Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do PDC.

Normativa en relación co Plan Dixital do naso centro:
Aportación dos medios dixitais á consecución da adquisición dos elementos curriculares. Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
lnstrucións para o ensino non presencial. Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pala que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de El, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022. 

lnstrucións para elaborar o plan dixital de centro. Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pala que se  ditan  instrucións  para  o deseño, elaboración  e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización.

Trátase de un colexio privado concertado que imparte as etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, situado na parroquia do Bon Pastor, pertencente ó Concello de Ribeira na provincia da Coruña, parroquia con gran tradición mariñeira. É un centro de liña 1 con un total de 13 grupos (tres de infantil, seis de primaria e catro de secundaria).  O  rateo profesor/alumno é de 1/27 aproximadamente, o que fai un total de 258 alumnos/as.
Dentro do PD, terá unha especial relevancia o alumnado con NEAE, así como o resto da diversi­ dade. Deste xeito, será indispensable ter en canta os diferentes medios e recursos tecnolóxicos seleccionados de maneira individual para cada un destes casos.
O Plan dixital pretende dotar ao centro de maior cantidade de medios de comunicación coas fa­ milias.
En relación cos obxectivos que marcarán este Plan, cobra unha grande importancia a mellara dos medios dixitais dos que dispón o centro nos diferentes espazos (aulas, biblioteca, aula de infor­ mática...).
É importante facer énfase na importancia  da  relación  que terá con outros  plans do centro, entre os que destacamos o Plan Lingüístico de Dinamización da Lingua Galega eco Plan de Atención á Diversidade.
A contribución do Plan Dixital á Xeral Anual do curso 22/23 ten lugar a través de diferentes vías:
a)    Redución da fenda dixital existente na Comunidade Educativa.
b)    Adquisición das ferramentas básicas para o emprego dos medios dixitais por parte do alumnado e do profesorado do centro.
c)    Dotación de medios e recursos para o profesorado e alumnado para a mellara do pro­ ceso de ensino-aprendizaxe.

Proceso elaboración.

As fases realizadas no canto á creación do Plan Dixital, son as seguintes:

  • Elección das persoas que van a formar parte do equipo de dinamización do plan dixital.
  • Análise da situación de partida a través de un  cuestionario.  Revisión  de  cuestións  a  incluír no SELFIE. Configuración SELFIE. Fixar datas para a súa realización.
  • lnstrucións para transmitir ao profesorado, e comunicacións co alumnado. Medios de realización do SELFIE.
  • Elaboración dunha enquisa de Competencia Dixital, por parte do profesorado do centro.
  • Valoración de resultados na Educación Primaria e na ESO.
  • Metodoloxía para a elaboración do informe DAFO a  partir  dos resultados do SELFIE e  do test CDD.
  • Análise cualitativa e cuantitativa dos resultados anteriores. Dinámica dos tres porqués.
  • Establecer as Fortalezas, as Debilidades, as Ameazas, e as Oportunidades.
  • Elaboración do Plan de Acción, que consta dunha serie de obxectivos seleccionados e considerados como máis asumibles de cara ao curso 2022/23.
  • Redacción do Plan Dixital.
  • Difusión do Plan Dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE: información do resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa.
Test CDD: Información recollida no informe grupal do Test CDD de centro. 

