Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

En base á normativa vixente e como parte do Proxecto Educativo do CEIPP  de Palmeira elabórase este Plan Dixital, documento que pretende regular a relación coa tecnoloxía nas distintas etapas educativas e ofrecer unha guía de referencia para as familias e profesorado que sexa sinxela e efectiva.
Nome do Centro: CEIP Plurilingüe de Palmeira
Código: 15014465
Dirección: C/ Moldes nº 2;15959 Palmeira- Ribeira
Páxinas Web :https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippalmeira/
https://www.ceippdepalmeira.net/
E-mail: Ceip.palmeira@edu.xunta.gal
Teléfonos de Contacto: 981838281 / 613 475 382
Etapas Educativas
Nº Alumnado Ed. Infantil
4º 16
5º 24
6º 24
Ed. Primaria
1º 50
2º 34
3º 36
4º 35
5º 39
6º 32
 Nº de Mestres/as: 31 mestres/as

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO
1.2.2. A PARROQUIA DE PALMEIRA:  O colexio de Palmeira está situado na parroquia do mesmo nome, pertencente ao concello de Ribeira. Ten unha extensión dunhas 880 hectáreas e unha poboación aproximada de 2567 habitantes.
1.2.3- ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO :  O EEI Deán Grande pasou a ser unicamente de Educación Infantil, quedando adscrito na Educación Primaria ao colexio de Palmeira polo que a zona de influencia deste: Avda. da Coruña e Avda. de Ferrol, Paseo das Carolinas, Vial Novo, O Caramecheiro ata As Saíñas e rúas transversais destas zonas, Deán Grande, Deán Pequeno e a Zona da Conlleira pertencen á área de influencia deste Centro para o alumnado de Educación Primaria.
1.2.4.- POBOACIÓN : Maioritariamente a poboación é orixinaria da zona. Hai algunhas familias, ou integrantes dalgunhas familias, de etnias diferentes que residen na parroquia e traen os nenos e nenas ó centro, non tendo por estas razóns problemas de integración social no ámbito escolar. Os problemas preséntanse no caso dalgúns grupos marxinados na parroquia por razóns fundamentalmente económicas. Temos algún alumno/a procedente do estranxeiro.
2.2. ESTRUTURA DO CENTRO : O edificio do colexio está situado na parroquia de Palmeira, na rúa de Moldes nº 2. É unha construción que ten xa 36 anos e que presenta un estado de conservación aceptable aínda que hai algunhas deficiencias que cada ano poñemos en coñecemento da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, pero só unha mínima parte das nosas demandas foi atendida polo que a necesidade de intervención se fai cada vez maior e máis urxente.
 

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta equipamentos informaticos nos fogares. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia Dixital das familias para o uso das aulas e escritorios virtuais Familias Non
Debilidade -Problemas de conexión inalambrica; -Inversión propia a cargo de gastos de funcionamento, de equipamento informático Infraestruturas Non
Debilidade ----------------------------------------- Oferta Non
Debilidade Baixa Competencia Dixital Docente Persoal docente Non
Debilidade Falta liberación horaria para os coordinadores dixitais Persoal docente Non
Debilidade Falta de repositorio de recursos dixitais para o centro Persoal docente Non
Debilidade Falta de recursos dixitais para o alumnado NEE. Persoal non docente Non
Fortaleza - Alumnado participa no Programa Edixgal Alumnado Non
Fortaleza - Alumnado recibe a formacion necesaria para o desenvolvemento academico en relacion ás aulas virtuais do centro Alumnado Non
Fortaleza Aproveitamento de Ordenadores Abalar en 3º- 4º curso para a formacion dixital Familias Non
Fortaleza Programa Edixgal Familias Non
Fortaleza Uso de novas modalidades de ensino dixital. Oferta Non
Fortaleza - O profesorado emprega recursos dixitais propios do centro Persoal docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O alumnado no rural dunha rede de internet estable. Contorna Si
Ameaza -Disposición para ofertas novas actividades extraescolares a nivel tecnolóxico/dixital. Contorna Si
Ameaza -Falta de colaboración con outras da contorna para compartir recursos educativos. Lexislación Si
Ameaza Emprego de recursos non corporativos de informacion sensible do alumnado por parte das familias. Lexislación Si
Ameaza ----------------------------------------- Outras Non
Oportunidade Uso de ferramentas corporativas ou baixo amparo e protección do centro ( e-mails de aula e alumnado, nubes, escritorios virtuais etc... Administración educativa Non
Oportunidade -O centro emprega os recursos de comunicación corporativos para a información ás familias ( web, abalar...) Administración educativa Non
Oportunidade ----------------------------------- Administración educativa Non
Oportunidade -Disposición para levar a cabo formacións especificas ás familias ANPA Si
Oportunidade Uso meditado sobre as ferramentas que se empregan para compartir datos sensibles de protección de datos. Lexislación Si
Oportunidade Consciencia sobre as normas de dereitos de utor e licenzas de uso Lexislación Si
Oportunidade ----------------------------------------- Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

