Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 O Plan dixital contribúirá ao desenvolvemneto do Proxectro Educativo do centro, pero tendo
en conta que a nosa situación de partida no ámbito das novas tecnoloxías é mellorable.
Coordinaremos as actividades e resultados do Plan Dixital, con aquelas cuestión que poidan
ter relacion dentro da programación Xeral anual, especialmente aquelas que supoñan un
avance no emprego das TIC

Breve xustificación do mesmo

Adaptaremos a nosa realidade docente á normativa relativa ás novas tecnoloxías, especialmente dacordo ca seguinte lexislación:

 

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O noso centro está nun contexto socioeconómico urbán, nunha cidade de 270.000 habitrantes cun área de influencia moito maior en otras poboacións cercanas, e incadrado nun grupo de institucións culturais e musicais municipais e autonómicas que se retroalimentan e aportan valor engadido á nosa labor docente.

O Plan dixital contribúirá ao desenvolvemneto do Proxectro Educativo do centro, pero tendo en conta que a nosa situación de partida no ámbito das novas tecnoloxías é mellorable.

Coordinaremos as actividades e resultados do Plan Dixital, con aquelas cuestión que poidan ter relacion dentro da programación Xeral anual, especialmente aquelas que supoñan un avance no emprego das TIC.

 Proceso de elaboración

Indicamos moi brevemente o proceso:

-constitución dun grupo de traballo co apoio do CFR.Pax 4 de 12 Biblioteca para cumprir os obxectivos: Correxir e poñer a punto a migración dende MEIGA das existencias da Biblioteca no novo sistema de xestión de biblioteca KOHA, actualizando as bases de datos dos usuarios da biblioteca 

-constitución dun grupo de traballo co apoio do CFR.Pax 4 de 12 que terá como obxectivo: Edicións audiovisuais con software libre para músicos en formación.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Instrumentos de recollida: Informe SELFIE e Test CDD

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8, C10 OP Ausencia de dispositivos para o aprendizaxe/Cursos de formación específicos Alumnado Si
Debilidade C2, C8 Ausencia de dispositivos dixitais (pizarras, dispositivos de grabación, tablets para o alumnado, edición, etc) Ausencia de software específico. Infraestruturas Si
Debilidade C16 OP Falta de repositorio en liña Infraestruturas Si
Debilidade Inestabilidad da plantilla docente Persoal docente Si
Fortaleza Idade do alumnado, formada por adultos con conocementos e voluntad ede aprendizaxe nas TIC Alumnado Si
Fortaleza C1, C3 rede wifi corporativa para alumnado da Xunta de Galicia que proporcione seguridade Infraestruturas Si
Fortaleza Dispositivos en zonas comunes/Algún equipo de grabación básico/Existencia de algunas pantallas digitales Infraestruturas Si
Fortaleza Materias que utilizan a dixitalización como tecnoloxias para la música Oferta Si
Fortaleza Páxina web/Correo electrónico/Aula virtual Organización de centro Si
Fortaleza Valoración da dixitalización Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Ausencia de financiación específica/Ausencia de formación específica Administración educativa Si
Ameaza C7 Ausencia de un protocolo especifico de protección de datos/Ausencia de persoal específico/Falta de un ROC específico Lexislación Si
Oportunidade CFR cursos de formación Administración educativa Si
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Detectouse que o centro ten parte dos seus membros utilizan tecnoloxías dixitais. Esta ten unha valoración relativa dado que aínda se está nos primeiros pasos. 
Obsérvase que unha parte do profesorado non ten excesivo interese no mundo dixital para impartir as súas clases, o que ate certo punto pode parecer lóxico dado ás características particulares do noso ensino.
Obsérvase a necesidade de concienciar aos membros da comunidade para que vaian observando os beneficios que poden proporcionar a dixitalización de certos aspectos no seu labor.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Correxir e poñer a punto a migración dende MEIGA das existencias da Biblioteca no novo sistema de xestión de biblioteca KOHA, actualizando as bases de datos dos usuarios da biblioteca
O02PD Edicións audiovisuais con software libre para músicos en formación: Realizar edicións básicas con software libre de gravacións audiovisuais Crear unha unidade didáctica aula virtual
O03PD Dotar de recursos on line e bases de datos ao centro

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será:

-   En canto a avaliación procesual, realizarase nas datas reflectidas nas distintas descricións das accións, como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

-   Antes do 30 de xuño realizarase unha avaliación final que incluirá, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Referente AO1.

AO1: Correxir e poñer a punto a migración dende MEIGA das existencias da Biblioteca no novo sistema de xestión de biblioteca KOHA, actualizando as bases de datos dos usuarios da biblioteca

1. Estado de ejecución de las acciones: séguense a correxir os resultados da migración a KOHA ainda que mantendo a actividade do Meiga para maior seguridade 

2. Análisis y valoración de los resultados: o KOHA é un programa profesional que esixe coñecementos profesionales de xestión de bibliotecas polo que esta traslación vai ser lenta xa que é realizada por profesores de guardia sen bibliotecario. 

