Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A implementación do Plan Dixital vai contribuír esencialmente a dar resposta aos retos da sociedade do século XXI, fundamentalmente dixital en todos os eidos, social, económico, profesional, comunicativo,…, e para os que o noso alumnado ten que estar preparado, para non ser analfabetos dixitais. Este plan vai complementar outros programas nos que o colexio está a participar como son o Proxecto Abalar, no que se iniciou a transformación dixital do centro, e que agora é o proxecto Edixgal, nos cursos de 5º e 6º de Primaria. Tamén na Rede de Estratexia Galega para a reducción da fenda dixital, que moitos alumnos e alumnas presentan. Tamén estamos a participar nos proxectos de webs dinámicas e tamén no emprego das Aulas virtuais. Facemos un uso cada vez máis xeralizado para as comunicacións da ferramenta Abalar Móbil. Participamos tamén nos Contratos Programa, na modalidade de innovación educativa, en distintos apartados, entre eles o de ciencia e tecnoloxía, para desenvolver no alumnado capacidades e competencias científicas e tecnolóxicas.

Todos os obxectivos previstos no plan, así como os que están recollidos nos distintos plans e proxectos, van ter o seu desenvolvemento e concreción nas diferentes actividades que se van a realizar no curso 22-23, e que se van recoller na PXA.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Logo de analizar os documentos Selfie, CDD, a elaboración da matriz DAFO e o Plan de Acción, coas aportacións dos membros do claustro, procedeuse á elaboración deste documento.