ANÁLISE DA SITUACIÓN DO CENTRO
Seguindo as indicacións establecidas polo Marco Europeo de Organizacións dixitalmente Competentes [ DigCompOrg], a análise da situación do Centro atenderá ás tres dimensións que devandito Marco establece: pedagóxica, tecnolóxica e organizativa. O marco europeo propón unha análise do Centro baseado en 7 elementos: Infraestrutura, Liderazgo e Gobernanza, Ensino e Aprendizaxe, Desenvolvemento Profesional, Avaliación, Contidos e Currículo. Tamén se analizan as Redes de Apoio e Colaboración.

AUTORREFLEXIÓN SOBRE O USO DAS TECNOLOXÍAS NOS PROCESOS: SELFIE

Para realizar esta análise axudámonos da ferramenta SELFIE [auto-reflexión], unha ferramenta en liña gratuíta que pretende axudar aos centros escolares a exporse como utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr unha aprendizaxe efectiva e innovadora.
Esta autorreflexión / Selfie está baseada no marco da Comisión Europea para organizacións educativas dixitalmente  competentes [ Dig- compOrg] onde podemos dicir que nos axuda a poñer de relevo que está a funcionar ben, en que aspectos  se necesita mellorar e cales deberían ser as prioridades do noso Centro. Con esta ferramenta  obtivemos unha instantánea do estado no que se atopa o Centro en relación co uso das tecnoloxías dixitais tendo en conta as opinións do profesorado, alumnado e equipo directivo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1 Crear formación dixital no entorno da aula e escritorio virtual á comunidade Educativa a través das ENAPAS/ titorías.
2 Continuar coa formación de Contidos dixitais no entorno Edixgal( PFPP)
3 Mellorar o equipamento informatico e infraestruturas do centro no eido dixital
4 Conseguir liberación horaria para os coordinadores Edixgal, Tic

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para poder avaliar o plan, será necesario:
    a) medir o grao de consecución dos obxectivos que nos marcamos.
    b) comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo con obxectivos que deben ser específicos e concretos,  medibles,  alcanzables, realistas e definidos no tempo.
Para levar a cabo a avaliación, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:
    • Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.
    • A ferramenta de avaliación SELFIE a través da cal poderemos facer unha análise da
    • competencia dixital do Centro. Recoméndase realizar anualmente a final de curso.
    • A avaliación da Competencia Dixital Docente a través do  Portfolio da Competencia
    • Dixital Docente do  INTEF.
    • A avaliación da Competencia Dixital do alumnado a través de SELFIE, preferiblemente a final do curso.
O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos
previstos. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.
Realizarase unha avaliación procesual por trimestre analizando o estado de realización das accións valorando posibles modificacións. 
Ao remate do curso realizarase a avaliación final para valorar o logro dos obxectivos propostos e incluíndo, se é necesario, propostas de mellora para os vindeiros cursos. 
O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.

 

Valoración xeral

A Valoracion xeral do traballo efectuado foi sobresainte, cumprironse case a totalidade dos obxectivos marcados para este curso escolar 2022-2023.

Proposta de mellora

Realizarase unha avaliación procesual por trimestre analizando o estado de realización das accións valorando posibles modificacións. 
Ao remate do curso realizarase a avaliación final para valorar o logro dos obxectivos propostos e incluíndo, se é necesario, propostas de mellora para os vindeiros cursos. 
O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan darase a coñecer tanto ao Claustro como o Consello escolar do centro e darase coñecemento do mesmo á comunidade educativa a través da publicación na paxina web do centro.