Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (en diante, a consellería) persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensinoaprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.

O Regulamento polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Consello Europeo do 11 de febreiro de 2021 establece como un dos seus principais eixes a transformación dixital na procura da excelencia, a universalidade e a equidade na educación; que elimina as brechas sociais e territoriais, CVE: 3tRd0kXzY0 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 2 que incentiva a formación continua e cre no talento, promocionando o emprendemento e a innovación, o reforzo das súas capacidades de investigación e a atracción e fomento da excelencia.

 

  • Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

O CEEPR AMICOS atópase situado no centro da comarca costeira do Barbanza, no concello de Ribeira. Limita cos concellos de Porto do Son e Pobra do Caramiñal. O centro está situado nunha contorna que permite dispor de distintos recursos sociais e naturais.

En canto ás características socioeconómicas do CEEPR AMICOS, podemos destacar que a maioría das familias posúe un poder adquisitivo medio. A principal fonte de ingresos das distintas localidades próximas ó centro baséase no sector pesqueiro e servicios.

A raíz da creación do Plan Dixial de centro durante o curso 21/22 será necesario actualizar o noso Proxecto Educativo, de cara a enriquecer e fomentar futuros proxectos.

Pero cabe destacar o proxecto TICNEATE, o cal ten como obxectivo principal  o aproveitamento de calquera situación para utilizar as novas tecnoloxías como uso lúdico e formativo. Ofrecéndolle o noso alumnado un novo modelo de vida adaptado os tempos que corren, onde se fomente valores e coñecementos propios da sociedade a través da creatividade, os aspectos lúdicos.. pero sempre cunha finalidade de aprendizaxes significativos.

Tamén podemos resaltar que o profesorado foise reciclando en diferentes formacións do CAFI, como deseño e impresión 3D, actividades interactivas inclusivas, creación de contidos interactivos, e gamificación.

 

  • Proceso de elaboración.

A hora de levar a cabo a abordaxe do PD do centro encontrándonos ante a estruturación do traballo en tres fases.

FASE I. ANÁLISE E DIAGNOSE DA SITUACIÓN DOS CENTROS. Esta primeira fase dividiuse nos seguintes puntos:

  • Presentación e contacto co centro.
  • Comezo do SELFIE e preguntas personalizadas.
  • Informe e resultado SELFIE (resultado o que se chegou a través da realización dun test tanto do alumnado, como do profesorado e parte directiva).
  • Informe grupal dos test CDD (resultado que se chegou a través da realización dun test do profesorado do centro).
  • Informe DAFO ( análise de fortalezas- debilidades e oportunidades- ameazas).

FASE II. DESEÑO E ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL. Esta segunda fase dividiuse nos seguintes puntos:

  • Obxectivos do plan de Acción (deseño dos obxectivos de mellora de cara o próximo curso).
  • Plan dixital ( Redacción do PD de cara o vindeiro curso).

FASE IIII. IMPLEMENTACIÓN, SEGUIMENTO E EVALIACIÓN DO PLAN DIXITAL. A cal desenrolarase durante o vindeiro curso 22/23.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida da información previa empregáronse o Informe SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente (CDD), así como o coñecemento que ten o profesorado do centro do entorno do mesmo.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H. Alumnos con competencias dixitais insuficientes. Alumnado Si
Debilidade 1. Baixa competencias dixital das familias. Familias Si
Debilidade 2. Dificultade para implicar as familias. Familias Si
Debilidade C16. Falta de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade C11. Ausencia dunha estratexia dixital adaptada. Organización de centro Si
Debilidade E2. O profesorado carece de tempo para desenrolar material para o aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade D3. Falta dun coodinador TIC con coñecementos e preparación nas últimas tendencias dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza C8. Disposición para o uso de dispositivos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza C1. Variedade nos dispositivos dixitais para a enseñanza (tablets, pantallas dixitales, etc.). Infraestruturas Non
Fortaleza C7. Política de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Cada alumno/a ten o seu propio dispositivo dixital para un uso personalizado e adaptado as súas propias necesidades. Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Atención temperá e atención especializada. Oferta Non
Fortaleza 1. Fomento do uso das novas tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza E2. Implicación para a formación en novas tecnoloxías, creación e uso de recursos en liña. Persoal docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Sobrecarga de traballo burocrático. Administración educativa Non
Ameaza 1. Baixa competencia dixital das familias. ANPA Si
Ameaza A5. Cambios continuos na lexislación vixente. Lexislación Non
Oportunidade 1. Apoio por parte da consellería de educación. Administración educativa Non
Oportunidade 2. Incentivo para a mellora la calidade educativa. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Comunicación fluidas coas familias a través de aplicacións dixitais. ANPA Non
Oportunidade C7. Política de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade B3. Facilidade de colaboración e visibilidade. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez elaborado o DAFO e tendo en conta os ítems anteriores, procedemos a elaborar o Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto de transformación dixital dos centros, tanto o profesorado do propio centro coma doutros centros de similares características.
O02PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente.
O03PD Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais as necesidades do alumnado.
O04PD Promover a comunicación entre titores e as familias mediante o uso de ferramentas dixitais.
O05PD Acreditar unha competencia dixital dentro do claustro.
O06PD Desenvolver proxectos dixitais no propio centro.

