Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • Xustificación:

O plan dixital do centro é un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais nos procesos de ensino-aprendizaxe e nos
procesos de comunicación e xestión do centro, co obxectivo de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado.
A referencia fundamental para desenvolver este plan é o Marco Europeo para Organizaciones Educativas Digitalmente Competentes
(DigCompOrg). As leis nas que se enmarca son:
¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se
ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se
ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño,
elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o
curso 2021-2022.

  • Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo:

O noso centro, CPR Plurilingüe Galaxia, está situado na Rúa Estatuto no 2, no casco urbano do concello de Ribeira (15960), A Coruña.
Impártense nel as etapas educativas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato (este último
sen concerto).
Contamos no curso actual con con 480 alumnos/as, 38 docentes e 5 persoas de administración e servicios.
A nosa web é www.colegiogalaxia.es e o correo cpr.galaxia@edu.xunta.gal.

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro:
O concello de Ribeira é de mediana extensión, 65.1 km. cadrados, repartidos entre as nove parroquias que o forman cunha poboación de
27000 habitantes.

O índice de inmigración é cada ano máis alto debido á oferta de empleo xerada no sector da pesca e o marisqueo e a industria conserveira
sendo a clave da economía de Ribeira á que se dedica o 32 % da poboación activa. É un dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia.

Ribeira constitúe un dos concellos máis dinámicos da provincia nos últimos tempos. Trátase dun lugar enmarcado no progreso económico e
desenrolo empresarial por encima da liña provincial. Demograficamente, a súa natalidade aínda garante o crecemento. A poboación está
comparativamente máis rexuvenecida cá galega. Dentro da perspectiva comarcal, o Barbanza presenta uns indicadores moi dinámicos, tanto
a nivel xeográfico coma no desenrolo do seu tecido económico.

En canto ás características do alumnado práctica totalidade dos alumnos/as do Colexio Galaxia teñen a súa residencia habitual no Concello de Ribeira.
Proceden de familias que se caracterizan por ter maioritariamente dous fillos aínda que tamén abundan os fillos únicos, sendo moi inferior a cantidade de
familias numerosas.
A veces o núcleo familiar vese ampliado pola convivencia cos avós, que teñen certa incidencia na vida familiar, xa que nalgunhas ocasións
son estes os que levan adiante a atención dos nenos/as, cando os pais traballan fóra da casa, feito que cada vez é máis frecuente.
Os alumnos/as proceden en xeral de familias cun nivel económico medio - alto e non presentan carencias nas súas necesidades básicas de
alimentación e hixiene.

- O PD vai axudar a que o noso Proxecto Educativo se adecúe máis ás necesidades da nova sociedade na que vivimos, colaborando
coa formación dixital do noso alumnado. Asemade estará interrelacionado co Proxecto Lingüístico do centro, xa que o fomento da lingua galega
debe ir da par das novas tecnoloxías, desbotando así ese prexuízo que identifica a lingua galega como atrasada e pouco moderna. Unha das
grandes aportacións do Plan Dixital ao noso Proxecto Educativo é a minimización da fenda dixital que existe no noso centro debido á situación
socioeconómica dalgunhas familias. Esta fenda dixital fai que non podamos prantexarnos a participación en determinados proxectos que
implican o uso de equipamento dixital, xa que algún alumnado non conta con él na casa e no centro son insuficientes.
- O Plan Dixital estará integrado na nosa Programación Xeral anual, o seu funcionamento repercutirá no desenvolvemento das
actividades do profesorado e na aprendizaxe do noso alumnado. Consideramos que levar a cabo o Plan Dixital impulsará e motivará a labor
ensino-aprendizaxe.

  • Proceso de elaboración:

