Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital de Centro como organización. O plan dixital de centro, é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, según recolle a LOMLOE no seu artigo único. Modificación da Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, punto 62, apartado 1 “O proxecto educativo do centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro, dacordo co establecido no artigo 111 bis.5.”, co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais. Este plan debe construirse ca participación de todos os sectores da comunidade educativa de modo que se convirta nun proxecto compartido. De igual modo, conforme a disposición adicional décima da mencionada ley, o Plan de Continxencia para situacións de emerxencia
conterá as medidas que garanticen a competencia dixital do alumnado e profesorado, reducindo no posible as fendas dixitais de acceso e uso, e as previsións para a revisión dos elementos do curriculo e das programacións didácticas centradas nos aspectos máis competenciais do mesmo.
Durante os curso 2021/2022 cada centro elaborará o seu plan dixital, según as instruccións que se diten, tal e como recolle a resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. E na resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022. Por último citar a resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e  implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O imparable desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación está a afectar de forma profunda a todas as actividades que realizan os seres humanos, tanto no seu traballo e no seu lecer, como na súa forma de relacionarse ou de comunicarse. O noso centro educativo non permanece alleo a esta realidade , polo que se expón ofrecer os recursos e estratexias necesarias para a integración e o uso eficaz das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe, de modo que o alumnado poida incorporarse de forma plena na sociedade, e compénsense todo tipo de desigualdades sociais.

En liña coas orientacións da normativa vixente1  e as liñas establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe.

Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE.
En febreiro de 2022 realizouse o Test CDD.
Marzo do 2022 levouse a cabo o DAFO


1 Artigo 111 bis. Artigo 121 e Art. 132 da LO 2/2006 do de maio de educación

Resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Interno
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8. DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA O APRENDIZAXE Alumnado Si
Debilidade C17 BASE DE DATOS DE PROVEEDORES DE FORMACIÓN Alumnado Non
Debilidade C7. PROTECCIÓN DE DATOS Infraestruturas Si
Debilidade C8. DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA A APRENDIZAXE Infraestruturas Non
Debilidade G1. AVALIACIÓN DAS CAPACIDADES Persoal docente Non
Debilidade G7. COMENTARIOS A OUTROS ALUMNOS SOBRE O SEU TRABALLO Persoal docente Non
Debilidade G3. RETROALIMENTACIÓN AXEITADA Persoal docente Non
Debilidade G5. AUTORREFLEXIÓN SOBRE O APRENDIZAXE Persoal docente Non
Fortaleza C1. INFRAESTRUCTURA Infraestruturas Non
Fortaleza C2. DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA A ENSINANZA Infraestruturas Non
Fortaleza C3. ACCESO A INTERNET Infraestruturas Non
Fortaleza C5. ASISTENCIA TÉCNICA Infraestruturas Non
Fortaleza A.3. NOVAS MODALIDADES DE ENSINO Oferta Non
Fortaleza A1. ESTRATEXIA DIXITAL Organización de centro Non
Fortaleza A2. DESENVOLVEMENTO DA ESTRATEXIA CO PROFESORADO Organización de centro Non
Fortaleza A3. NOVAS MODALIDADES DE ENSINO Organización de centro Non
Fortaleza A6. PARTICIPACIÓN DAS EMPRESAS NA ESTRATÉXIA. Organización de centro Non
Fortaleza B1. AVALIACIÓN DO PROGRESO Organización de centro Non
Fortaleza C5. ASISTENCIA TÉCNICA Organización de centro Non
Fortaleza E2. CREACIÓN DE RECURSOS DIXITAIS Persoal docente Si
Fortaleza F5. COLABORACIÓN DO ALUMNADO Persoal docente Non
Fortaleza B1. AVALIACIÓN DO PROGRESO Persoal docente Non
Fortaleza D1. NECESIDADES DE PDC Persoal docente Non
Fortaleza D2.PARTICIPACIÓN NO DPC Persoal docente Non
Fortaleza D3. INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS Persoal docente Non
Fortaleza E1. RECURSOS EDUCATIVOS EN LIÑA Persoal docente Non
Fortaleza B3. COLABORACIÓNS Persoal docente Non
Fortaleza F1. ADAPTACIÓNS ÁS NECESIDADES DO ALUMNADO Persoal docente Non
Fortaleza F6. PROXECTOS INTERDISCIPLINARES. Persoal docente Non
Fortaleza F5. COLABORACIÓN DO ALUMNADO Persoal docente Non
Fortaleza E3. EMPLEO DE ENTORNOS VIRTUAIS DE APRENDIZAXE Persoal docente Non
Fortaleza E4. COMUNICACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA Persoal docente Non
Fortaleza F3. FOMENTO DA CREATIVIDADE Persoal docente Non
Fortaleza F4. INCLUSIÓN DO ALUMNADO Persoal docente Non
Fortaleza D3. INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS Persoal non docente Non
Fortaleza E1. RECURSOS EDUCATIVOS EN LIÑA Persoal non docente Non
Fortaleza E2. CREACIÓN DE RECURSOS DIXITAIS Persoal non docente Non
Fortaleza F4. INCLUSIÓN DO ALUMNADO Persoal non docente Non
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza IMPOSICIÓN DE EXCESIVA CARGA BUROCRÁTICA QUE RALENTIZA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS. Administración educativa Non
Ameaza RISCO DE PECHE POR RATIO BAIXA Administración educativa Non
Ameaza BAIXA EXPECTATIVA CON RESPECTO A ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL Administración educativa Non
Ameaza INEXISTENCIA DE ANPA ANPA Non
Ameaza CAMBIOS LEXISLATIVOS Lexislación Non
Oportunidade TRANQUILIDADE Contorna Non
Oportunidade ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA Contorna Non
Oportunidade ESPACIO EXTERIOR DO CENTRO Contorna Non
Oportunidade RECURSOS NATURAIS Contorna Non
Oportunidade IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, como o coñecemento do funcionamento interno do colexio; o centro xenerou unha análise DAFO que permite tomar conciencia da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Elaborar un protocolo de protección de datos
O2PD Dispositivos dixitais para o aprendizaxe
O3PD CREAR RECURSOS DIXITAIS PARA LEVAR A CABO NA PRÁCTICA DOCENTE.