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade No noso centro o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atopou na internet. Alumnado Non
Debilidade No noso centro, os espazos físicos non facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais, por falta de conexión estable a internet. Infraestruturas Non
Debilidade O alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Non
Debilidade Non se promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun Plan de Formación en Centros. Infraestruturas Non
Debilidade Non existen medidas claras para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado non crea recursos dixitais para reforzar o seu labor de ensino. Persoal docente Si
Debilidade Hai unha baixa utilización de tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Baixo, ou ningún emprego de tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Pouco fomento de participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Medo ao uso das TIC, ao descoñecido ou o que non se pode controlar e non querer saír da zona de confort. Persoal docente Si
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a actuar de maneira segura e responsable na internet. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a codificar ou programar Alumnado Non
Fortaleza Implicación por parte das familias na aprendizaxe das novas tecnoloxías, tanto por parte das nais/pais como das fillas/os. Familias Si
Fortaleza No centro hai dispositivos dixitais para o seu uso no ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza Existen sistemas de protección de datos. Infraestruturas Si
Fortaleza Hai dispositivos portátiles administrados e propiedade do centro que o alumnado pode levar a casa cando sexa necesario. Infraestruturas Non
Fortaleza Nas aulas do centro hai equipamento informático mercado polo propio centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Na relación de actividades extraescolares ofértase codificación e programación. Oferta Non
Fortaleza Utilizamos tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Organización de centro Non
Fortaleza Existe no centro unha asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Promovemos a creación conxunta de coñecemento a través dá organización dun Plan de formación do que os profesores forman parte. Organización de centro Non
Fortaleza Existe unha ampla participación en actividades formativas individuais organizadas pola Administración Educativa para a actualización dás competencias dixitais do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Empréganse contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O noso profesorado ten acceso a posibilidades de DPC no relativo ao ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Realízanse actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza As diferentes modalidades de formación organizadas pola Administración Educativa axústanse ás necesidades formativas en competencia dixital. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente busca recursos educativos dixitais en liña. Persoal non docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de axudas económicas ou dotacións por parte da administración. Administración educativa Non
Ameaza A formación promovida pola administración, nalgúns casos reflexa un nivel moi avanzado para os coñecementos que dispoñemos no centro. Administración educativa Non
Ameaza Escasa implicación da ANPA nas actividades para pais referentes ás novas tecnoloxías. ANPA Si
Ameaza Falta de conexión estable a internet. Contorna Non
Ameaza Falta de instalacións públicas (biblioteca, casa da cultura, etc...) onde o alumnado poida acceder de forma gratuíta á rede. Contorna Non
Ameaza Excesiva burocracia e papeleo que restan enerxías. Lexislación Non
Ameaza No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Outras Non
Ameaza Non existe unha colaboración con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade Emprego de dispositivos dixitais para o seu uso no ensino (proxecto EDIXGAL). Administración educativa Non
Oportunidade O que por parte da administración se fomente a transformación dixital do centro a través do Proxecto de Plan Dixital de Centro. Administración educativa Non
Oportunidade Respecto aos dereitos de autor e as licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

En relación cos obxectivos que marcarán este Plan, cobra unha grande importancia a mellora dos medios dixitais dos que dispón o centro nos diferentes espazos (aulas, biblioteca, aula de informática…).  É importante facer énfase na importancia da relación que terá con outros plans do centro, entre os que destacamos o Plan Lingüístico de Dinamización da Lingua Galega e co Plan de Atención á Diversidade.

A contribución máis importante do Plan Dixital , terá lugar a través de diferentes vías:

  • Redución da fenda dixital existente na Comunidade Educativa.
  • Adquisición das ferramentas básicas para o emprego dos medios dixitais por parte do alumnado e do profesorado do centro.
  • Dotación de medios e recursos para o profesorado e alumnado para a mellora do proceso de ensino-aprendizaxe.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Identificar as necesidades tecnolóxicas do alumnado e das súas familias. Evitar a fenda dixital que pode causar a diferencia entre estudiantes con recursos e os que non os teñen.
O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado de acordo co nivel de competencias dixitais europeos e acorde coas necesidades do centro.
O03PD Implicar aos membros da ANPA na formación en actividades referentes ás novas tecnoloxías.
O04PD Formar ao profesorado sobre como solucionar problemas técnicos na aula.
O05PD Dispoñer das infraestructuras e recursos necesarios no centro para a integración real e efectiva das TIC, que permita o tratamento didáctico, o intercambio de materiais e experiencias educativas e a optimización da xestión administrativa e académica do centro.
O06PD Conseguir que o alumnado realice unha navegación segura en Internet.
O07PD Formar ao profesorado no contexto de protección de datos.

Seguimento

Procedemento

Para levar a cabo o seguimento do plan empregaremos unha escala de valoración. Esta consistirá nunha puntuación na que teremos que valorar do 1 ao 4 o grao de adquisición dos obxectivos propostos en cada trimestre.

1º Trimestre

OBXECTIVO 1    (Grado de consecución  1)

Identificar as necesidades tecnolóxicas do alumnado e das súas familias. Evitar a fenda Dixital que pode causar a diferencia entre estudantes con recursos e os que non os teñen.

OBXECTIVO 2    (Grado de consecución  1)

Mellorar a competencia dixital do profesorado de acordo co nivel de competencias dixitais europeos e acorde coas necesidades do centro.