O PD foi elaborado polo equipo de Dinamización do Plan Dixital formado pola directora do centro e a profesora nomeada coordinadora para a
elaboración do PD.
Ademáis da utilización da información do SELFIE e do TCDD, o claustro de profesores participou tamén na súa elaboración con propostas e coa
axuda máis específica de profesorado cun nivel máis alto no uso das TIC na súa área ou asignatura. A administración e secretaría tamén aportou
datos e información. A opinión das familias e alumnado foi recollida tamén neste plan a través do Consello escolar e a título persoal por parte
dalgunha familia.
Os pasos a seguir para a elaboración doplan foron:
¿ Elaboración da enquisa SELFIE e envío da mesma a través da aula virtual ao alumnado, profesorado e equipo directivo do centro.
¿ Cumprimentar o TCDD mediante a plataforma Fprofe.
¿ Realizar a análise DAFO a partir da colaboración do claustro e os datos recollidos nos documentos previos, SELFIE e TCDD.
¿ Redactar o plan de acción cos obxectivos que se pretenden acadar.
¿ Elaborar o plan dixital con todos os datos recopilados.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Autoavaliación SELFIE: resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa.
  • Test CDD: información recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro e táboa 1.3. en relación co perfil do
    profesorado participante no TestCDD.
  • Outras fontes: reunión do claustro de profesores e opinión das familias.
Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1-Insuficientes competencias dixitais dunha porcentaxe importante do alumnado. 2-Acceso limitado a dispositivos dixitais ou a conexión estable de internet dalgúns alumnos en difícil situación socioeconómica. 3-Non se asegura que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias. 4-Non saben codificar nin resolver problemas técnicos que xorden. 5-Escasez de dispositivos dixitais que o alumnado pode empregar cando os necesita no centro. Alumnado Si
Debilidade 1-Acceso limitado a dispositivos dixitais ou a conexión estable de internet dalgúnhas familias en difícil situación socioeconómica. 2-Baixa competencia dixital dalgunhas familias. 3-Insuficiente uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo: comunicación de faltas de asistencia, de conducta, petición de tutorías,..... Familias Si
Debilidade 1-Os equipamentos son moi escasos e non están actualizados. 2-Non existen dispositivos dixitais nas aulas para poder ser empregados na labor de docente. 3-O acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe dixital é insuficiente. A wifi do centro chega a moi poucas aulas ou o sinal é moi débil. 4-So hai un dispositivo portátil propiedade do centro e un ordenador na biblioteca para os docentes. Os propios profesores traen os seus portátiles persoais. 5-Escasos espazos físicos que faciliten a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Poucas posibilidades de renovación de equipos dixitais e ampliación dos mesmos. Infraestruturas Si
Debilidade Oferta limitada en relación ás materias relacionadas con TICs: informática, robótica, .... Oferta Non
Debilidade 1-Non existe unha estratexia dixital. 2-Pouco apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. 3-Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. 4-Non dispoñemos no centro repositorios ou bibliotecas en liña. 5-Pouca promoción para a participación do profesorado en actividades formativas individuais organizadas pola administración. Organización de centro Si
Debilidade 1-A falta de equipamento dixital na aula e no centro imposibilitan o ensino-aprendizaxe e a labor docente. 2-Pouco apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. 3-Ausencia de ferramentas de avaliación dos nosos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. 4-Insuficiente uso das TIC para facilitar a colaboración entre alumnado e fomentar a participación en proxectos interdisciplinares e con outras organizcións ou centros. 5-Nivel A2 en competencia dixital da maioría do profesorado. 6-Falta de formación sobre aprendizaxe mixta por parte do groso do equipo docente tanto para atender as necesidades de aprendizaxe como as do contexto socioeconómico. 7-Conservadurismo por parte do profesorado en relación ás metodoloxías e acomodación. 8-Non se contempla dentro do horario o tempo adicado á comunicación nin á formación do DPC. 9-Insuficiente uso de actividades de aprendizaxe dixital que motivan ao alumnado e fomentan a creatividade. 10-Falta de tempo para a preparación de materiais dixitais dentro do horario dos docentes. Persoal docente Si
Debilidade 1-Insuficientes habilidades en competencia dixital. 2-Acomodación ou temor no uso de novas TICs. Persoal non docente Non
Fortaleza 1-Acceso a dispositivos dixitais ou a conexión estable de internet dunha grande parte do alumnado fóra do centro. 2-O noso alumnado aprende a actuar de xeito seguro e responsable e a identificar a información fiable e precisa en internet. 3-Aprende a crear contidos dixitais nalgunhas materias. 4-Aprende a comunicarse utilizando as TIC. 5-O alumnado pode facer o seguemento de suas tarefas a través da aula virtual do centro. Alumnado Si
Fortaleza 1-As familias reciben comunicación a través da aplicación Abalar móvil. 2-As familias poden facer o seguemento das tarefas a través da aula virtual do centro. 3-As familias reciben información académica a través de servicios dixitais educativos. Familias Si
Fortaleza 1-No centro existen sistemas de protección de datos. 2-Utilizamos servicios educativos corporativos. 3-Adaptación por parte do equipo docente ante os cambios propostos nas metodoloxías de ensino aprendizaxe. 4-Aula de informática. Infraestruturas Non
Fortaleza 1-Oferta de todos os niveis educativos (infantil, primaria,secundaria e bacharelato) 2-Enfoque educativo favorable para o tratamento da diversidade e a inclusión social. Oferta Non
Fortaleza 1-Reflexión no centro sobre o uso das TIC no ámbito educativo. 2-Existencia de sistemas de protección de datos. 3-Uso de servicios educativos corporativos. Organización de centro Si