Seguimento

Procedemento

A actualización periódica e constante dos contidos e dos recursos informáticos dispoñibles é totalmente necesaria dada a velocidade de cambios que sufren aplicacións, ferramentas ou dispositivos. Por eso, cada trimestre avaliarase o estado de execución das accións e tamén analizaranse e valoraranse os resultados obtidos e, de ser o caso, proporanse modificacións das accións e as propostas de mellora, para axustar a realidade todos os factores indicados anteriormente que están en permanente evolución.

A persoa mentora Adix, realizará como mínimo dúas visitas ao centro por trimestre, para valorar, xunto ca coordinadora do PDC, o desenvolvemento do mesmo.


Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino/aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente Plan e a adecuación das
actividades realizadas. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes interniveis e as propostas de mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

1º Trimestre

OBXECTIVO 1: Elaborar un protocolo de protección de datos

- As accións estanse cumprindo segundo o establecido.

OBXECTIVO 2: Cantidade dos dispositivos renovados e existentes no centro

- Aprazado por estar pendentes da implementación específica da Xunta.

OBXECTIVO 3: Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente.

- Estanse a empregar recursos dixitais nas rutinas diarias.

2º Trimestre

OBXECTIVO 1: Elaborar un protocolo de protección de datos

- Levouse a cabo a formación específica impartida polo CAFI.

Queda pendente a elaboración do protocolo e a súa divulgación.

OBXECTIVO 2: Cantidade dos dispositivos renovados e existentes no centro

- A día de hoxe foille entregado o centro un portátil acer e un equipo de sobremesa.

No que se refire a acción do inventario, estase a espera da implementación da ferramenta que está elaborando Amtega.

OBXECTIVO 3: Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente.

- Estanse a empregar recursos dixitais nas rutinas diarias.

- Están creados recursos dixitais para a docencia que o longo do curso se subirán a Aula Virtual

3º Trimestre

OBXECTIVO 1: Elaborar un protocolo de protección de datos

* Deuse a formación, queda aprazado a elaboración do protocolo.

OBXECTIVO 2: Dispositivos dixitais para o aprendizaxe

* Renováronse os todos os dispositivos do centro agás as impresoras que xa foran cambiadas.

OBXECTIVO 3: Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente.

* Este obxectivo pódese considerar acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital de Centro, procederase a darlle a maior difusión entre a comunidade educativa utilizando para este fin a páxina web do centro e o correo electrónico corporativo, sen prexuizo de facer un claustro monográfico a principios de curso para promover e resaltar a importancia da colaboración da comunidade educativa no desenvolvemento do Plan Dixital de Centro.
Asemade este debandito Plan formará parte da documentación oficial do centro; é dicir, do Proxecto Educativo, do Proxecto de dirección e do Plan Xeral Anual (PXA).

Ligazón o Plan Dixital: https://drive.google.com/file/d/1uUh7lSTDMyd2lsJYuZ5jmu6poc2nPEed/view