivo número 2 está pendente de acadarse polo que no vindeiro ano procurarase o seu cumprimento.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do PD será a través do Claustro, Consello Escolar e Aula Virtual (no espazo da documentación do PFPP do PD 2022)