Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.
O plan dixital de centro, é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, segundo recolle a LOMLOE no seu artigo único. Modificación da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, punto 62, apartado 1 “O proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro, da cordo co establecido no artigo 111 bis.5.”, co fin de desenrolar a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

Durante os curso 2021/2022 cada centro elaborará o seu plan dixital, segundo as instruccións que se diten, tal e como recolle a resolución do 17 de xuño de 2021 na súadisposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. E na resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL

O colexio Manuel López Navalón é un centro de educación especial que ofrece unha proposta educativa en dúas etapas, ámbitos ou modalidades: educación básica e formación profesional mediante os programas formativos de formación profesional básica para alumnado con necesidades educativas. Na educación básica existe a modalidade de educación combinada con outros centros ordinarios , tanto de educación secundaria obrigatoria como de educación primaria. Tamén ofrece atención e servizos de logopedia con carácter ambulatorio dende o Centro de Recursos.
A procedencia do alumnado do centro é diversa, na meirande parte das distintas bisbarras da provincia e de bisbarras próximas de Pontevedra, cun nivel económico medio-baixo e socialmente unha grande parte das familias do alumnado están atravesando dificultades de diversa índole. Os recursos culturais dispoñibles na casa son limitados, non todo o noso alumnado dispoñe de ordenador e/ou conexión a Internet, etc. Unha parte das familias do centro non está alfabetizada dixitalmente aínda que progresivamente vai aumentando o
acceso ás TIC por parte dos mesmos. A fenda dixital en moitos casos é unha realidade que condiciona a situación dos fogares ao respecto.

PROCESO DE ELABORACIÓN

O deseño do Plan Dixital de Centro debe recoller as ideas principais que avalia SELFIE, determinar as prioridades e establecer os seguintes niveis de planificación (programas, proxectos e/ou accións) que marcarán o plan de traballo do centro escolar no seu proceso de cambio e mellora, en definitiva, unha boa estratexia para mellorar a dixitalización do noso centro escolar.
Durante o curso 2021/22 o Coordinador TIC do Centro realizou un curso de formación para a elaboración do Plan Dixital do centro. Esta formación supuxo a base sobre a que se xestou a elaboración deste documento. Coa participación do profesorado e o alumnado na recollida de datos con SELFIE, conseguimos que todos os actores educativos, salvo as familias, participen na elaboración do Plan Dixital do Centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

En liña coas orientacións da normativa vixente1  e as liñas establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe.

Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE.
En febreiro de 2022 realizouse o Test CDD.
Marzo do 2022 levouse a cabo o DAFO


1 Artigo 111 bis. Artigo 121 e Art. 132 da LO 2/2006 do de maio de educación

Resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Interno
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade H7. Creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade H6 outorgar recoñecemento ao traballo dos demais Alumnado Non
Debilidade H8. Aprender a comunicarse. Alumnado Non
Debilidade C2. Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Si
Debilidade C3. acceso a internet Infraestruturas Non
Debilidade C5. asistencia técnica. Infraestruturas Non
Debilidade C1. infraestrutura. Infraestruturas Non
Debilidade C8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade C5. Asistencia técnica. Organización de centro Non
Debilidade B1. Avaliación do progreso. Organización de centro Non
Debilidade B3. Colaboracións. Persoal docente Non
Debilidade B1. avaliación do progreso. Persoal docente Non
Debilidade B2. Debate sobre o uso. da tecnoloxía. Persoal docente Non
Debilidade E2. Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade F6 Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade G1 Avaliación das capacidades. Persoal docente Si
Debilidade G3 Retropalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade D4. Oportunidades de DPC. Persoal docente Non
Debilidade E4. Comunicación coa Comunidade Educativa Persoal docente Non
Debilidade G5 autoreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G6 Comentario a outros alumnos sobre o seu traballo. Persoal docente Non
Fortaleza H4. Verificar a calidade da información. Alumnado Non
Fortaleza H1. Comportamento seguro Alumnado Non
Fortaleza H3. Comportamento responsable Alumnado Non
Fortaleza C7. Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino. Oferta Si
Fortaleza A1 Estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza A2. Desenvolvemento da estratexia co. profesorado Organización de centro Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de Ensinanza. Organización de centro Non
Fortaleza F3. Fomento da cratividade. Persoal docente Non
Fortaleza F5. Colaboración do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza D2. Participación no DPC. Persoal docente Non
Fortaleza E3. Emprego EVA Persoal docente Non
Fortaleza F1. Adaptación as necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F4. Inclusión do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de Ensino. Persoal docente Non
Fortaleza D1. Necesidades DPC Persoal docente Non
Fortaleza D3. Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Fortaleza E1 Recursos educativos en liña Persoal docente Non
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As demandas que se fan a administración educativa en cando equipos e material tecnolóxico, tenden ou a tardar moito Administración educativa Non
Ameaza Carga lectiva. Administración educativa Non
Ameaza Internet lento. Administración educativa Non
Ameaza Constante modificación do curiculum. Administración educativa Non
Ameaza Carga burocrática do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias. Contorna Non
Ameaza Baixo nivel no uso das TICS e de recursos no fogar do alumnado. Contorna Non
Ameaza Brecha dixital. Contorna Non
Ameaza Protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo plan dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Facilidade de colaborar e compartir actividades con outros centros. Contorna Non
Oportunidade Existencia de unha boa oferta educativa. Contorna Non
Oportunidade Boa imaxe no exterior. Contorna Non
Oportunidade B3. Colaboracións. Outras Non
Oportunidade C8. Dispositivo dixitais para a aprendizaxe. Outras Non
Oportunidade C1. Infraestrutura Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, como o coñecemento do funcionamento interno do colexio; o centro xenerou unha análise DAFO que permite tomar conciencia da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro
O2PD Crear reposotorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais para a ensinanza/aprendizaxe.
O3PD Solicitude do proxecto Edixgal
O4PD G1 Avaliación das capacidades