OBXECTIVO 3    (Grado de consecución  1)

Implicar aos membros da ANPA na formación en actividades referentes ás novas tecnoloxías.

OBXECTIVO 4    (Grado de consecución  1)

Formar ao profesorado sobre como solucionar problemas técnicos na aula.

OBXECTIVO 5    (Grado de consecución  4)

Dispoñer das infraestruturas e recursos necesarios no centro para a integración real e efectiva das TIC, que permita o tratamento didáctico, o intercambio de materiais e experiencias educativas e a optimización da xestión administrativa e académica do centro.

OBXECTIVO 6    (Grado de consecución  4)

Conseguir que o alumnado realice unha navegación segura en Internet .

OBXECTIVO 7    (Grado de consecución  1)

Formar ao profesorado no contexto da protección de datos.

2º Trimestre

OBXECTIVO 1    (Grado de consecución  1)

Identificar as necesidades tecnolóxicas do alumnado e das súas familias. Evitar a fenda Dixital que pode causar a diferencia entre estudantes con recursos e os que non os teñen.

OBXECTIVO 2    (Grado de consecución  4)

Mellorar a competencia dixital do profesorado de acordo co nivel de competencias dixitais europeos e acorde coas necesidades do centro.

OBXECTIVO 3    (Grado de consecución  1)

Implicar aos membros da ANPA na formación en actividades referentes ás novas tecnoloxías.

OBXECTIVO 4    (Grado de consecución  4)

Formar ao profesorado sobre como solucionar problemas técnicos na aula.

OBXECTIVO 5    (Grado de consecución  4)

Dispoñer das infraestruturas e recursos necesarios no centro para a integración real e efectiva das TIC, que permita o tratamento didáctico, o intercambio de materiais e experiencias educativas e a optimización da xestión administrativa e académica do centro.

OBXECTIVO 6    (Grado de consecución  4)

Conseguir que o alumnado realice unha navegación segura en Internet .

OBXECTIVO 7    (Grado de consecución  1)

Formar ao profesorado no contexto da protección de datos.

3º Trimestre

OBXECTIVO 1    (Grado de consecución  1)

Identificar as necesidades tecnolóxicas do alumnado e das súas familias. Evitar a fenda Dixital que pode causar a diferencia entre estudantes con recursos e os que non os teñen.

OBXECTIVO 2    (Grado de consecución  4)

Mellorar a competencia dixital do profesorado de acordo co nivel de competencias dixitais europeos e acorde coas necesidades do centro.

OBXECTIVO 3    (Grado de consecución  1)

Implicar aos membros da ANPA na formación en actividades referentes ás novas tecnoloxías.

OBXECTIVO 4    (Grado de consecución  1)

Formar ao profesorado sobre como solucionar problemas técnicos na aula.

OBXECTIVO 5    (Grado de consecución  4)

Dispoñer das infraestruturas e recursos necesarios no centro para a integración real e efectiva das TIC, que permita o tratamento didáctico, o intercambio de materiais e experiencias educativas e a optimización da xestión administrativa e académica do centro.

OBXECTIVO 6    (Grado de consecución  4)

Conseguir que o alumnado realice unha navegación segura en Internet .

OBXECTIVO 7    (Grado de consecución  1)

Formar ao profesorado no contexto da protección de datos.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizaremos unha avaliación final na que se decidirá se os obxectivos están acadados ou non, tal e como aparece nas táboas de obxectivos do plan de acción do Plan Dixital.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para levar a cabo a difusión do Plan Dixital, teremos en conta as ferramentas dispoñibles, tales como a páxina web do centro, abalar móbil e as redes sociais.

  1. Primeira fase: Difusión entre o profesorado, a través do correo electrónico e de reunións co claustro de mestras e mestres, durante a 1ª semana de setembro do curso 2022/2023.
  2. Segunda fase: Difusión entre as familias do alumnado do centro, a través da páxina web do centro. Levarase a cabo a partir da 2ª semana do mes de setembro do curso 2022/2023.
  3. Terceira fase: Toda a comunidade educativa a través de Abalar Móbil e a web do centro. Así mesmo, as novidades relacionadas co Plan Dixital serán publicadas nas redes sociais do centro, a partires do mes de setembro e durante todo o curso.

Podemos acceder ao Plan Dixital do noso Centro copiando a seguinte ligazón nun navegador: https://scjcasti.corazonistas.org/wp-content/uploads/Plandixital.pdf