Seguimento

Procedemento

Dentro do proceso de seguimento e avaliación do Plan dixital faremos un seguimento quincenal do mesmo, xa que moitas das accións dos obxectivos repártense nos diferentes trimestres, o cal axudaranos a ter unha perspectiva real da realización das accións e a análise e resultado das mesmas e se fora necesario da realización de modificacións das accións ou propostas de mellora.

1º Trimestre

Durante o inicio de curso levamos a cabo diferentes reunións entre a dirección do centro, equipo docente e demais profesionais especialistas para evaluar as necesidades tanto do alumnado como do profesorado, así como pescudar experiencias de transformación dixital doutros centros para tomalos como referencia para as nosas accións futuras. Ademais, despois de detectar as carencias en canto a competencia dixital do profesorado, solicitamos diferentes grupos de traballo á persoa coordinadora do CAFI para realizados durante o segundo trimestre.

2º Trimestre

Neste segundo trimestre continuamos avanzando en accións de diferentes obxectivos abordados durante todo o curso entre os que podemos destacar o intercambio e divulgación de experiencias de transformación dixital con outros colexios da contorna e resto de Galicia ou a creación de contidos e materiais dixitais para abordar as necesidades individuais do noso alumnado. Ademais, cabe salientar que durante estes meses desenrolamos as sesións presencial dos grupos de traballo e comezamos a profundizar nos contidos para aumentar o noso nivel de competencia dixital do obxectivo 5. 

3º Trimestre

Rematamos de abordar accións que realizamos de maneira continua durante todo o curso como o intercambio e divulgación de experiencias de transformación dixital con outros colexios, a creación de contidos e materiais dixitais para abordar as necesidades individuais do noso alumnado, ou o referente ao aumento da nosa competencia dixital a través dos grupos de traballo, tanto na profundización dos contidos como na realización da memoria e valoración final dos mesmos. Tamén cabe salientar que durante todo o curso utilizamos a aplicación “TokApp” para a comunicación entre a dirección do centro e os titores coas diferentes familias para informar as mesmas dos progresos ou incidencias dos seus fillos, así como proporcionarlle información sobre diferentes documentos ou actividades do curso escolar.

Así como ata agora comentamos as accións acadadas, hai que ter presente aquelas que non puidemos levar a cabo como a publicación dos recursos dixitais adaptados creados nun repositorio dixital ou a totalidade do obxectivo 6 ao non ser viable facer partícipes ao noso alumnado na creación de proxectos dixitais tendo en conta as características individuais dos mesmos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Como avaliación final, ésta realizarase o final do último trimestre, centrándonos no logro dos obxectivos e nas propostas de mellora que se fixeron ao longo do curso para conseguir os mesmos.

Valoración xeral

Como valoración final, podemos dicir que acadamos a meirande dos obxectivos propostos neste plan dixital. Entre eles, consideramos mais significativos para a nosa práctica docente os relacionados co aumento da nosa competencia dixital en canto a creación e elaboración de contidos e materiais dixitais para poder adaptar e abordar as necesidades individuais do alumnado do centro. En contraposición a isto, non podemos levar a práctica a creación de proxectos dixitais conxuntamente con eles polas casuísticas dos mesmos.

Proposta de mellora

Aínda que potenciamos a comunicación entre a dirección do centro e os titores coas diferentes familias a través da aplicación "TokApp" de cara ao vindeiro curso incidiremos sobre a importancia de ter unha comunicación mais fluida e continua por esta vía, así como obter feedback pola súa parte para coordinar o aprendizaxe de maneira conxunta e traballar ambas partes na mesma liña.

Por outro lado, como xa comentamos no apartado anterior, temos que ter presente as características e necesidades individuais do alumnado do centro, o que dificulta a creación de maneira conxunta de proxectos dixitais e polo tanto facelos partícipes deste proceso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia definida de cara a difusión do Plan Dixital do centro centrarase en tres vías de actuación, as cales serán a seguintes:

  • Primeiro, para a difusión do PD do centro engadirémolo o Plan educativo do mesmo, actualizándoo e revisándoo.
  • Segundo, a entidade a que se vincula o centro educativo conta cun equipo de comunicación, o cal se encarga unha vez a semana de difundir todas as novidades, e actividades que acontecen e se realizan  no CEEPR, sendo tamén un canle de difusión para o PD.
  • E por último para facer participe as familias dos nosos alumnos as cales tamén forma parte da comunidade educativa farase uso da ferramenta Tokapp a través da cal se lles poderá informar das diferentes actividades vinculadas a realización dos obxectivos plantexados.

Pódese acceder a dito Plan Dixital a través da seguinte ligazón: https://amicos.org/wp-content/uploads/2022/11/Plan-Dixital-CEEPR-Amicos.pdf