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

* OBXECTIVO 1: Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro

- As acción previstas para o primeiro trimestre estanse a realizar en tempo

OBXECTIVO 2: Creación dun respositorio en liña

- Estableceuse xa a liña de formación que xirará en torno a AV e Polos Creativos

OBXECTIVO 3: Solicitude EDIXGAL. As accións deste obxectivo están aprazadas, con vistas a retomar o tema o longo do curso.

OBXECTIVO 4: Avaliación das capacidades.

- Queda pendente matricular os alumnos novos na AV do centro

2º Trimestre

* OBXECTIVO 1: Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro

- O centro recibiu o material dos polos creativos. O elementos dixitais que ten na actualidade son bastante antigos, contan cun servicio externo que está revisando a operabilidade.

OBXECTIVO 2: Creación dun repositorio en liña

- Na actualidade estase a espera de recibir formación presencial por parte do CAFI. A saber formación relacionada cos polos creativos, sobre 24 horas de docencia. E formación en competencia dixital de 19 horas, tamén con docencia.

Na actualidade a AV conta xa cun repositorio de recursos o que ten acceso todo o profesorado

OBXECTIVO 3: Solicitude EDIXGAL. As accións deste obxectivo están aprazadas, con vistas a retomar o tema o longo do curso. Pendente da saída da convocatoria

OBXECTIVO 4: Avaliación das capacidades.

- Matriculouse o alumnado novo que estaba sen matricular.

3º Trimestre

3º TRIMESTRE. 1ª VISITA 15/05/2023

A día de hoxe, estase a levar adiante o acondicionamento dos polos creativos. Fago unha especial mención a radio, pois as obras de construcción do estudio estanas a levar adiante o alumnado do ciclo de carpintería.

*1º OBXECTIVO: Dado que se vai a implementar a ferramenta INVENTARIO, o coordinador xunto co seu equipo decidiu aprazar as accións deste obxectivo, até que se poida usar a devandita ferramenta.

*2º OBXECTIVO: Respecto a este obxectivo, podemos dalo por acadado; segue aberta a acción nº 3, no que se refire a creación de materiais para o ensino-aprendizaxe e a súa divulgación na AV do centro.

* 3º OBXECTIVO

Este obxectivo queda aprazado até o próximo curso

* 4º OBXECTIVO: As dúas primeiras acción pódense dar por acadadas; a terceira acción, deuse formación o profesorado para capacitalo na creación dos bancos de preguntas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No próximo claustro o coordinador do PDC, solicitará o resto do profesorado a súa opinión sobre as dificultades, carencias, virtudes.... etc do actual PDC

Valoración xeral

O coordinador do PDC solicitará o resto do profesorado que expresen a súa valoración ao respecto, facendo fincapé nos aspectos positivos e negativos do actual plan, para, na seguinte revisión,  potenciar o positivo e correxir o negativo.

Proposta de mellora

* Formación nos polos creativos, para o manexo dos dintintos elementos que o compoñen

* Solicitarase o CAFI formación específica sobre Agueiro

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital de Centro, procederase a darlle a maior difusión entre a comunidade educativa utilizando para este fin a páxina web do centro e o correo electrónico corporativo, sen prexuizo de facer un claustro monográfico a principios de curso para promover e resaltar a importancia da colaboración da comunidade educativa no desenvolvemento do Plan Dixital de Centro.
Asemade este debandito Plan formará parte da documentación oficial do centro; é dicir, do Proxecto Educativo, do Proxecto de dirección e do Plan Xeral Anual (PXA).

Ligazón o Plan Dixital de Centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceenavalon/system/files/PLAN%20DIXITAL%20CEE%20NAVALON.pdf