Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS BÁSICOS DO CENTRO

Nome: IES Monelos

Dirección: Rúa Montes, 62 en A Coruña.

Correo electrónico: ies.monelos@edu.xunta.gal.

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmonelos/

Etapas educativas: ESO e Bacharelato

Número de alumnos/as: 474

Profesorado: 51

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL DO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

O IES Monelos é un centro de ensino de Educación Secundaria e Bacharelato. Foi creado no ano1969 por orde ministerial do 19 de xullo (B.O.E. 27 Agosto), como sección delegada do antigo Instituto masculino (actual Instituto Menéndez Pidal). Está situado no barrio de Monelos, que orixinariamente pertencía ao antigo Concello de Santa María de Oza, un municipio con forte persoalidade histórica que en 1912 foi anexionado ao Concello de A Coruña.

O alumnado do IES Monelos ten a súa residencia, maioritariamente, nos arredores do centro, Avenida de Monelos e as rúas adxacentes, Barrio das Flores, Avenida de Salvador de Madariaga e Rafael Alberti. Próximos ao barrio de Monelos están tamén o barrio do Castrillón, o dos Castros e o de Eirís, de onde o noso Centro recibe tamén alumnado. Nos últimos tempos, novas urbanizacións das proximidades, como a de Matogrande, nutren ao instituto de alumnado.

Asimesmo, o IES Monelos funciona como extensión do CEIP San Francisco Javier e, ademais, tamén recibe gran parte de alumnos do CEIP Juan Fernández Latorre e do IES Ramón Otero Pedrayo para o nivel de bacharelato.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE de cada etapa educativa e o Test de competencia Dixital Docente (TCDD) o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación axeitada do alumnado. Alumnado Non
Debilidade Non se utiizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións constructivas sobre o traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade O pavillón non ten cobertura WIFI. Infraestruturas Si
Debilidade Ordenadores deficientes nas aulas que dan problemas constantemente e equipos para o alumnado nas aulas de informática que non se renovan e quedan obsoletos. Infraestruturas Non
Debilidade Pizarras dixitais que non funcionan e non poden utilizarse para aplicar metodoloxías que impliquen o uso de tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade Carecemos de espazos físicos suficientes que faciliten a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Unha das dúas aulas de informática conta poucos postos. Infraestruturas Non
Debilidade A sala de profesorado ten 6 ordenadores para uso do equipo docente pero estes son equipos moi antigos e resulta moi lento o traballo con eles. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital no centro que sexa debatida en profundidade. Organización de centro Non
Debilidade Non se contempla que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases. Organización de centro Non
Debilidade O centro non ten un inventario actualizado dos medios dixitais cos que conta. Organización de centro Si
Debilidade Necesidade de aumento da plantilla definitiva e redución da carga lectiva para ter unha maior eficiencia e coordinación no uso das ferramentas dixitais e na elaboración de material propio para reforzar o labor de ensino Persoal docente Non
Debilidade No noso centro non debatimos de maneira formal (máis alá do debate que xurdiu ao rexeitar a entrada en Edixgal) sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para explorar o ensino con tecnoloxías dixitais e xestionar os repositorios propios. Burocracia excesiva e ratio profesorado/alumnado elevado. Persoal docente Non
Debilidade Non existe cultura de traballo colaborativo en redes por parte do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade Non se debate sobre as necesidades de formación no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. É a Dirección a que marca o camiño de dita formación Persoal docente Non
Debilidade O 73% do profesorado do centro está no nivel B1 de CDD ou inferior. Persoal docente Non
Debilidade Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade A participación do profesorado nos proxectos dixitais que se desenrolan a través dos PFPP é mellorable. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a actuar de manera responsable en Internet. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a comprobar si a información que atopa en Internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en Internet. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza A comunicación dixital coas familias increméntase curso tras curso. Familias Non
Fortaleza Bo acceso a internet en xeral. Infraestruturas Non
Fortaleza Aula virtual activa nun número importante de materias (Bacharelato e ESO) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta cunha aula dotada co equipamento de Polo Creativo. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Organización de centro Non
Fortaleza No noso centro se coñecen os dereitos de autor. Organización de centro Non
Fortaleza - O profesorado ten acceso a posibilidade de formción permanente. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado utiliza entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado busca recursos dixitais en línea. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado realiza actividades de aprendizaxe dixitais que implican ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Disposición aceptable ao progresivo cambio e á incorporación da dixitalización no proceso de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Receptividade ante novas formas de organización o de planificación do traballo usando ferramentas dixitais (conserxería, administración). Persoal non docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de renovación periódica dos equipos por parte da Consellería. Administración educativa Non
Ameaza Servicio técnico por parte da Consellería lento e moitas veces non resolutivo. Non dan solucións ante equipos fora de garantía u obsoletos cos que non se pode traballar. Administración educativa Non
Ameaza Demasiadas tarefas administrativas e poucas pedagóxicas o que impide o traballo en profundidade no ámbito dixital Administración educativa Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes que non motivan á elaboración de materiais. Lexislación Non
Oportunidade O centro ten a posibilidade de solicitar plans de formación continua do profesorado que posibiliten a implementación de estratexias dixitais no centro. Administración educativa Non
Oportunidade A Administración Educativa vai dotar aos centros dun software específico para a elaboración dun inventario de centro. Administración educativa Si
Oportunidade Nivel medio/alto de competencia dixital das familias. ANPA Non
Oportunidade Cambio de lei educativa que promove unha forma de ensino propicia para o uso das tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Aínda que o centro conta con infraestructuras e equipamento dixital en todas as aulas, gran parte das computadoras e pizarras dixitais están dando moitos problemas de funcionamento que xeneran malestar no profesorado xa que ás veces as averías non se solventan coa necesaria premura. Ademáis o 90% das pizarras dixitais non son arranxadas por encontrarse fóra da garantía.

