Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.Breve xustificación

A necesidade de crear un Plan dixital de centro atópase en toda a lexislación que citamos a continuación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

2. Contextualización do PD de centro e contribución ao Proxecto Educativo de Centro

O C.E.I.P. Plurilingüe de Artes está situado no concello de Ribeira (A Coruña). O centro conta con 3 unidades, 1 de E.I e 2 de E.P. Conta cun claustro formado por 5 docentes e 4 compartidos, tratáse dos mestres de AL, Música, Orientación e Relixión. A economía das familias está centrada no sector pesqueiro e industrias derivadas do mesmo, ainda que cabe destacar un número importante que se adican á venta ambulante. A participación das familias na vida escolar cada ano increméntase en calidade e cantidade, ainda que as veces, temos dificultades para que as familias cumpran as normas marcadas no NOF. En canto á estrutura das familias, debido á situación laboral e a diferentes problemáticas persoais, obsérvase casos de nenos/as que están ó cargo de avós/as. A isto súmase que moitos pais están embarcados longas tempadas polo que gran peso da educación directa recae sobre a figura materna. Entre o alumnado é destacable o excesivo interese polo consumo, con forte influencia da publicidade e da TV. Observamos o incremento de problemas derivados do uso incorrecto das redes sociais. Respecto ó perfil lingüístico, a situación é de diglosia. A lingua vehicular é o catelá. Con relación ao clima de convivencia, aínda que o noso centro non presenta, salvo contadas excepcións, problemas graves, si hai unha incidencia de problemas menores que con frecuencia se ven acentuados por cuestións alleas ao propio centro, relativas ao modelo de convivencia na propia familia. Observamos como aumentan o caso de familias que fan un uso incorrecto das redes sociais con respecto á escola.

Con este plan pretendemos contribuír os obxectivos do PE e favorecer o desenvolvemento da competencia dixital en toda a comunidade educativa. Así mesmo faremos unha modificación e revisión dos distintos plans e proxectos do centro para que contribúan o desenvolvemento da competencia dixital. Por outra banda, parécenos moi importante seguir participando nos proxectos de innovación nos que estamos (E-dixgal e club de ciencia), pero tamén nos parecería apropiado intentar adherirnos a Polos Creativos, xa que deste xeito seguiríamos potenciando a competencia dixital.

Na Programación Xeral Anual, do vindeiro curso, deberíamos facer especial fincapé nos obxectivos deste plan.

3. Proceso de elaboración

O proceso de elaboración do Plan Dixital non foi doado, xa que pola tipoloxía de centro que somos, fai que teñamos poucas horas dispoñibles logo de desenvolver as nosas funcións docentes e cada día a carga administrativa é maior. Por poñer un exemplo, o coordinador do Plan Dixital non puido disfrutar das sesións de liberación horaria para elaborar este documento.

Por todo isto, queremos agradecer a voluntariedade e boa disposición do profesorado para realizar este documento.

Unha vez dito esto explicamos como foi o proceso:

  • Reunión do Coordinador do plan co equipo para dar a coñecer o documento e elaborar o mesmo.

  • Creación colaborativa do PD. (Cada mestre/a tivo a oportunidade de colaborar na elaboración do documento).

  • Reunión para dar a coñecer ao resto do profesorado o PD. (Deuse un prazo de tempo para aportacións).

  • Revisión por parte do Coordinador de centro. (Envío para revisión inicial ao Adix de zona).

  • Elaboración definitiva do PD e presentación ao Claustro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