Fortaleza 1-Debátese sobre as ventaxas e desventaxas do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. 2-Interés por buscar e crear recursos dixitais para reforzar a labor de ensinanza. 3-Utilización de entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. 4-Utilización de recursos educativos abertos. 5-Uso das TIC para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. 6-Uso das TIC para preparación de clases, retroalimentación e apoio. 7-O profesorado reflexiona sobre o DPC e participa nel. 8-O profesorado pon todo da sua parte dentro do centro para o uso das TIC utilizando os seus propios dispositivos dixitais. 9-Profesorado en situación laboral estable. Persoal docente Si
Fortaleza 1-Experiencia e coñecementos relacionados co posto de traballo. 2-Relación cas familias duradeira e estable. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1-Escasa inversión económica en dispositivos e infraestructura dixital e dependencia da financiación externa. 2-Escasa dotación orzamentaria especialmente para os CPRs. 3-Obsolescencia dos dispositivos dixitais. 4-O profesorado apoia o desenvolvemento profesional a través da colaboración e redes profesionales máis que dende os cursos presenciais ou en liña. 5-Falta de iniciativa por parte do centro para implantar a dixitalización. 6-Cada vez mais tarefas administrativas e menos tempo para as pedagóxicas. 7-Falta de tempo para planificación de actividades colaborativas entre etapas do centro e con outros centros. 8-Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital e ao aprendizaxe dixital. 9-Escasa comunicación entre persoal non docente e resto da comunidade educativa. 10-Falta de implicación por parte do persoal non docente en materia dixital. 11-Dificultade de comunicación coas familias e intercentro. 12- Necesidades na xestión da secretaría. 13-Falta de oferta de materias relacionadas coas tecnoloxías. 14-Ratio alumno/profesor elevado. 15-Temarios demasiado extensos que limitan o uso dos recursos dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Non existencia de ANPA no centro. ANPA Non
Ameaza 1-Familias en desacordo con plan dixital; preferencia do ensino tradicional. 2-Descoñecemento por parte de familias e alumnos no uso de ferramentas dixitais que impiden establecer un plan dixital. 3-Competencia educativa (existencia doutros centros con maior dotación orzamentaria nas proximidades). 4-Uso da tecnoloxía fora do centro maioritariamente para o tempo de ocio. 5-Fenda dixital. 6-Dificultades para medir as capacidades do alumnado fora do centro. 7-Insuficiente emprego de plataformas educativas e outros recursos dixitais de xeito colaborativo no centro e entre centros. 8-Condicións socioeconómicas da contorna, en ocasións desfavorables. 9-Preferencia polos libros de texto que limitan a evolución do aprendizaxe dixital e de contidos. Contorna Non
Ameaza 1-Lexislación educativa en constante cambio. 2-Exceso de burocracia por parte das Administracións. Lexislación Non
Oportunidade 1-Dotación de equipamento dixital no centro: ordenadores e proxectores en cada aula, pizarras dixitais,... 2-Instalación de acceso a Internet en todo o centro. 3-Actualización de equipos obsoletos. 4-Formación dos docentes en competencia dixital. 5-Colaboración entre docentes por etapas e entre centros. 6-Posibilidade de participación en programas vinculados á Consellería relacionados coas TICS. 7-Transformación da práctica docente co uso de ferramentas dixitais. 8-Oferta doutras materias como informática, aplicación de reforzos,robótica... 9-Conciliación familiar: compartir documentos a través das plataformas virtuais para facilitar a vida das familias (compartir horarios, información do comedor, actividades extraescolares,...) 10-Axuda por parte do centro educativo para a xestión de becas. 11-Acceso do persoal non docente ao DPC. 12-Optimización dos recursos. Administración educativa Non
Oportunidade 1-Acceso a posibilidades de DPC no relativo ao ensino e aprendizaxe de novas tecnoloxías e creación de material dixital. 2-Extensión e promoción entre o profesorado de innovación educativa. 3-Incremento da oferta de libros dixitais e outras ferramentas 2.0. que favorezan o consumo destes produtos 4-Esixencia por parte da comunidade educativa de implantar o plan dixital. 5-Utilización dos dispositivos dixitais para facer tarefas na casa. 6-Utilización das habilidades dixitais adquiridas nunha materia para aplicar nas outras. 7-Utilización de ferramentas dixitais promovidas pola administración. 8-Participación no plan dixital. 9-Oportunidade de actualización e modernización do método pedagóxico e modernización do sistema. 10-Posibilidade de colaboración interdisciplinar e entre etapas dentro do centro. Contorna Non
Oportunidade 1-Plan dixital financiado pola Unión Europea (Next- Generation UE) 2-Achegas económicas por parte da administración educativa. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise de todos estos elementos, lévanos a tomar decisións sobre os principais obxectivos para este ano.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso de novas modalidades de ensino-aprendizaxe dixital.
O02PD Usar e dinamizar o uso da web do centro/redes sociais.
O02PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado a través de Flipped classroom e actividades dixitais.
O03PD Promover o uso da comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarMóbil/AbalarPro .
O04PD 4.Crear espazos de colaboración entre profesorado e alumnado das distintas etapas do centro.
O05PD Instalar wifi/internet en todas as estancias do centro
O06PD Instalar equipos dixitais nas aulas (proxector,pc,encerado dixital,cámara web,...)
O07PD Realizar cursos para mellorar a competencia dixital do claustro.
O08PD Creación de rúbricas e probas de tests dixitais na AV.
O09PD Crear recursos dixitais para a ensinanza e aprendizaxe.
O10PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado a través de Flipped classroom e actividades dixitais.
O11PD Participar nun proxecto interdisciplinar ao longo do curso.
O12PD Empregar a tecnoloxía para facilitar a avaliación do alumnado incluíndo rúbricas e retroalimentación.
O13PD Desenvolver proxectos colaborativos empregando a AV/rede Agueiro