3. Modificaciones de las acciones y propuestas de mejora: vaise proceder Formación KOHA feita por un experto para un grupo de traballo do CEFORE formado ad hoc para esta labor. 

 

Referente AO2.

AO2.1: Recibir formación relativa ao manexo dos diferentes software libre

Pendente da resolución definitiva da Dirección Xeral de FP relativa a aprobación dos proxectos. A resolución provisional está aprobada e se procedeu a contactar ca posible relatora para recibir a formación durante o mes de xaneiro. 

Conclusión: as accións están en proceso.

 

Referente AO3.

AO3: Dotar de recursos on line e bases de datos ao centro

1. Estado de ejecución de las acciones: no mes de decembro habilitouse un mes de proba para acceso a JSTOR 

2. Análisis y valoración de los resultados: o repositorio conta con miles de artigos de música para a consulta en todo tipo de traballos de investigación incluindo os TFE 

3. Modificaciones de las acciones y propuestas de mejora: o seguinte paso é proporcionar acceso remoto ao alumnado e profesorado para a consulta dende a casa 

Valorarase a continuación da subscripción despois dun ano de uso 

2º Trimestre

Referente AO1.

AO1: Correxir e poñer a punto a migración dende MEIGA das existencias da Biblioteca no novo sistema de xestión de biblioteca KOHA, actualizando as bases de datos dos usuarios da biblioteca

1. Estado de execución das accións

Decídese corrixir os códigos de barras en KOHA axeitándoo á numeración de Meiga para poder prestar manualmente e nunha segunda tanda de traballo imprimir as etiquetas de ditas referencias e pegalas en cada exemplar para poder facelo cos lectores dixitais.

2. Análisis e valoración dos resultados

Posto que o profesorado non está obrigado a manexar a catalogación profesional mediante o KOHA o traballo é moi lento xa que é feito por unha pequena proporción de profesorado inscrita non grupo de traballo do CEFORE . 

O curso de KOHA foi impartido por unha profesora de Secundaria que descoñecía o funcionamento do noso programa 

3. Posibles modificacións das accións e proposta de mellora

É prácticamente imposible facer esta labor entre o profesorado ao tratarse dunha biblioteca especializada. Recoméndase a contratación dun bibliotecario profesional polo menos dous dias ás semana 

 

Referente AO2.

AO2.2: Poñer en práctica a formación recibida e crear a unidade didáctica

Formación recibida relativa a edición de gravacións

Formación relativa a protección de datos e dereitos de autor fixada para o 12 de abril

Elaboración da UD en proceso

Conclusión: as accións están en proceso.

3º Trimestre

Referente AO1.

AO1: Correxir e poñer a punto a migración dende MEIGA das existencias da Biblioteca no novo sistema de xestión de biblioteca KOHA, actualizando as bases de datos dos usuarios da biblioteca.

No terceiro trimestre o obxectivo inicial era: "Correxir as referencias restantes (70%) de libros na base de datos KOHA"

Non se axadou a correción das case 5000 referencias da Biblioteca. A migración contén moitos erros. Hai persoal pero non teñen coñecementos de xestión de Biblioteca e o funcionamento é irregular.

 

Referente AO2.

AO2.3: Implementar a unidade didáctica na aula

Formación recibida relativa a edición de gravacións

Formación relativa a protección de datos e dereitos de autor recibida o 12 de abril

Elaboración da UD realizada

Conclusión: as accións están realizadas e rematadas

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Evidencias que mostran o cumplimento dos oxectivos.

Enlace ao banco de datos do 100% dos libros que se migraron ao KOHA

Captura imaxe ou documento relativa a unidade didáctica e asúa posta en práctica na aula virtual

Enlace que permite acceder a JSTOR

Valoración xeral

Banco de datos da Biblioteca: Non se acadou migrar o 100% ao programa KOHA. O banco de datos segue sen ser completado pois a migración feita por XERCODE non se adapta a unha biblioteca musical e ten moitos erros. Necesitase un especialista en BIBLIOTECAS MUSICAIS, Un número elevado de profesores cun tempo moi breve  non é unha solución óptima, dado que o programa require de especialistas.

Valoración moi positiva no grupo de traballo relativa á formación de profesorado sobre gravacións audiovisuais e a súa posterior edición. Importante foi crear unha unidade didáctica básica que se adapte a varias materias. UD en anexos.

Enlace que permite acceso a JSTOR (necesítase Usuario e contrasinal) https://www.jstor.org

 

Proposta de mellora

Correxir erros na migración a KOHA. Dividir o traballo entre membros do equipo e dotar de referencia única a KOHA Grupo de traballo con necesidade de persoal con coñecemento do programa. Data prevista Maio 2025. Contratación dun bibliotecario.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión se poderá realizar polas seguintes canles:
- Difusión na web
- Envío de correo electrónico á comunidade educativa
- Información nas reunións do claustro, Comisión pedagóxica e Consello escolar