Debido á falta de espazos, unha das aulas de informática non pode acoller a grupos de  máis de 15 alumnos. Isto representa un problema grave actualmente coa aparición de máis materias asociadas á dixitalización xa que non podemos proporcionar a este alumnado equipos en cantidade e coas prestacións adecuadas para traballar. Ademáis, das dúas aulas de informática, unha delas está dotada con equipos mercados polo centro ante a necesidade de que os alumnos se puideran conectar ás súas clases durante o ensino semipresencial que sufrimos no curso 20-21. Estes equipos quédanse cortos de prestacións para desenvolver ditas materias de dixitalización. Ademáis, a que era a aula de informática orixinal, ten 30 postos dos que o centro puido ir renovando a metade (despois de pedir en numerosas ocasións que renovaran ditos equipos por non funcionaren correctamente) pero isto supón que nos 30 postos haxa equipos de diferentes características o que impide que non se poidan instalar as mesmas versións dos sistemas operativos e do resto de software.

Todo isto trae como consecuencia que o alumnado de ESO e Bacharelato nas materias comúns non poda empregar as aulas de informatica porque a ratio respecto a capacidade das aulas non o fai posible.  Temos destinados 12 equipos do programa Educa en Dixital para su uso nas aulas de grupo pero isto resulta moi insuficiente.

Aínda que existe un grupo de profesorado interesado en mellorar as súas competencias dixitais, a carga horaria excesiva e a ratio de alumnos ao máximo fai moi difícil que o profesorado atope tempo para lle dedicar a incrementar dita competencia dixital.

persoal non docente amosa colaboración máxima no ámbito dixital do centro.

Aínda que nos últimos cursos mellorou a competencia dixital do alumnado sería necesario optimizar a súa competencia dixital no emprego das plataformas educativas e no manexo de aplicacións que lles permitan facer traballos para as diferentes materias. A continúa chegada de alumnado de países sudamericanos con moi baixa competencia dixital fai máis notoria a necesidade de proporcionarlles coñecementos nesta materia.

Hai unha boa predisposición das familias en relación á comunicación e ao emprego das plataformas dixitais para o aprendizaxe e aquelas familias que o precisan, teñen sempre o apoio do centro nas dúbidas que poidan xurdir.

En canto aos factores externos, destacaríamos o feito de que a Administración non está a motivar, nin con reduccións para maior dedicación ao traballo dixital nin con incentivos económicos, o interese do profesorado por mellorar a súa competencia dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Dotar de cobertura WIFI ao pavillón
02PD Proporcionar ao profesorado do centro formación de Polos Creativos sobre audiovisuais, radio, e-textiles e cortadora láser.
03PD Planificar e deseñar unha formación específica para os novos paneis dixitais das aulas.
04PD Establecer equipos de traballo para o desenrolo do inventario do centro.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos farase da seguinte forma:
- A lo menos unha vez por trimestre se avaliará o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.
- Ao final do curso se valorará a consecución dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

No mes de outubro tivemos unha reunión ca persoa ADIX do noso centro, Jorge Sierra.

Tamén no mes de outubro tivemos as formacións referidas ao audivisual e aos e-textiles.

En novembro tivemos formación de radio

2º Trimestre

Establécese contacto con persoal de mantemento informático para ver de solucionar o problema de conexión a internet desde o pabelló. Barállanse varias opcións. Quedamos á espera de ver as diferentes opcións de costes.

Fanse diferentes proxectos de audiovisuais para aplicar os contidos da formación.

Planifícase a formación da cortadora láser para o 15 de abril

3º Trimestre

Fanse diferentes proxectos de audiovisuais para aplicar os contidos da formación. Ao longo do curso emitiuse por primeira vez o programa de radio en directo: Monelos no ar

Fíxose a formación da cortadora láser pendente.

Non se fixo formación das pizarras dixitais por non telas recibido con data maio 2024

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos farase da seguinte forma:

- A lo menos unha vez por trimestre se avaliará o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

- Ao final do curso se valorará a consecución dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A valoración final do desenvolvemento do plan dixital deste curso 23-24 foi positiva en canto á consecución das actividades de formación planificadas dentro dos grupos de traballo dos PFPP. O resto de actividades previstas no dito plan, como as formacións relativas á execución do inventario do centro e a das formacións dos paneis dixitais, non se puideron facer por non ter recibido o material nin a información referida á web na que supostamente vaise xerar a contabilidade do material dos centros. 

Proposta de mellora

A planificación das actividades a realizar debería ser trimestral e non anual.

Facer que o claustro participe máis da elaboración da listaxe de obxectivos do plan dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Farase un proceso de difusión do Plan Dixital no claustro do primeiro trimestre. Haberá un apartado na páxina web do centro para que poda consultarse. Asemade na páxina Educalidade estará a disposición de toda a comunidade educativa.