Seguimento

Procedemento

Avaliación procesual: realizarase unha vez ao trimestre e valoraranse:

  • estado de execución das accións.

  • A análise e valoración dos resultados.

  • Posibles modificacións.

  • Propostas de mellora.

1º Trimestre

Realización das primeiras reunións de claustro para formar os grupos de traballo e acordar os proxectos e accións a levar a cabo.

Solicitude de axudas á administración para dixitalizar as aulas cos Fondos Next Generation.

Instalación e posta en marcha da wifi do centro.

Comezamos a enviar mensaxes a través de Abalarmóbil/abalarpro.

2º Trimestre

Dixitalización das aulas grazas á concesión da axuda cos fondos Next Generation.

Posta en marcha de métodos de ensino-aprendizaxe dixital en distintas áreas.

Realización dos proxectos de colaboración e interdisciplinares.

Posta en marcha de novas RRSS.

 

3º Trimestre

Avaliación por medios de tests dixitais na AV.

Presentación dos proxectos TiCS na web e RRSS.

Solicitude de novas axudas para dixitalizar as ulas restantes.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Co fin de levar a cabo un control acerca da consecución dos obxectivos, realizaranse dous tipos de avaliación:

Avaliación procesual: realizarase unha vez ao trimestre e valoraranse:

  • estado de execución das accións.

  • A análise e valoración dos resultados.

  • Posibles modificacións.

  • Propostas de mellora.

    Avaliación final: realizarase ao final do ano escolar e consideraranse os seguintes aspectos:

  • Valoración de logro de cada obxectivo (prazos previstos e condicións de aplicación.
  • Propostas de mellora.
  • Realizar o test de CDD ao finalizar o curso.
Valoración xeral

A creación do Plan dixital supuxo un gran pulo para o noso centro tanto en mellora na competencia dixital docente coma na infraestructura así coma no proceso de ensino-aprendizaxe.

Ao longo deste curso tratamos de implementar case todos os obxectivos sendo posible acadar case todos. A consecución foi en obxectivos que afectan a distintos aspectos: 

-O01PD: promover o uso de novas tecnoloxías.

-O02PD: Usar e dinamizar o uso da web e RRSS.

-O03PD: Uso do Abalar móbil como método de comunicación coas familias.

-O05PD: Instalar wifi en todas as instancias deo centro.

-O06PD: Dixitalización das aulas.

-O07PD: Realizar cursos para mellorar a CDD

-O08PD:Creación de tests dixitais na AV

-O09PD: Crear recursos dixitais para o ensino-aprendizaxe.

-O10PD: Promover o uso da AV por parte do alumnado para actividades dixitais.

-O12PD: Empregar TICs para a avaliación do alumnado.

 

Proposta de mellora

Consideramos que aínda temos que acadar completamente todos os obxectivos, entre eles:

-Dixitalización do resto das aulas.

-Levar a cabo proxectos de colaboración entre as distintas etapas do centro utilizando as TICs, AV e crear un espazo virtual de colaboración similar a Agueiro.

-Crear máis actividades para o ensino-aprendizaxe dixital.

-Formar ao alumnado en competencias dixitais.

-Seguir avanzando na competencia dixital dos docentes.

-Extender e utilizar para máis funcións o ablarmóbil e a web como xeito de comunicación coas familias.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan dixital farase a través de:

  • A páxina web do colexio/blog do colexio.  https://colegiogalaxia.es

  • Informes publicados a través do Abalar ás familias.

  • Utilización das RRSS (Facebook) para a súa difusión e para compartir as melloras

    realizadas.