SELFIE decembro

TEST COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE febreiro

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Mellorar na elaboración de contidos dixitais e manexo de programas Alumnado Non
Debilidade Mellorar na verificación da información que recollen na rede Alumnado Non
Debilidade Mellora na utilización da comunicación dixital co centro Familias Non
Debilidade Existen familias con baixa competencia dixital o que fai que non poidan colaborar no proceso educativo do seu fillo a nivel dixital Familias Non
Debilidade Mellora no trámites administrativos (admisión e fondo de libros) para facerse de forma dixital Familias Non
Debilidade Mellora no control das tecnoloxías na casa Familias Non
Debilidade Mellorar na dotación de equipos informáticos en depencias non Edixgal, principalmente na biblioteca do centro Infraestruturas Non
Debilidade Implantación de novos Plans Dixitais sen crear un plan de formación axeitados aos tempos Infraestruturas Non
Debilidade Mellorar na formación en canto á protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade Definir e desenvolver a estratexia dixital do centro Oferta Non
Debilidade Mellorar os tempos de explorar novos aprendizaxes relacionando os valores do proxecto educativo e a competencia dixital Oferta Non
Debilidade Desenvolver a estratexia dixital con todo o profesorado. Establecer pequenos pasos e moi claros para o seu avance Organización de centro Non
Debilidade Mellorar na elaboración de proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Non existe estratexia de desenvolvemento dixital definida de centro Persoal docente Non
Debilidade Mellora na competencia dixital por parte dos/as mestres/as. Pouca disponibilidade horaria para o equipo TIC¿S Persoal docente Non
Debilidade Sobrecarga de accións e proxectos no centro o que fai que as tecnoloxías se integren moi pouco a pouco Persoal docente Non
Fortaleza Correcta dotación de equipos para o alumnado todo o alumnado de primaria, pois dispoñemos dun portatil para cada discente Alumnado Non
Fortaleza Organización e desenvolvemento de formacións sobre os riscos da rede Alumnado Non
Fortaleza Correcto manexo da competencia dixital Alumnado Non
Fortaleza Utilización ética da tecnoloxía Alumnado Non
Fortaleza Boa adaptación ás canles dixitais comunicativas do centro: Abalar Familias Non
Fortaleza Boa conexión no centro Infraestruturas Non
Fortaleza Correcto equipamento para alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza Existe unha boa organización e comunicación no día a día no centro Organización de centro Non
Fortaleza Correcta comunicación dixital coas familias a través de Abalar. Persoal docente Non
Fortaleza Boa actitude por parte do profesorado para avanzar na estratexia dixital do centro. Persoal docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia Administración educativa Non
Ameaza Escasa dotación de equipos informaticos para actualizar os existentes na escloa Administración educativa Non
Ameaza Ausencia de ferramentas institucionais de xestión global do alumnado que permita: almacenar informes escolares, historial académico e avaliacións Administración educativa Non
Ameaza Pouco tempo de reflexión por parte da administración si é necesario un cambio dixital Administración educativa Non
Ameaza Actualización do seu entorno virtual dentro da páxina do centro ANPA Non
Ameaza Baixo coñecemento de licencias de autor e protección de datos Lexislación Non
Ameaza Existen familias con fenda dixital Outras Non
Oportunidade Dotación correcta para alumnado co programa Edixgal Administración educativa Non
Oportunidade Creación da UAC, que acompañan ao profeorado para resolver todas as dúbidas que lle van xurdindo Administración educativa Non
Oportunidade Dotación de equipos dentro do progama "Escolas Conectadas", para intentar reducir a brecha dixital nalgún alumnado Administración educativa Non
Oportunidade Envío periódico de información que alertan sobre os últimos riscos de internet Administración educativa Non
Oportunidade Boa coordinación coa Anpa ANPA Non
Oportunidade Coñecen e comparten a postura do centro en canto á utlización da tecnoloxía ANPA Non
Oportunidade Base lexislativa detrás de todas as ferramentas institucionais, que permiten un uso seguro e controlado Lexislación Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta esta información e o movemento do profesorado do centro, elaborouse o DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Elaborar ao longo do ano un proxecto interdisciplinar utilizando tecnoloxía dixital.
O2PD Elaborar unha estratexia a desenvolver na utilización das tecnoloxías en cada Comunidade Educativa
O3PD Iniciar ao alumnado da comunidade de maiores no manexo de programas de edición dixital.
O4PD Realizar unha análise, actualización e detección das necesidades tecnolóxicas nas dependencias non Edixgal da escola

Seguimento

Procedemento

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora

1º Trimestre

AO1.1: Creación da Comisión de Desenvolvemento de Proxectos.

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan entre toda a comunidade educativa seguirá as canles oficiais do centro: páxina web e E-Abalar, tal e como se recolle no Plan de Comunicación interna e externa do centro.