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8- O CEIPP O Grupo é un centro E-Dixgal, mais non dispón de dispositivos dixitais administrados ou en propiedade abondos para que o alumnado desde EI ata EP4 os poida utilizar. Infraestruturas Non
Debilidade C12OP- No CEIP O Grupo carecemos dun plan estra- téxico para axudar ao mestrado a enfrontarse ás dificul- tades que xorden da aprendizaxe mixta. Organización de centro Non
Debilidade A1- O noso centro non conta cunha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade B2- Deberiamos ser quen de debater sobre as vantaxes e desvantaxes da integración das TD nos procesos de ensino e de aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G1- Emprego das TD para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G10OP- Necesidade de planificar mecanismos que permitan reflectir, valorar e integrar as habilidades/ capacidades dixitais que o alumnado desenvolve e o estimulan emocionalmente fóra do centro escolar. Persoal docente Non
Debilidade E2- Creamos insuficientes recursos dixitais para reforzar, implementar e actualizar a metodoloxía. Persoal docente Non
Debilidade E4- No relativo ao uso dos EVAs consideramos que debemos establecer un criterio metodolóxico de centro. Asemade, deberiamos potenciar o uso dos EVAs en cursos inferiores e integralo dentro dun plan de mellora dirixido á unha necesaria actualización da liña metodo- lóxica. Persoal docente Non
Debilidade F1- Emprego das TD para adaptar a metodoloxía ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F6- Fomento da participación do alumnado en proxec- tos interdisciplinares empregando as TD. Persoal docente Non
Fortaleza 1. C1- No noso centro a infrestrutura dixital respalda o ensino e a aprendizaxe con TD. Infraestruturas Non
Fortaleza 2. C2- No noso centro temos dispositivos dixitais que podo utilizar na miña labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza 3. C3- O noso centro facilita acceso á Internet a todo o alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza C11OP- Temos medidas para identificar as dificultades que xor- den coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesida- des de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socio- económico. Organización de centro Non
Fortaleza C15OP- No CEIPP o Grupo, o alumnado con necesida- des educativas especiais ten acceso a tecnoloxias asis- tenciais. Organización de centro Non
Fortaleza E4- Uso dos EVAs en quinto e sexto de primaria Persoal docente Non
Fortaleza G7OP- O centro, a través dos plans de formación continuada, facilítanos as ferramentas necesarias para utilizar as TD para realizar as avaliacións do alumnado, reflexionar sobre a aprendizaxe e a integración de habili- dades/capacidades dixitais que o alumnado desenvolve dentro e fóra do centro. Persoal docente Non
Fortaleza XX- O centro dispón de mestrado cualificado disposto a elaborar a programación dixital desde EI ata sexto curso de primaria e planificar a súa implementación por niveis. Contamos tamén co apoio do Equipo Directivo. Persoal docente Non
Fortaleza D2- O mestrado ten acceso a DPC (desenvolvemento persoal continuo) no referido ao ensino con tecnoloxías dixitais, á súas modalidades e aos EVAs. Persoal docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4OP- No centro non temos tempo para explorar como implementar a metodoloxía enriquecéndoa coas TD. Administración educativa Non
Ameaza XX- Atopamos unha fenda dixital tremenda na compe- tencia dixital das propias familias. Contorna Non
Ameaza XX- A situación socioeconómica de determinadas familias é un inconvinte á hora de poder adquirir equipa- mento. Contorna Non
Ameaza B3- Deberiamos incrementar as actuacións dirixidas á integración do centro no tecido social e aproveitalo para implementalas co Plan Dixital do CEIPP O Grupo. Contorna Non
Ameaza XX- A calidade/velocidade de acceso a Internet das familias é unha eiva; dependendo do domicilio, hai familias que teñen moi boa conexión e outras sofren cortes continuos no servizo. Outras Non
Oportunidade XX- O CEIPP O Grupo reutilizou con éxito o equipamen- to Abalar dispoñible no centro ao pasarmos a ser centro E-Dixgal. O alumnado de sexto curso clonou todos os equipos que hoxe se empregan para paliar esa tremenda fenda dixital. Pola súa banda, a Consellería tamén enviou catorce convertibles modernos cos seus correspondentes apa- rellos wifi, dentro do seu programa Educa en Dixital, para acadarmos xuntos o mesmo obxectivo. Administración educativa Non
Oportunidade D2- A consellería ofrece a posibilidade do DPC no relativo aos procesos de ensino e de aprendizaxe con TD a través dos PFPPs e do Plan Anual de Formación do Profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade O CEIPP O Grupo vén implementando a transformación dixital a través de comunicados Abalar, emprego de Webex para as vídeos, web do centro e toda comunica- ción que, segundo a lexislación, se poida realizar vía electrónica e telemática Administración educativa Non
Oportunidade XX- Extraordinaria relación coa ANPA, reflectida en colaboración continua. ANPA Non
Oportunidade A5OP- No CEIPP O Grupo respectamos os dereitos de autor e as licenzas de uso ao utilizarmos TD para o ensino e para a aprendizaxe. Lexislación Non
Oportunidade B4OP- O centro mantén unha excelente relación cos centros da contorna, co Concello, cos Servizos Sociais e coas distintas organizacións que conforman o tecido social froito do traballo do Equipo Directivo, do mestrado e do alumnado participando e colaborando activamente cada ano nas actividades programadas desde estas organizacións. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O Plan de Accións elaborouse a nivel de liderado, tecnolóxico e pedagóxico. Segundo os datos
tirados do informe Selfie, e atendendo á matriz DAFO, procedeuse á redacción dos obxectivos
para a mellora da competencia dixital da comunidade educativa e das infraestruturas e medios
dixitais do colexio,
Establecéronse  as    áreas  prioritarias  e  determináronse  os  obxectivos  específicos,  medibles,
alcanzables, relevantes e temporalizados que queremos conseguir. Están contextualizados ás
áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Potenciar o emprego da aula virtual do centro, con actividades DUA , grupos separados e avaliación con rúbrica.
0010PD Empregar libros de cualificación para avaliar probas e tarefas na aula virtual e na plataforma EVA
0011PD Realizar actividades por parte do alumnado na aula de informática
002PD 002PD.Promover a intercomunicación coas familias mediante o uso de ferramentas corporativas
003PD Colaborar con outras entidades para desenvolver un uso responsable e seguro da competencia dixital
004PD Actualizar e Renovar os dispositivos dixitais nas aulas onde están obsoletos
005PD Crear en cada aula o recanto tecnolóxico dixital, dotado de computadores e elementos de robótica que permitan facer actividades DUA, que atendan á diversidade
006PD Dotar a biblioteca de dispositivos dixitais para crear a zona alfin para uso da comunidade educativa
007PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente
008PD Promover o uso da Aula Virtual do centro, coma un elemento máis de ensino-aprendizaxe, por parte do alumnado
009PD Desenvolver o uso de apps dixitais co alumnado , coma un elemento máis de ensino-aprendizaxe

Seguimento

Procedemento

O  procedemento  de  seguimento  do  desenvolvemento  do  plan  e  da  consecución  de
obxectivos será levada a cabo en distintos eidos:
- Avaliación procesual: unha vez ao trimestre.
Aspectos a valorar:
- Obxectivos: Acadados/ Non acadados
- Execución das accións: Realizada/Aprazada/Pendente
- Análise de resultados
- Propostas de mellora
- Avaliación final: unha vez ao ano.
Os aspectos a considerar:
- A valoración do logro dos obxectivos
- A valoración das accións
- As propostas de mellora.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O  procedemento  de  seguimento  do  desenvolvemento  do  plan  e  da  consecución  de
obxectivos será levada a cabo en distintos eidos:
- Avaliación procesual: unha vez ao trimestre.
Aspectos a valorar:
- Obxectivos: Acadados/ Non acadados
- Execución das accións: Realizada/Aprazada/Pendente
- Análise de resultados
- Propostas de mellora
- Avaliación final: unha vez ao ano.
Os aspectos a considerar:
- A valoración do logro dos obxectivos
- A valoración das accións
- As propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez sexa aprobado en Consello Escolar, será  aloxado e difundido a través da páxina
web do centro, e comunicado á comunidade educativa a través de Abalar Móbil.